Toxo
esquençido que floreçes na estaçión das miñas lembranças.
Para
enghalanar o teu corpo espido, de aleghre vida amarela.
Nesta hora contemplo as túas belidas floriñas, de nome churuma, que recrean a miña
vista.
Son dunha textura branda e suave, asentadas e medosas entre as bravas
espiñas.
De corpo vistoso, en cor dourada e verde, espallado polas ladeiras das
montañas.
¡Qué
feliçidade para os meus sentidos, a través desa paisaxe ruda e linda!
Pode
o teu corpo picar, poden as túas puntas clavar.
É
neçesario cheghar á túa alma para loghrar comprender ese ser.
Como
aquel que busca no seu interior, e abandona toda superfiçie.
Pasas
parte da túa vida desaperçibido,
mostrando
esas armas afiadas cando che molestan.
Foxes
dos bosques nobles para brotar entre vaghoadas e outeiros,
estendéndote
por terras ermas e deixadas.
Non
confías en ninquén, non queres que a ti se arrimen.
¿Dime
por qué picas? ¿Dime por qué es tan áspero?
E envolto no batume, fas a cama do ghando.
Incluso che apañan e "pican" como alimento das bestas.
De seco, aprovéitanche para coçer a boroa e, ardes no forno.
Tantas veçes, aínda verde, estalas no lume "falándome" da túa vida.
¡Reservas fecundas sorpresas! De ti, poden sacar combustible líquido ecolóxico. Tamén licor.
Algho
che marcou e endureçeu no pasado, pero non o queres contar.
De
aspecto indómito, máis de coraçón aberto.
Ti, morador de alturas inhóspitas e solitarias,
con
recordos ghravados por loitas de supervivençia.
Ao tempo, convertido nun símbolo de resistençia, dunha terra durmida.
Pero
eu sei, e todos saben que hai seres aos que lles das abrigho e
protecçión.
¡Desexas
tanto telos escondidos para protexer as súas vidas!
Eso
non pode provir, senón de nobles sentimentos.
¿Sabes? Aos
animais en liberdade, non lles afecta a túa bravura.
Comprenden
esa natureça aghreste e indómita.
¡Qué
se alonxe de ti o banal e oco!
No hay comentarios:
Publicar un comentario