Desde séculos pasados, posiblemente na Idade Media, este tipo de muíños,
aparte do seu uso primordial que era moer calquera tipo de ghran, tamén tiñan
outra vertente como lughar de reunión soçial, e divertimento dos seus veciños.
Na nosa terra, os primeiros muíños atopados datan do Neolítico, onde
nalghunhas mámoas descubríronse muíños de man, os cales moían os ghrans
refreghando unha pedra contra da outra.
Posteriormente, atopamos este modelo de muíño de man, pero cun pouco de máis volume, en presença tamén doutro muíño circular de man, posiblemente introduçido polos romanos. Aínda hoxe en día hai xente que os conserva.
Os muíños de aghua, tamén definidos como de río, baséanse nos antighos muíños circulares de man. De ámbolos dous teño visto alghún que ghardan como un tesouro. Como é sabido, os muiños de río atópanse dentro duns cubertos de pedra, xa que son de maiores dimensións, e móvense coa força da aghua (enerxía hidráulica).

Séculos despois os muiños circulares de man aumentan de tamaño para ser movidos pola aghua. Non se sabe con exactitude cando ocorreu esto. Hai datos dalghún historiador ghregho, e romano que comentan a existencia no primeiro séculos antes de Cristo, de muíños de augha de roda horiçontal, e vertical.
Sen embargho, a maioría de escritos danse durante a Idade Media, etapa na
que o clero, e a
nobreça para uso propio, foron substituindo proghresivamente os muíños manuais, pola tecnoloxía hidráulica de río.
Por outra banda, a xente do pobo non dispuña de medios para façer muíños por si mesmos. Por este motivo, foron valéndose mentres tanto, dos
muíños de man, como tamén do alughuer
por horas ao clero, e aos nobres (propietarios únicos dos novos muiños). Outra posibilidade era paghar unha cantidade estipulada polo uso dos muíños de maquía (dun dono
que cobra unha medida de ghran, ou fariña, polo seu uso). Cando a tecnoloxía
hidráulica cheghou ao pobo, case todos os muíños que construeu a xente, foi por copropiedade entre varios veciños.
Nos nosos lughares, o tipo de edificaçión onde se albergha o muiño, soe ser de
planta rectanghular, aproximadamente de 3 m de lonco x 2,5 m de ancho. Ten paredes de pedra de ghranito en diferente tamaño; os esquinais son ghrandes e ben
traballados. Os seus construtores era xente profesional, bos canteiros, e
carpinteiros. Pretendían que nesta obra non entrase humidade, nin rata-o,
ou bicho que pudera comer o ghran. Isto
era un obxectivo complicado, xa que tales animais atopábanse permanentemente a carón dos rios, ou de reghueiros.
En Cures, e aldeas da redonda, o tempo para moer que tiña asignado cada casa copropietaria deste ben, chamábase rolda. Desde o seu inicio, a todo muíño con varios donos, distribuíaselle o seu uso en proporción aos cartos investidos (aboados) por cada un deles no momento da construcçión. En consecuencia, outorghábaselle media rolda (un dia, ou unha noite), senón unha rolda enteira (un día, coa sua
noite), por semana.
Coplas do noso val de Cures:Ó muíño de meu pai, eu ben lle sei o tempero. Cando está alto, baixalo, cando está baixo, erghuelo.
Unha noite no muíño, unha noite non é nada. Unha semaniña enteira, esa si que é muíñada.
Outra copla rexistrada nalghún outro territorio:
Fun esta noite ó muíño, nin moín, nin moiñei. Perdín a trença do pelo, iso foi o que ghañei.
Había que aghardar a rolda, ou quenda estableçida de cada casa. Aqueles que
tiñan adxudicada media rolda, tocáballe unha semana de día, e outra de noite.
Cada quinçe días tocaba moer de noite. Aquí en Cures non se daba o feito de ter
posesion en mais dun muíño, máis que nada polo custe que esto implicaba.
Pola forma do reduçio, e a clase de enerxía empreghada, existen varios
tipos de muíños:
1. Nos muíños de río, (tamén denominados de aghua), os típicos do noso territorio son os de roda horiçontal (reduçio).
Dentro desta clase de muiños, están:
a) Muíños de reghato / reghueiro.
A aghua non se colle directamente do río, senón que ven por un pequeno reghueiro / reghato que o trae ata o muíño. Existen dous tipos:
- Muíños de canle. A aghua vai pola presa, directamente ó reduçio.
- Muiños de cubo. Son os que se usan no noso entorno. A aghua vai pola presa, e baixa por unha espeçie de conduto cadranghular (cubo), e daí vai ao reduçio.
b) Muíño de tinalla. Non é típico destas latitudes.
Semellante ó de çeña, pero ten unha presa, ou canle máis inclinada.
c) Muíño de ceña, ou caldeira. Tampouco se dá por aquí.
Atópase á beira do río, xa que lles fai falta máis augha para poder mover mellor a capa, moito máis ancha.
En cambio, noutras terras de ríos con moito caudal alleos a esta redonda, están os de roda vertical (bruia / açea / açeña ). Supónselle que foron introduçidos máis tardiamente. Neste caso, aghás o xeito de aproveitala augha para pólo en movemento, o resto de compoñentes son os mesmos que o de reduçio.
2. Na costa, temos os
muíños de maré, que aproveitan a enerxía das mareas para moer. Aínda que
escasos, na Illa de Arousa encóntrase o muro de contención dun deles. Do mesmo
estilo, temos os de Muros, que foron recuperados. En Catoira, hai un muíño
restaurado.
Seghundo a sua propiedade, existen diferentes posesións nos usos dos
muíños:
1. Propiedade de seu (un so
propietario), como era o clero, ou as clases pudentes. En calquera dos dous
casos, tiñan caseiros, criados, ou senón os seus familiares que se ocupaban das labores
da terra, e dos utensilios. Estes donos, cando lle sobraban horas de
muíños, arrendábanas a cambio de paghos anuais, en cartos, ou en espeçias, pero
outorghados nunha escritura de alugher.
2. De maquía, o cal
era propiedade dun particular. Denomínase así porque se destinaba a neghoçio,
polo cal o muiñeiro cobraba o uso do ben, e do seu serviço. O trato era
sacarlle do saco da persoa, unha medida estipulada de ghran, ou, senón unha
cantidade da fariña do muíño, (maquía).
A medida do ghran
podía ser unha cunca (recipiente de cortiço, ou madeira) por ferrado de ghran moído. Se lle
quitaba fariña, xa tiña un caixón pequeno como pagho, pois o caixón ghrande (tremiñado)
onde caia a maior parte da fariña, era para a persoa que traia o ghran a moer.
3. De rolda, feitos por unha comunidade de propietarios, onde cada integhrante
dispón dun tempo de uso.
A nosa casa dos de Esperança conserva o dereito, aínda hoxe en día, de
poder usar ½ rolda (1 dia=12 horas diurnas, ou 1 noite=12 horas nocturnas) para
moer no chamado “muíño do cura”. Sen embargho, na época de meus avós maternos, permutouse esta rolda cos de Felipe da Ameán que moían no "muíño da Agrha" de Cures. Deste xeito, nós pasamos a moer no "muíño da Aghra", e eles no "muíño do Cura".
"Muíño do cura"
Seghorella (platina de ferro encaixada no pé), e a capa por riba |
Parte final da presa, con pedras en ámbalas beiras. Por debaixo da pedra frontal começa o cubo, que desçende ata o sartegho. |
Parede de baixa altura que separa a entrada ao muíño, da outra parte que é o tremiñado, onde está o pé do muíño |
Sartegho do "muíño do cura" |
Vara (de madeira) que se une pola parte inferior co reduçio, e por riba co pé do muíño |
Anque leva este nome, non pertençe ao clero, senón a varios propietarios particulares. Atópase por debaixo da Ponte de Carou, que comunica a Ameán con Pomar do Río. Está no ámbito da aldea da Ameán.
Ponte de Carou |
Na actualidade hai casas que conservan o dereito de horas de muíño, sexa
por compra, ou por herdança.
Meus avós maternos fixeran unha permuta coa casa dos de Felipe da Ameán,
que moían no muíño da Aghra de Cures. Realmente, no mesmo río de Cures, aparte deste muíño da Aghra, existen tres muíños máis, chamados Muíños do Ramallal: Muíño de Riba, Muíño do Medio, e Muíño de Baixo.
Deste xeito, por máis proximidade, nós pasamos a moer no da Aghra, e eles no “muiño do cura”, comentado anteriormente.
Muíño da Aghra de Cures
Deste xeito, por máis proximidade, nós pasamos a moer no da Aghra, e eles no “muiño do cura”, comentado anteriormente.
"Muíño do cura" |
Seghorella encaixada no pé do "muíño do cura". A pedra superior que se ve co verde é a capa. |
Había outro muíño por debaixo da Ponte de Carou, chamado “muíño de Rúa”, e estaba situado case ao pé do río. Atopábase uns poucos metros máis arriba có "muíño do cura" da foto superior. Contan meus pais que foi derrubado por unha enchenta dun inverno moi chuvioso, e non quedou pedra del.
A Ponte de Carou vista desde a parte baixa do río
Un home cegho, chamado Liborio, da casa dos de Lourenço de Moimenta, viña andando, a veces do braço coa sua irmán Rosa, e noutras ocasións el so, coa cargha para moer ata un muíño de Cures. Diçian que "apertaba o muíño" (reghulaba a lencueta da billa no sartegho) cando había pouca aghua.
Como exemplo, hoxe en día o cegho de Ferrín de Pomar de Rio, anda el so, polas aldeas, camiños, e corredoiras.
No muíño da rectoral de Cures, collíase a aghua dos reghueiros que viñan das fontes das toxeiras, e do río. Despois dirixíana ata o poço que ten na sua horta, e aquí abríano para conducila ao muíño, e así botalo a andar. Este poço tamén servía para reghar as leiras.
O cura tiña aos seus familiares vivindo con el na rectoral, que lle traballaban as terras,
ademáis de coidarlle a casa. Anteriormente tivo caseiros, como o señor Rosendo de
Comoxo, os da casa de Pontevedra de Pomar do Rio, ... Outra posibilidade era
ter criados. Dentro da rectoral, había unha casa xunto ás cortes, onde vivian os caseiros, ou os criados, seghundo quen tivese nesa época. En cambio, os familiares del moraban na casa, co cura.
Cando alghuén alughaba un muíño a calquera propietario, xeralmente ao clero, ou a unha casa pudente, ..., había que paghar unhas rendas seghundo o estipulado. Se o inquilino non as paghaba, ou non coidaba ben do muíño, entón o propietario podia levar a xuíço ao inquilino, quen debía aboar todas as costas do xuíço.

Durante o século pasado, nas aldeas desta parroquia. non era frecuente o réxime de alughuer dos muíños, a non ser en épocas antighas. Isto debíase a que toda persoa era copropietario con outra xente no uso dun muíño. Cada un dos seus soçios paghaba unha parte de
cartos no momento de construílo. Esta cantidade, ou fracçión variaba entre uns e
outros, dependendo dos medios de cada casa.
Seghundo a porçión que cada un tivera no muíño, asi lle correspondía o
tempo en horas para moer nel (1 rolda, ou ½ rolda), por tódalas semanas do ano. Se había arranxos, cada propietario aportaba
o que procedía, dependendo da maior ou menor parte que tiña nel.
A fariña munda, é moi fina pero escura, porque sae moi moído o relón, ou casca do ghran. Débese a que baixa moito a capa, e aperta sobre do pé. Desta maneira, remoe completamente o ghran, e mestúrase todo nunha masa coa fariña, dándolle unha cor escura.
Doutro xeito, dise que temos fariña viva, ou branca, porque non se mestura, nin confunde co relón. Para iso, levántase máis a capa, e non prensa tanto o pé, polo que o relón vén pouco moído, é diçir, ghranulado. Ao peneirar esta moenda, pódese separar doadamente o relón pouco moído, da propia fariña, quedando unha fariña branca.
Por sistema, a xente collía nun saqueto o óleo que sempre caía arredor do pé do muíño, coa fin de façer as papas aos rapaçes, ou á xente ghrande. Tamen se usaba para as filloas. O óleo ven sendo o mellor da fariña, é diçir, a máis fina.

Se nese intre non fixera falta o óleo, entón mesturábase co resto da fariña máis
alonxada (o tremiñado). No caso de que se deçidira sacar o óleo na casa, barutábase toda a fariña xunta co baruto (espeçie de peneira máis fina) no momento de querer coçer o pan, ...
Daquela, a fariña era máis ben para a xente, dada as súa escasés. O relón, ou casca, botábaselle aos animais. Soamente nalghunha casa de fartura que houbera fariña sobrante, tamén se lle podía dar aos animais. Ao probe non lle cheghaba a fariña nin para el mesmo. Víase obrighado a comprala como podía, para poder comer. Aos animais, xeralmente dábaselle herba nas cortes, e levábanse a paçer ao monte, ou polos camiños.
Cada semana moíase o millo nos muíños da aldea, ou onde tiveran posesión, para facer a boroa semanal.
Na nosa contorna sempre se botou centeo, como acompañante opçional do millo á hora de façer a boroa. De tódolos xeitos, pódese elaborar perfectamente só con millo. Cando se amasaba na artesa a fariña de millo para obter este pan, sempre se lle mesturaba un pouco de fariña de centeo. A fariña deste cereal non tiña porque ser moi fina, polo que se moía no mesmo muíño da aldea, pero aparte do millo.
Anque os muíños do noso entorno destinados a moer millo, non son muíños albeiros, propios do trigho, avea, centeo, e doutros cereais, valían perfectamente anque non moeran tan ben o centeo para despois mesturalo coa fariña de millo e amasar a borora.

En menor cantidade sementábase trigho. Para moer tanto o trigho,
(centeo, avea, ou calquera cereal fino), miña nai, e irmáns, como outros
veçiños da mesma aldea, e doutros lughares, levaban os sacos de trigho na cabeça
ata Noia, para moelo. Dirixíanse a un muíño albeiro (propio para trigho, e cereais),
en concreto á "Molinera da Chaínça", en Noia. Como neste punto non había
río, traballaba a corriente eléctrica. Sacaba a fariña máis branca, porque non
aproveitaban o relón. Este tipo de muíños levaba incorporada unha peneira, ou un baruto, e a fariña xa saía
lista. Por máis proximidade, os da nosa casa ían máis veçes a este muíño, que ao da Ponte de
Traba.
Estoutro muíño albeiro da Ponte de Traba, traballaba coa
força da aghua, xa que por alí mesmo pasa un río. Sacaba unha fariña mais escura,
porque aproveitaban o relón, e ao moelo, mesturábase coa fariña. De pedirllo,
podían sacar a fariña máis viva, (non moer tanto o
relon), que saía ghranulado, e ao peneirala, saia unha fariña máis branca.
En Boiro había unha persoa, chamado Paquito da molinera, que tiña muíños
onde ía moer xente do entorno a cambio da maquía.
PARTES DOS MUIÑOS DA ALDEA DE CURES:
1. Pau da quenlla ghrande. Une a quenlla ghrande coa vigha.
3. Quenlla pequena. Pequena canle de madeira situada debaixo da
quenlla ghrande. Dirixe o ghran ao ollal da capa.
4. Pau con buratiños para dosificar a caída de ghran. Está unido á
quenlla pequena.
5. Estrinxideiro / Estrinxidoiro, ou pau da capa. É un pau que está metido
nun burato da quenlla pequena, e ao mesmo tempo, fai contacto ca capa. Esta, ao dar voltas, fai vibrar a
quenlla pequena para que caia continuamente o ghran.
6. Capa. Peça redonda de pedra que xira enriba do pe, e moe o millo.
Pode ser pedra dura, ou branda.
7. Ollal. Furado no medio da capa por onde cae o ghran para ser moído.
8. Pé. Pedra fixa do muiño, que xunto coa capa, moe o ghran para
convertelo en fariña.
9. Pousa. Practicamente, todolos muiños teñen na beira da porta unha
pedra plana saíndo en horiçontal do muro, e a unha altura axeitada (pousa, ou
pousadoiro). Aquí pousábase o saco mentres se abría ou, pechaba a porta.
Sobretodo cando tocaba moer a calquera hora da noite, ou da madrughada, levando
a lus dun farol, (antighamente cun candil), resultaba complicado abrir o muíño
co candil na man, e o saco ao lombo, ou na cabeça.
10. Cubo. Tramo final desçendente que empeça na entrada do muíño, e vai por debaixo del, ata entrar no sartegho. Ten forma cadranghular, feito xeralmente de porpiaños. Por este conduto baixa a aghua
da presa para entrar con força no reduçio, e façer mover a capa.
Expresión: "O muíño ten pouca aghua. Non ten o cubo cheo."
Expresión: "O muíño ten pouca aghua. Non ten o cubo cheo."
11. Entrada do cubo, ou ghradisela. Táboa na entrada do cubo para
levantar ou pechar a entrada da aghua no cubo.
12. Presa da aghua / Presa do muíño. Canle que soe vir do río para conectar co cubo. Nun tramo lonco soe ser de
terra, en forma de reghueiro. E, uns cantos metros antes de cheghar á entrada
do cubo, ten paredes de pedra en ámbalas beiras. Antes do final da presa, perto
da entrada do cubo, soe ter unha saida (trancueiro, ou tornadeiro), utiliçada
para cando fai falta desviar a aghua da mesma canle.
13. Lencueta, ou pequena táboa para reghular a presión da aghua.
14. Billa. Cano de madeira, ou pequeno caixón que se adapta no burato da saída do cubo. Esto permitía a baixada da aghua que desçendía polo cubo, e dirixíase ao reduçio. A presión do caudal reghulábase por medio da lencueta, ou táboa destinada a este propósito.
En tempos xa moi tardíos, houbo quen lle puña o caixón, de ferro. No noso lughar, reghulábase desde o sartegho. Non habia pau dentro do muiño que conectase ao sartegho. Noutros lughares a ese pau que baixaba a través do piso do muiño ata o sartegho chámano "afiridoiro".
15. Reduçio. Está formado por un conxunto de "penas" (culleres radiais),
en sentido horiçontal, cos seus "machos" (ghanchos), e a "maçán", ou punto medio
onde se acoplan estes elementos. Está situado no "sartegho", ou fondo do muiño.
Tradiçionalmente en Cures, e aldeas limítrofes, non se lle puña roda de madeira
arredor das penas, polo que xa non levaba cobertura de aro de ferro arredor
desta roda.
Como todo, co paso do tempo desvirtuáronse as cousas, e
começaron a verse reduçios con roda de madeira, que nalghúns casos recubrían
con aro metálico. Incluso, co inçar de ferreiros nas aldeas, fóronse vendo
reduçios coas penas de ferro, e con roda, xa tamén de ferro.
Nos muíños dos nosos ríos, os reduçios son horiçontais. En
cambio, os reduçios verticais eran de ríos de moito caudal, propios doutros
territorios.
16. "Vara". Pau de madeira, xusto en contacto coa "maçan" do reduçio que parte para riba, e encaixa no "beo".
17. "Beo". Ferro lonxitudinal que empata coa vara, e entra na parte superior
do ollal do pé, conectándose á seghorella, a cal lle transmite o movemento de
xiro á capa.
18. "Seghorella". Platinas de ferro encaixadas nunha cama, ou caixa
feita na pedra do pé, que a súa ves están unidas ao beo, façendo movela capa.
Seghorella encaixada no pé do muíño. Por riba dela está a capa, na que se ve o verde. |
19. "Mesa do reduçio". Travesa de madeira, que fai de base ao reduçio.
Por un lado está metida na parede, e pola outra beira atópase unida ao
erghuedoiro. Úsase para levantalo reduçio, e con el, a capa.
20. "Erghuedoiro". Pau que une a crus, coa mesa do reduçio, e faina
subir.
21. "Crus". É a parte superior do erghuedoiro que atravesa o piso do
muiño, e ten esta forma. Fai subir, e baixar a capa, a base de cuñas.
22. Ran. Espeçie de niño, ou cama redonda asentada na mesa do reduçio.
No noso entorno adaptábaselle un seixo (pedra de cuarço, moi dura), en forma
cóncava. Noutros lughares podían substituílo cunha peça metalica en forma de
cunca. En ámbolos casos, na ran rolea o aghuillon.
23. Aghuillón. Parte inferior do eixe, en forma de punta, situada
debaixo do reduçio e que fai cama na ran. Neste territorio, xeralmente é de seixo (pedra de
cuarço, moi dura). Noutros lughares, cando lle puñan a ran de metal, en correspondençia
colocábanlle o aghuillón de metal A força da aghua fai xirar as penas do
reduçio, façendo que o aghuillon dea voltas na ran. Se for pedra branda,
desfariase de contado. No caso do aghuillon metálico, a parte que xiraba, e
traballaba na ran, non se enferruxaba. En cambio, a parte superior do
aghuillón, si que se corrompía polo óxido.
24. Penas. Culleres de madeira que parten do punto medio do reduçio.
Son como pás que collen a aghua para façer xirar o reduçio. Co paso do tempo, a
xente alterounas, póndolles penas metálicas.
25. Vigha: Ghuieiro ghroso de madeira situado no teito do muíño, onde
se enghancha a quenlla ghrande, por medio do pau da quenlla.
Maçan do reduçio. Centro desde onde
parten as penas para o exterior do circulo.
Buxa. Peça de madeira que vai no
ollal do pé, para que axuste o beo, e así poder mover axeitadamente a capa. Cando se
desghasta, hai que cambiala, senón cola o millo polo ollal para o río.
Alobeadoiro: Pau semellante á tranca dun
portal que levantaba a crus do erghuedoiro, onde se lle colocaba unha, ou máis cuñas. Esta acçión servía para dárlle máis "enghranda", ou "sacarlle dela". Para mellor comprender, erghuía a capa do pé cando se quería a fariña viva (ghorda, moendo pouco o ghran para non mesturar o relón coa fariña). Ou, ao contrario, baixaba máis a capa se quería fariña munda (máis fina, moendo moito o ghran para desfaçér o relón, e mesturarse coa fariña.) É diçir, o alobeadoiro "levantaba o muíño", ou "baixábao".
Asento. Xeralmente de pedra, para sentarse a xente cando esperaba mentres moía o muíño. Se era máis dunha persoa, contábanse contos, ou falábase do que cadrara. Cando había varias persoas, os que non cabían sentábanse no chan do tremiñado, ou arredor do queixón de madeira.

Cuña. Peça que se coloca debaixo da
crus, para reghular a subida, e baixada do erghuedoiro. Levantábase a crus co
alobeadoiro, e no burato, ou oco, pónselle a cuña.
As cubertas dos muíños do noso
entorno eran de cubriçión de tella do país.
Alghún outro muíño pola serra do Barbança, ou noutro punto da comarca, tiñan lousas de ghranito, tal como se ve aínda nalghún hórreo das aldeas do Iroite. Nestas aldeas de Riba, nas Chans do Iroite, meus pais, e outra xente maior teñen visto muíños, cubertos dos animais, e hórreos, con cubriçión de feo (herbas tipo xuncas). Cando non había feos, púñanlle xestas ben dispostas.

Hai unhas décadas que ao arranxar un
que outro muiño, alghunha xente colocoulle a cubriçión de uralita, cousa que
afea esta arquitectura popular.
Tellado. Os muíños do noso entorno,
case todos son dunha aghua, e diçir, teñen o tellado dunha soa caída, que por
norma deitan para o río. Pode por casualidade haber por ai adiante alghún de
duas aghuas.
Porta do muíño: Acçeso de entrada ao muíño.
Porta do muíño: Acçeso de entrada ao muíño.
Sartegho. Base, ou fondo do muíño,
en contacto co chan, e aberto cara ó río. Aquí atópase o reduçio, e tamén cae a
aghua do cubo.
Tremiñado. Parte do chan do muíño
onde caía a fariña. En moitos deles significaba o enlousado de pedra, cun muro
de separaçion de baixa altura para aghuantar da fariña. Mais tarde, nalghuns
muiños púxoselle un queixón de madeira sen cubrir, en forma polighonal, e
rodeando o pé. Neste caso tamén se lle forraba con madeira o fondo do queixón.
Un exemplo é o muíño da Aghra de Cures. Por defecto, os muíños tiñan no piso
superior un enlousado de pedra, cunha pequena parede divisoria de baixa altura,
a non ser que, como neste caso, se lle puxera un queixón de madeira.
Fotos de rodos, ou utensilios cos que se arrastraba, e xuntaba a fariña do "tremiñado: por defecto era o enlousado de pedra onde caía a fariña, ou senón un enghadido a xeito dun queixón de madeira sen tapar, situado arredor do pé de pedra. Aparte do rodo, estaba tamén a xesta de palla, coa mesma fin. No muíño da Aghra de Cures existían estes dous utensilios.
Trancueiro, ou tornadeiro. É unha
saída para desviar a aghua que vai pola presa, xusto antes da entrada no cubo.
Serve para telo muíño enxoito cando había que arranxar calquera peça, ou cando
o muíño estaba encubado, é dicir, cheo de escombro. Dentro do cubo podía ter
follas, paus, pedras, terra, ...
Xeralmente ghuixábaselle cun pau
para desencubalo. Senón daba resultado, entón desvíabase a aghua, procedendo a
limpalo para desencubalo. Sacábaselle todo o que pudera ter atrancado no cubo.
Nas épocas de venidas de moita aghua, á hora de limpalo, podia sacárselle
tranquilamente dous cestos de terra, aparte do escombro restante.
Como é lóxico, cando tocaba a rolda, ou quenda de moer, había que ter a chave para entrar no muíño. Xeralmente, acostumábase nun burato da parede, ou outro sitio seghuro. No que respecta ao muíño da Aghra de Cures, tíñase no lado da porta de entrada, contrario, ou oposto a onde se sitúa a pousa, ou pousadoiro.
Se cadraba moer polo día, a persoa enchía a quenlla co millo, e xa estando a moer, calculaba o tempo aproximado en consumilo, pero sen rematalo de todo. Con isto, deixábao so, e pechaba a porta, deixando a chave no aghachadeiro, para dirixirse á casa, e façer as labores, atender ós animais, ou traballar nas leiras. Cando lle cheghaba o momento, volvía ao muíño, e esperaba ata rematar a moenda, ou baldeiraba o resto de millo do saco na quenlla.
En troques, na rolda da noite permaneçía todo o tempo façendo gharda no muíño. A mediados do século pasado, a xente pasaba moitas penurias, e nalghúns casos non tiñan que comer. Había xente de fóra que aproveitaba a escuridade para apropiarse da fariña, no momento da muiñada nocturna. Un método era sacaren tellas, e entrar polo tellado. Cando se estenderon estas situaçións, cada persoa que tiña rolda de noite, a veçes acompañado por outro familiar, quedaban a durmir no muíño.
Cando se remataba totalmente de moer, baixábase o erghuedoiro, que directamente empuxaba á mesa do reduçio en contacto co chan, e ao reduçio sobre dela. Deste xeito tamén façía pousar a capa sobre o pé, e xa non moía. Deste xeito, quedando tan abaixo o sistema rotor, a aghua que descendía polo cubo e saía a través da billa, pasaba por riba do reduçio, e non movía as penas, ou pás, impedindo mover o muíño. Así a presa estaba sempre ao río, coa aghua correndo, e caendo continuamente no sartegho, sen que pudera andar o muíño, a non ser que o acçionaran de novo.
Se a persoa que remataba a rolda sabía que a quenda seghuinte lle tocaba a un veçiño da mesma aldea, entón podía levar a chave consigho para despois recollerlla o veçiño. Outra opçión era deixala no aghachadeiro do muíño. O que está claro, é que se o da rolda nova era doutra aldea, deixábase a chave no burato do muíño. Isto pareçe lóxico, pois quen viña de fóra moer aquí, non ía andar de noite despertando á xente en busca da chave. Neste último suposto, se era de día, o máis axeitado era terlla nese escondrixo de costume, xa que non sempre se estaba na casa, ou o forasteiro non tiña porque saber quen fora o último en moer.
O primeiro paso que acometía a xente antes de botar o muíño a andar, era baldeirar o saco de millo na quenlla ghrande. Despois descendían ao sartegho para reghular a presión da aghua existente, subindo, ou baixando a lencueta de madeira que ten o cano da billa.
Cando non se podía manexar cómodamente a lencueta no sartegho porque era demasiado o caudal de aghua, desviábana momentaneamente no trancueiro, ou tornadeiro, e tamén lle podían poñer a ghradisela (táboa) na entrada do cubo. Desta maneira traballaban algho enxoitos, para subir, ou baixar a lencueta e reghular a presión da aghua.
Xa reghulada esta presión, tapámoslle o trancueiro, ou tornadeiro da presa, abrímoslle a ghradisela (levantar a táboa da entrada do cubo), para que a aghua baixe por el, e saia pola billa, caendo ao sartegho. Subimos ao tremiñado, collemos o alobeadoiro, e colocámolo debaixo da crus para levantar o, ou baixar o erghuedoiro, e nese oco pómoslle unha cuña de madeira. Neste caso, ao subir o erghuedoiro, tamén se sobe o propio reduçio, quedando á altura da billa por onde sae a aghua, a cal move as penas ou pás que bota a andar o muíño. Neste punto, pódese reghular máis o menos a capa, a cal reghula que a fariña saia máis ou menos moída.

Asi botamos o muiño a andar, coa capa dando voltas sobre do pé, e remoendo o ghran.
Aquí non había, como en muíños doutros lughares, unha vara lonca (afiridoiro) para reghular a presión da saida da aghua pola billa deica o reduçio. Esta, seghundo se ven nalghuns sitios, atravesan o piso ata o sartegho, manexándoa desde arriba.
Cando nos nosos muíños de
Cures se quería
reghular a entrada de aghua, por moita, ou por pouca cantidade, tíñase que ir ao sartegho, ou fondo do muíño. De haber moito caudal, e para poder traballar enxoitos (secos), saíase ao
exterior do muíño, e tapaban a ghradisela, ou táboa da baixante do cubo. Ao
mesmo tempo, abríaselle o trancueiro, ou tornadeiro para desviar a aghua para
outra presa, ou reghueiro. Entón, íamos ao sartegho, e diante da billa (punta
do remate do cubo), atopábase colocado un pequeno queixón de madeira no seu
bico, polo que lle subían a lencueta, ou taboiña situada nese caixon para
deixar correr todo o seu potençial de aghua. No inverno, coa moita aghua,
tiñase a lencueta levantada de todo.
No caso de ser pouco o
caudal, por época de seca, xa non se tapaba a ghradisela, ou táboa da baixante
do cubo, nin se desviaba polo trancueiro, ou tornadeiro. Neste caso,
desçendíamos directamente ao sartegho, e aquí baixábamoslle a lencueta para
encher o cubo, acumular caudal, e obter peso de aghua sufiçiente para con esta
presión, mover o reduçio. Esto podía repetirse frecuentemente cando o nivel de
aghua era baixo.
Se poñemos a caer o
ghran moi lentamente, ronça a pedra, e queima a fariña. Co mesmo efecto, se o refreghamento entre as dúas pedras, capa e pé, fose moi forte, elevaría moitísimo o calor, e queima a fariña.
Cando cheghue o
momento en que se ghaste a pedra de tanto moer, debese picala. Despois de picar
a pedra, hai que anivelala.
Ao acabarse o ghran, o
muiño começa a troular, e diçir, façendo ruido as pedras unha contra a outra.
Neste caso debemos paralo muiño canto antes, xa que a pedra ghastase mais axiña
que en nincunha outra situaçion.
Na parte de abaixo do
muíño atópase o sistema rotativo, que aquí conocemos como sartegho. Dentro del
está o auténtico motor do muiño, o reduçio, que se asenta sobre unha "mesa do
reduçio", metida por unha parte na parede, e pola outra parte unida o
erghuedoiro, o cal atravesa o piso superior, e remata na chamada "crus" do muiño, onde se
levanta ou baixa a capa para reghular que a fariña saia mais ou menos moída.
Sobre a “mesa do
reduçio” deita o propio reduçio. Este, na sua “maçán” central está atravesada
pola parte final do eixe, onde nas aldeas do entorno de Cures, e limítrofes, os
nosos carpinteiros púñanlle unha punta de seixo, pedra dura de cuarço,
denominado “aghuillón”. Din que por outras latitudes colocaban en ves desta,
unha peça metalica aloncada.
Esta pedra en punta
(aghuillón), do mesmo xeito co metal, xira tamén dentro dun seixo esferico
(ran), é diçir, pedra contra pedra. Noutras terras onde o aghuillón era
metálico, púñanlle unha peça metalica en forma de coviña (ran), ferro contra
ferro, que fai de encaixe do reduçio. Este, coa força da aghua, fai movela
capa.
Na “mesa do reduçio”
que é un traveso de madeira, o carpinteiro escana unha pequena coviña, xusto
debaixo onde toca o aghuillón, e alí colócase a pedra de seixo, que ao picala
un pouco cun punteiro de canteiro, fai sitio para asentar, e traballar o
aghuillón.
A aghua do muiño ven
do desvio feito nun rio, ou da aghua dun reghueiro, que chegha a el por medio
dunha presa (canle), polo xeral de pedra na ultima parte, rematando case sempre
nun cubo; ancho na parte superior e estreito na inferior para que a aghua teña
mais presion.
Enriba do pe vai
colocada a capa; que e a peça mobil do muiño. As medidas aproximadas son de
entre 10 e 15 cm
de espesor. No centro ten un furado duns 14 cm (ollal) por onde se introduce o ghran
para convertelo en fariña.
Metese o ghran nunha
caixa de madeira en forma de piramide invertida (quenlla ghrande, ou quenlla de
riba), pendurada sobre da capa e cun furado na parte baixa, por onde sae o
ghran para unha pequena canle de madeira (quenlla pequena, ou quenlla de baixo)
que o dirixe ata o ollal da capa. Para que o ghran vaia saindo de forma
continua, transmiteselle a quenlla pequena, ou quenlla de abaixo, un movemento
vibratorio por medio dunha vara (estrinxideiro / estrinxidoiro) que roça sobre
a parte superior da capa.
Para botalo muiño a
moer, abrese a aghua do cubo que, o sair con força, fai xiralo reduçio, que
move a capa. Cando começa a saila fariña, comprobase o seu ghrosor, e temperase
subindo ou baixando a crus, seghundo indica esta cantigha popular:
O muiño de meu pai, eu
ben lle sei o tempero. Cando esta alto, baixalo, cando esta baixo, erghuelo.
Aparenta moi bucólico o mundo das
muíñadas e das historias nos muíños, sen embargho na realidade, moer era unha das
tarefas mais duras para os labreghos.
O primeiro paso era
debullar o millo, xa lento, polo tempo que levaba. Despois, escribábase e
metíase no saco para levalo a moer. Pero como o muíño xeralmente quedaba un
pouco lonxe das casas, e os camiños eran de pés, a persoa carghaba co saco ao
lombo, ou na cabeça.
No traballo de moer,
aghardábase rolda / quenda, cada 15 dias tocaba moer de noite, polo que, a
calquera hora, mesmo de madrughada, saiase para o muiño, chovese ou ventase, co
farol na man e expostos aos perighos da noite.
Había aldeas que lle
secaban os ríos, ou os reghueiros no verán, véxase Moimenta, onde dos seis que
teñen, só no verán lle quedaba o de máis arriba con aghua. Caso semellante era
Belles, que tamén lle quedaban sen caudal sufiçiente no verán. Nestas
situaçións, víanse obrighados a conseghuir dalghunha maneira, para esa estaçión
seca, roldas en muíños de Cures.
Despois, no resto do
ano, con chuvias, retomaban as súas roldas nos muíños do lughar. De tódolos
xeitos, había xente de Belles de Riba, e de Baixo, que viña todo o ano monte
abaixo co saco ao lombo, para moer na rolda semanal que tiñan asignada nalghún
muíño de Cures, e despois monte arriba de volta co saco de fariña ao lombo
para a súa casa.
Da aldea de Moimenta, entre alghúns dos que viñan, estaba Liborio, da casa dos de Lourenço, que era cegho. De Belles de Riba, por exemplo os da casa de Mariño, e de Belles de Baixo, o pai de Manolo do Ferreiro, que nalghunha ocasión ten traído a besta coa cargha. Esta última persoa moía no "Muíño do Medio do Ramallal". Sen embargho seu avó non lle permitía portear a cargha coa besta, xa que daquela seu avó, como a maioría da xente, tiñan reservados a estes animais para despraçárense con eles ata a feira, ou a calquera outra viaxe.
As casas con algho de terras, podían ir coçendo o pan da casa (unha petada de boroa para toda a semana), e raçionar como se podía todos estes días.

En comparança, outras casas
víanse na obrigha de pasar leste (escases, penurias), ou safarse como podían. Aos animais dábaselle herba, e levábanse a pacçer polos camiños, e ao monte. Quen tiña algho que
moer, aos animais dábanlle o relón, ou
casco do millo, aparte da herba, ou do que houbera.
Era lóxico que as nosas xentes se fartaran de tanto traballo. Así, cando cheghou a lus
eléctrica ás casas, a primeira cousa que moitas delas mercaron, foi un muiño
electrico, que aforraba tempo e esforço. Con esto abandónaronse ghran cantidade
de muiños, co posterior deterioro, e moitos dos cales desapareçeron totalmente.
Cando
veu a lus eléctrica á aldea de Cures, alá polos anos sesenta, meu avó
Ramón deçideu comprar un muíño eléctrico para a casa. Foi o primeiro que
se instalou na aldea. Non en todos os lughares da parroquia cheghou nesa década a
lus das casas, xa que nas aldeas de riba aínda lle tocou a mediados dos anos
oitenta.
Sen embargho, moita xente seghuía usando os muíños de río. Un caso deles era o pai de Manolo do Ferreiro, de Belles de Baixo. Cando meu avó o vía, tenlle comentado como seghuía pasando semellante traballiño cos sacos ao lombo, sabendo que xa existía a alternativa dos muíños eléctricos. E el respondíalle que seu avó non estaba pola labor de investir nese novo ben de traballo.

Existía, e aínda existe un costume moi atávico entre a xente respecto de calquera patrimonio, ou ben que queda fora de uso. Con respecto aos muíños começaron por levárenlles as capas para usalas como mesas nos xardíns, e nas hortas a carón das casas. Por iso se ven, aparte do derrube do tellado, muíños sen as capas, soamente cos pés. O resto de compoñentes de madeira foron desfeitos polo tempo.
Como un exemplo máis de desuso, e abandono dos muíños, as aldeas de Riba, núcleos definidos e afastados de poboaçión, tiñan o seghuinte reparto destes bens. En Lidón había tres muíños. Na mesma chan, as tres aldeas xuntas da Ghraña, Noçeda e Balteiro, contaban sete. Entre todos eles case nincún traballa. Hoxe en día hai moitos proxectos de recuperación, pero verdadeiramente aínda sighuen estando abandonados.
EN COMPARANÇA COS MUÍÑOS DE CURES, ACHEGHO UN ESQUEMA DO MUÍÑO DA SERRA BOIRENSE. Do libro a Serra Boirense do Barbança (Un paseo polo patrimonio rural). Editado pola Asociaçión artesán e etnoghráfica do Barbança "O Faiado-2".
Véxanse que os nomes anteriormente descritos para diversos compoñentes, ou peças dos muíños en Cures, varian con respecto ós que se relatan de seghuido. Estes que aquí se mostran, pertençen a outros lughares da serra boirense.
1. Pao da quenlla
2. Ghrandeira, quenlla ou moxecgha
3. Adella, quenlla de abaixo, ou caneta
4. Espiçela, ou espita
5. Pao da capa, tanxedeira, ou tanghaño
6. Tarabelo. Pasador con, ou sen roda que abre máis, ou menos o paso de ghran pola quenlla pequena. Nos nosos muíños da aldea non tiñan este tarabelo.
7. Capa, ou moa
8. Ollal
9. Pé
10. Pousadoiro
11. Cubo
12. Ghradilla
13. Canle
14. Afiridoiro. Pao que desde o piso superior onde se atopa o muíño, baixa ata a lencueta da billa para levantala, ou baixala, e así reghular a presión da aghua. Os muíños da aldea de Cures, e redonda non tiñan afiridoiro.
15. Billa, ou canela
16. Rodiçio
17. Vara
18. Beo
19. Seghorella
20. Mesa do rodiçio
21. Erghuedoiro
22. Crus
23. Enrán, cunchal, ou ran
24. Aghuillón, ou aghulla
25. Penas, penlas, ou culleres
26. Trabe

Como se ve no seghuinte anexo de termos, existen diversas diferençias cos nomes aplicados ás peças, compoñentes, e espaços dos muíños de Cures.
GHLOSARIO DE TERMOS. Do libro "Artesáns do Pobo", editado polo Faiado de Boiro.
ENTRADA DA AUGHA
Billa, buxa ou bofetón. Cano de madeira sitiuado na parte máis baixa do cubo para permitir a saída da augha que vai dende o cubo ata o rodiçio. Esta saída pódese reghular ghraçias ó billote, ou a unha táboa disposta para tal fin.
Billote, ou pasexos. Aparello de madeira, ou ferro que encaixa xusto na saída da billa, acçionando, seghundo as zonas, dende dentro do muíño, ou dende o inferno, para abrirlle máis ou menos a saída da augha da billa, ou do bofetón.
Ghradisela. Trampilla que se levanta ou cerra, seghundo queiras ou non deixar entrar a aghua no muíño.
Presa. Canle de pedra por onde corre a augha.
TREMIÑADO
Adellón, adella, ou caneta. Especie de canal de madeira que se encontra na parte inferior da moegha, ou moxegha. Leva o ghra dende a adella ó ollal da moa.
Caixa. Reçipiente arredor da moda que ten unha soa saída e recolle a fariña.
Mó, ou moa. Peça que xira enriba do pé para moer o millo. Pode ser pedra albeira (calcárea ou cuarçita), para moer trigho, ou pedra do país (ghranítica).
Moegha, ou moxegha. Peça en forma de pirámide invertida que serve para deixar caer o ghran no adellón, ou caneta.
Pé. É a pedra fixa do muíño, onde se moe a fariña.
Seghurella, ou seghorella. Pao que atravesa o adellón por dous buratos cun ollal na punta por onde pasa o tanghaño, transmitíndolle á seghorella o movemento vibratorio.
Teixedeira, ou tanghaño. Vara de madeira introduçida polo ollal da seghorella que fai vibrar o adellón para que vaia caendo o ghran.
Tremiñado. Armaçón exterior do muíño.
INFERNO
Aghulla. Complemento do enrán que fai de rodamento do rodiçio.
Crus. Forma en que remata dentro do muíño o erghuedoiro. Sobe ou baixa a moa a base de cuñas.
Erghuedoiro. Une a crus co rieiro, e faino subir.
Inferno. A parte inferior do muíño na que se encontra o sistema rotativo.
Ran, ou enrán. Peça incrustada no rieiro, onde se pousa o rodiçio para que xire enriba del.
Rieiro, ou arrieiro. Vigha de madeira que lle fai de mesa ó rodicio, estando metida dun lado na parede, e no outro extremo unida ó erghuedoiro. Serve para levantar o rodiçio e con el a moa.
Rodiçio. Roda que leva ó seu redor unha serie de penas (pás) horiçontalmente. Recibe a força da augha, e fai mover a moa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario