Dise que o xavón ten diferentes composiçións, segundo a orixe das distintas civilizacións e culturas da que procede. E hoxe por hoxe, o seu uso diversificouse para innumerabeis fins terapéuticos e alérxicos.
No ámbito cultural e físico do no noso medio rural, os xavróns que se empreghan teñen un compoñente fundamental baseado na ghraxa de porco (pinque), ou o sebo de pucho.
Dado que a ghraxa de porco se empreghaba para coçiñar, e para outros usos, toda façía falla naqueles tempos pasados.
Ighualmente, o sebo de pucho empreghábase para tapar fisuras dos barriles, como
para enghraxar os coiros dos socos, etc..
Nada destes componentes sobraba, polo que os xavróns no noso entorno, non
se façían nas casas, senón que quen podía, comprábaos nas tendas, e nos
ultramarinos.
COMPOÑENTES BÁSICOS
A) Seghundo a cantidade que desexemos elaborar, todo gharda unha
proporçións:
Ghraxa (con ou sen sal), que ao derreterse, corresponderán 6 litros. Hoxe
en día, hai xente que tamén empregha açeite cativo (usado).
6 litros de aghua corrente.
1 quiloghramo de sosa cáustica.
B) Se queremos menos cantidades, divideremos á metade:
3 litros de ghraxa derretida, ou senón, 3 litros de aceite cativo.
3 litros de aghua corrente
Medio quiloghramo de sosa cáustica.
COMPOÑENTES ALEATORIOS
Para unha maior consistencia, reçendor, saponificaçión e cor, podemos
enghadirlle, no caso das cantidades do apartado A) anterior:
Medio quiloghramo de pó de talco.
Un bote de champú normal
Un bote de colorante, seghundo o tipo de cor que escollamos
Medio quiloghramo de bulsa de deterxente.
PASOS
Collemos da artesa, as olas do pinque (ghraxa de porco) que pode ter sal,
ou non, é indiferente.
Logho, pómolas ao lume para ilas quentando, e así derreterse completamente,
axudándonos dun pau, ou dunha culler de madeira.
Aquí, vemos a eles tratando de orghaniçar os pasos a seghuir.
Imos arranchando unha caixa, aconsellan de madeira, pero neste
caso, como non dispomos dese material, empreghamos unha de plástico. Taponámoslle
os curruchos con corcho.
A ghraxa xa está derretida.
Agharramos con coidado as olas
aínda quentes, coa ghraxa derretida.
E enchemos unha xerra ata case o tope, envorcándoa no balde.
Así, ata seis veçes, completando os seis litros de ghraxa líquida.
Logho, enchemos a xerra con aghua da billa, botándoa ao balde, ata xuntar seis litros.
Enghadimos 1/2 quiloghramo de pó
de talco. Temos a man un pau lonco, co que imos remexendo a un ritmo constante,
no sentido das aghullas do reló, pero sen parar.
De paso, vai tamén o medio quiloghramo de deterxente.
Seghuimos, indistintamente
co bote de champú, e co colorante. Nunca se deixa de darlle voltas co pau para ir
mesturando ben os inghredientes.
Aghora, hai que estar
atentos, e tomar as máximas precauçións, porque tócalle o turno á sosa
cáustica.
Como está algho espeso, a sosa cáustica necesita un pouquiño
máis de aghua para que reacçione. Polo tanto, enghadímoslle unha xerra máis deste
líquido.
Imos remexendo ben para
intentar loghrar que a masa se vaia espesando.
Cando notemos que a mestura quere
empeçar a empastarse,
pois é o momento de envorcar o contido do balde no queixón = caixón.
Enchemos ben esta
espesura,
e acheghámolo por tódolos curruchos da caixa.
Deixámolo arrefriar un tempo
prudençial,
e antes de que se poña totalmente duro, debemos córtalo en anacos
pequenos.
Façemos a ollo cun cóitelo, uns
cortes lonxitudinais,
e transversais, valéndonos dunha reghleta improvisada.
Afondamos ben estes cortes para que ao final solten mellor os cachos. Ao mesmo
tempo, tratamos de separar co coitelo das paredes interiores da caixa, a pasta
do composto.
Cheghou o momento de
baldeiralo.
Pómoslle un plástico no chan
para que non colla lixo, e volteámolo.
Soltaron ben os anacos de
xavrón.
Aghora, para máis hixiene e ventilación, poñémolos enriba dunha mesa
provisional.
Aproximadamente, déixanse
enxughar (secar) un mes, volteando os cachos de ves en cando para que vaian enxughando todos por un ighual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario