jueves, 19 de enero de 2017

A CHUVIA, por Ramon Lainho


 

Chove esta tarde sobre mollado.
Baixo un ceo ghris, as nubes se paran.
Son días de tedio, momentos de soños.
Non, a chuvia nunca volve para riba.
Hoxe acompáñaa o vento,
tal ves axiña vaia escampar.
Nestas horas que buscan o refuxio da intimidade,
permaneço en abrigho, a cuberto.
A humidade está por todas partes.
Ese líquido que por veçes, pode ser bendito,
regha os campos e fecunda as sementes.
Déixase caer sobre o chan, en picado.
Cando lle antoxa, vira en bicos, cruçada.
Nestes días de fartura que inundan os prados,
enchen os ríos e atéighanse as charcas.


Amoleçen os corpos, beben os frutos.
As molladuras, lembran o pasado.
Cada pinqueira é un recordo,
impreso na túa alma
que cae na fonte das lembranças.
Cada estanque é un espello, onde te ves refrexado.
Quiçais mañán xa formes parte de todo o observado.
Aqueles amores dun romantiçismo esquençido,
aghora revividos na maxia deste misterio recluído.
Arrastran as aghuas as peghadas da xente.
Mesturan tódolos recordos dos seus pasos,
confundidos nunha corrente de seres diferentes. 

 
Ao lonxe, brilan os outeiros prateados,
anunçiando que mañán volverá chover.
Sobrevoa a peneireira en círculos,
avisando que a chuvia está perto a caer.
Como sinais enviados ao ceo,
fumeghan as chemineas das casas,
reunindo a famila, ao amparo do calor.
Resghárdanse os corpos, con paraghuas de cores diversas.
Na ramaxe das árbores, aletean os paxariños,
sacudindo as súas plumas.
Son horas de recollemento para todo signo de vida.
Incluso a máis diminuta ghota,
albergha unha densidade acuosa e translúçida,


que reparte sensaçións de diferente natureça.
Cálida, morna ou fría, seghundo a súa vontade.
Ao mellor, son bághoas do çeo de seres que choran.
Pero caídas, alivian as terras que teñen sede.
Non sempre benevolente, por veçes mostra a súa carraxe.
Xa está aquí de novo.
Tronan as nubes, ábrense as fontes.
Os lóstreghos brilantes, iluminan no alto.
Baixan os raios desvastadores á terra.
Hai chuvias nostálxicas que non dan despexado.
Chuvias que aneghan todo, repentinas e violentas.
Hai chuvias frías que conxelan o ánimo.


Ela, amigha líquida dos seres refuxiados en soedade,
que cae polos cristais, tapando a vista das cousas.
Días de chuvia, días de non ser.
Campos enlamados, pedras molladas, camiños enchopados, casas escureçidas, ...
Chuvia que repinica no tellado como música para os meus oídos.
De repente, abreuse o día.
A chuvia caeu, xa quedou no pasado.
Pero eu puden contemplala,
e para min, non pasou en vano.
Aquelas imaxes de lembranças fuxidas
que soio eran recordos lonxanos,
volven á realidade neste día,
sobre os campos apaghados e durmidos.


Os ríos corren caudalosos, as tempestades amainan.
A xente salta as poças, pero nós chapuçamos contentos.
Outros protexen os pés, nós andamos descalços.
Para moitos é un sufrimento, pero para nós é unha aleghría.
Sen temor, rodamos polo chan, ensoufándonos nas lameiras.
Xoghamos, dançamos, e cantamos baixo a chuvia.
Corremos polas leiras, atravesamos os ríos sobre as ramas.
Como intrépidos aventureiros, exploramos os montes e façemos cabanas.
Dúas veçes me mollo, abrighándome debaixo das follas.
Respiro forte a humidade deste ambiente.
A frondosidade do entorno me envolve e abraça.
Sinto a maxia desta terra verde que aprendín a querer.


Quero subir á ponla dun carballo para contemplar o arco da vella e atravesar ese umbral.
Desexo escoitar o murmullo das fontes e dos montes.
Adentrarme nese misterio vaporoso da brétema, por entre as árbores.
Saber daquela fada que coa súa mirada furtiva, fuxeu a correr.
Aghoman as plantas, abríghanse os animais coa chuvia ao caer.
Ti que mollas este chan, mestura de penas e aleghrías.
Por favor, se tes coraçón, dime quen es e a onde vas.


No hay comentarios: