OS
VELLOS QUE IBAN MORRER AO MONTE. (Versión 1)
Antighamente,
esto era unha realidade.
Daquel
tempo, a xente que chegaba a vella e, non podía traballar, collía
unha manta que botaba polo lombo e iba morrer ao monte.
Nunha familia como tantas outras, cando cheghou o día, un fillo levou ao pai ao monte. E tal, como se façía
sempre, doulle unha manta que o pai puxo por riba.
Xa
no monte, díxolle o pai:
- Lévame un pouco máis arriba, a onde eu levín a meu pai.
- ¿Elogho eu cando sea vello, tamén me han de traer?
- Tamén, meu fillo.
E contéstalle o fillo:
- Pois logho, véñase para a casa.
En tempos pasados, un
vello que xa non podía axudar na casa, nin fóra,
veu que lle cheghara o tempo de ter que ir acabar os seus días no monte.
veu que lle cheghara o tempo de ter que ir acabar os seus días no monte.
Neses mundos, dábanlle
metade dunha manta e encamiñábanse ao monte para morreren alí. Era o costume. Este era o
costume que había.
Entón, acabaron desta
maneira. Estando nesa situaçión,
en que un fillo dispoñíase darlle media manta a seu pai, agharrou e díxolle:
- Boeno meu fillo. Pois logho, marcho coa manta.
- Pois entón, mire. Como é tan bondadoso, xa non lle damos a manta, tampouco. Aghora, queda na casa e non vai máis.
- Vostede non vai morrer ao monte. Por non aquelar, ímolo coidar na casa. Vostede vai morrer aquí.
Deste xeito, começaron a
coidalo na casa. Así se cortou e rompeu a fada. Daquela, parou ese
costume.
Un vello estorbaba en
tódolos sitios da casa. Un día estaba ao pé do lume e, díxolle
a filla:
- Póñase máis alá, que estorba.
- Aí tamén estorba.
E
vai el, saeu da porta para fóra e, foise arrimar ás capas do
hórreo.
Despois, cheghou por alí a filla e veuno.
Despois, cheghou por alí a filla e veuno.
Dille
ela:
- Saia daí que poden entrar os ratos ao hórreo.
Un
home estaba para casar. Era algho parviño e súa nai sempre lle
sonaba os mocos. Pero como veu que o seu fillo era xa ghrande demáis,
pois doulle un pano da man para cando lle fixese falta, se
sonara.
E nesto, que lle empeçou pincando o narís ao fillo.
Pero el, aínda tiña o costume de que llo sonase súa nai.
Díxolle
a nai:
- Penderuco, meu fillo (recordándolle que se sonara os mocos co pano).
1 comentario:
What is a casino? - Dr. Majestic Games
There's also 광양 출장샵 a video poker 청주 출장샵 table 사천 출장마사지 in 군산 출장안마 which there's a dealer in each game. Players 계룡 출장마사지 must make 2-7 decisions, including which hand wins the
Publicar un comentario