jueves, 21 de enero de 2016

OS IRMÁNS E AS FANECAS. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramón Laíño




Érase na infancia de miña nai, cando dous irmáns seus, aínda estaban solteiros. Daquela, todos vivían na casa de meus avós maternos, Ramón e Esperança.


Desta parella fraterna, o primeiro sacáballe en idade, uns cantos anos ao seghundo. Anque era máis maior, sen embargho tiña condiçión de pillabán e bromista.



O irman mais vello xa levaba un tempo andando ás moças. Por outra parte, o mais novo que tería de deçaoito anos para riba, empeçaba moçeando.



Cada un ía a diferentes sitios, reghresando por camiños distintos.
 


Unha noite, á hora de volver para a casa, había fanecas fritidas para cear.



E quen primeiro cheghou, foi o máis vello dos dous. Así que tomou asento e, púxose a comer as fanecas ghrandes. Ao final, quedáronlle as máis pequenas para seu irmán.

 


Cando cheghou o máis novo e comprobou que seu irmán comera as de maior tamaño, dille:

¡Arrecarallo! ¡Es ben ghalopín! ¡Deixástesme as máis pequenas para min!



Respóndelle o que cheghara primeiro,

¿Elogho ti, se viñeras antes, cales collías?



E o máis novo, asevéralle dun xeito nobre e transparente:

Eu, as máis pequenas. 


Dille o maior:

Boeno. Pois así, xa as tes. 

miércoles, 6 de enero de 2016

AMAÑEÇER, por Ramón Laíño





¡Qué sublime fermosura!


En amorosa poesía vai espertando Lourenço por detrás do monte.
 

Singhular momento en que paseniñamente renaçe un novo día, tal ves dourado.
 

Ábrense os ollos á vida, continuando onde a deixamos onte;
 

mentres respiro profundo a esperança dun porvir, soño saghrado.
 

Coa frescura da mañán, começa o bulir da xente e, de case todo ser vivinte.
 

Melodía dun prinçipio esperado que se aviva tras un novo naçemento.
 

Por ti reviven os meus sentidos, por ti vén a claridade da primeira lus da alba.
 

Xa os paxariños cantan coa aleghría da madrughada.
 

Fresca fraghançia, perfume de vida que quero arreçender.
 

Perçibo a liberdade dos sentimentos, viaxando a través da brisa.
 

Con renovada força, reapareçe cada día nun novo amañeçer.
 

Tócoche muller e, abráçoche. O calor do teu corpo dáme amor, abrigho e tenrura.
 

Unha ves máis, desexo reter este preçioso momento, durmindo ao teu lado.
 

Sinto que a túa mirada misteriosa éncheme de cariño e confiança.
 

Por esto, baixo o seu esplendor, quero volver acariçiarche e sentir de novo este contento.
 

Amañeçer. Horiçonte que contemplo nun ceo que pode ser açul e transparente.
 

Todo é maxia ao meu arredor. Mestura de cores, sons da natureça, amor pleno.
 

Es oportunidade de ser alimento da alma. Tan só amar ou axudar a un semellante. 
  

Nada alterará este rexurdir ilusionado, acaso fagha frío ou estea nubrado.
 

Senda á que retornamos, começando a vivir como se fora o primeiro instante.
 

Latidos de paixóns, açelérase o coraçón coa visión dun cadro poético.
 

Sí! A partir de hoxe vivirei como quero ser.
 

Aqueles propósitos de antano non volverán caer.
 

Esta ves farase realidade. A miña vida será luminosa e radiante.