A
finais dos anos vinte, prinçipios dos trinta do século pasado, miña
avoa materna Esperança, de acordo co meu avó Ramón, começou
vendendo os produtos da terra, polos mercados e feiras das vilas e
aldeas da redonda. Todo esto, para axudar a ghanar unha peseta
(patacón, real, etç) e, ghobernar a vida.
Os
seus sitios de venda eran, alternativamente, seghundo os días da
semana, Boiro (aínda unha aldea pequena), Escarabote, Cabo da Crus e
A Pobra do Caramiñal. Por nomear os diferentes mercados e feiras,
cabe lembrar:
En
Boiro, había mercado, un día pola semana e estaba ighualmente, a
praça de abastos. Pero, tamén se encontraba a feira do çinco de
cada mes, que tiña lughar en Espiñeira, situada no lado surleste,
fóra do perímetro da ghranxa de Escurís.
Por
Noia, façíase feira cada quinçe días, e o mercado era os
domincos. Por este calendario, moitas veçes cadraban xuntos, feira e
mercado.
A
Pobra do Caramiñal tiña mercado nun día da semana e, a feira era
cada çerto tempo no luhgar de Santa Crus, por riba da vila.
Na
Serra de Outes çelebraban o feirón nunhas datas asignadas para
esto. Alí, acheghábanse as xentes da mesma localidade, e baixaban
as persoas das aldeas que arrodeaban a Serra. Ighualmente, tiñan
mercado un día á semana, perto da casa do conçello.
A avoa, vendía os
frutos da terra, xeralmente, no posto do mercado de
Boiro e A Pobra. Sen embargho, se alghúns clientes llos encarghaban,
podía venderllos noutro momento, polas portas das casas destas
localidades, ou de Cabo de Crus, Escarabote, A Ribeiriña, etç.,
onde escaseaban as terras de cultivo.
Cando
á avoa non lle quedaban máis frutos da casa para vender, por
exemplo: millo, patacas, nentellas, çebolas, etç., dirixíase aos
mercados e feiras de Noia, ou da Serra de Outes. Seghundo cadrase.
Alí, andaba no trato, é diçir, compraba a mercaduría para
repoñela e, revendíaa nos puntos de venda indicados primeiramente.
No
momento en que alghunha das fillas foi sendo ghrandiña, empeçou a
acompañala para repartiren a fruta. Máis que nada para façerlle compañía. Pero ao ser máis ghrande, xa a acompañaba con cargha, tamén.
Esto era debido a que había moita cantidade. Polo tanto, preçisaba vendela nunha marxe de tempo curta, antes de que se estropeara.
Esto era debido a que había moita cantidade. Polo tanto, preçisaba vendela nunha marxe de tempo curta, antes de que se estropeara.
Así
mesmo, iba vender fruta a Vilagharçía de Arousa, os días de festa
da Nosa Señora, 15 e 16 de aghosto. Se xa había alghunha filla con
anos sufiçientes, tamén ten ido con ela. Para esto, camiñaban ata
o Bodión, en Abanqueiro, cunha çesta de fruta enriba dun mulido,
sobor da cabeça.
Aquí, subían coa fruta ao vapor, propiedade dos
Luros de Abanqueiro, e baixaban no peirao de Vilagharçía. Logho,
dirixíanse á praça, onde tiña o posto, e vendían a fruta.
Despois,
ao mediodía, ou pola tarde, volvían no vapor ao Bodión, e viñan
camiñando hastra Cures. E, así façían o mesmo ao día seghuinte,
o 16 de aghosto.
As
fillas, fóronse suçedendo no tempo, seghundo a idade, substituíndo
ás que se casaban fóra.
Pero, só coa fruta. No resto,
desenvolvíase miña avoa soa, porque as fillas tiñan que traballar
na terra, na casa ou, ao xornal.
Ademáis,
había tres vacas na corte.
E na temporada en que as vacas daban
leite, levábao a vender nunha leiteira sobor dun mulido, na cabeça.
Se
eran moitos clientes, podía levar máis dunha leiteira nun çesto,
sobor da cabeça.
A cantidade, dependía do leite que se xuntara.
Vendíao
na porta das casas dos clientes, que xa eran fixos. Por exemplo en
Cabo de Crus (entre outros, os de Carreró que viñan de vacaçións
á casa polo verán), tamén en Escarabote, Boiro etç.
Podía ir polas mañáns, en días que non había mercado, ou feira. E, de non dar tempo, volvía polas tardes.
Había
leiteiras de Mieites, Comoxo, Loxo de Riba e de Baixo, etç. que
tiñan ghando. E, vendían o leite para ghanar unha peseta e ghobernar
a vida. Como eran compañeiras de camiño da avoa e, caíalle en
ghraçia, diçíanlle:
Señora
Esperança. Despois espere por nós en tal sitio, que rende menos o
camiño a falar, contando contos. E vostede dános moito ánimo.
Os
clientes da avoa, ademáis de leite fresco, tamén lle pedían leite
preso. Este, vén sendo o ioghur natural de hoxe en día, pero
auténtico.
Desde
os primeiros anos como vendedora, iba andando coa cargha na cabeça.
En ocasións, tamén levaba alghún çesto de aro no braço. Aclarar
que cando vendía os frutos da terra, non ía co leite.
En
dúas ocasións tuvo un burro e, unha burra, sendo conoçida por
Esperança da burra ou, do burro. Un deles, era moi vagho e a miúdo,
deitábaselle con cargha, ou sen ela. Tanto vise xente, como non. A
cargha púñalla nunhas albardas metálicas, polos costados do
animal.
Se
houbera algho que non coubera nas albardas ou, que pudera danarse,
carghábaa na çesta, ou no çesto, por riba dun mulido sobor da cabeça.
Tardíamente
começou habendo un coche de liña. Unha ves pola mañán desde a
Pobra a Noia e, de reghreso pola tarde-noite. Era o Faxeiro de
Taraghoña que, tamén saía de Rianxo. Sen embargho, non lle cadraba
cos horarios nos que ela vendía. Outro motivo, era a pouca marxe de
ghanançias que lle quedaba a ela.
Un
inconvinte máis, é que, era difíçil levar os çestos dentro do
coche, ou enriba del, na baca. Así que desde finais dos anos vinte,
hastra mediados dos anos sesenta, do século pasado, levou a cargha a
pé, ou noutra etapa axudada do burro, e despois, da burra.
De
tódolos xeitos, cando preçisaba comprar mercaduría en Noia ou, na
Serra de Outes, para logho revendela (andar no trato), ten ido a pé
durante tempo. Logho cos burros. Pero xa, no final, cando lle pesaban
os anos, começou a subir no coche de liña a Noia, e á Serra de
Outes. Neste último caso, se tiña que ir á Serra, o coche deixábaa
en Noia e, ela collía outro coche de liña para A Serra. E de volta,
o proçeso inverso.
Polo
que se refire á venda de leite, estívoo vendendo finalmente en
Escarabote, hastra arredor do 1970, para cumprir coa xente que llo
pedía.
Sen embargho, por este tempo final, xa collía o coche de liña de mañán çedo que viña de Noia para A Pobra do Caramiñal.
Remitíndonos ao conto do sorralleiro, era que miña avoa andaba vendendo o leite. En días escollidos para eso, polas portas das vivendas dos clientes. Díghase Boiro, Cabo de Crus, Escarabote, A Ribeiriña, ...
Un
día, andaba co leite nalghún destes sitios e, os latoneiros
(conoçidos tamén como sorralleiros), iban coas rodas de afiar e,
outras ferramentas. Tamén andaban por alí.
A
avoa cheghou a unha porta á que foi levar o leite e, estaba a muller
da casa berrando cun sorralleiro. E díxolle miña avoa:
Boeno
muller, non berres. ¿Ti non sabes que xa se dí alí: Tapa masa,
tapa masa, mentres o sorralleiro pasa?
E
entonçes o sorralleiro enfadouse e, dixo (falaba en castelán porque
disque non era daquí):
¿Sorralleiro
yo? La madre que la parió.
A
el non lle ghustou nada este refrán, ou dito e, ghardoulle maliçia
a ela.
Os
sorralleiros teñen aparellos de afiar, cortar, pinchar, peghar, etç.
para o seu traballo. Por exemplo, a subela ou, cousas así.
Entón,
outro día calquera dos que pasaba a avoa para vender por un destes
lughares, andaba moi perto o latoneiro ou, sorralleiro.
Ela
pasou, pero non fixo caso del e sighueu. Pero, xusto á altura del,
pinchouna posiblemente cunha subela ou,
cun aparello nunha cacha.
Ela coa sorpresa e, coa dor,
exclamou:
¡Ai,
mecagho en tu madre!
Veuno,
pero sighueu, quedándolle retida na memoria a súa cara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario