Imperçeptible fronteira
da levedade do ser,
que vives máis alá da
materia,
sen que os meus ollos che
podan ver.
Con nós, conviven outras
liñas menos lonxanas,
non por eso
insignificantes, nin máis fáçiles de traspasar.
Toda unha existençia
tanxible e densa,
que sen dúbida, nos
pareçe única e verdadeira.
Por veçes, a vida ofreçe
sutiles momentos,
façéndonos perçibir o
seu canto como un soño irreal.
Alá se ven, pero non se
tocan, as fronteiras da saúde, a fortuna e o amor.
Historia dunha búsqueda
incansable á que toda alma consçiente aspira.
Esas pretensións ao
unísono, talvés non se podan alcançar.
Quiçais, a meta final
habite no ser trasçendente.
Entidade oculta, sempre
latente, que non se palpa, mais presíntese.
Son hóspedes deste
alento, fértiles fronteiras humanas.
Ao son das ondas, dançan
os sentimentos e as lembranças.
Mudan coa direcçión do
vento, os pensamentos e as entelequias.
Unidos polo amor, viven
nese estado do sentir,
a un paso do odio e a
carraxe.
Civilizaçións
desapareçidas, mundos por construír.
Desventurados, caídos en
desghraçia na arredada frialdade.
Anxos sublimados e
idolatrados, en acolledora doçura.
Unha liña sutil que
separa o ben do mal,
das vivençias do plano
físico, en diferentes realidades.
Xorde a nostalxia por
revivir. En breve, tórnase esforço por esquençer.
Fronteira de loghros e
arrepentimentos. Da liberdade e a prisión.
Convive a limpeça e a
mancha. Hai pureça e perversión.
Entre a raiana separaçión
da lus e a escuridade,
flúe unha extensa e
múltiple escala de cores.
Circundan en órbita os
elementos,
planetas, sistemas,
ghalaxias e universos,
de distinta natureça e
condiçión.
Viaxan no real e no
soñado, a brutalidade e a delicadeça.
Cruça no ceo o brillante
e o tétrico. Rodea o cálido e o frío.
Paso de arcanas formas de
vida. Envolturas de variadas apariençias.
¡Como se moven as
fighuras, imbuídas e animadas por diversos niveis de conciençia!
Desde aquí, podo contemplar a fealdade e a
fermosura na distançia.
Podo ver a escritura no
papel, elevada á dimensión virtual.
Traço separador entre a
inxustiça e a dignidade, tantas veçes crebado.
Efímera estadía da feliçidade que nos rouban en vida,
e se trunca nun abrir e pechar de ollos.
¡Qué cruel e fráxil existençia, a un paso da despedida final!
e se trunca nun abrir e pechar de ollos.
¡Qué cruel e fráxil existençia, a un paso da despedida final!
¿Acaso "dormen" as pedras?
¿Acaso "soñan" os vexetais e, se "axitan" os inxenuos animais? ¿Será verdade
que o home “pensa”?
Aquel coraçón inoçente,
aturdido pola confusión dos problemas, sofre a causa da incomprensión humana.
Invade o masculino ao
feminino, aporta o exterior ao interior.
Desde as súas entrañas,
xéstase no invadido, a creaçión para formar o creado.
Ese algho individual e
único, está listo para naçer. Dáse paso ao naçido.
Todo un lonco recorrido
que desde o pasado, visita o presente e divisa o futuro.
Un presentimento estrano
susúrrache: “naveghante”, na noite olvidada.
Transformándote nun
“náufragho”, que errante vas no despertar da madrughada.
¡Agghh! ¡Retírate de
min, fronteira do desamparo e da tristura!
Déixame traspasar a
entrada da milaghre e a esperança.
¡Non te faghas de
roghar!
Dáme paso para volver a entrar no que nunca debín abandoar.
Dáme paso para volver a entrar no que nunca debín abandoar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario