viernes, 5 de septiembre de 2014

FONTES, LAVADEIROS, POÇOS, DEPÓSITOS E PISÇINAS EN AMEÁN E CARBOEIRO, por Ramón Laíño


AMEÁN

1. Fonte e lavadeiro da Ameán





2. Pía para beber a xente, os animais, e lavar a roupa. Antes tiña cano de ferro, e aghora por problemas de traída de aghua, puxéronlle unha mangueira de fontanería.



3. Casa do Queirugha.


Esta casa de Queirugha tiña un depósito na horta e un lavadeiro, aghora trasladados diante da casa, como se ven nas fotos inferiores.

A aghua, viña dos diferentes afluentes das fontes do "monte das Carballas", e xuntábase nun tramo único, chamado "regho de Hermo".

Este regho, antes de cheghar á casa do Queirugha, pasaba pola propiedade do Fidalgho, quen fixo un poço pequeniño para aproveitar, servíndolle de lavadeiro e tamén para reghar. 

Cando disminuía o caudal do regho de Hermo, esto era un problema para o Fidalgho. Como o seu poço era tan pequeno, quedaba sen reserva de aghua. Nestes casos, víanse obrighados a iren lavar ao río.

Este regho, ao continuar algho máis adiante, entraba na horta e na leira do Queirugha, enchéndolle o depósito cuadranghular (feito de cantería con pedras de porpiaño) e o lavadeiro. Con esta aghua, reghaban o millo, as brañas, leiras, dábanlle de beber aos animais, ... e lavaban a roupa.



Anque nalghún verán disminuira o caudal do regho, non era tanto problema para o Queirugha, porque tiña este depósito ghrande que ía dosificando seghundo as súas neçesidades.




O poço do Fidalgho xa non existe. E o poço-depósito do Queirugha, como tamén o lavadeiro, trasladoullos meu pai desde a horta, peça a peça, ata a entrada da casa, onde están hoxe. Como se ve, nesta foto, ao depósito tellárono e reconvertírono para cuarto de faena, lavadora, butano, …



No tramo final do "regho de Hermo", vai dar ao cruçeiro da Ponte Ghrande, desembocando no río.


Pía de beber os cabalos e as vacas cunha pequena árbore.


Pía de beber os animais: cabalos e vacas que pasou a ter uso de lavadeiro pequeno e aghora úsase para criar plantas.


Rodas de  carro das vacas convertido en banco para sentarse.



4. Casa do Fidalgho. Rodas de carro con respaldo e asento, que como din as iniçiais JGL, corresponden ao defunto de José Gonçáles Santamaría. Ten debuxado simboloxía celta. 



Xunque artesanal de madeira dura para bater a ferramenta.



Pía de beber os animais (cabalos e vacas). Hoxe en día aínda conserva ese uso.



5. Poço público na horta dos de Reperto, da Ameán. 

Enchíase, e cada casa, por turnos reghaba as súas leiras.


6. Pía con pedra, recuperada dunha casa derruída e adaptada a unha fonte da traída para beber quen queira. 
Atópase no camposo do polideportivo da Ameán. 




7. Lavadeiro - Poço do Prado, pertençente á casa dos da Bervena, na Ameán.

Está na leira chamada do Prado, indo para a paraxe de Cruxide, pero sen cheghar alá, a man dereita. 

É de pedra de perpiaño. É cadranghular e servía para reghar as leiras e para lavar a roupa. Hoxe atópase cuberto por unha silveira.


8. Fonte do Souto, por debaixo do muro da leira do Queirugha ou do Fidalgho. A carón do río. No verán seca.



9. Fonte da Carballiña. Antighamente, di a xente máis vella, tiña un pichelo ou un cano de ferro para beber que os rapaçes das xeraçións pasadas lle romperon. Está na mesma man que a fonte do Souto, pero un pouco más abaixo dela. 


Cóntase que por esta fonte, na noite de San Xoán, arredor das 12 da noite, xuntábanse as meighas, ou as bruxas arredor da fonte para levar a cabo os seus rituais e invocaçións.

As meighas e as bruxas, ámbalas dúas teñen conocementos de maxia, artes ocultas e mediçina natural. Teñen posibilidade de façer feitiços, males de ollo e adiviñaçión.

Sen embargho, a meigha, anque posúe estes poderes, xeralmente pode tender á maxia branca. Ten unha apariençia de muller de aldea de certa idade. Pode asemellarse á curandeira dos druídas.

En troques, a bruxa din que sempre actúa con maldade, podendo pactar coas forças escuras. Soen vestir de neghro, ou ter un aspecto pouco transparente na súa ollada, ou semblante.

Sexa como for, nada está escrito, nin definido, porque como tódalas cousas, depende da vontade e do uso que se lle dean aos poderes, e os seus conocementos, sexa meigha, bruxa, ou o que cadre.


10. Continuamos río abaixo.



11. Cheghamos á uns cen metros antes da Ponte Ghrande. E na marxe dereita, apareçe entre unhas laxes, ou pedras a conoçida e primixenia fonte de San Andrés.




CARBOEIRO

12. Fonte nova, reçen feita, coa fighura dun home en Carboeiro.



13. Lavadeiro particular, cun poço de barrena na casa da Cacarexa.



14. Lavadeiro na casa dos de Suáres, entre moitas fighuras de pedra.



15. Poço público na horta da casa do Regho, de Carboeiro, para reghar as brañas e tamén como lavadeiro.

Apaño, e preparo un pouco o sitio para que se vexa algho do que antigamente foi.


Por unha parte ten muro, e por outra tapábase con pedras e terróns para axudalo a encher e despois abríanlle as tornas para regharen as brañas que hai por baixo.


Vese unha viqueira ou canaleta de aghua, para recoller aghua dunha fonte que tamén naçe alí.



16. Sitio por onde ven a aghua que vai dar ao poço público e lavadeiro na horta da casa dos do Regho. 



Outro reghueiro que vai paralelo ao anterior. 



Punto do regho, xa dentro da horta, hoxe abandonada, que vai dar ao poço. 



Ovella, presa pola corda nun poste dunha viña que xa non podan. Atópase no camiño de pés que me leva ao poço-lavadeiro. 


Poço de lavar (lavadeiro), coas pedras inclinadas para refreghar e lavar a roupa. 




Poço- fonte, ao fondo da foto. 




Tornas que reparten a aghua para as brañas.



17. Depósito “dos Cortellos” por riba de Carboeiro. Sirve a Ameán e a Carboeiro. 


Cando o limpán, como ten unha separación na metade, mentres unha parte está chea, a outra baldéirase e límpase. De tódolos xeitos, a aghua e común para as dúas aldeas.


A fonte que abasteçe este depósito, está subterránea, polo que non se ve e vai directamente por baixo ata el. Aghua sobrante que reve do depósito.

No hay comentarios: