RELEO ENTRE UN MOÇO E UNHA MOÇA
Pelexa entre un moço e unha moça. Disque el era do Freixo e ela da Serra de
Outes. Estas coplas podían diçirse en bailes de pandeireta ao aire libre, en días
santos, en domincos polo verán.
Ou tamén en cruçes de camiños, nas eiras, xunto
dos cruçeiros, ighualmente en fiadas, en cubertos no inverno, ...
As coplas diçíanse entre un home e unha muller, como espeçie de releo.
Ela 1:
-
Anque
botes e rebotes, e volvas a rebotar. Anque che leven os demos, por riba non has
de quedar.
El 2:
-
Eu ben
che vin, ben che mirei. Ben che vin caer no río, pero as mans non che botei.
Ela 3:
-
Cara de
porco neghro, esterco do meu corral. Se che levo a vender, por ti non dan un
real.
El 4:
-
Chamásteme
porco neghro, façendo burla de min. Porco neghro si o son, pero non che quero a
ti.
Ela 5:
-
Anque
botes e rebotes, e volvas a rebotar. Aínda teño un saco cheo e outro por
baldeirar.
El 6:
-
Teño de
plantar un pino enriba do teu tellado e cando o pino bote flores, andarei por
teu mandado.
Ela 7:
-
Cara de
ghaliña choca, xa che botan de comer polo burato da porta.
El 8:
-
¡Ai!
Cara de sapo rachado, xa che dan de comer polas ripas do tellado.
--------------------------------------------------------
COPLA A UNHA DESCONOÇIDA
Que non che pase coma o outro que diçía:
“Cuando paso por tu puerta siempre me cae el sombrero, de mirar a tu ventana
si tiene buen subidero.”
Pero cheghou unha ocasión que o pai da moça sienteuno por unha ou dúas
veçes.
-
Pero
este carallo sempre di esta copla.
E esperouno cun fumeiro un día que o moço pasou por alí. Ao botar este
cantar, sae o pai da filla detrás del, cun fumeiro, diçindo:
¡Espera. Agharda. Que che vou subir eu!
-------------------------------------------------------
O CAN BRANCO ADOBEÇIDO
Na época dos avós existía un sentimento de pertença á propia aldea onde se
naçía. En troques, a parroquia aínda non era un ente que unificara moito aos
diferentes núcleos que a compuñan.
Diçir que dentro da mesma parroquia, había diferençias de diversa índole
entre as súas aldeas. Como exemplo, dada a diferente fonética das aldeas do
Monte, con respecto ás da canle, din os nosos maiores que formaban identidades
ben marcadas. Incluso, entre as aldeas da mesma canle, tales como A Cuncheira,
Mieites, Pomar de Rio-Enseño, Ameán, Carboeiro, Cadarnoxo, dábase determinada lonxanía.
Os moços do lughar non miraban ben a outros moços de diferentes parroquias
que viñan moçear a estas aldeas.
Dábase unha espeçial animadversión con respecto ás aldeas de Cespón e
Taraghoña, xa que seghundo se conta, tíñanlle rabia. Non podo determinar a
orixe deste sentimento. Podería intuírse que fosen moços ben presentados con
forte competençia á hora de conquerir as namoradas.
En todo lughar sempre xurde alghuén con ideas estrafalarias para solventar
alghún conflicto.
Foi neste caso, que começou a espallarse o conto dun can branco adobeçido
(coa rabia) que andaba por estas aldeas.
Este invento tiña o propósito de que os homes doutros lughares foran
atemoriçandose, e pouco a pouco perderan o costume de volver. Finalmente,
calquera moço afectado polo susto, contaríalle aos seus compañeiros este feito
para que non foran alá.
Por esto, Manoel do Caseiro de Cures, posteriormente casado en Carboeiro,
fíxose cun can branco a quen lle foi dando confiança.
Hai unha ponte de paso de Cures a Ameán, a cal se denomina A Ponte Ghrande.
A carón desta ponte, había alghúns carballos altos, con ponlas ghordas que
podían soportar o peso de calquera persoa.
Sabía que un moço de Cespón ou Taraghoña, volvía de noite por alí, despois
de visitar a súa namorada. Paseniñamente foille estudando o seu hábito e
horario.
