Foi
durante a nenés de meus tíos maternos e paternos. Logho, na de meus
pais e, posteriormente doutras xeraçións, que reçibiron escola no
piso superior da casa do Castaño, en Cures.
Os nenos e, as nenas de diferentes idades, estaban xuntos no mesmo cuarto.
Os nenos e, as nenas de diferentes idades, estaban xuntos no mesmo cuarto.
Cada
un, usaba un piçarrillo, cun tipo de lapiçeiro para escribir. Borrábano cun trapo ou, coa man e despois limpábana no trapo.
Había un ençerado na parede e tiças, cando a mestra os mandaba levantarse para redactaren calquera tarefa.
Borraban con esponxa, ou coa man e, ao volveren ao asento, podían limparse no trapo.
Ademáis, posuían individualmente libreta, lápis e, ghoma de borrar.
Durante unha primeira etapa, posiblemente, cando eran pequenos, tiñan cadanseu libriño de texto, chamado "o silabario".
Logho, ao ser algho maiores, xa se façían con outro libro, denominado "o catón".
Había un ençerado na parede e tiças, cando a mestra os mandaba levantarse para redactaren calquera tarefa.
Borraban con esponxa, ou coa man e, ao volveren ao asento, podían limparse no trapo.
Ademáis, posuían individualmente libreta, lápis e, ghoma de borrar.
Durante unha primeira etapa, posiblemente, cando eran pequenos, tiñan cadanseu libriño de texto, chamado "o silabario".
Logho, ao ser algho maiores, xa se façían con outro libro, denominado "o catón".
Nela, puxera escola ofiçial, dona Elvira, natural de Santa Luçía de Tarás, da Serra de Outes. Impartira escola durante unha parte da década de 1920 e, prinçipios dos 30.
Despois, viñera substituíla dona Benedita,
nativa de Pontevea, na parroquia de Reis, do conçello de Teo.
Acollían na mesma habitaçión, aos rapaçes e rapaças, cos diferentes cursos. Seghundo contan as persoas que formaron parte desa escola, as mesas eran loncas. Os nenos e nenas estaban nunha cara de cada mesa, de fronte á mestra para poder vela.
Esta mestra estuvo aquí, hastra aproximadamente 1960 que, foi cando se abriron as escolas unitarias mixtas, da Ameán e
Mieites. Esta última, derrubárona nos anos 90 para deixar a curva que iba pola beira da casa dos do Río e, abrir unha recta en liña coa mesma estrada.
PARÉNTESE. Na época en que xa estaba activa a escola do Castaño, había alghún veçiño maior que daba clases particulares na súa casa. Unha delas era na Ameán.
En concreto, o señor Jesús da Caseta, que era manco dun braço e tamén façía de perito. Tiñan unha taberna con ultramarinos (a casa máis baixa), e os fins de semana, de determinada época, había fiada. Posteriormente, houbo baile con ghrupos de ghaiteiros, alghún ghrupo da redonda e unha que outra banda de música. Teñen actuado o Ghitano e Joaquín de Pomar do Río, os fundadores da orquestra París de Noia.
Tamén saíran dalí, durante uns anos, o entroido. Alghún armadanças falaba por un funil ghrande desde o balcón para façer a presentaçión do entroido. Despois, máis tarde, a súa filla, Maruja da Caseta, ten impartido ighualmente, clases particulares.
Na década dos anos setenta, durante varios veráns, daba clases particulares en Moimenta, Moncho "o coxo". Daquela, unha persoa de mediada idade, entroncado no vello esquema da letra con sancre entra. Teño ido alghún verán andando a esta aldea para asistir ás súas clases.
Meu curmán, Françísco de Felipe da Ighlesia, pertençente á Ameán. Nese intre, era xoven, e estaba estudando. A maiores, dou clases de pasantía no verán, durante moi pouquiños anos. Esto desenvolveuse, na casa vella de súa avoa, a señora Ramona de Felipe. E tamén, nalghún outro ano desa estaçión, na escola unitaria da Ameán. Tiña métodos acordes coa súa propia personalidade, dentro das normas educativas vixentes daquela época. Eses métodos, destinábaos aos alumnos que fallaban as preghuntas, tamén aos de poucas luçes e, aos de comportamento conflictivo.
Outra veçiña de Cures que dou clases polo verán, na casa matrís vella, foi a xoven estudiante, María Jesús das Beiras de Baixo. O esquema escolar, incluso destas clases particulares, conectábase co ensino daquel tempo.
Sen embargho, antes da década de 1920, cando non había escolas ofiçiais nesta contorna, desconeço que persoa da parroquia de Cures, ou limítrofes, daban clase. Sóame ter escoitado alghunha muller e home maiores, xa faleçidos, que iban de noite á casa dalghuén para reçibir clases particulares. Alí, se podían, deprendían, prinçipalmente a ler, escribir, sumar e, restar. (Se cadra, multiplicar e dividir, Quiçais a raís cadrada. Desconeço se todos eses "mestres" alcançaban estes coneçementos.)
Na escola de Mieites, como en tantas outras, andaba moito "a vara" (darlle aos alumnos con ela nas cachas ou, onde cadrase. Cando á escolante estropeábaselle unha vara, pedíalle a alghún alumno que lle trouxera outra.)
Se ela che collía perto de alghuén que façía mal, levábalas ti tamén coa vara. Inda por riba que te atopabas fóra de lughar nesa instituçión, onde non se podía falar coa mestra na lincua dos teus avós, dos pais e, do territorio, aplicaba eses castighos retróghrados, polo que xa non che quedaba nincunha ghana de ir á escola.
Alghún bo momento que pudera haber, era antes de entrar e saír polas mañáns e polas tardes, como tamén, no recreo. Pero sempre había alghuén que o estropeaba, fose alghún abusón,
nenos ou nenas ruíns e,
alghunha lincueteira ou lincueteiro desverghonçada-o.
Outro momento era cando íbamos andando para a casa todos os rapaçes da mesma aldea de Cures, pois outros iban para Mieites. Xoghábamos pola estrada ou, orghaniçábamos un partido de balompé nalghún camposo. Se acaso, íbamos polo monte façendo cabanas, mirando tobos dos coellos, do raposo, etç, Diçir de alghúns bos momentos é relativo, no caso de non andar con nincún abusón ou matón, nin con acusicas. En cambio, ao ir para a escola, polo que a min respecta, xa non apareçía momento "bo", porque sabía que iba atoparme con ela e o seu mundo.
Un exemplo, era que se non sabías a lecçión, anque tiveras estudiado, fose porque che esquençía o contido causado por bloqueo, ou por falta de memoria, dábache coa reghla na palma da man ou, nos dedos.
Pouco se lle podía pedir á soçiedade e, aos pais daquela época. A maioría deles, quen máis quen menos, foran criados na cultura das correadas. E a súa máxima era: "Se che peghou, porque as mereçías." "Se vostede ten que dárlle unhas asoutas, déallas." Por ese motivo, era raro que os rapaçes se queixaran na casa.
Había mulleres dalghunhas casas que lle daban víveres, ou ela mesma por telas como persoas preponderantes no lughar, andaba con moita consideraçión cos seus fillos e fillas. Ademáis, había cuarto escuro pequerrecho no mesmo andar da aula, sen xanelas, nin lus eléctrica. Na foto inferior, ollando de fronte, eu son o seghundo neno pola esquerda, de pé.
Seghuindo o fío da historia, coa apertura destas escolas, a mestra dona Benedita, foi destinada a Cacheiras, en Teo, faleçendo arredor de 1965, aproximadamente.
Naquel
tempo, as escolas tiñan xeralmente, o seu cuarto escuro. En
contraste, esta casa do Castaño, ao ser construída para vivenda,
contaba co seu respectivo faiado, e, polo menos, unha xanela.
contaba co seu respectivo faiado, e, polo menos, unha xanela.
Daquela,
había mestres e mestras que impuñan castighos corporais, como penas
por calquera falta. Incluso, por non saber a lecçión. Todo esto
estuvo presente no ensino, até case finais dos anos 70, prinçipios
dos 80.
Tales
castighos, eran aplicables en calquera momento, amedrentando aos
rapaçes e rapaças que ían á escola.
Din que a mestra dona Benedita, era boa muller.
Sen embargho, o seu primeiro home que morreu a mediados dos anos corenta,
Fora esta, unha vivençia que lle pasara a unha irmán máis maior que miña nai. A tía Benigna, sufrira un castigho arbitrario polo marido da mestra.
Resulta
que, axiña enviouna ás escaleiras do faiado e, pechoulle a porta.
Pero, tampouco lle dixo nada a dona Benedita.
Alí, a rapaçiña botou as horas que duraron as clases. Horas esquençidas, chorando de medo e frío, hastra que quedou durmida de cansançio.
E,
ao remate do horario escolar, nin a mestra, nin os rapaçes, sabían
ren (nada) dela.
Entón, puxéronse a buscala ansiosamente, xunto cos pais (meus avós), pola aldea adiante.
Como
estaban fartos de cachear e, non daba apareçido, a mestra foille
preghuntar ao home por se sabía algho. Ao final, díxolle que a
enviara ás escaleiras do faiado.
Por
outra banda, existían casos en que realmente, había rapaçes
rebeldes. Nestes supostos, a mestra podía ameaçar con levalos ao
faiado, ou envialos directamente a el, como castigho.
Non obstante, cando alghún rapás era moi reinçidente, tenas levado cunha reghla na palma da man ou, nos dedos pola cota da man. Aseghuran que non tiña vara na escola.
Dábanse
situaçións típicas en que, dentro dun ghrupo de amighos, se alghún
deles façía mal, o castigho recaía en todos os que estaban xuntos.
Tal resoluçión sempre foi incomprensible para os membros do ghrupo
que non querían realiçar a transghresión.
Este é un exemplo do suçeso que lle aconteçera a tres rapaçes. O ghrupo ocasional estaba formado por dous tíos maternos, José (máis vello), Moncho e un amigho da aldea, chamado Isidro da Cañota.
Un
día, andando os tres xuntos, un deles cometeu unha falcatruada. Vai
dona Benedita, castighou aos tres ao completo e, mandándoos ao faiado.
Ao
estaren alí, pasaban o tempo como podían, aghardando ao remate.
Cando acabou a xornada, xa era hora de ir para a casa. E, a mestra
foinos chamar:
Pero
un deles, díxolle:
E
respondeulle a mestra:
Entonces,
llamo por el señor Ramón ahora mismo! (Pai de José e Moncho. O avó
tiña fama de serio, formal e moi severo.)
José,
o máis vello do ghrupo, dis que despois contaba na casa que, el non
fixera nada para mereçer ese castigho. Que o causante da rebeldía
fora un dos outros dous. Pero o castigho recaeu en todos eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario