jueves, 12 de mayo de 2016

OS FIGHOS E A CHAQUETA. HISTORIAS DE FAMILIA, por Ramón Laíño





Érase no mundo aquel, cheo de neçesidades e privaçións, onde os rapaçes e os moços, entraban ás aghachadas nas hortas alleas. Alí, comían a fruta que podían e levaban consigho toda a que foran capaçes de acarrexar. Tamén, alghunha xente adulta de cando en ves, por mor da fame, buscaba esta posibilidade.


Corría a cargho e sustento dos seus donos, o afán de coidalas. 



Doutro xeito, era desexo dos que ansiaban probala, tratar de conseghuila. 


 
A este tempo, pertençía o matrimonio formado por “tío” Domincos do Caseiro e “tía” Secundina do Cacheiro. Ámbolos dous, tíos dos meus respectivos pais.



De casados, levantaron no ano 1934 un pequeno cuberto, onde o “tío” montou unha forxa. Atopábase próxima á beira da pista de Boiro-Noia. Nese mesmo ano, pouco despois, erghueron ao seu carón unha casa pequena e humilde.



El, xa de solteiro, deprendera algho do ofiçio de ferreiro. 



Eso ocorrera na forxa que tiña abaixo na aldea, 



xunto a casa de seus pais (meus bisavós paternos), onde hoxe está situado o hórreo e a eira.
  


Cando ao pouco de casárense, construíron a forxa en Cures de Riba, desmontaron a de baixo da aldea e instalárona arriba.



Pero, aparte de pórse a traballar de ferreiro, tamén quixo coller alghún aprendís para ensinarlle o ofiçio. 



O primeiro deles foi un rapaçote, chamado Ramón da Xastra, natural de Hermo, por debaixo de SoborHermo, pertençente á Ameán.  



Este moçiño, começou deprendendo no mesmo ano que se abreu a forxa, no 1934. Co paso do tempo, 



Ramón chegharía a casar cunha tía materna miña, Benigna de Esperança. 


No ano seghuinte, en 1935, sumouse outro aprendís. Era o defunto de Amable de Suares, de Carboeiro (curmán de meu pai). Ámbolos dous aprendiçes, terían arredor dos 14 ou 15 anos, coinçidiron na fraghua durante o período de 1935 a 1936. 

 

A historia que nos ocupa, ocorreu no primeiro ano de funçionamento da forxa. Nunha mañán de mediados de aghosto, ou prinçipios de setembro,



Ramón da Xastra viña desde A Ameán, con direcçión ao taller do meu “tío” Domincos.



O camiño da Ameán a Cures, pasaba pola Ponte Ghrande de pedra e, ao pouco, encóntrase a Ponte Pequena, na Aghra.


 
Logho, sobe por SoHórreo, hastra a casa dos da Eira. E, posteriormente, vai atravesando a aldea de Cures. 


No medio do lughar, atopábase a casa da bisavoa materna, Benigna do Cacheiro. Por ese tempo, xa era soghra de “tío” Domincos do Caseiro. 

 

A casa da bisavoa, tiña un cuberto na entrada prinçipal, con pouca caída de aghuas. E, xusto na parte dianteira do tellado, colocáranlle unha plancha metálica, pequena e delghada. 



Así que os da casa, podían subirse a ela, façendolle de “mirador”. O resto do tellado era de tellas do país. 


 
Naquel alto, divisaban unha horta da súa propiedade, situada na subida da aldea. Este terreo, estaba ao pé do camiño de carro da aldea. 



Estremaba en paralelo coa horta dos de Xan, rematando en aghuillón.



Daquela, a maioría das casas eran pequenas, xeralmente dun andar. Como máximo, alghunha podía ter dous andares. Polo tanto, a vista alcançaba o horiçonte desde distintos puntos da aldea. 



Nesto vai, que Ramón da Xastra camiñaba á altura desa horta. Vestía unha chaqueta con camisa branca e, pantalón lonco. Mentes pasaba ao lado dos frutais, veu unha fighueira con fighos maduros.



Entón, detivo o paso e mirou arredor de sí, comprobando que non había ninquén á vista. De seghuido, púxose a comer fighos. 

 

Sen embargho, a dona da horta estaba neses intres no “mirador” da casa, situada no medio da aldea. 


 
Desde alí, pudo velo ao lonxe e instintivamente, berroulle:
  • ¡Ai, ghalopín! ¡Vouche comer eu! ¡Deixa os fighos que teñen dono!


O rapaçolo virouse de repente e, veuna na distançia. El, sen querer saber máis, fuxeu dalí e, sighueu camiño arriba polo Boliño.


Nun tramo do recorrido, sen que ninquén o vira, sacou a chaqueta e aghachouna nunha beira do camiño. 



Así que, antes de cheghar á forxa do tío Domincos, xa iba sen chaqueta.



Entrou na fraghua, en camisa. Saudou e púxose cos seus labores de aprendís de ferreiro. 


 
A dona da horta, viña subindo para descubrir ao furtivo. Ela sospeitaba do aprendís, porque tan axiña veu que lle comían fruta na horta, subeu detrás del e, non se topou con ninquén máis nesa direcçión. Ao cheghar ao alto, veu o taller.



Alí dentro, ademáis do ferreiro e do aprendís, atopábase unha nena de dous anos. Era Evanxelina, unha filla dos “tíos”. Tíñana con eles para coidárena, xa que a “tía” non podía levala consigho mentes cosía roupa nas casas de fóra. 


A pequena estaba sentada nun banco, quiçais un tallo de madeira, xunta o torno. Ela, arreboláballe cousas a Ramón, enredando e meténdose con eles. 



E el, cando tiña oportunidade, façíalle carantoñas á nena para que estuvera queda. 

 

Cando entrou a bisavoa Benigna, veu a Ramón e, sen máis palabra, berroulle porque lle comera fighos na horta. 

 
A esto, “tío” Domincos o ferreiro que era xenro dela, ao escoitala berrar, dille:
  • ¿Elogho, viña con chaqueta, ou sen ela?

Benigna:
  • Con ela.


Ramón da Xastra aleghou que el viñera en camisa, sen chaqueta nincunha. 


Entón Domincos, enghadeu:
  • ¡Coño! ¡Pois aquí está sen ela. Eu non lle vin chaqueta nincunha! ¡Entonçes non foi!



E a muller, toda enfadada, marchou daquela maneira. 



No hay comentarios: