lunes, 3 de febrero de 2014

ENCANTOS E CONTOS, por Ramón Laíño


O ENCANTO DO CASTELO DE VITRES 


Érase unha ves un moço que falaba cunha dama do castelo de Vitres. Había un encanto nese lughar no que habitaba a súa namorada.

Naqueles intres, el andaba en custión (litixio), e a moça do Castelo dáballe os cartos. Pero ela avisouno que non se podía nomear a deus.

E despois, colleu e dixo el:

- Boeno, mentres dure o castelo de Vitres podo custionar e telos cartos que queira.

Así foi avançando o tempo, sen problemas económicos, nin de amores, xa que moçeaba coa dama do castelo quen, ademáis o apoiaba económicamente.

Tanta era a súa confiança de que esa maravilla nunca se acabaría que inesperadamente, un día, esquençeuse do aviso que se lle dera. E nese desafortunado momento, o moço nomeou a Deus.

Entón, a partires de aquí, el volveu ao castelo de Vitres xunto á moça a pedirlle máis cartos. Pero cando alí cheghou, xa non estaba o castelo nin a moça que llos daba.

Ao pronunçiar ese nome, rompeu a marabilla e o feitiço que a dama creara coa súa vontade. Este encanto baseábase no mundo dos espíritos dos seus ançestros, que foi cortado pola irrupçión desta nova deidade que os prohibía.  

E todo iso por nomear a deus. Deçíase que os habitantes do castelo de Vitres eran xentes sen “bautiçar” (pertençían ao mundo antigho, anterior ao cristianismo).



O ENCANTO DA GHALIÑA E OS PITOS (Miña avoa materna, Esperança, na Ponte Ghrande) 


Existía un feitiço na paraxe da vella Ponte Ghrande, situada a uns pasos do cruçeiro da Aghra de Cures e Ameán. Nese entorno, xurdían misteriosamente da nada, unha ghaliña con seis pitos, e façianse visibles a moitos camiñantes que por alí pasaban. 



Din que a manada, apareçía na parte de riba do río, ollando desde a ponte. Materialiçábanse, xusto na liña do horiçonte do río, por onde vén baixando a aghua, ata onde alcança a vista.

Seghundo se conta, tamén se teñen apareçido a outras persoas, unhas veçes sobre a mesma ponte, e outras, na beira do río.

Indo miña avoa Esperança para coser roupa á Ameán, atopábase no camiño da Aghra, pero xa perto da Ponte Ghrande. E alí, na beira do río, apareçéronselle unha ghaliña con seis pitos.

Ela tratou de coller a manada pero non foi capás de agharralos porque se lle esmaghaban nas mans. O fato de aves non tiñan intençión de seren collidos, e desfaçíanse nas mans.

Cansouse de intentalo, pero non eran materiais, e ao final, desapareçeron. Desde ese momento, endexamáis volveu velos.



O ENCANTO DA GHALIÑA E OS PITOS (José Ramón, da casa dos da Eira)


Outro caso recopilado, é o do sr. José Ramón da casa dos da Eira, avó da señora Encarnaçión das Chonas. Un día que ía atravesar a Ponte Ghrande, veu andando a esa ghaliña con seis pitos sobre a ponte.



A el, si que lle foi permitido que as pudera agharrar físicamente. Pudo coller a manada, envolvéndoa coa súa chaqueta, e tróuxoa nos braços ata a casa.

Ao cheghar á casa, cando se puxo a desenvolver a chaqueta, veu que a ghaliña, cos seis pitos, desapareçeran.

A partir dese día, el nunca máis volveu a ver a ghaliña e os pitos. Crese que por tratar de apoderarse delas, xamáis se lle mostraron.

Despois relatou o conto na casa pero a súa muller, os fillos e netos ríanse del e non llo crían.

Deçía el:

¡Ai, rídevos, oh, rídevos, que eu ben sei o que vin e o que trouxen comigho! ¡A min non hai quen me desminta o que pasou!



O ENCANTO DO CASTRO. PARAXE DE CURES-AMEÁN


Hoxe en día, este lughar é un monte, pero non hai moitas décadas, eran terras de labor, e de brañas. Aquí, moitos veçiños teñen as súas propiedades, díghanse casas da Ameán: o Fidalgho, os das Laíñas, o Roque, ... Tamén de Cures: os de Esperança, ... Ighualmente de Pomar do Río: os da Niña, ...

Como indica o seu nome “O Castro”, de seghuro que antighamente pudo ser un antigho asentamento castrexo. Desta sorte, comentan os maiores das aldeas que aquí houbo construcçións extrañas, posiblemente circulares.  

Aseghura alghunha persoa xa moi maior que por este sitio había un camiño empedrado, de maneira semellante a unha calçada antigha.  

Tamén confirman que en épocas anteriores téñense sacado pedras das construcçións alí existentes para façer casas, muros, ...

Hai unha lenda que relatan os máis ançiáns, na que se di que nesta paraxe había unha señora cunha tenda, e se apareçía de ves en cando, a quen quería.

A xente antigha, dise que alghunhas veçes téñena visto neste lughar do Castro.

Existía o dito de que cando a señora se lle presentaba coa súa tenda, a alghuén, sempre façía a preghunta saghrada, e solemne:

-          ¿Qué quere-s “xxx”, desta tendiña?

A resposta ritual da persoa debería ser, exactamente:
-          “Quero a tenda e maila tenderiña”.

Entón, todo aquel que actuase deste xeito na súa presença, quedaría farta de riqueças.

E, nesto, foi que un día pasou por alí unha rapaça do lughar, e se lle apareçeu a señora coa tenda.



Así lle preghuntou a muller:

-          ¿Que queres meniña, desta tendiña?

A nena contestou:

-          Quero esas tesoiriñas.

Esto era un sinal de que a rapaça non tiña asumido a lenda, ou que en todo caso, a nai non lle transmitira a importançia de todas as historias do mundo máxico do lughar.

Deseghuido, a señora dille cruelmente:

-          “Pois lévaas e que che corte túa nai a lincua con elas.” 

No caso de que a pequena lle tivera dito: “Quero a tenda e maila tenderiña.”, tería todo canto desexara.



LENDA DOS MOUROS. A TORRE DE ORSEÑO, PARROQUIA DE NEBRA


Esta lenda sitúase nunha eira dun veçiño de Orseño, pertençente á parroquia de Nebra, do Son.

Alí, di a tradiçión popular que hai unha torre que se diçía fora feita na antighüedade. Hoxe en día, se non está visible, quere diçirse que polo paso do tempo, atópase debaixo terra.

Cóntase que dentro da torre había unha pipa (barril ou perfia) de ouro e outra de veleno.

Os seus construtores, ou senón, os seus habitantes, pensaron que para poder protexerse de calquera intruso, debían crear algho disuasorio para evitar que puderan entrar na torre.

Para eso, suponse que alghún alquimista, ou magho pensou na posibilidade de crear un veleno que durara para sempre. 


Deste xeito, o ouro que tiñan os seus habitantes, depositaríase nunha pipa, e por outra parte, noutra pipa encheríase veleno.

Nunha época do ano derramábase o veleno ao río para que a xente desde fóra, non escañase na terra, e non pudera cheghar adentro da torre.

Así, con esta medida, os habitantes sentíronse protexidos por sempre.


MISTERIO DE DÚAS NENIÑAS



Pasou que dúas neniñas, de tres, ou case catro anos que vivían en Belles de Riba, perderan a súa nai a esa idade tan cedo.

Seu pai quedou só coas súas filliñas.

Mentres tanto, alghunha muller da aldea encarghábase diariamente de façerlle de comer, alimentándoas, e mirando por elas nese espaçio de tempo.

Dado que eran tan noviñas, non podían lavarse, vestirse e peitearse por elas mesmas.
Para estas tarefas, supostamente debía encargharse o pai. Pero din que non as estimaba moito, e tampouco as coidaba ben.

Sen embargho, fundouse o misterio sobre elas, pois, sempre amañeçían peiteadas, aseadas e vestidas. Seu pai estaba sorprendido, e afirmaba que el non era quen as peiteaba, lavaba e vestía.

Mesmo a persoa, ou persoas que lles façían de comer, e alimentaban, non se explicaron tales feitos de amañeceren así cada mañán.

Cando seu pai, e a xente da aldea lles preghuntaba quen as lavaba, vestía e peiteaba, elas diçían que era unha muller que viña a axudarlles. Pero non diçían quen era, posto que esa muller non quería que se soubera.


Ao pouquiño tempo de morrerlle a nai das pequenas, o pai casouse por seghunda ves con outra muller de Tállara.

Un día de mañán, moi çedo, no que o pai xa estaba casado coa seghunda muller, quixo saber quen lavaba, vestía e peiteaba ás fillas.

E vai nesto, que o home veu á difunta da súa muller encargharse das súas filliñas. Ela estaba diçíndolles ás neniñas, que non dixesen nada a seu pai, nin á xente da aldea, e a ninquén.

Nun momento en que asexaba o pai, a nai das nenas decatouse de que estaba sendo ollada polo home, e nunca máis volveu xunto das fillas.

Despois desto, as nenas viron que súa nai se asañara ao ser asexada, e nunca máis se lles apareçeu. Desde ese intre, contaban á xente que ata ese momento, súa nai tiña vido do ceo cada mañán a preparalas.


Ao final, cando xa foron maiores de idade, levounas un tío para Bos Aires, a Arxentina.

Din que as nenas eran irmáns do Rato de Belles por parte de pai. A seghunda muller do pai, veu de Tállara, da casa de Lompas.


ROGHATIVA



Son roghos envoltos en oraçións, con volta arredor do adro, en determinada época do ano. Pídeselle a deus que conserve algho material da terra, e / ou de librarnos de que ocorran certas desghraçias e adversidades na vida.

Poden ter unha orixe paghana, xa que estas roghativas ançestrais soían façerse en certos lughares, paraxes, outeiros, fontes, cruçes de camiños, ..., con rituais antighos baseados noutros sistemas de crenças.

Ademáis, as ighrexas foron erixidas enriba de supostos castros, ou poboamentos castrexos. Esto tiña como intençión por parte da Ighrexa de cristianiçar todo símbolo de crenças antighas, e poboados importantes.

Na ighrexa de Cures practicábase o rito da roghativa. A xente saía da ighrexa en proçesión arredor do adro. Nese intre, o sancristán quedaba dentro, e pechaba a porta.

Entón, diante da proçesión, ía unha persoa que levaba unha crus ghrande, supostamente co cura ao lado, ou inmediatamente detrás, e os outros camiñaban atrás del arredor da ighrexa.


O cura reçaba e os felighreses diçían: te rogamos domine, cunha volta soa.

Logho cheghaban á porta da entrada e o cura falaba desde fóra co sancristán que estaba por dentro, petando co cañoto da crus na porta.


Entón, cando o cura acababa de falar, o sancristán abría a porta, e entraba toda a xente da proçesión para rematar o ritual.  


CONTO DA XENTE E OS MÉDICOS 


Había unha ves dous médicos moi amighos que querían estudiar a vida da xente vella. 

Dise que nas aldeas, a xente soía durar máis anos de vida que noutros sitios. Había persoas moi vellas. Entón, foron investighar.

1) Dirixíronse a unha aldea e chegharon a unha casa, da que saeu un señor.


 E díxolle un dos médicos que se encarghaba de preghuntar:

Señor. ¿Vostede non lle soa un castelo por estes montes.?

Di o home:  A min non, oh, pero hádeo saber meu pai.

Médico: ¿Elogho seu pai, vive?

Si, vive.

Pero, vostede ¿cantos anos ten?

Teño 65 anos.

Entón, ¿pode contarnos que comía e bebía na súa vida?

Eu son de moito peixe, aghua e leghumbres.

Dille o médico que preghuntaba, ao seu compañeiro-médico que tomaba nota:

¡Anota esto que é bo para a saúde!

E despois, por útlimo preghuntáronlle: ¿Elogho, onde está seu pai?

Está na horta.


2) Así que foron xunta del.


Médicos: Bos días!

Pai: Bos días!

¿A vostede non lle soa un castelo nestes montes?

Si. A min tenmo contado meu pai.

Boeno, ¿pero seu pai xa morrería, non?

Non que está nunha leira coidando unhas ovellas.

Elogho, vostede ¿qué comeu durante súa vida?

Pois eu comía peixe, carne de pucho, algho de porco, non moito. Bebía alghúns vasiños de viño e tomaba alghunha copiña de caña con café.

Dille o médico ao compañeiro:

-          ¡Escribe que eso tamén é bo!

3) E despois foron xunto ao que estaba coidando as ovellas na leira,
 e preghuntáronlle:

¿A vostede non lle soa un castelo por aquí?

Sí, home. Pero, encóntrome algho mal das pernas e non volo podo ensinar.

¿Elogho, a súa vida como foi?

Boeno. Pois eu pasín neçesidades, traballando moito.

¿E a comida?

Pois, mira. Eu comía de todo, e xa cando puden ter medios, ata fartar. Así, aínda estou ghordo.

¿Elogho, qué comía?

Pois, comía moita carne de porco, carne de años e ovellas. Bebía moito viño, caña, coñac, ..., así andaba moitas veçes de borracheira.

E dille un médico ao outro:

¡Rompe todos os papeles porque está visto que non valen para nada!


No hay comentarios: