Chove esta tarde sobre mollado.
Baixo
un ceo ghris, as nubes se paran.
Son
días de tedio, momentos de soños.
Non,
a chuvia nunca volve para riba.
Hoxe
acompáñaa o vento,
tal
ves axiña vaia escampar.
Nestas
horas que buscan o refuxio da intimidade,
permaneço
en abrigho, a cuberto.
A
humidade está por todas partes.
Ese
líquido que por veçes, pode ser bendito,
regha
os campos e fecunda as sementes.
Déixase
caer sobre o chan, en picado.
Cando
lle antoxa, vira en bicos, cruçada.
Nestes
días de fartura que inundan os prados,
Amoleçen os corpos, beben os frutos.
As molladuras, lembran o pasado.
Cada
pinqueira é un recordo,
impreso
na túa alma
que
cae na fonte das lembranças.
Cada
estanque é un espello, onde te ves refrexado.
Quiçais
mañán xa formes parte de todo o observado.
Aqueles
amores dun romantiçismo esquençido,
aghora revividos na maxia deste misterio recluído.
Arrastran
as aghuas as peghadas da xente.
Mesturan
tódolos recordos dos seus pasos,
Ao lonxe,
brilan os outeiros prateados,
anunçiando
que mañán volverá chover.
Sobrevoa
a peneireira en círculos,
avisando que a chuvia está perto a caer.
Como
sinais enviados ao ceo,
fumeghan as chemineas das casas,
reunindo
a famila, ao amparo do calor.
Resghárdanse os corpos, con paraghuas de cores diversas.
Na ramaxe das árbores, aletean os paxariños,
sacudindo
as súas plumas.
Son
horas de recollemento para todo signo de vida.
Incluso
a máis diminuta ghota,
que reparte sensaçións de diferente natureça.
Cálida,
morna ou fría, seghundo a súa vontade.
Ao
mellor, son bághoas do çeo de seres que choran.
Pero
caídas, alivian as terras que teñen sede.
Non
sempre benevolente, por veçes mostra a súa carraxe.
Xa
está aquí de novo.
Tronan as nubes, ábrense as fontes.
Os
lóstreghos brilantes, iluminan no alto.
Baixan
os raios desvastadores á terra.
Hai
chuvias nostálxicas que non dan despexado.
Chuvias
que aneghan todo, repentinas e violentas.
Ela, amigha líquida dos seres refuxiados en soedade,
que
cae polos cristais, tapando a vista das cousas.
Días
de chuvia, días de non ser.
Campos
enlamados, pedras molladas, camiños enchopados, casas escureçidas,
...
Chuvia
que repinica no tellado como música para os meus oídos.
De
repente, abreuse o día.
A
chuvia caeu, xa quedou no pasado.
Pero
eu puden contemplala,
e
para min, non pasou en vano.
Aquelas
imaxes de lembranças fuxidas
que
soio eran recordos lonxanos,
volven
á realidade neste día,
Os ríos corren caudalosos, as tempestades amainan.
A
xente salta as poças, pero nós chapuçamos contentos.
Outros
protexen os pés, nós andamos descalços.
Para
moitos é un sufrimento, pero para nós é unha aleghría.
Sen
temor, rodamos polo chan, ensoufándonos nas lameiras.
Xoghamos,
dançamos, e cantamos baixo a chuvia.
Corremos
polas leiras, atravesamos os ríos sobre as ramas.
Como
intrépidos aventureiros, exploramos os montes e façemos cabanas.
Dúas
veçes me mollo, abrighándome debaixo das follas.
Respiro
forte a humidade deste ambiente.
A
frondosidade do entorno me envolve e abraça.
Quero subir á ponla dun carballo para contemplar o arco da vella e atravesar ese umbral.
Desexo
escoitar o murmullo das fontes e dos montes.
Adentrarme
nese misterio vaporoso da brétema, por entre as árbores.
Saber
daquela fada que coa súa mirada furtiva, fuxeu a correr.
Aghoman
as plantas, abríghanse os animais coa chuvia ao caer.
Ti
que mollas este chan, mestura de penas e aleghrías.
Por
favor, se tes coraçón, dime quen es e a onde vas.