Começaba o século pasado, cando nos seus iniçios veu ao mundo, o señor Domincos do Caseiro, da Aldea Ghrande de Cures.
Era tío paterno de meu pai
e foron un total de sete irmáns, dúas mulleres
e cinco homes.
Seus pais, os bisavós paternos, chamábanse
Xaquín e Catalina.
Detrás
da casa dos bisavós, atopábase a bodegha, a cal, incluso existe hoxe en día.
E alí, o tío tiña unha fraghua onde traballaba de ferreiro, ata que foi ao serviço. Nesa época, esa obrighaçión duraba uns tres anos.
Pequena eira, entre o cuberto e o hórreo.
Lateral e parte de atrás do cuberto.

El,
deprendera o ofiçio de ferreiro, cando moçiño, na aldea de Sueiro, en Tállara. Despois
de cumprir do serviço, casou coa sra. Secundina do Cacheiro, tía de miña nai.
Logho, de casados, viviron un tempo, na casa da soghra del, coa bisavoa Benigna do Cacheiro.
Logho, de casados, viviron un tempo, na casa da soghra del, coa bisavoa Benigna do Cacheiro.
Mentres
tanto, sigheu traballando na fraghua da casa de seus pais, tal como fixera de
solteiro. E foi, aproximadamente no ano 1928, cando deçidiron façer unha casa
de seu, na beira da pista Boiro-Noia, daquela, de ghrava.
Primeiramente, o tío
quería façela na paraxe do Casoliños, xa que alí, había aghua abundante e
estarían servidos.
Esto éralles posible, porque a forestal cedía montes nas marxes da pista para traballar terreos e levantar vivendas.
Pero, á tía, non lle ghustaba moito, dada a lonxanía coa aldea.
Esto éralles posible, porque a forestal cedía montes nas marxes da pista para traballar terreos e levantar vivendas.
Pero, á tía, non lle ghustaba moito, dada a lonxanía coa aldea.
Daquel
tempo, inda non existía Cures de Riba.
Durante
ese ano, abriron os ciamentos para a casa. Para esto, fixeron unhas covas
anchas e fondas. Logho, botaban a rolos ghrandes pedras, monte abaixo. As que
caían ben, xa quedaban asentadas e as que non, movíanas para colocalas de
xeito.
Ao
non dispor de medios, fixeron como puderon. Foron aos poucos e con moito
esforço. Finalmente, arredor do ano 1934, remataron a vivenda. Era unha casa de
pedra, humilde e pequena.
Deseghuido,
propuxéronse façer un cuberto pequeno, onde instalar a fraghua. Logho, de rematalo,
desmontaron os aparellos da súa fraghua, do Caseiro e trouxéronos para riba.
Entón, montárona aquí e inmediatamente, puxérona a traballar, neste ano de 1934.
desmontaron os aparellos da súa fraghua, do Caseiro e trouxéronos para riba.
Entón, montárona aquí e inmediatamente, puxérona a traballar, neste ano de 1934.
Para conseghuir carbón, meu “tío” Domincos, façía unhas covas
Nelas,
botaba leña e prendíalle lume. Pero, antes de que ardera de todo, atafeghaba as
covas con terra para que morrera o lume.
Entón, sacáballe a terra e acarrexaba os tiçóns para a fraghua, convertidos en carbón vexetal.
Entón, sacáballe a terra e acarrexaba os tiçóns para a fraghua, convertidos en carbón vexetal.
No
“taller” de meu tío, teñen traballado de aprendiçes, Ramón da Xastra, da Ameán, desde o ano 1934 ata o 1936.
Ramón da Xastra xoghando a partida. De camisa branca e ghafas.
Ramón da Xastra xoghando a partida. De camisa branca e ghafas.
Amable de Carboeiro, curmán de meu pai, tamén estivo con meu tío Domincos. Começou no ano 1935, ata uns anos despois.
Ramón
da Xastra, despois do 1936, marchou daí e estivo uns anos na fraghua da aldea
de Sueiro, en Tállara.
Máis tarde, foi para Cespón, á fraghua do sr. Ignaçio. E finalmente, embarcou para naveghar.
Máis tarde, foi para Cespón, á fraghua do sr. Ignaçio. E finalmente, embarcou para naveghar.
Ámbolos dous, eran un moçiños de 12 a 13 anos, cando começaron deprendendo o ofiçio con tío Domincos do Caseiro.
Un día, veu pola fraghua de Cures, unha muller de Moimenta para façer un fouçiño.
Nese intre, estaban traballando nun encargho, o sr. Domincos e Ramón da
Xastra. Pero, había un moço de Cures mirando o seu
labor.
Ao ver á muller, un deles, preghuntoulle:
Ela:
E o moço que estaba ollando aos ferreiros, ocorréuselle diçir:
-
¡Non
podemos, oh! ¡Que lle estamos façendo un acordeón para un veçiño da aldea que quere saír músico!
Pero,
a muller tomouno en serio e dixo:
-
Boeno
logho! ¡Qué se lle vai façer! ¡Pois, terá que quedar para outro día!
Como había cargha de traballo, aos ferreiros non lles importou que a muller crese a broma do moço.
Os ferreiros:
- Non hai
máis remedio que esperar. Se vés dentro duns días, teremos rematado o acordeón
e poderemos façerche o fouçiño.
Ela:
Eles:
- Adeus.
A
muller, toda confiada, foise de volta para Moimenta.
E ao cheghar á casa, preghuntáronlle os seus:
E ao cheghar á casa, preghuntáronlle os seus:
Ela:
Os
da casa:
-
Boeno.
¡Haberá que volver outro día!
Ela:
No hay comentarios:
Publicar un comentario