Saímos da estrada principal de Boiro-Noia, e baixamos por esta vía.
Imos topando con diferentes paraxes da contorna.
Leira de coles, patacas xa apañadas e millo.
Continuamos a baixada e
xa nos aproximamos a unha curva para cambio de sentido.
Carballeira e souto, ao fondo.
Polideportivo valado e
Encarreiramos deica a ponte sobre o río.
Hórreo con tella plana.
Símbolos fálico e cristián en cada extremo do cume.
Núcleo da localidade.
Casa típica, con cuberto ao lado.
Entrada ao cuberto, por un dos seus pinches.
Ten balcóns con portas de madeira acristaladas na parte superior. E na inferior, xanelas de madeira, tamén con cristais e porta do mesmo estilo.
A taverna da Ponte, tamén conoçida como a de “Comeuñas”. Seghundo, um dos seus donos, calcúlalle unha antiguidade de setenta e cinco anos.
Ao mesmo tempo, relata que por esa época do século pasado, cheghou a haber catro, ou cinco tavernas, incluída a súa. Sem embargho, actualmente, so queda esta en serviço.
Antigha fábrica de curtidos de peles.
Ten un cuberto de pedra ao seu carón que era parte do complexo.
Existían dúas, ou tres fábricas deste tipo ao longo do río. O motivo era o coiro, produto moi demandado polos sapateiros. Foran estes de Noia, ou de calquera aldea da nosa terra, onde houbera un sapateiro.
Para este fin, preçisaban aghua, por iso estaban á beira do río.
Río que atravesa a aldea.
Outro elemento fundamental, era o tanino, un composto químico acedo que evita a descomposiçión e a miúdo, dá cor.
Para obter os taninos, tiñan cançeiras, onde reunían as deposiçións dos cans. E tamén, pombais, do que xuntaban os excrementos das pombas.
No proceso do curtido, cando se eliminaba o pelo, os curtidores abrandaban o material machacando o esterco anterior sobre os pelexos.
Polo tanto, o curtido da pel é o proçeso de converter a pel putrescible em coiro non putrescible.
A capela de Nosa Señora dos Remedios, da Virxe da Ponte, ou da Reina. Atópase na Ponte de San Françisco, parroquia de Arghalo, concello de Noia.
Estrada que se dirixe a diferentes aldeas do conçello de Lousame.
Arredores da capela.
Cruçeiro nomeado de varios xeitos. Cruçeiro da Reina, cruçeiro da Ponte de San Françisco, ou da Virxe da Ponte. Está en fronte da capela, na outra beira da estrada.
Esto faino pertencer á parroquia de Tállara, concello de Lousame.
Base do cruçeiro.
De fronte vemos ao Cristo.
A Virxe con ademán de reçar.
Nun dos lados da crus, ollamos a San Francisco quen apoia unha man nun costado do cruçificado, semellando querer falar con el.
Xardín con pequeno parque, tamén dentro da xurisdicçión da parroquia de Tállara, Lousame.
Fonte da Virxe da Ponte, da Reina, ou da Ponte de San Françisco. Está vertendo aghua, e atópase perto do cruçeiro.
Parte dorsal da fonte.
Hortas traseiras das casas adxacentes a este parque.
Nesta foto, a estrada divide as casas de Tállara (Lousame), situadas abaixo do vial,
Entrada da capela.
Nesta ringleira de casas, posiblemente estivera unha, ou mais dunha das tavernas
que se atopaban activas a mediados do século pasado.
Perspectiva de volta cara a ponte.
Entradas das casas
e cuberto.
Lateral da capela.
Ímola arrodeando,
póndonos na parte de atrás
e na outra beira, tamén.
Casa de pedra enfoscada e outra ao seu lado, de nova creaçión.
Hórreo mixto (o esqueleto é de pedra, completado con madeira).
Adentrámonos caminho adiante.
Hórreo mixto ao que lle sacaron a madeira e puxéronlle ladrillo.
Paso para hortas e leiras.
Seghuimos adiante.
Can ao fondo do cancelo, por debaixo da viña.
Vista doutra fábrica de curtidos de peles.
Distinta perspectiva do inmoble, con frutais diante e
unha vinha de postes de pedra.
Pinche da fábrica, co río na parte baixa.
Pedras dunha antiga construcçión.
Hórreo mixto pero con ladrillo e a paneira (base) de cemento.
Continuamos a marcha.
Casa abandoada, de pranta baixa.
Estrada do lughar.
Leira de millo verde, con árbores de río.
Tramo final do recorrido.
Outros enfoques da marxe esquerda.
Entornos habitados e
flores cultivadas á nosa vista.
Parte dunha eira.
Un camiño de carro que se adentra nunha paraxe.
Cheghamos ao final da estrema norde do lughar.
De fronte, atópase Arghote. E a man dereita está Sueiro. Máis alá, Mosteiro.
Vista desde o cruçe, da chan alonxada.
Damos a volta e vemos o sinal da aldea.
Chantas de pedras delimitando unha propriedade.
Horta con outeiros e frutais.
Casa do portughés, con arado de ferro
e temón de madeira pousado en riba del para enghanchalo ao xugho do ghando.
Poço artesanal de aghua.
Sachadora de ferro.
As vistas que fomos ollando antes, pero cun enfoque oposto.
Andando xa perto do punto de iniçio.
Varanda de madeira sobre muro de pedra.
Un pinche da casa e do hórreo.
Adro da capela.
Vista do cruçeiro.
O río polo lado sur da ponte, entre a follaxe.
A taverna da Ponte, cun cliente sentado fóra.
A casa que se vé, pertençe xa a Soborviñas.
Cheghando ao punto de partida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario