A partir da Ponte de Carou,
subimos río arriba.
En pleno verán hai pouca aghua, e ímonos atopando con pequenas poças.
Apareçen dous "cabaliños do demo" sobrevoando o río e a súa follaxe.
Pequenas
balsas, ou pesqueiras naturais que coa pouca aghua pareçen estar
quedas, e calmosas. Teñen intercalados terróns de herbas que son
típicos dos ríos.
Abundante
vexetaçión frondosa acompaña o curso do río. Entre ela inçan os
ameneiros, salghueiros, freixos, carballos, bidueiros, dentabruños, ...
Areal
que provoca a aghua cando chegha a un sitio chan, deixando o repouso que non pode arrastrar das areas sacadas ás pedras, e ás rochas .
Paseniñamente camiño en silençio por entre outeiros, e reghueiros.
Comigho
vou surcando luçes e sombras da penumbra protectora do bosque. Entre a
espesura amigha, pareçen divisarse fighuras de seres diminutos tales como
gnomos, e animais. Ao fondo desta primeira foto seméllame ver tales criaturas máxicas camufladas coa cor da vexetaçión.
Ao pouco de andar encóntrome coa primeira fervença desde que saín do punto de partida.
Esta paraxe é a que as xentes dos nosos lughares chaman "O Poço Neghro Ghrande". Nesta pisçina natural, como tamén no "Poço Neghro Pequeno" que está máis arriba, é onde se bañaban no verán os chavales da época de meu pai. Uns sacaban toda a roupa, quedando completamente en coiro, e outros so co calçonçillo.
Explícanme as persoas maiores que aos rapaçes non os deixaban ir seus pais, por seren sitios perighosos. Se alghún rapás pretendía ir cos chavales, estes xa non se comprometían levalos consigho. De tódolos xeitos, sempre ían os moços sós.
As chavalas non tiñan ese costume de bañarse no río, anque xa non saía delas. Aparte de que non había bañadores, e anque os houbese, ¿para qué? se daquela non existía a moda de ir á praia. Cóntame alghunha muller xa maior, que incluso cando se crearon os bañadores, tampouco non había cartos para compralos. Iso quedaba para alghunha "señorita" de clase acomodada que por estes lughares non se daban.
A xente de aquí, na súa totalidade, era moi humilde e estaba conectada co mundo aghrícola e ghandeiro. Traballo lles custaba conseghuiren xuntar algho para sobrevivir, polo que nin sequera se lles ocorría pensar nesas prendas.
É moi probable que este costume de bañarse nos ríos xa se practicara nos tempos dos nosos avós, e viñera herdado dos antepasados máis antighos. Isto non podo confirmalo.
Quero indicar que na nosa contorna, como en moitas outras ata ben entrada a década dos 80, non existía a práctica de ir á praia. Incluso entre as mesmas xentes da beira do mar, non se tiña estableçido este costume soçial tal como existe hoxe en día.
Lémbrome nalghún verán a finais dos anos 70 e prinçipìos dos 80, acompañar de pequeno a chavales para velos nadar nestas mesmas paraxes do río. Uns quedaban en roupa interior, e outros sacaban todo. Habíaos que se chimpaban desde os outeiros, mandando apartarse aos que estaban nadando. Outros xa non avisaban con perigho para os bañistas. Sempre existían os máis prudentes que se botaban a ras da aghua.
Este entorno visto desde outra perspectiva.
Hoxe por hoxe esta práctica sistemática foise perdendo, non sendo casos puntuais de chavales-as que deçidan ir nalghún momento.
Contan
meus pais, e así lle teño escoitado a outros veçiños que este pasatempo
non era tan inofensivo. Din que arredor da década dos anos 60, no Poço Neghro Ghrande, unha tarde de
verán morrera afoghado de chaval Manoel do Pousiño. Non saben se foi
porque non sabía nadar, ou por un corte de dixestión.
Aghora para poder continuar avançando imos polo monte seghuindo o camiño de pés, ou senón abrimos paso nós mesmos. Esta variante na rota é debido a que hai ghrandes outeiros que imposibilitan a subida, a non ser que se sexa escalador profesional.
Ao pouco vemos pequenas laghoas, e escorrentías que desembocan no "Poço Neghro Ghrande" do que falamos antes.
Aghora para poder continuar avançando imos polo monte seghuindo o camiño de pés, ou senón abrimos paso nós mesmos. Esta variante na rota é debido a que hai ghrandes outeiros que imposibilitan a subida, a non ser que se sexa escalador profesional.
Ao pouco vemos pequenas laghoas, e escorrentías que desembocan no "Poço Neghro Ghrande" do que falamos antes.
Asçendemos un pouco máis, e cheghamos ao "Poço Neghro pequeno."
O mesmo poço anterior visto desde máis arriba.
Logho
de asçender uns metros, vemos outra pisçina natural formada pola
disposiçion das pedras, e polo traballo da aghua en moitos anos. Deste
depósito desçende o líquido elemento ata o Poço Neghro pequeno.
Aghora cheghamos a un tramo de río sen pendentes en picado. Podemos ir camiñando, pero con coidado de non escorrer, sen vernos obrighados a saírnos do río.
A partir deste punto exacto da foto começa o primeiro muíño, dun ghrupo de catro en total ata a Ponte de Carboeiro.
Vaise façendo tarde, e deçido dar volta desçendendo monte abaixo pola beira do río.
Vou vendo alghunhas árbores centenarias como estes carballos, e aproveito para inmortaliçalas.
Son curiosas as ponlas deste pequeno pino que pareçe querer abraçar ao carballo. Enleada nelas andaba unha casca de arcolito.
Unha plantaçión de castiñeiros que axiña cheghará a ser un souto frondoso.
E aquí remata a viaxe por hoxe, ata que retome a rota dos muíños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario