martes, 26 de marzo de 2013
jueves, 21 de marzo de 2013
martes, 19 de marzo de 2013
CANÇIONEIRO POPULAR: PICARESCA E TROULA, por Ramón Laíño
O dono mandou a un criado buscar peras á pereira da súa
horta. Cando volveu o criado do seu mandado, díxolle o dono:
- Boeno, ¿fósteme ás peras?
* Sí. Pero non trouxen nada.
- ¿E non había peras nincunha?
* Non tiña máis a pereira. Unha era para min e outra para
a compañeira.
(Enghadido para aloncar o conto):
Dono: - ¿E
rompestes alghunha ponla?
* Non. Non fixen estragho nincún. Está aí para ver.
- Enton é mellor que non vaias máis. (retranca do dono
supoñendo que boa parte das peras comeunas o criado. Ao mesmo tempo, se o
criado di que a pereira non tiña máis, pois xa como xoghada, non o ía mandar
máis alí)
---------------------------------------------------------------------------------
O cantar:
- Unha pera, dúas peras, non tiña máis a pereira. Unha
era para min, outra para a compañeira.
---------------------------------------------------------------------------------
Era unha moça que ía para a misa, e levaba posta unha
mantilla por riba da cabeça. Un moço encarou con ela (outra variante: embisteu
con ela). Dille el:
-
¿A onde vas?
-
Á misa.
-
¡Eh, romenda esa
mantilla que a levas rota por baixo, e por riba!
-
¿¡Eh!?. ¡Non me dighas
eso!.
-
Pois logho, mira ese
refaixo que o levas roto por riba, e por baixo.
-
Boeno, quesme enredar
para non ir á misa. ¡Vai reçar!
Cantar deste conto:
-
Mira Maruxiña, mira como
veño, cunha borracheira de viño que xa non me teño.
-
Mira Maruxiña, romenda a
mantilla que a traes rota por baixo, e por riba.
-
Mira Maruxiña, romenda o
refaixo que o traes roto por riba, e por baixo.
---------------------------------------------------------------------------------
Miña nai mandoume á herba, vai no carallo o fouçiño. Non
me mandou miña nai furala pipa de viño.
---------------------------------------------------------------------------------
Era unha muller casada que tiña amistade co cura, e este
viña xunta dela. Un día o home non estaba na casa. Vai a muller, e preparou
unha tortilla de ovos. E nesto, aí sinte ela o home cheghar. A muller toda
apresurada, mete a tortilla de ovos aínda media coçida na tixola, debaixo da
artesa. O cura tamén se aghachou dentro da artesa. O home entrou. O ghato
empeça a comer a tortilla.
Di ela en vos alta: - Ai mundo, mundo, lévalas todas.
(bis)
O home: - ¿Eh, a que ven eso?
Ela: ¿Eh, non sabes que morreu a nosa comadre?
El: Pois se morreu, tamén morreremos nós.
Ela: Teremos que ir ó enterro.
El: Irás ti, porque eu teño que ir muxila vaca, e façelas
labores. Eu vou máis tarde.
El marchou, e o cura sen deçir nada, ou case sen
despedirse fuxeu a fume de caroço. A muller, polo visto, tivo que lavalo fondo
da artesa porque o cura caghara por sí.
---------------------------------------------------------------------------------
Conto do pai do señor Enrique do Vioxo:
Dixéronlle a el: - Este can dá (custa) çinco pesos.
Entón di el para sí: -¿De quen sería o can?
E andaba detrás do can haber se lle caghaba os çinco
pesos.
---------------------------------------------------------------------------------
Vámonos de aquí. Iremos.
Vámonos de aquí. Iremos.
Que no dighan estos señores que otro ofiçio no tenemos.
---------------------------------------------------------------------------------
Xa escampará se non chove. Le dices a mi morena que no me
aguarde esta noche.
---------------------------------------------------------------------------------
Vámonos que o que tarde vai, tarde ben.
Pero as feitas son as que valen.
---------------------------------------------------------------------------------
Hei carballeira, ti na cama e eu na eira.
---------------------------------------------------------------------------------
Luns, e martes é festa en tódalas partes. Miércoles, e
jueves traballan as mulleres. Venres françés, sábado inclés, e dominco festa
outra ves.
---------------------------------------------------------------------------------
Era un sapateiro, e máis
outro home que estaban xuntos. Vai o sapateiro,
e empeçou poñéndose a tono, botando este cantar:
Para sapateiros, Noia.
Para pérteghos, carballos. Para cautivalas nenas bonitas a cabeçalla do carro.
E sae outro diçindo:
- Para sapateiros, Noia.
Para pérteghos, carballos. Para cautivalas nenas bonitas a cabeça do carallo.
---------------------------------------------------------------------------------
Boteiche un polvo na saia, túa nai non cho mirou. Aghora
vaste queixar á cona que te botou.
---------------------------------------------------------------------------------
As moçiñas de Noia son pequenas, e redondiñas. Marcha o
raposo atrás delas coma se foran ghaliñas.
---------------------------------------------------------------------------------
O cura de Leiro foi ós mexillóns, caeu entre as (antras)
pedras, caeu entre as (antras) pedras, rompeu os calçóns.
Ai eso sí, ai eso sí, e se os rompeu déixaos romper, o
cura de Leiro calçóns ha de ter.
Ai eso sí, ai eso non. Para ti curiña, calçóns ha de
haber.
---------------------------------------------------------------------------------
Para boas moças Cures, Loxos e Pomar de Río. Para pícaras
a Ghuiende, meighas a Belles de Riba.
---------------------------------------------------------------------------------
¿De onde es? – Sonche da parroquia da vía da cona, lughar
de mallo, e enriba dos collóns pousa o carallo.
(Outra versión): ¿En que lughar estamos? – Estamos no
lughar de mallo, parroquia da vía da cona, e enriba dos collóns pousa o
carallo.
---------------------------------------------------------------------------------
Eran dous homes, e deçían un ao outro:
¡Eh, cantan os ghalos ó día!
¡Oh, tamén cantan as nenas no inferno de Camariñas!
(En Camariñas hai unha aldea que lle chaman o Inferno,
tamén na Lomba de Pobra do Caramiñal).
Cantar: - Cantan os ghalos ó día, cantan os ghalos ó día.
Tamén cantan no Inferno as nenas de Camariñas.
Versión orixinal: Pasei por Camariñas, por Camariñas
pasei cantando. As nenas de Camariñas quedan no río, quedan lavando.
Pasei polo Inferniño, polo Inferniño pasei cantando. As
nenas do Inferniño quedan no mundo, quedan penando.
Outra versión: Pasei por Vilariño, por Vilariño pasei
cantando. As nenas de Vilariño quedan no río, quedan lavando.
Cantan os ghalos en Baio, cantan as ghaliñas en Baíñas.
(bis)
Tamén cantan no Inferno as nenas de Camariñas. (bis)
---------------------------------------------------------------------------------
Miña nai, e maila túa viñan xuntas da romería, unha viña
borracha, e a outra xa non se tiña.
(Outra versión): Miña nai, e maila túa viñan xuntas da
romería, a miña viña borracha, e a túa xa non se tiña.
---------------------------------------------------------------------------------
Unha vella e máis un vello mexaron nunha caçerola /
caçola.
Ela como era moi pilla, ela como era moi pilla,
tocoulle a pirola. Ai lalelo, ai lalalo.
---------------------------------------------------------------------------------
Díxolle un home á muller (dito e cantar):
-
¡Ai, tápame, tápame,
tápame que teño frío.
-
¿Cómo queres que che
tape se non vai tanto reçío?
---------------------------------------------------------------------------------
CONTO DOS APRENDIÇES DE LADRÓNS:
Eran dous chavales que empeçaban a ir roubar. Probaran nunhas
cantas casas, e saíron ben.
Empeçaron ó pouco, e foron a unha casa máis forte, e
temían. Deçía un:
-
¡Boeno. Vai ti!
E o outro:
-
- ¡Non. Vai ti. Vai ti,
oh!
De aquí ven o cantar:
-
Arriba no hay que temer.
Si nos cogen y nos llevan a la cárcel, nos tienen que mantener.
Fixéronse ricos e aínda eran chavales sen ir ó serviçio.
Cando foron ó serviçio, tamén alí empeçaron a roubar. Fixéronse ademáis con
pistolas, ametralladoras, e pasaron a máis, e máis, con coche en por eles. Xa
tiñan carta blanca en tódolos sitios. Iban en avión ida e volta. Fixéronse
millonarios. Disque eran de Ferrol.
---------------------------------------------------------------------------------
Aunque me muera mañana, pena no llevo ninguna,
porque de este mundo llevo muy bien corrida la tuna,
muy bien corrida la tuna, pena no llevo ninguna.
---------------------------------------------------------------------------------
Case chove miudiño, case se espeta no chan.
Como baila dereitiño a muller de meu irmán.
---------------------------------------------------------------------------------
Como chove miudiño, como se espeta no chan,
como chove miudiño, non cabe polos canales.
Ábreme la puerta niña
que soy aquel que tu sabes,
que soy aquel que tu sabes,
no cabe polos canales.
---------------------------------------------------------------------------------
Ai Sara, Ai Sara, Ai Sara, túa nai chora.
Ai Sara, Ai Sara, Ai Sara, vas de ramboia.
Dame o lume Sara polo vertedeiro.
Dame o lume Sara, dame o lume Sara que eu son o ferreiro.
Se é-lo ferreiro, sube para riba, comeralo caldo,
comeralo caldo nunha vasenilla.
---------------------------------------------------------------------------------
Que ben baila, que ben baila a da chaqueta redonda.
Que ben baila, que ben baila, esa si que é bailadora.
Esa si que é bailadora, esa si que é bailadora.
Que ben baila, que ben baila a da chaqueta redonda.
---------------------------------------------------------------------------------
COPLAS DISTINTAS:
* No la llames que no viene, (bis)
que está tomando la sombra
debajo de los laureles.
No la llames que no viene.
Asubía que vai vento.
(bis)
Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.
Teño lanchas, teño redes,
teño sardiñas no mar,
teño unha nena bonita,
xa non quero traballar.
María miña María, miña
revolteadora.
Botástela cama fóra, onde has de durmir aghora. Botástela
cama fóra, onde has de durmir aghora.
---------------------------------------------------------------------------------
Eu a Noia non vou máis,
eu a Noia non vou máis que aínda me dixeron onte que salían a Cabrais, que
salían a Cabrais, eu a Noia non vou máis.
(Nota: Cabrais, baixada de Moimenta)
---------------------------------------------------------------------------------
Miña miniña pequena, miña pequerrechechiña, heiche de tocar
as cunchas naquela corredoiriña. Ai lelelo, ai lelelo.
(Outra versión) Miña pequerrechechiña, miña
pequerrechechiña que traíalo donairo cando eras pequeniña, cando eras
pequeniña, cando eras pequeniña. Ai
lelelo, ai lelelo.
---------------------------------------------------------------------------------
Ramonçiño
cando marches, déixame unha prenda túa.
Déixame a túa navalla para seghala verdura. Déixame a túa
navalla para seghala verdura.
---------------------------------------------------------------------------------
Aínda
che hei de botar unha, aínda che hei de botar outra.
Aínda che hei de botar unha que che hei de queimala
roupa, aínda che hei de botar unha que che hei de queimala roupa.
---------------------------------------------------------------------------------
Nós daquí
e vós daí somos tantos coma vós.
Nós comémolo carneiro,
os cornos son para vós. Nós comémolo carneiro, os cornos son para vós.
-----------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------
Unha
vella que comeu sete cuncas de papas, recuncou, e explotou coma un
foghuete no aire.
(Recuncar:
comer mais, ou beber de novo do mesmo que se acaba de comer, ou
beber. Repetir. Volver façer.)
Cantar.
Unha vella comeu, comeu e mais recuncou, e despois fixo coma un
foghuete no aire pum, e explotou / reventou.
-----------------------------------------------------------
Polainas,
miñas polainas, non me vou daquí sen elas, que me preghuntan as
nenas tódalas noites por elas.
(Polainas:
Espeçie de media ou de botín feito de pano, que cobre a perna desde
o nortello ata un pouco máis arriba do xeonllo e que, xeralmente,
levan unha rincleira de botóns na parte exterior. As polainas
son un elemento do traxe tradiçional ghalegho.)
----------------------------------------------------------
Xoseíño
bo rapas que visteu o pantalón co dediante para atrás.
---------------------------------------------------------
¿Como
fai a vella cando é moi ben vella?
A
vella e maila ghaviota canto máis vella, máis loca.
---------------------------------------------------------
Sentadiña
nunha pedra, pensas que non é pecado enghañar a quen espera.
---------------------------------------------------------
Eu
aquí non veño a nada, como son foliadeira veño vela foliada.
---------------------------------------------------------
Cucurrucú,
cucurrucú, as nenas da Armada quentaron o cú.
---------------------------------------------------------
Era
Xan e mais Ramona:
- Abril, abrilete e o mes que se mete. ¿Non son tres meses, Xan?
- E maio, maiolo, o mes que vai solo, e o mes do pirolo. ¿Son seis, Xan?
- E o mes que naçeu o rapas, ¿non son nove, Xan?
Si,
muller, son.
--------------------------------------------------------
Este
ano hai moito liño, tamén hai moitas arestas.
As
moçiñas de Beluso “levan a eito que apretan”.
(Aresta:
Residuo que se lle tira ao liño ao maçalo. Despois de quitarlle as
arestas, dispuxo o liño para espadelalo.)
---------------------------------------------------------
Hoxe
aquí non hai çirolas porque polo que vou mirando, bailan as
mulleres solas.
(Cirolas:
peça de roupa interior masculina que cobre da cintura para abaixo,
cada perna por separado, cunha lonxitude variable. / Tamén unha
espeçie de pantalón antigo masculino que ía da cintura ao
xeonllo.)
---------------------------------------------------------
Non
cho quero costureira (bis),
que o
tes máis apaghado có figho da fighueira.
--------------------------------------------------------
Tío
Juan, tío Juan,
Juani,
Juani, Juani, Juan.
Ai
lelelelelelo.
Tío
Juan, tío Juan.
--------------------------------------------------------
Era
unha ves un que tiña unha novia, e deixáronse un deles ao outro, ou
por ámbalas partes. Despois ela iba para casar con outro, e pasou
por diante do novio de antes que estaba labrando, e dille el:
- Jo, boi, jo. Esa novia foi miña pero á noite hei de bailalo pan ben bailado.
E
despois á noite ela pónse a cantar, bailar e tocala pandeireta. E
ela, sabendo o que iba deçir o novio de antes, dixo ela:
- Somos do corrancho ghrande porque de raça nos ven.
E di
o novio de aghora:
- Eu como son caralludo, a min tamén me convén.
--------------------------------------------------------
Borrachiño
sen beber, borrachiño sen beber.
Cuartillo
e medio de caña aínda non me fai caer.
¿O
borracho como é? Este cantar, pero falado:
Borrachiño
sen beber, cuartillo e medio de caña, aínda non me fai caer.
Cuartillo:
medida de capaçidade para líquidos correspondente a medio litro.
Neste cantar, cuartillo e medio equivale a 0,75 litros, é diçir,
3/4 de litro.
--------------------------------------------------------
Para
sapateiros Noia, para pérteghos carballos,
para
cautivalas nenas a cabeçalla do carro.
E sae
un: - Para cautivalas nenas a cabeça do carallo.
Pértegho:
Pau máis curto dos dous de que consta o mallo. Todos os malladores
batían o pértegho ao mesmo tempo.
--------------------------------------------------------
O
carallo vintenove vai nas feiras das mulleres,
se o
vedes por alá metédeo antras mulleres.
-------------------------------------------------------
Esta
noche va de tuna, la que viene de parranda.
Esta
noche va de tuna, la que viene de parranda
Para
la otra que viene dormiré contigo en cama.
-------------------------------------------------------
Esta
noche dormí fuera, dormí en un colchón de lana.
Esta
noche dormí fuera, dormí en un colchón de lana.
La
culpa la tuvo el vino y el aguardiente de caña.
-------------------------------------------------------
Esta
noche dormí fuera, dormí en un colchón de lana.
Esta
noche dormí fuera, dormí en un colchón de lana.
Para
la otra que viene dormiré contigo en cama.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)