Todo
un corpo impenetrable de materia inerte, con alma de vida antighua.
Elemento
sólido, irmán da vexetaçión e da terra. Filla da natureça.
Pedra
dura, que un día te convertirás en ghran de area.
En
diante irá a branda irmán que logho se desfará no chan.
O
home non comprende as túas "veladas palabras",
enviadas a través dun sinfín de cores, aspectos e cariçias.
De
rughosa a lisa, de branca a neghra,
pasando
por tódalas sutiles escalas.
Amasada
e enterrada no profundo da terra,
mostrada
na supefiçie, con innumerables formas.
Miúda
ou, en ghrandes moles. Acaso, xa desfeita en anacos pequenos.
Con
todo o teu espaçio, constrúes casas e camiños, sustentas pontes e
muros.
Velaí
están os outeiros, inmensos e faladores,
onde
se abrigharon os animais e as xentes.
En
ti, baten o calor e a xiada, a chuvia e o vento.
Xighantescos
vixías naturais da lonxanía do horiçonte.
Desde
a noite dos tempos, ghardas a memoria da creaçión do mundo.
Aluméanche
o sol e a lúa. Así, as estrelas e os corpos celestes.
Materia
compacta e pétrea, moldeada polo fluír dos elementos.
Por
sempre, fostes, es e serás, cama e cabeçeira de tantos seres baixo o
ceo.
Susúrranche
no alto e no profundo, o aire e a vexetaçión.
Es
abrigho das humildes covas, transformadas en foghares dos nosos
ançestros.
Espontáneas
e aghrestes paisaxes, de siluetas caprichosas.
Formas
antighuas e naturais de enormes pedras, acarrexadas e fincadas, sen
labrar.
Un
día, o home quixo tallar o teu corpo para cheghar a ser un creador.
Pero
logho, ao ver a súa creaçión e non conforme co labor,
deçideu
pulir a túa envoltura, buscando a perfecçión e a beleça.
Naçen
as harmonías con marcadas dimensións, en fighuras esculpidas e
modeladas.
Útil
aproveitado pola mán e o traballo do ser humano,
para
os seus ofiçios, pasatempos e desexos.
Son
as túas luminiscençias, como brillos das estrelas no çeo.
Innumerables
puntos claros, diseminados pola pel do planeta.
Tantas
veçes se sentaron sobor de ti, para ver o amençer e o solpor.
Moitas
outras para contemplar a lúa e, as estrelas.
Monumentos
levantados ao vento, dos que se foron.
Pedras
de soños, de fertilidade, tamén de rituais. Pedras curandeiras, ...
Fragmentadas
e desmembradas pedras que nun pasado, érades un todo,
e
nun futuro, formaredes algho novo.
Existençia
remota e densa, de duraçión lonxeva.
Hai
pedras e, pedras.
Pero
a deçisión sempre estará no uso que lle dea o home.
Alghunhas
apareçen no camiño que se non reparas, tropeças e caes.
A
vida sería inútil, sen obstáculos no teu camiñar.
Elas, continuamente estarán ahí para aprender a andar.
Hai
mentes desalmadas que as empreghan para a violençia.
Os
amighos do volume, andan inquedos pensando en construír e obrar.
Como
lles é natural, os rapaçes sírvense delas para os seus xoghos.
Da
pedreira, saíron esas pedras que picaron os canteiros e reçebaron
os barreiros.
Conviven
na loita diaria os nosos labreghos, a voltas ca pedra imposible, á
que finalmente lle darán un uso aproveitable.
Pola
maioría esquençido, reça aquel arcano: “Non só de pan vive o
home”,
dándolle
vida a algho "finxidamente" inanimado.
Late
o coraçón aletarghado, rumoreando voçes ocultas, de seghredos
milenarios.
Do
sentimento, naçe abraçala para ser parte da poesía.
Hai
quen anhela esculpila e loghrar que lle chamen escultura.
Encontrar
a pedra preçiosa, non ten porque ser algho material.
Máis
veçes do que quixéramos, o camiño quiçais estea cheo de pedras.
Non
por eso, todo é malo. Anque unhas che podan esmaghar, outras che
protexerán.
Así
como entre as pedras, naçe a herba e medran as flores. Tal ves
debaixo delas, poda haber indiferençia ou, bondade.
Traspasan
o aire, sons que saen de formas suaves, redondas, abruptas, picosas
,,,
Pedras
erghueitas, ladeadas ou, deitadas. Pedras que sodes onde estades.
Natureça
espesa, de pechadas envolturas.
Pedras
transformadas en asentos para descanso e contemplaçión da xente.
Formaçións
de diversa composiçión: areniscas, barrentas, duras.
Seixo
benefactor que coas túas chispas, axudas a crear lume.
Ese
lume que nos protexe da intemperie, e nos envolve na lareira,
onde
a familia coçiñaba e se quentaba.
Nomes
saídos do traballo das nosas xentes: croios, rachas, loios, boletes,
pandullos, ...
Petroghlifos
de inscripçións misteriosas, mámoas, menhires, castros, ...
Pedras
aghachadas, alghunhas descubertas, outras destruídas.
Feituras
meláncólicas, aleghres, misteriosas, ...
Nunha
noite de verán, ao luar daquela laxe feita cama,
ti
contábalas estreliñas do çeo e, eu as herbiñas do chan.
Sobre
vós, perdéronse no tempo, as pisadas dos animais e dos antepasados.
Na
terra saghrada do campo santo, lousan as tumbas dos seres queridos.
Día
tras día, o carro milenario foi marcando nas vosas costas, as súas
rodeiras.
Oroghrafía
particular da nosa terra: lombos, chans e vaghoadas, de máxicos
resplandores.
Hai
camiños pedreghosos, non sempre son de rosas.
Máis
o importante é aprender para avançar con claridade.
¿Non
as sintes? Mira como falan e cantan, mira como berran e choran, ...
Aghardando,
esperan a seren "comprendidas".
Con
diferentes temperaturas: frías, mornas, quentes, ...
en
distintas situaçións, climas, terrenos e latitudes.
Rochas
ígneas ou magmáticas, metamórficas e sedimentarias.
Pedras
de diversas idades e de múltiples crianças.
Variedades
incrustadas na mesma rocha.
Mundos
con temperamentos e, inquedanças variadas.
Teñen
tanto que diçir e descubrir. Teñen tanto que lembrar.