1. Antigha canteira dos anos 60, en concreto começaría no 64-65, e o seu propietario era o defunto de Benigno do Campo, de Moimenta. Está situada na entrada norte da aldea de Cadarnoxo.
Vense as rochas en vertical, onde parou a extracción da pedra. Así mesmo, por ahí desçende a aghua en pequena fervença, sobretodo cando baixa moita.
A vexetaçión foi recuperando
o que lle pertençía, con plantas, flores e árbores.
A agua foi façendo o seu
curso, por medio dun regho que conflúe máis adiante con outros manantiais.
Todo ese descampado, antiguamente
era un monte elevado que foi defenestrado pola man do home.
Opçións depredadoras que o
home nunca abandona, porque hoxe en día, a mediados dos anos 80, os veçiños de
Cadarnoxo permitiron unha canteira que xa é visible desde a ponte de Taraghoña
sobre a ría de Arousa.
Como o material se ía acabando, hai uns poucos anos, os
veçiños de Moimenta, por se fóra pouco, consentiron que a canteira seguirá polo
monte adxacente de Moimenta.
Historias penosas dun mundo
que podía ser mellor e máis harmonioso, e que está sendo truncado pola ignorançia, a falta de sensibilidade e a ilusión de soños de destrucçión.
2. Depósito de aghua potable que subministra á aldea de Cadarnoxo. Aghua sobrante que reve para fóra.
A fonte, ou fontes da que provén a agua, é subterránea e vai directamente ao depósito, polo que non están visibles aos ollos da xente.
Pisçina forestal a carón do depósito. Serve para loitar contra o lume, para bañarse a xente, para beberen os animais, …
3. Pisçina preparada para o baño da xente, que está perto dun pequeno polideportivo ao aire libre. Fixéronse como un acordo verbal entre os veçiños de Cadarnoxo e a persoa que lle alugou o monte para façer a canteira que está na estrada que sobe ao Iroite.
Fonte que se fixo canda este conxunto e leva aghua a esta piscina. Todo isto xurdeu do “trato” entre a comunidade de veçiños e o alugueiro da parcela para a canteira, o cal dispuña de maquinaria e material.
Sexa como foran estes tratos, prefiro unha unidade paisaxística sen danar pola man do home.
Toda unha serra, ou unha cordilleira, cos seus vales que estean livres de socavóns por canteiras, minaría, maquinaria e dinamita. Non só para nós, senón para os nosos desçendentes.
4. Fonte-bebedeiro, na baixada á aldea de Cadarnoxo. Perto da casa de Xaquín do Vento.
5. Antigho lavadeiro público, na mesma curva que está fronte á casa de Chico da Troita. Hoxe, como se ve, atópase abandonado.
6. Actual fonte e lavadeiro público de Cadarnoxo, na entrada sur da aldea.
Está sostido por columnas de pedra, e o tellado ten estrutura de madeira con tellas do país. Ten un farol de lus eléctrica.
7. Poço artesano na eira da casa dos Anxel. Excavado verticalmente na terra para atopar aghua potable.
Antighamente instalábaselle unha barra cunha polea e un caldeiro para coller o líquido. Logo púñaselle a tapa, ou tapadeira, para que non caese lixo nel. Hoxe en día dedúcese que se pode aproveitar esta aghua por medio dun motor eléctrico que se sumaría á aghua da traída.
8. Pía do cuberto de Outeiro, entre a leña, táboas e o cabalete de serrar a madeira.
9. Cuberto dos da casa de Resúa. Ten un portal de ferro, con columnas na entrada.
Dispón dunha eira xeitosa, onde se atopa un cuberto, outro alprende pequeno ao seu carón, un hórreo, unha pía para os animais e un lavadeiro de pedra para lavar a roupa.
Nota: A carón deste portalón, a man esquerda,
prosigue un camiño de carro sen asfaltar, no cal, segundo as persoas maiores,
ao baixar unhas escaleiras, había unha fonte cun cano de pedra, onde a xente ía beber directamente do cano, e collía aghua en senllas, ou tamén en botellas, … Aos seu carón, había unhas laxes que façían de lavadeiro, onde lavaban tres casas de Cadarnoxo, as máis pertas daí. Unha delas era a casa dos de Andrés.
Esta fonte-lavadeiro, reçibe o nome "da Quintán".
Hoxe en día, está todo envolto en silveiras, e non está visible, a menos que se trate de limpala, haber o que queda dela.
Prosigho o camiño, por saber que me depara a curiosidade.
Atópome co desvío que me indicaron xente maior, quen antighamente era fonte e lavadeiro artesanal.
Paro diante das laxes que fan de sostén do camiño, e xiro á esquerda. Está todo empantanado polas silvas e outro tipo de vexetaçión.
Levo comigho, un fouçiño, unha lima e unhas luvas. Sen pensalo, começo a limpar todo desde baixo ata riba. Aquí apareçe o cano da fonte, coma unha viqueira. Seghundo din, tapaban as tornas por onde se ía a aghua, e enchían a fonte, ata que o líquido saía polo cano.
Limpo tamén as tornas, por onde se desvía a aghua ao marcharse, que van para reghar as brañas.
Aquí está o sitio onde naçe a fonte, que ao tapárenlle as saídas, enchía e revía aghua polo cano. Antes de meterse a aghua da traída nas casas, finais dos 50, prinçipios dos 60, estas fontes servían para coller aghua para os foghares, para beber directamente a xente, e para lavar nos lavadeiros.
Pódese apreçiar o lavadeiro, o cal componse de dúas laxes pousadas nun ángulo aproximado de 45 ghrados. Unha delas ten diante outra pequena laxe para pór os xeonllos, á cal lle puñan un trapo por riba, ou calquera cousa para protexerse.
Para o xavrón, e outros produtos de lavar a roupa, tíñanos nos caldeiros, a carón das mulleres.
Sigho limpando para riba, entre as pedras caídas, e alghunhas escaleiras que aínda se manteñen en pé.
Mentres limpaba a parte da fonte, relatoume a dona da casa dos de Andrés que todo o terreo por ámbalas marxes do camiño de baixada á fonte, incluído o propio camiño, é propiedade desta casa de Andrés. Enténdese que cedían o camiño como serventía para acçeso á fonte pública, incluído o lavadeiro.
A cada paso, atópome máis perto da parte de riba.
Vou mirando para atrás, e, dentro do que cabe, xa lle vexo xeito ao que fun limpando.
Case cheghando á parte alta, todo se ve con máis perspectiva.
Nun deses intres, un ghato cruçouse no camiño e quedou ollando para min, sen que el soubera cal era o meu cometido.
E ao fin, aquí estamos na beira das laxes do camiño que bordea ao que limpín, ou limpei.
Cando me dispuña a saír da aldea, pola súa parte sur, atopo no remate do camiño unhas fermosas plantas, coa que se despide este conxunto de fotografías sobor desta aldea.