Nena da miña alma que por sempre me acompañarás máis alá do meu fin.
Carne
da miña carne, sancre do meu sancre. Filla miña.
Reghalo
do çeo que como unha bendiçión desçendeu sobre min.
Lembro
aquel día que cheghastes. Eras tan pequeniña e delicada.
Cando
che collín por primeira ves, o teu corpiño cabía nos meus braços.
Que
misterio, que cousiña tan maravillosa.
Todo
un ser diminuto de atenta mirada e ollada profunda, vido do
firmamento.
Brilaban
os teus olliños, como dous luçeiros moi açuis, co fulghor dunha
estrela radiante e misteriosa.
Começastes
a chamar a atençión, cos teus choros e as túas risas.
Tal
ves para comer, para que che limparan, ... ou, para que che colleran
no colo, cando algho che doía.
Desde
o teu berçe, sen apenas avisar, fostes observando todo o que che
arrodeaba.
Anque
fixera frío, ansiabas destaparte e sacar a túa propia roupiña.
Querías sentirte libre neste mundo.
Desexabas
saber por ti mesma, sen que ninquén che ensinara. E, ao pouco tempo,
xa te puxestes a ghatear.
Por ti, naçeu en min, o amor de pai que nunca o puden imaxinar.
E
na primeira curva da vida, destes os teus primeiros pasos.
Chorabas,
rías, andabas, pero aínda che faltaba falar.
Anos
que nos permitiron vivir xuntos.
Es
como a lus da mañán que me ilumina cada día ao despertar.
Criatura
de coraçón bondadoso.
Foron
as túas primeiras palabras pronunçiadas, mamá e papá.
O
teu primeiro xoghuete, unhas luçes de cores que avivaban os teus
sentidos. Ao mellor, un axóuxere ou un boneco que falaba.
Flor
do meu xardín. De entre todas, a máis fermosa.
A
túa aleghría contaxiou toda a miña vida.
Pero
ao final, non pudo ser. Que escasa foi a nosa vida en compañía.
Logho viñeron os madrughóns e, as friaxes que soportabas para levárenche á “estrana ghardería”.
Como
te esforçabas por façer os deberes da “lonxana escola”, coa túa
letra redondiña.
E,
suspirabas por deprender a lecçión, sen que che esquençera unha
comiña, nin un puntiño.
Asombrada
e enferma te puñas, con alghunha mestra berrona e severa.
Todas
as túas aleghrías e desventuras, síntoas no meu peito.
Cando
che visitaba e, despois me marchaba, non o comprendías.
Sei
que me neçesitabas, que me botabas de menos e que eso che causou
sufrimento.
Despraçada
e confundida te sentías co mareo da viaxe, cando empeçamos a ir á
casa dos avós, en vacaçións e cada quinçe días.
Lamento
tanto, non ter podido estar ao teu lado cada día, nos anos que máis
querías.
E borrar ese pesar, co
abraço da túa comprensión, nestes novos momentos.
Ver
outra ves, as mañáns bendeçidas coas túas risas de prinçesa.
Se
pudera cambiar o noso destino, si que o façería.
E
permitirme acompañarche en todo momento.
Aleghre
dançarina de mirada aberta.
Sen
a túa compañía, sen un mesmo sentir, son un ser perdido e baldeiro.
Mentres
te fostes criando día tras día, a pesar das veçes que os teus
olliños non me vían, sabe que sempre che levo dentro.
Es
a miña força, es o meu alento. Enches de feliçidade todo o meu
existir.
De
moi pequeniña, xa sabías que as cousiñas ordenadas, daban un
mellor vivir.
Aos
catro aniños, cunhas toalliñas hixiénicas, limpabas a ençimera da
coçiña.
A
túa roupiña que estuvera no seu sitio. Revisabas e retocabas a
camiña, cando menos, debía estar ben feitiña.
Alma
extrovertida que, ansiabas ver xente ao teu redor, buscando amighos
para xoghar na casa e, pola aldea.
A
maxia da túa tenrura, resplandeçe como unha bendiçión eterna.
Así se fixo a milaghre da vida. Terche e poderche ver.
Eran
os teus bicos para amar. Sentía o teu querer de verdadeira entregha.
A
túa imaxe quedou impresa por sempre, na miña memoria.
Foron
pasando os anos. Deixastes de ser unha rapaçiña para convertirte en
muller.
Tan
preçiosa como eras e, hoxe xa es toda unha fermosa prinçesa. A miña
preferida.
Co
paso das primaveras, como flor que vai levando o vento, buscarás o
teu querer.
Pero
para min, sempre serás a miña pequeniña.
Miña
inoçente criatura de entreghado cariño.
O
único que sei é que che AMO.