Un día decideu levar a cabo o seu plan. Ollando a hora, asexouno cando
volvía de reghreso. Entón, subeu o can ao carballo e deixouno alí. El, baixou e
púxose nunha cova, ou barreiro, esperando cunha vara longa nas mans.
Cando o moço pasou xusto á altura do carballo, Manoel chuçou ao can coa
vara, e o animal saltou enriba do home, ou moi perto del.
Ao ser tan repentino, esta persoa colleu un susto tremendo. Vendo que se
trataba dun can branco, púxose a correr
de inmediato, sen mirar para atrás. Supuña que o can estaba adobeçido e de
morderlle podía coller a rabia.
Con estes actos tan atolados, a maioría dos moços ía perdendo o costume de
coller moças por aquí. A frase definitiva sería: “A Cures xa non se pode ir.”
------------------------------------------------
Tamén se dou outro caso co mesmo trouleiro, respecto dun moço de Belles de
Baixo que viña tratar unha moça da Ameán.
Estaba presente a sona do can blanco que din que estaba adobeçido.
Unha noite
viña o moço desde a súa aldea para visitar a súa compañeira da Ameán, e pasou pola Ponte Ghrande. Ao lonxe sen el
decatarse foi visto por Manoel do Caseiro, que o tanteou e axexou para saber
del.
Despois de ter comprobado o tempo que tardaría en vir de volta, esperouno nesa
mesma ponte que é por onde ía a xente como único camiño de tránsito naquel tempo.
Cheghado o momento, veuno vir e subeu co can branco a un dos carballos que había
á beira da ponte. Alí, co animal no braço, acariñouno para que non ladrara,
esperando aghachado entre as ponlas.
Aos poucos intres veu xa moi perto ao moço. E xusto cando pasou a altura do
carballo, botoulle o can enriba del.
Vai o xoven, e co susto dun posible can rabioso, non quixo saber máis. “Ghispa,
patapín, patapán”, fuxeu a correr sen parar e sen mirar atrás ata Cures. As
chatolas dos socos chispeaban ó petar nas pedras do camiño.
Cando cheghou á primeira casa da aldea que é a casa da Eira, virouse nese
alto e comprobou que non o perseghuía ninguén. Entón, de inmediato, respirou
fondo e dixo:
“Vivan los cojones de los hombres.”
Ao contrario do que se pudera pensar, el sighueu visitando en días
sucesivos e datas posteriores, á súa compañeira. Finalmente, cheghou a casarse
con ela.
-------------------------------------------------------------------
Esto non so se daba con xovens doutras parroquias. Incluso, se ten dado con
xente da mesma aldea.
Seghuía a fama do can branco adobeçido na parroquia de Cures.
Daquela, o inventor do conto, e dono do can, Manoel do Caseiro de Cures, tiña
un veçiño á beira da súa casa, os cales andaban xuntos ás moças. Andarían
arredor dos 18 ou 20 anos.
Por unha banda, Manoel do Caseiro ía a Carboeiro, xunta Celia que foi súa
muller. E o veçiño andaba coa difunta de Domitila da Ighrexa, da Ameán.
Díxolle o veçiño a Manuel:
-
“Cando
veñas de Carboeiro, chamas.”
Entón, o trancalleiro, e en ves de baixar polo camiño da Ighrexa para
avisar ao compañeiro, foi polo regho da casa do Queirugha. Este é un camiño de
pés, vía externa á aldea da Ameán, que ven saír á Ponte Ghrande, onde está o
cruçeiro.
Xunto da ponte, había uns carballos ghrandes, e tamén unha cova ou
terroeiro. Vai Manuel e meteuse na cova.
Cando o veçiño saeu da casa da moça, meteuse no cuberto de fronte para esperar
por Manoel. Pero, como tardaba, botouse a andar camiño da ponte.
Cando foi cheghando á altura da cova, que estaba xunto á ponte, di en alto
Manoel:
-
Uuuuuuh!,
e de paso cunha man apretoulle unha perna.
Entón, o compañeiro co susto, botouse a correr, e Manoel do Caseiro
faláballe:
-
Espera compañeiro
que son eu, espera que son eu.
Pero co medo que tiña, patapín, patapán, cheghou á casa, sen querer saber
máis.
-----------------------------------------------------------------
FARRUCO E O OFIÇIO DE MARÍA
Díxolle Farruco a María:
- ¡María.
Ti andas así!... Pero, ¿non tes verghoña que falen de tí?
Responde ela:
- Mira,
Farruco. ¡Cala! Pola cona bebemos, pola cona comemos. E se cona tíñamos, cona
temos.
Enghade ela:
- E se che din así,
¿non sei como será?
Farruco:
- Aghora
imos a menos.
María:
- Xa son vella e teño dous velliños.
El:
- Eso
xa cho diçía eu que se che iba a acabar.
Ela:
- Boeno,
máis eu non pensaba ...
El:
- Hai
que ter paciençia.
------------------------------------------------------------------
O CONTO DA OLA DE MEL
Un home levaba unha ola de mel para vender. Indo polo camiño, xuntáronselle
as moscas todas, nespras e abellas.
Dixo el:
-
Comer,
comede, pero o caso é quen as ha de paghar.
E nesto, denunçiounas. E alí, no xulghado díxolle o xuís que o que podía
façer era matalas.
Dase o caso que o xuís estaba calvo. Daquela, unha mosca pousóuselle na
cabeça.
Entón o home, façendo caso do consello que se lle dera, vai e dálle co
bastón á mosca que tiña o xuís na calva.
-----------------------------------------------------------------
A OSA E A PARELLA EN SAN RAMÓN DE BEALO
Era un home e unha muller da aldea de Cures que ían para a romaría de San Ramón de Bealo. No
tempo do verán viñan os xitanos que traían unha osa, a esta festa.
Xa no mesmo sitio da romaxe, o home e a muller ven alá no fondegho ao pobre
animal. Vai el que era moi atrevido, e por curiosidade, intentou acercarse á
osa.
Entón, o animal, por impulso instintivo, dirixiuse cara o home.
De súpeto, el dáse a volta e bótase a correr de medo, patapín, patapán e a osa
detrás del.
Chegha á casa e dille a súa nai:
-
¡Miña
nai. Déme a roupa para me mudar (cambiar)!
Preghúntalle a nai:
-
¿Elogho
que che pasou?
El:
-
¡Eh! Veu unha osa
detrás miña, e esfoirei.
(Este conto dis que foi verdade)
-------------------------------------------------------------
O SANCRISTÁN E A SÚA MULLER
O sancristán petou na porta da entrada da casa, e chamou á muller. Ela
preghuntou quen era. El respondeu que era seu home.
Ela:
-
¿Elogho
qué queres?
El:
-
Quero
seis mil reás para ir para o ceo.
Ela:
-
Pois,
arrímame aquí a cariña para che dar un bico.
Doulle o cu, e botoulle un “aire”.
-
¡Ai.
Chéirache o alento, Bastiançianiño!
El:
-
¡Sonche
bufos da terra, María. Sonche bufos da terra!
Ela:
-
¡Cóidate,
meu miniño, cóidate que non che tome o frío.!
------------------------------------------------------
A CASADA, O CURA, O CORTIÇO DO MEL E OS LADRÓNS
Dunha ves érache un cura que tiña unha amigha casada. Un día, cheghou o
home e encontrounos indiscretamente. Vai o marido, e botou ao cura pola xanela
que caeu a unha horta de coles.
Entón para protexerse de máis represalias do
home, o cura axeonllouse, e meteuse nun cortiço de abellas que estaba baldeiro.
Foi nesto que viñeron uns ladróns para roubar un cortiço. Andiveron mirando
cal pesaba máis, para levar un de maior cantidade. E atoparon o máis pesado,
onde estaba el.
O cura que estaba dentro dese cortiço, co medo, esforricou.
Entón, un dos ladróns, antes de levalo para a casa, botoulle a man a ese
cortiço para probar o mel.
Ao probala, di o ladrón:
-
¿Pero, esto que é, merda, ou mel?
Vai o outro compañeiro para probala tamén. E dille: ¡Ai, e máis tes raçón! ¡É
merda pura.!
Nese intre, sae o cura rindo:
-
Gha, gha, gha. ¡Ai, ghalopíns. Queredes roubar
o mel!
E escaparon.
-
¡Ai,
como nos fodeu o cura!
------------------------------------------------------
A NAI E A FILLA
Era unha muller que tiña unha filla. Casouse a filla, pero por desghraçia,
despois morreulle o home.
A filla cando ía para a cama, díxolle á nai:
-
¡Qué
mala sorte a miña que vou para a cama e non teño compañía.!
Respóndelle a nai:
-
Réçalle
a noso señor Xesucristo e a Deus do ceo. Haber se che dá sorte e compañía.
Ao pouco tempo tivo compañía, casándose outra ves.
------------------------------------------------------
UNHA LUS EN CABRAIS
Dunha ves Domincos do Caseiro de Cures, vira en Cabrais – Moimenta, unha
lus sen moverse durante tempo, no medio da estrada de Boiro-Noia, daquela aínda
de barro e pedra.
Seghundo se ía acercando, camiñaba inquedo con algho de temor e tamén
curiosidade. Ao cheghar xunto dela, veu que era un carreteiro que quedara a
durmir de pé co farol de man, ou o candil de ghas.
Estaba apoiado de pé na cabeçalla do carro, a carón do ghando, ou dos mulos
e cos ollos pechados.
Non era raro atopar xente cansado de tanto rodar, que ao cheghar a certas
horas, se atopaba cansa. Nestes casos, soían apoiarense de pé na cabeçalla do
carro, diante dos animais, tomando unha pequena sesta.
----------------------------------------------------------
A LÚA QUE REPRENDÍA
Entre os camiñantes que en épocas pasadas se trasladaban a pé coa lus da
lúa, con colmeiros, ou cun farol, a escuridade e a lúa podía confundirlles o
sentido da visión.
Había casos que mesmo unha silva, ou o xogho de sombras que façía a lúa,
loghraba desistir o seu avançe, e façendoos retornar de volta.
Dunha ves un home de Soborviñas que ía unha noite para Noia, veu que a lúa
reprendía (vía unha sombra coma unha man diçíndolle que non pasara). El,
despois de moito ollar e observar, colleu impresión, polo que tornou, e volveu
sobre os seus pasos para a casa.
----------------------------------------------------
AFIANÇAR O AMOR DUN MOÇO E UNHA MOÇA
Era un moço e máis unha moça. Díxolle ela a el:
-
¡E xa
non me queres!
Contéstalle el:
-
¡Eh,
como che vou querer, se na túa casa non lles caio ben.!
Respóndelle ela:
-
Pois,
eu si che quero.
Di el:
-
E
boeno. Entón ...
E así, así, casáronse.
-----------------------------------------------------------
HISTORIA DAS BRAÑAS
Antes reghábanse as brañas de noite, ou de día, seghundo a quenda que
houbera. Conta Encarnaçión das Chonas de Cures que un veçiño aghachábase de
noite, esperando que viñesen os das brañas veçiñas botar a aghua.
Os que lle
cadraban ter as brañas no recorrido da mesma presa cá del, eran os das Chonas e
a tío Domincos do Caseiro.
Por parte da casa de Domincos do Caseiro, botaba a aghua directamente el. No
caso dos das Chonas, botábana os da casa, pois Nicolás, irmán de Domincos, non
ía de noite, xa que viña moi tarde, cansado de traballar como carpinteiro a xornal polas casas.
Entón, por costume, foron sabendo que ese veçiño esperaba sen que o visen,
ata que os demáis acabasen de botar a aghua. Deste xeito, ao quedar de último, tapaba
os tornadeiros, ou pasales das brañas veçiñas, e abría os seus para reghar as
brañas del.
Dalghunha maneira, deduçiron que el façía esto, ou vírono noutra ocasión.
Entón, Nicolás das Chonas, avisado polos da súa casa, xunto con seu irmán,
Domincos do Caseiro, xa casado noutra casa, pensaron como façer para soluçionar
o problema.
A todo esto, ocorréuselle coller un melón. Abrírono, supónselle que arredor
na parte superior. Baleiráronlle a polpa de dentro, fixéronlle os ollos e a
boca. Logho, despois preparáronlle o sitio para pórlle unha candea. Como
remate, prendéronlle a torçida para alumear, e puxéronlle a tapa superior.
Nunha noite, foron á braña con este melón, idénticos aos de Samaín da noite
de defuntos. Nicolás, dado que viña de traballar tódalas noites moi canso, non
foi. Para esta ocasión, foron Domincos do Caseiro, seu irmán Luís e Françisco
do Cacheiro. Tiñan a intençión de asustar a ese veçiño.
Trataron de cheghar antes ca el para velo cando viñese. Espetaron un pau
lonco no chan, e espicharon o melón no pau. Asexaron un tempo, e cando o viron
ao lonxe, prenderon a candea.
Ao ver esto, o veçiño colleu impresión e nesa noite, marchou. E así,
puderon reghar libremente as brañas, sen que lles tapasen as tornas ao marchar.
O susto foi definitivo, porque nunca máis se lle ocorreu esperar a que seus
veçiños marchasen das brañas para taparlle as tornas, e reghar a súa propia
braña.
--------------------------------------------------------------------
PICADURAS DE VÍBORAS E COBRAS. REMEDIOS.
A. Miña avoa Esperança picáralle unha víbora. Xa, no intre e a carón dun
reghueiro, rascou cunha pedra o sitio da picadura, para façela sancrar, de paso
que lle botaba aghua, e así quitar o veleno fóra.
Despois colleu unhas herbas,
refreghounas forte nas mans para que soltaran o sume, e púxolle parches delas
na picadura.
Crese que foi a Bermo xunto á curandeira que tiña unha pedra
propia para eso, e remedios naturais.
B. Tamén, en anos posteriores, lle picara unha culebra a meu tío Jose,
fillo de Esperança. Sería un moço de aproximadamente, 16 ou 17 anos, cando
andaba na leira da Santa Baia, a carón da aldea de Cures. Era un anoiteçer de
verán, e atopábase facendo foghueiras con escarchas, ghomas, gharabullos, ...
para que o tourón non se acercara aos chícharos.
As foghueiras façíanas con escarchas, paus, ghomas de sapatillas para que
durasen máis. Co calor do verán, os reptiles como as culebras, víboras, ..., os
saurios como as laghartas, laghartos, ...., e outros bichos, andan a ventear
por fóra, tanto de día, como de noite.
Nesa noite de verán con lúa, estaba en plena faena façendo as foghueiras,
cando algho lle picou nunha perna. Entón, mirou ao sitio da picada, e veu unha
culebra. Vai, colleu dous gharabullos ou paus, e matouna.
Sen máis demora, dado que non sabía se era velenosa ou non, buscou unha
pedra de seixo, e foise ao regho que se atopa a uns metros da fonte de San
Andrés, na mesma aldea. Alí mesmo, perto da casa materna, e a carón deste regho
de aghua, rascou co seixo na picada, e empeçou saíndo sangue, ao cal lle botaba
aghua coa man.
Deste xeito, o veleno debería ir saíndo. Como diçían que as cinsas da
culebra, ou da víbora, son boas para as picaduras, entón, colleu a culebra, e
queimouna. Coas súas cinsas, fixo un emplaste e púxolla na ferida.
Para máis seghuridade, foise mirar ao médico.
--------------------------------------------------------------
OBRA DA PONTE
GHRANDE E DO CRUÇEIRO
A Ponte Ghrande da Ameán (onde está o cruçeiro) encarghouna, e paghouna o
pai de Cándido do Sampaio que ven sendo o bisavó do actual Manolo do Sampaio.
Para esto, viñan os canteiros contratados de fóra da parroquia, e durmían na
casa del, suponse que tamén lles daban de comer, como contratista responsable
da obra.
O cruçeiro que está perto desta ponte é propiedade da casa do Pousiño. Este
traballo do cruçeiro pudo ser contratado a alghúns canteiros, ou senón, de
haber canteiro na propia familia, por alghuén da casa.
--------------------------------------------------------------------
DEPRENDER UN OFIÇIO
Dise que de sempre cando se ía deprender alghún ofiçio, os aprendiçes tiñan
un tempo que non cobraban nin unha perrachica, mentres non dominaban ese arte.
Un mestre ferreiro de Domincos do Caseiro, cando andaba deprendendo este
ofiçio, contaba así del: - ¡Deus. Non cobraba nada polos días! Non lle daba nada
ata que se defendera por si mesmo.
E despois, ao obter rendemento, xa lle iba paghando algho, seghundo a
cantidade e proveito do seu traballo.
----------------------------------------------------------------
No hay comentarios:
Publicar un comentario