miércoles, 15 de marzo de 2017

A XIADA, por Ramon Lainho




Todo pareçe deserto nesta noite de pálido rostro afiado.

A cor e o calor da vida, desçenden o seu pulso, entrando nun sono profundo.

Quero, pero os dedos das mans e dos pés, xa non teñen tento, areçidos de frío.

Mestura de sancre e xeo, a cor morada vai adornando a lívida cara, pintando o narís e os beiços.

Non estás chorando. Mais, esbaghullan os ollos, tremen os dentes, encóllese o corpo.

O noso alento sae como nunha nube, para desfaçerse no ambiente xélido.

Semella que as estrelas están máis distantes, a lúa non dá mornura, o aire é cortante.

Mañán ao abrir o día, estarás como sempre ahí fóra, aghardando por nós, co teu vestido inoçente.

Ese vapor nocturno e ghlaçial, condensado na terra, quedou cristaliçado no teu corpo.

Sabes que a túa presençia poderá danar a colleita e amerar os frutos. 

É algho innato en ti que non vai na túa envoltura, senón na friaxe que che acompaña.


Cheghou o tempo de pousarte, non o podías evitar. Cumpres a misión para a que fostes creada.

Con todo, quixera conoçer por qué es tan distante e tan fría, tendo unha cor tan branca e pura.

Quiçais sexas herdeira dunha personalidade reservada e tímida.

¿Acaso será que a pureça en ti, careçe de acercamento e amor?

Tal ves a timidés che atenaça. Pode que o comprenda.

Pero, o que non entendería, sería que non conteras cariño e comprensión.

Ghran verdade que as almas tímidas, repréghanse en si mesmas,

confundindo as aparençias con seres indolentes e fríos.

Axiña recúbreste cunha coraça para ocultar o teu interior,

sen querer revelar os teus sentimentos.

Por debaixo da túa brancura, o laxo duro e cristalino,


faiche impenetrable e incomprendida.

¿Sabías que a beleça non só se mide pola presença,

senón tamén polo cariño e a humanidade que dá?

Ao mellor é que fostes exiliada do Paraíso, conservando no recordo a cor e a forma,
 
de coraçóns hibernados dun mundo olvidado e antigho.

Cando che miro e contemplo a túa fermosura, 

éntranme ghanas de tocarche, pero ao façelo, 

sinto que estás enclaustrada en microscópicas estrelas de cristal. 

Ese suave e inmaculado manto de limpas sábanas de alghodón,

inundan todo ao meu paso.

Ao pisar tan delicada e fráxil cama, volvo atrás a mirada e vexo


as miñas peghadas marcadas no teu profundo e reservado coraçón.

Resplandeçe unha lus brilante e intensa que se refrexa na túa cara, çeghando por completo os meus ollos.

Sen dúbida, tes unha natureça máxica e linda que por força debe ser un halo de esençia divina.

Xía de noite, quenta de día. Xía sobor dos campos, sobor das flores e da herbiña mol.

De novo, volven no inverno as aves do frío, berrando e sobrevoando as anchas e solitarias pradeiras.

Ao amparo da escuridade, choras as penas e os sofrimentos, sobre os somnolentos e verdes campos.

Xa cos primeiros raios da mañán, apareçe conxelada e sorprendida.

Ansías despertar e levantarte para volver a voar, envolvéndote nunha brétema espesa que se eleva e disipa.

Alá no alto, tes amores co çeo despexado, mais ao anoiteçer, cansada, choras bághoas de amor para volver deitarte sobre o chan.



No hay comentarios: