lunes, 29 de septiembre de 2014

SOLPOR DE VERÁN, por Ramón Laíño





¡Qué beleça encantada! 

Esmoreçe o día na quentura morna dun apaçible ocaso.

Como viaxeiras elevadas doutra realidade, flotan as liñas de algodón, contemplándonos desde as alturas.

Repousan os froitos e os seres vivos. Todos axiña buscan silençio.

Outras compañeiras do atardeçer, veñen en caravana colorida, vestindo o ceo de nubes rosadas.

Pintor do aire e das nubes que decoras co teu pinçel de raios divinos.

É tempo do apaixoado concerto nocturno, co inquedo e incesante rilar dos ghrilos.

Como unha maxia somnolenta e madura, cae un manto de ouro sobre os montes e os campos.

O señor da lus, síntese cansado de tanto brilar.

Paseniñamente, vaise deitando tralos cumes do horiçonte e no inmenso mar.

Os lumes resplandeçentes, invaden o ceo en tonos dourados, ao começo do crepúsculo.

Pouco a pouco, o astro rei queda durmido, e a noite fai entrada neste acto.

Con ghrandes luçeiros, apareçen no firmamento as estrelas e a lúa para indicarnos o camiño.

Igual que un ciclo interminable de vida e descanso, amañecerás mañán nun novo renaçemento.

Sen ti non seríamos nada. Non existiría a cor, nin a forma.

¿Cómo poderíamos ver esas paisaxes, aquelas miradas, toda fermosura, …?

Este mundo non sería o mesmo. Quedaría orfo.

¿Quen é o façedor de tanta beleça, de tanto misterio?

Quedouse perdido na memoria do tempo, no seghredo do universo.

Cada día vólvemonos encontrar, e sigues incansablemente bela.

Prinçipio e final incontable, dun encanto divino e inexplicable.

Sí! Como toda enerxía, non se crea nin se destrúe, só se transforma, pero “namorada”.

¿Quen dí que es máis triste co amañecer? ¿Por qué tal sentençia?

Todo depende, seghún a quen llo compartas.

Como sinta o teu interior, ou a percepçión da túa mirada.

¿Por qué tal visión non podería semellar a meta final dunha vida andada,

ou o logro dunha misión terminada?

Aleghría e tristura xuntas. Non hai prinçipio nin final.

Todo volve começar en nova forma e vida.

No hay comentarios: