Late
o meu coraçón, ao son dun profundo tambor por todo aquelo que ama.
Entre
a follaxe prateada, síntese maxestouso ao contemplar a dança das
árbores no vento.
Inundado
en harmonía, mira a través dos ollos dunha ave planeando na
altura.
Ao
lado do seu dono, camiña o can, amigho inseparable que tan só pide
un pouco de cariño.
Polo
río da existençia, óbrase no ventre da muller o fruto ao que dará
vida.
En
inocençia xogha o neno, sen preocupaçión polo futuro dun porvir.
Bombea
a savia da vida, ghardando os recordos na súa memoria.
Cando
un día esperte a conciençia do seu existir,
temerá
sufrir marchas e desapariçións do que lle é querido.
¿A
onde irá entón, a compañía dos pais cando deixen de estar á súa beira?
¿Qué
será daquel cariño bondadoso e, protector dos avós que daban todo
polo seu "novo fillo"?
Das
mil aventuras que viveu cos compañeiros, brincando por prados e
arboredas, só queda a lembrança.
Un
feminino andar, de hipnotiçador vaivén, convérteo en palpitar
axitado.
Así,
rememora aquel primeiro amor, espertando nel a virxinal paixón
esquençida.
Xa
os nosos beiços saborean o viño natal, recordos da terra que nos
ofreçemos mutuamente.
Unha
mirada de desexo, un abraço cálido para fundirnos nun solo corpo.
E,
nese momento, unimos o noso amor diçindo que nos perteneçeríamos
para sempre.
Sancre
da infançia e xuventude, dun tempo efímero que foi quedando atrás,
convertido en vida pasada.
Un
día volvinche ver e, desde o máis fondo do meu ser, sentía
bater o meu peito.
Aghora
sigho aquí, transformado nos meus propios pensamentos, dunha
realidade desconoçida.
Todo
o que había dentro de min, risas, bághoas, penas, aleghrías, ...,
como un volcán quixo saír.
Quiçais
era un berro de anghustia, reprimido no tempo. E sen esperar máis,
fíxome escribir.
Os
meus soños quixeron inmortaliçarse, plasmándose no papel para
expresar o que sentía.
Vivir
a vida co sinal de que un día, livres de equipaxe, deixaremos este
mundo.
Fálame
de ti, fálame coraçón, ti que convives coa verdade.
Dime
se o meu camiño está equivocado, nesta terra de tránsito.
Porque
nun aconteçer insignificante, pronto me reunirei coa eternidade.
E
tan só espida, levarei a alma, pero ighual de pura coma o día do
meu naçemento.