viernes, 6 de marzo de 2015

HISTORIAS DAS XENTES DO LUGHAR, por Ramón Laíño


ORFOS DESDE PEQUENOS



O bisavó paterno, Xaquín do Caseiro, tiña dous irmáns. Naçeran en Enseño, na casa nativa dos de Rúa, parroquia de Cures. Era unha casa de pedra que aghora está restaurada, e atópase enfronte da casa do Pío. 


As casas de antes, eran pequeniñas, dun só andar. Desde a visión de hoxe en día, identifícanas como “casarellos”.



Cando eran pequenos, aos tres irmáns, morréranlle seus pais e quedaron orfos.



Ao vérense así, sen ninquén que os coidaran, diçíanse entre eles  e á xente, en xeral:

¡Queremos morrer porque morreron nosos pais e estamos solos!



Esto éralles aterrador, triste e insoportable. 



Ao pouco tempo, foron pensando marchar lonxe e perder de vista todo o que os apenaba.



Un día, marcháronse os tres pequenos para o monte, con idea de non volver endexamáis.



Alí, buscaron sitio debaixo dunha pedra, nun outeiro.




Os veçiños, como non os vían pola casa, nin pola aldea, dixeron:

Recoño! Hai que mirar por estes rapaçes, haber onde están, ou que foi deles!



Pero, antes de seren atopados, os nenos cando lles cheghou a fame e sen ter nada que levaren á boca, deçidiron volver para a casa.



E así foi, como remataron a viaxe desesperada, lonxe deste mundo.

Crese que despois da apariçión dos nenos e o intento de búsqueda dos veçiños, a xente intentaría telos máis de man.


O bisavó paterno Xaquín, cando xa foi maior, casouse en Cures coa bisavoa Catalina que era da casa dos de Xan.


UNHA CHEA DE FILLOS




Dunha ves un curmán de meu pai, Ramón do Caseiro, de Cadarnoxo, atopábase na taberna de meus pais, en Cures de Riba.


Tiña sobrada fama de home pavero, moi chistoso e ocorrente. Os seus contos eran verdadeiramente inxeniosos.

Estaba casado con Saladina de Carboeiro que tamén era curmán de meu pai, por vía materna.

Daquela, no intre en que se desenvolvía a narración, o matrimonio xa levaba un tempo asentado en Soborviñas, perto de Noia.



Sen embargho, ela tivo con el, de solteira, as tres primeiras fillas. E creo que Saladina e máis as pequenas, viviron soas un pouco tempo na A Cuncheira, nunha casiña pequena e moi humilde.  



Ao pouco, súa nai, a sra. María de Carboeiro que era tía de meu pai, chamouna para ir vivir con ela a Soborviñas. Así podía axudarlle a coidar da familia nunha casa máis ampla.

Ramón, cando as tres primeiras fillas xa tiñan uns aniños, casou con Saladina. Entón, foise vivir con elas a Soborviñas. Posteriormente, tiveron doçe fillos máis, pero teño en mente que lle morreran dous ao naçer. E ademáis, tivo varios abortos, polo que se todo saíra ben, serían máis de quinçe.



A nai de Saladina, axudoulle a criar os fillos mentres viveu. Ademáis, a sra. María, traballaba nunha casa valida de Arghalo e despois, estivo de coçiñeira para o restaurante Ribadavia, de Noia. Os netos e a filla Saladina, teñen dito dela que lle estaban moi agradeçidos pola súa axuda.

Naquel día na taberna, no que fun testemuña do momento cómico desde dentro do mostrador, vivíanlle os treçe fillos.

Nese intre, encontrábase Ramón do Caseiro, xunto con varias persoas máis.



Entre elas, estaba a señora Isolina da Cañota, madriña de miña nai e natural de Cures de Baixo.



Naçera nunha casiña pequena e tivo un fillo, o cal se criou alí, con ela.



Esta muller era moi áxil e campechana. Pero tiña un impedimento, posto que prendía na fala, é diçir, tatexaba.



Como non sabía exactamente o número de fillos de Ramón, quixo escubichar. Ela, toda disposta e aperçibida, dille a el, apurada e tatexando:

¡Tes moitos fillos, Ramón! ¿Elogho, cántos fillos tes?

Ramón: - Teño treçe.


Sra. Isolina: ¡Pero son moitos!

Ramón: - E se a vida pudera alargharse, inda íamos ter máis.



Sra. Isolina: - ¡Ai, jijiji! ¡Ai, Dios mío. Canto tendes que manter!

Ramón: - Boeno. Aghora non hai problema. Cun bote de “Pelarghón” da farmaçia, xa comen os rapaçes e logho se crían.



– Jijijijijiji

Ramón: - Non é coma antes que as nais mastighábanlle a comida para dárlla aos rapaçes. 



E había alghunha muller ghalopina que ao mastighar a comida, despois botáballa na culler e íballe a saliva sola.




Sra. Isolina: - Ai, jajaja … E ela escachábase de risa.

No hay comentarios: