Érase dunha ves dous moços, meu pai e seu curmán, José do Caseiro de Cadarnoxo (anos máis tarde, casaría na Fighueira). Estaban traballando de carpinteiros un sábado polo verán, na aldea de Ghuiende, parroquia de Tállara, Lousame.
Ese día, tiñan pensado ir á fiada á Ghraña, unha aldea situada nas
Chans do Iroite. Façíase os sábados á tardiña, na casa nova do Nacho.
Esta vivenda aínda estaba a ghranel e a familia, mentres tanto, vivía na casa vella. Por esa época, na reunión, xa non fiaban o liño.
Senón que as mulleres, soamente cantaban e tocaban as pandeiretas, conxughando cos asistentes, danças e xoghos.

Como
os dous moçotes querían ir alá, levaron consigho roupa de reposto
para o traballo. E ao remataren a xornada, laváronse en palancanas e
puxeron as mudas na casa onde estaban traballando.
Atopábanse cansados do traballo, pero deçididos a ir á fiada.
Saíron
de Ghuiende e, logho dun tempo camiñando, chegharon ao alto de
Cadarnoxo.
Desde
alí, começaron a subir con direcçión á Ghraña. Sen embargho
para chegharen alá, había moito que andar.
Foi
que nun tramo do recorrido, viron unhas bestas con pégha (pau que se lle pon nunha pata aos cabalos para que non fuxan
cando están paçendo çeibos. En cambio, ás vacas non llas puñan porque era difíçil e ademáis, non se alonxaban tanto.
No caso das ovellas, púñanlle unha solta. Antighamente, cando non cheghaban os cartos para comprar corda e façela con ela, façíanse soltas de xunco enxoito. É diçir, collíase xunco de brañas, ou de sitios húmidos e, púñase a enxughar ao sol, para secalo. E con esto façían as soltas. Logho, ao haber medios, elaboráronse soltas cunha corda pequena. A solta átaselle a unha pata de diante con outra datrás, pero do mesmo lado. Por lóxica, púñaselle á ovella que dirixía o rabaño, ou tamén ás máis aventureiras.)

Botáronlle
o ollo a unha das bestas que era rusa, é diçir, de cor branca.
Acorralárona e montaron a cabalo dela.
Pero
claro, como a levaban agharrada ás sedas, non se daba ben para
ghuiala.
Así que entre os dous, concordaron que dese xeito non iban ben. E díxolle meu pai oa curmán:
Mira, José. Baixa ti e amarrámola cos cintos dos pantalóns. O teu, átasllo ao pescoço e,
o
meu, póñoo no teu para alarghar.
Con
esto, chegharame aos braços e, poderemos levala presa.
Entón, o que estaba a cabalo, colleu as rendas feitas cos dous cintos.
E José, volveu subir detrás del. A todo esto, era a tardiña do sábado, polo verán. Polo tanto, aínda era día.
Entón, o que estaba a cabalo, colleu as rendas feitas cos dous cintos.
E José, volveu subir detrás del. A todo esto, era a tardiña do sábado, polo verán. Polo tanto, aínda era día.
A
besta iba moi ben. Foi subindo a costa e, chegharon ás Chans de
Lidón.
Alí, había uns piniños pequenos. E a besta empeçou, triqui, triqui. Ao triqui, triqui.
Pero
ela foi pilla. Volveuse sobor de si e colleu costa abaixo, coa idea
de tirar con eles entre os pinos.
A
quen primeiro barreron as ramas, foi a meu pai que iba diante. De
seghuido, caeu José que estaba atrás e, ao cheghar ao chan, quedou
por debaixo do ghuía.
O
animal larghouse a correr, deixándoos tirados, levando consigho os
dous cintos amarrados no pescoço.
Cando
chegharon alá, pensaron en façerse con algho que lles sostivese os
pantalóns. Entón, deçidiron que o bo sería conseghuir unha corda.
José
era moço dunha filla dos donos onde tiña lughar a fiada. E sabía
en que sitio do cuberto había cordas.
Desfixérona para colleren cadanseu cordón e amarráronos nas cinturas dos pantalóns, a xeito de cintos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario