Retomando a rota da viaxe anterior, xusto no punto onde a deixamos, atopámonos co primeiro muíño a man esquerda que describimos deseghuido.
Coa fin de poder entrar neles, de paso levamos con nós as ferramentas de apañar o batume, e as silveiras (fouçiño do monte, lima e forcado). As luvas son máis ben cousa de hoxe en día, porque antes apañábase sen elas.
Muíño "do Rivés" (Revés). Moía en sentido contrario aos outros.
Tellado derrubado, e pequena xanela
Sartegho, e burato da saída do cubo onde se encastraba a billa
Reghueiro perto do muíño, e óso dun animal
Enlousado sobre o cubo, e presa por onde ía a aghua xa case tapada pola terra
Entrada do cubo, coa súa baixada ata o río
Porta de entrada, coa pousa para deixar o saco co froito mentres abrimos a porta, ou cando saímos xa coa fariña, mentres pechamos.
Vigha
Xanela que soe ser ancha por dentro, e estreita por fóra
Pé
Capa
Pinche con corredoira, e fachada ao río
Seghuimos río arriba
Vemos na foto inferior, ollando ao seu extremo superior dereito, un esquinal do seghuinte muíño que se describe máis abaixo.
Muíño "de Carboeiro" situado na marxe dereita do río.
Con maleça arredor, como tamén no seu interior
Logho dunha limpeça xa queda máis limpo e visible
Visto desde un pinche
Presa atrancada por unha árbore caída diante da entrada do cubo
Pousa, e entrada ao muíño. Pequeno muro que divide a entrada exterior do tremiñado, onde cae a fariña do pé
Capa ghastada façendo de pedra do muro na fachada de atrás
Pé do muíño co ollal que o atravesa polo medio
Xanela
Fachada de atrás onde está o sartegho
Sartegho
Cano ou canaleta que puder servir como desaghue do interior do muíño
Camiñando uns cantos metros máis arriba, na mesma man que o anterior atopámonos co terçeiro muíño chamado:
- Muíño "do / de Queirugha". Anque leva o nome do alcume desta casa da Ameán, non era so deste propietario, senón que tiña parte Roberto dos de Reperto da Ameán (casado en Cures con Victoria do Souto). Supóñome que habería alghunha casa propietaria máis.
No seu interior, desde a entrada vese a vigha, cancos, ripas e tellas caídas. As hedras inçan por todas partes.
Tellado xa case por caer de todo. Desde arriba poden verse silvas, follas e hedras que fan unha cama sobre o tellado derrubado.
Camiño
de pés que cos fieitos, e toxos xa case non se ve, o cal baixaba desde
arriba do camiño de carro, aghora é unha pista asfaltada.
Este muíño estaba moi invadido pola leña, e con alghunha árbore caída nunha das súas paredes.
Muro traseiro máis alto cá fachada dianteira para conter o terreo e que non se veña enriba do tellado. Este muro tamén delimita a altura da xente, e a dos animais.
Un dos seus laterais co desnivel para o río.
Visto desde unha beira do río.
A porta de entrada aínda se mantén en pé, pero vaise estropeando a madeira.
Pousa da entrada. O interior xa máis despexado, logho de limpalo algho.
Tellas caídas, vigha, cancos, ripas, ... Vemos enriba da capa e do pé, o pau que une a quenlla ghrande coa pequena. Tamén, outro pao con buratos para dosificar a caída do ghran.
Por outra parte o estrinxedeiro, ou estrinxidoiro que é un pao pequeno que une a quenlla pequena coa capa e que ao xirar fai caer continuamente o ghran. Xa non se ven restos claros das dúas quenllas, non sendo nunha punta do pau con buratos.
Seghorella no ollal da capa e do pé.
A
seghorella, ou platina de ferro está encastrada na capa, e no pé. Ao
mesmo tempo está unida ao beo ou ferro lonxitudinal que empata coa vara, e esta co reduçio. Este, coa presión
da aghua fai movelo beo, e a súa ves a seghorella que activa o pé, e a
capa, façendo moer o ghran.
Vara, é un pau que se encastra na parte inferior coa maçán do reduçio. Sobe para riba e conéctase ao beo.
Reduçio: conxunto de penas, ou culleres radiais, xeralmente de madeira. Colocadas en sentido horiçontal, cos seus ghanchos e a maçán ou punto medio onde se unen estes elementos. / Mesa do reduçio: travesa de madeira que fai de base a este.
Penas: culleres que por aquí sempre foron de madeira. Parten do punto medio, ou maçán do reduçio. Neste caso, xa moi tardíamente puxéronllas de ferro. / Billa: cano de madeira, ou pequeno queixón que se adapta na saída por onde desçende o cubo.
Proseghuimos a marcha e na mesma marxe que nos atopábamos, a uns cen metros ollamos un muro perto da pista. Comentar que moitas propiedades que hoxe están a monte, noutrora eran leiras, brañas, e terras de cultivo en xeral. Por iso este muro pudera ser antighamente sostén dalghún terreo traballado.
A pouco de andar, encontrámonos coa Ponte de Carboeiro.
A man dereita vemos o cuarto muíño, chamado textualmente "O muíño da Nícula". Estaba rodeado de hedras, ponlas de árbores, silvas, e outra vexetaçión.
O
tellado estaba en bo estado, pero axudado pola placa que se vía desde
dentro e lle botaron no seu día. Esto desvirtuo os seus compoñentes
orixinarios.
Tratando de limpar arredor para acçeder ás súas distintas partes.
Sartegho en curva interior.
Entrada prinçipal baldeira de leña.
Laterais que fun despexando de maleça.Outra perspectiva da entrada.
Lateral onde se ve que alghunhas árbores ghabean a rentes da parede.
Interior do muíño onde se observa que a entrada antes do muro divisorio está chea de area. Esto débese ás escorrentías que baixan pola ponte en entran pola porta debalando aquí a terra, e a area. Ao pouco irá enchéndose tamén a parte do tremiñado onde está o pé do muíño.
Vigha de madeira, e placa de vighas de cemento e ladrillos, adulterando os elementos tradiçionais do teito nos muíños de aghua.
Muro divisorio do tremiñado, e pé do muíño.
Restos de elementos de madeira do muíño, e xanela dun lateral
Ollal do pé, e outra xanela con ladrillos sobrantes da placa
Ghradisela de entrada ao cubo, e a súa baixada
A Ponte de Carboeiro, co seu arco
Distinta perspectiva da ponte
Sentido da estrada con direcçión a Carboeiro, Cadarnoxo e Ameán
No outro sentido, con direcçión a Cubelo, Pomar do Río e Enseño
Aquí continúa o asçenso do leito do río desde a Ponte de Carboeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario