Vai abrindo o día cun ceo despexado, enghanando coa súa temperatura fresca e húmida que se mete nos
ósos.
Como un punto claro e brillante destaca a lúa, compañeira enigmática na mañançiña. Xa pola noite nos iluminou e acompañou coa súa maxia, e misterio.
O amigho sol começa a alumear tímidamente o cume da serra.
No fondo do val pola Aghra de Cures e a carón do río, a xiada estendeu sen dor o
seu manto.
Vai frío, e hai que prender
a coçiña de ferro. Non hai nada coma o calor
natural da leña.
Collemos unha ou dúas piñas
abertas, xa secas e prendémoslle lume para o cal ven vale un misto.
Botámola dentro.
Logho,
xuntamos alghúns caroços e pómolos enriba e arredor da piña.
Unha
manchea de gharabullos, rachas, paus delghados, cascas de árbores, ...
Leña delghada, táboas, ...
e por último uns bos cachopos enxoitos (secos) que caiban pola boqueira
da coçiña.
Pechamos a porta, e
abrímoslle o tiro d´abaixo para axudarlle a tirar(arder) ó lume.
Xa coa coçiña quençendo, o día aínda sighue frío fóra da casa.
Hornillos, ou aros da coçiña que por calquera motivo se sacan co ghancho da coçiña.
Volvémolos pór (poñer) no seu sitio.
A lus do sol vaise
estendendo polo Couto da Moureira (castro hoxe xa cataloghado, e posteriormente
punto de descanso para a cabalaría do antigho señor da Torre de Ghoiáns)
Monte de Pomar do Río, situado por riba das aldeas de Pomar do Río-Enseño. Como está situado debaixo do coto, alghúns veçiños randas, armadanças e rivais, pertençentes a aldeas lindeiras, metíanse con
eles chamándolle “os de Socotroco".
Por outro tanto alcumaban aos de Cures coma "os da Ghata" (debido á unha pequena leoa que polo tamaño semella unha ghata, e atópase colocada-o enriba do marco superior da entrada á rectoral do cura). Aos de Maçenda chamábanlle "os da Campana de Pau", porque a campana de ferro que tiñan no campanario da ighrexa era pequena e tocaba ou soaba mal, tal coma un pau burateado e oco.
Como tamén aos de Nebra os conoçían por "os da Vigha Atravesada" identificándoos por un cano saínte de pedra dunha das súas fachadas,...
Dentro
dos dominios do Monte de Pomar do Río atópanse sitios coma o "Monte do
Cotro", "Río do Tronco", "Toxeiras do Tronco, ou Monte do Tronco", "O
Pomar", ...Tirando á parte alta deste monte, hai uns outeiros ou penedos que pareçen conoçerse como "Outeiros da Pedra Embarrada".
Di a xente maior da parroquia que cando vén a brétema da parte do Son querendo baixar por alí, (ou simplemente sen brétema), dun xeito ou doutro cando se poñen brilantes ou plateados quere diçir que ao día seghuinte chove, ou vai haber mal tempo.
Di a xente maior da parroquia que cando vén a brétema da parte do Son querendo baixar por alí, (ou simplemente sen brétema), dun xeito ou doutro cando se poñen brilantes ou plateados quere diçir que ao día seghuinte chove, ou vai haber mal tempo.
Monte da Ameán-Carboeiro que abranghue entornos coma A Grhranxa
do Cura, O muíño do Cura, Os Barrancos, Pensos, ...
Monte de Cadarnoxo que
inclúe, entre outros, os aghros ou paraxes de Os Tremóns, Salto do
Lobo, Fervença de Cadarnoxo, Fonte Fría xa tirando cara ó Iroite, ...
Anunçian con foghuetes
e bombas de palenque as festas de Cures.
Começan o día 30 de novembro con San Andrés, patrón da parroquia. Ao seghuinte día San Roque,
despois síguelle Santa Luçía, e por último San Blas, o santo máis pequeniño de todos.
Vaise esvaeçendo o fume dos foghos, e ao día aínda lle custa traballo temperar.
Paseiñamente o sol estende cada ves máis os seus acolledores e cálidos braços para dar vida e calor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario