Cheghamos á altura desta chan, onde as nubes confluén
deica o norde.
Ollamos a un lado, e vemos um camposo rodeado de árbores.
Nel, atópase un palleiro, e pedras amontoadas, cun alpendre ao fondo.
Boqueira (camiño de entrada) ao camposo.
Virámonos de costas e a man dereita, xa deixamos a Ponte de San Françisco.
Entrada para Sueiro, e Mosteiro. Ámbalas dúas, pertençentes á parroquia de Arghalo, no conçello de Noia..
Sinal indicando estas aldeas.
De começo, dirixímonos deica a primeira aldea.
Cada paso que damos apareçen casas,
coas súa hortas e árbores.
Leiras que despois de abandonárense, pasan a ser camposos.
Alghunha xesta inça da terra verde, diversificando as cores do entorno.
A herba sempre recupera o seu terreo, cubrindo co seu manto as cunetas.
A pedra, de cotío, combinou ben coa vexetaçión. Tanto é así que parece que forma parte dela, desde as súas orixes.
Aparte das diversas árbores autótonas, de ves en cando aparece alghunha palmeira,
como espeçie exótica.
Pombal, con dúas xaneliñas.
Non debemos esqueçernos dos frutais que enghalanan as nosas hortas.
Esas casas que vemos ao fondo, forman parte da aldea que deixamos atrás no anterior percorrido.
Probable camiño de carro, acotado por elementos estruturais de cemento. Se for ese tipo de camiño, ten baixada de serviço para os usuários e propietarios.
Horta con coles, frutais, viña
e leira de patacas.
Proseghuimos a andaina.
Outeiros que forman parte da terra de cultivo que antes era monte.
Cabalo, ou éghoa paçendo
e andando na herdade acotada.
Diferentes frutais,
cunha morea de herba seca no chan.
Outra perspectiva do outeiro, desde máis perto
e valado, ou sebe feito con varas.
As árbores frutais en flor.
Carballeira nunha beira do camiño e
e frutais na outra banda.
Leira de coles. En ocasións, os outeiros xa valen de estrema.
Fighueira, cereixeira, pexeghueiro, etc., cun hórreo ao fondo.
Imos aproximándonos ao principio da aldea.
A terra cria as súas formas, como o home constrúe as súas e o ceo debuxa as propias.
Casa cunha metade feita en pedra e outra de material diferente.
Collemos o desvio a man dereita. Foto enfocada desde o sentido inverso do camiño para poder tirarlle unha foto á casa do ferreiro de Sueiro.
A carón dela, vemos un cuberto adxacente onde estaba antigamente a fraghua.
Nela traballaba o próprio ferreiro e tiña aprendiçes con el, como por exemplo, Domincos do Caseiro de Cures, tío de meu pai.
Un outeiro de dimensión considerable, cuns postes de viña enriba, façendo de turros. Por baixo pódese ollar un loureiro.
Hórreo mixto, de pedra e madeira.
Ten pés con rateira para evitar a subida de roedores. Pódese apreciar tamén unha folla de latón para remendo da madeira.
Continuamos o percorrido deica baixo.
Pinche dunha casa, onde se pode comprovar outro outeiro que sobresae por detrás do tellado.
A casa semella estar pechada, sen habitar.
Estamos aproximándonos a outro desvio do lughar.
Viña con postes de pedra.
Casa de pedra restaurada, destacando os marcos en branco da porta e as xanelas. Maceteiros con flores, na entrada.
Foto tirada en sentido inverso para ter ánghulo de perspectiva. Virámonos e seghuimos de fronte.
Temos á esquerda, un pinche de pedra dun cuberto e de fronte, un peche de chapa pedra.
Esterco diante do cuberto do ghando. Hai outeiro na súa fronte. Tamén unha viña por riba, con cepa centenária, chantóns de madeira, canas, arame e un ghuieiro de ferro.
Vese que o esterco é reçén sacado das cortes.
Poste de pedra con hedras subíndolle e chantóns de madeira que sosteñen a viña.
O cuberto é de mampostería, con ghrandes pedras nas súas esquinas e tamén marcos de pedra nas portas. Vemos na porta aberta que tem o sitio do tarabelo. E a outra porta pode comprobarse que é de dobre folla.
O outeiro probablemente poda servir de apoio para podar e abater (amadeirar e amarrar as labores da viña).
Outro currucho do emparrado, com turros e postes.
Seghuimos o noso andar
e acábase o camiño de carro.
Começa um camiño de pés.
Podemos ver unha leira de patacas.
Ao seu carón, unha leira de pampillos (flores amarelas), con pallotes (pés de cereais amarrados) de palla de millo.
Pampillo sobre a leira
e alghúns pallotes xa derrubados que van quedando cobertos pola herba. Outros, permaneçen de pé, posiblemente máis novos.
Paso de pés para a leira.
Son visibles os amarres dos pallotes. Na parte superior, posiblemente con amarres de palla.
En cambio, no medio e na base, con vimbios entrelaçados, debido á enverghadura do corpo dos pallotes.
Volvemos polo camiño de pés.
Cheghamos á casa restaurada,
onde se atopa un desvio á esquerda.
Baixamos e atopamos a man dereita, un camiño empedrado, cunha viña por riba, e un cuberto a carón. Todo esto é propriedade da casa do Martiño.
Na man esquerda, temos o xardín con outeiros e un hórreo ao fondo.
Xanela con rede e tellado do país.
Porta de madeira de doble folla.
Corredor até a eira.
Camiño na eira, con viña e xardín.
Pía con desaghue e outeiro por detrás.
Hórreo que supostamente era mixto, de pedra e madeira. Sem embargho, hoxe en día, sustituíron a madeira por cemento de cor barro.
Posible pé dun laghar.
Fuso do pé do laghar, posto aparte. Pode verse que é dunha madeira dura.
Pía con billa e maceteiro ao lado.
Entramos na bodegha. Ollamos barriles, botellería e outros enseres.
Vigha do piso, con pontóns e táboas. Nela vese unha sulfatadora de bombín.
Tamén unha pesa romana. Por outra banda, na vigha do laghar, ollamos unha bota de viño, unha ferradura de cabalo, un funil, unha xerra, etc.
Na outra metade da vigha do laghar, hai un corno de vaca, un pau, unha folla de viña,ou árbore feita de ferro e outros acçesorios.
Na parede, miramos um oco, a xeito de chineiro, ou laçena, con botellas de bebida, vasos e copas. Hai un estante pequeno. Todo esto ghardado por unha xanela de madeira e cristal. Máis arriba, estante de pedra no próprio muro interior, con gharrafas e botellas. En baixo, patacas e bebidas. E no tramo final da vigha do laghar, comprovamos o que parece ser, unha trade, ou barrena de man.
Serra de madeira, xesta metálica para a follaxe do chan. Cordas e na parte superior, pareçe ser un cacho de sebo para tapar as xuntas dos barriles.
Xanela, con parede ghrosa, como soían ser as casas de pedra de sempre. Na soleira, hai unha botella e diversas cunchas mariñas. Logho, enriba dunha perfia, unha cunquiña e pendurada dunha vigha, unha xerra de barro.
Bombín de sulfatar, pesa romana, eixada, e um aparello eléctrico, posiblemente de carpintaria.
Lámpada de cristal, no teito. Unha vara metálica de albanel. Vese o que parece ser um verghallo e perto del, nunha vigha, outra sulfatadora de bombín.
Viqueira do laghar, con botellería e caixas de cartón.
Aghora, dentro dun antigho salón, ensínanos un vello candado. ( Comentar que moitos dos obxectos que nos mostran, son recollidos por esta parella, por diversos puntos da nosa terra.)
Chaveiro e sulfatadora das patacas, penduradas dunha columna da lareira.
Chineiro clásico con vaixelas que asenta os seus pés sobre un lousa de mármore. A súa ves, pousa sobre un pequeno moble. Banqueta ao seu carón.
Xanela interior na parede con repouso. Unha gharrafiña e unha cunquiña.
Columnas que abranghuen o ancho da lareira. Ten un pote, unha filloeira e outros obxectos ao seu redor. Detrás, semella ser un forno de pedra.
Marco e cambota, con xerras decorativas sobre a vigha que une as columnas.
Tellado do salón.
Filloeira de tres casillas.
Forno de pedra, con porta de madeira. Ten em ámbalas mans, un morteiro de madeira branca e outro recipiente de cor neghra.
Outro chineiro clásico. Seghundo os donos, atopárono tirado ao lado duns colectores na propia Coruña. Recollérono eles e levárono ao lombo pola Coruña adiante para traelo nun autobús, ou nun furghón. Restauránono eles mesmos na casa. Decorárono con vaixela de cristal, porcelana e teteiras de aluminio. Vese un cesto de floreiro, ao seu pé.
Reló de parede, cun cuco enriba. E sombreiros típicos de muller labregha.
Senlla da aghua, sobre un banco de madeira.
Mesa de madeira, de centro, con mantel e cestiño decorativo.
Banqueta típicas de madeira, ao fondo. E parte do chineiro que vimos ao principio.
Fermosa balaustrada de madeira, do andar superior, con pontóns, e táboas, sobor dunha antigha vigha de madeira. Ollamos cestas e canastros.
Xughos e arado de madeira.
Escaleiras de madeira, con pasamán e balaústres.
Imos a outro cuarto da casa e passamos por un corredor, onde nos encontramos cunha xerra de baño pousada nunha palancana, a cal está encastrada nunha pedra de mármore.
E debaixo, outra palancana. Todo esto, como parte dun moble que ten um espello.
Mesa de comedor, con banquetas arredor e á esquerda, chineiro, con patas sobre mármore, e este, sobre outro moble de madeira.
Dúas leiteiras de alumínio, decoradas pola señora da casa.
Ferro de pasar a roupa. Levaba carbón dentro para quentalo ferro.
Saímos da casa do Martiño e
collemos a man esquerda.
Vivenda con portal e porta interior. Semella abandoada.
Vivenda do lado que tamén non está habitada.
Viña sobre dun camiño de pés en vaghoada. Ten postes de pedra, canas, alghún tubo de plástico, varas, ghuieiros de madeira e un ghuieiro de ferro, arames, etc.
Alghúns outeiros na viña. Un hórreo detrás, con estrutura exterior de pedra e ladrillo interior no corpo. Tamén se observa unha casa con depósito de aghua suspendido no aire, sobre a casa do fondo.
Desandamos o camiño, por onde entramos neste núcleo da aldea.
Canabal no pinche dunha casa de pedra.
O mesmo canabal que dá fronte a outra casa de pedra abandoada.
Continuaçión de máis edificaçións de mampostería.
Vivenda no cruçe da estrada e o camiño,
metade de pedra e metade enfoscada.
Camiño deica riba.
Casa en ruínas.
Carballo no alto.
Proseghuimos o noso andar.
Cuberto, ou casa de pedra, con parte do tellado medio caído. Ten pontóns cravados nunha vigha para aghuantar do resto do tellado. Esta construcçión está a carón da outra casa anterior, tamén abandoada.
Esqueira, cesto de aro, cordas, fouçiño, paraghuas, banqueta, banco do porco, posible porta de madeira, etç.
Hedras que ghabean pola parede do pinche.
Viña con chantóns de madeira e postes de cemento. Hórreo ao fondo dela.
Perto dun lavadeiro.
Casa humilde dun só andar, de fronte. Cunha xanela de madeira e cristal e unha porta de madeira de dobre folla. Tellado de telha do país.
Un home levando as ovellas. É orixinario da casa do Ferreiro de Merelle e está casado nesta aldea de Sueiro. Leva amarrada unha ovella cunha cadea e outra vai présa por unha corda. Xeralmente, as que van présas, son as que ghuían a manada.
Lavadeiro e fonte de Sueiro.
Como se pode comprovar, o lavadeiro é moito máis novo cá fonte.
Vista del desde diferentes perspectivas.
Esta ten dous canos que deitan, ou botan aghua.
Soportal dunha casa, a cal dá paso a unha horta onde se vé un hórreo mixto de pedra e madeira.
Miramos un pouco máis arriba da fonte.
Beira do lavadeiro e parte posterior da fonte.
Este térreo onde naçe a aghua, está acotado por outeiros que delimitan a súa estrema.
Ramal á esquerda deste outro núcleo da aldea, na parte alta.
Imos encarreirándonos neste nova direcçión.
Portal de enreixado de ferro que fai visible a pedra da entrada.
E paso a paso, adentrándonos por esta corredoira, entre os seus muros.
Viña sobre o patio, con enreixado arredor.
O camiño vaise protexendo de vexetaçión da horta, con monte de pinos ao fondo.
Portal que dá acçeso a unha eira, hoxe convertida en patio. Enfronte hai un cançelo de cor verde, pertencente a outra casa.
Hórreo con loncas lousas de pedras e madeira.
Eira empedrada que fai de patio, con maceteiros de flores, árbores frutais e camiño de pés entre elas.
Tellado e
porta do hórreo.
Retomamos o percorrido, subindo.
Camiño de entrada a outra casa de pedra.
Plantas con flores brancas e limoeiros cos limóns.
Entrada a outra vivenda, con portal.
Maior proximidade a ese camiño entre as dúas casas.
Planta con flores amarelas á nosa man dereita.
Dúas construcçións en contacto, pero diferentes.
Viña en flores, entre a pedra, co ceo ao fondo.
Seghuimos adiante.
Corredoira que vai dar á porta dunha casa.
Apareçen en fronte nosa, estruturas de casas antighas.
Remata o cemento e xurde a herba e as flores nos camiños de carro.
Posible camiño entre a casa e os muros, con restos de antighas construcçións. Outra edificaçión de pedra, oculta por detrás da casa rosada.
Camiño de carro, ou de pés ao monte (non se ve a anchura). Está entre a parede da casa de pedra e o muro con postes. Neste último, contémplase un pequeno cançelo de madeira.
Esquina da construcçión.
Fronte en perspectiva da casa.
Muros de hortas, con outeiros que bordean o camiño. E ao fondo, árbores nobres e frutais en flor. Tamén nos muros destes camiños e nas toxeiras, brotan espontâneas margharidas brancas.
Imos indo ata cheghar á altura da porta e
ollamos o seu marco e a soleira.
Un anaco máis arriba, como nun conto de fadas, vemos outeiros, árbores frutais, espécies nobres e pinos, hedras, etc. Unha morea de leña fendida e tapada por un plástico. Un hórreo mixto, xa co teito algho pandeado.
Ao hórreo xa lle arrodearon polo sur, as hedras na paneira e aghora estanlle ghabeando polas fachadas e os pinches.
Costaneira final na subida do camiño.
Na chan, pode percibirse unha morea de varas de pino.
Vemos na horta da dereita, un laranxo con bastantes laranxas.
Nesta altura, xa se pode ollar o hórreo polo pinche sur, cunha fenda de riba abaixo.
Tamén, se ve completamente a fachada da parte de riba,
coa porta de entrada.
Casa na chan, con cereixeira en flor na parte esquerda e outras árbores a man dereita.
Viña sobre a entrada. Chantas de pedra façendo de muro na boqueira.
Proseghuimos a rota e vemos unha pedra a man esquerda. Pudera ser un marco de estrema dunha propriedade, ou simplemente, unha pedra no camiño.
Muro da horta, con viña e patacas.
Carballeira de anos, coa súa feitura
e retrouços (nós) onde posiblemente dan acubillo a diversos animais.
Paus e varas para chantas nas leiras e hortas, nas diversas çeifas aghrícolas.
Terra lavrada pola parte de atrás.
Seghuimos o camiño que temos diante.
Subida a unha leira, a man dereita.
Tramo final do paso aberto.
Desde aqui, poderíamos adentrarnos na carballeira
e no monte.
Volvemos atrás
e baixamos por outro camiño distinto ao anterior.
Seghundo baixamos, vaise façendo corredoira,
até rematar na estrada.
Por aqui vaise a Mosteiro. Collemos a rota de Sueiro, baixando a estrada en sentido contrario.
Paso a unha horta con tramo sen apañar.
Horta ao fondo, coidada.
Carballo de moitos anos.
Cereixeiras xa tamén centenária.
Chantas de pedras façendo de estrema.
Camiño de carro, baixando a hortas e aghra, con hórreo ao fondo.
Outro camiño de carro, co muros de pedra, com direcçión aos aghros e ao monte.
Cereixeira de tempo e moi medrada.
Frontal do cruçeiro de Sueiro.
A Virxe e o Cristo.
Lateral do cruçeiro.
Toma fotoghráfica da parte superior, desde un punto soleado.
Capitel cadranghular.
Basamento con dúas escaleiras.
Na parte superior do basamento.
pode apreçiarse o símbolo da serpe, como deidade da relixión anterior ao cristianismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario