Non hai moitas décadas, nesta aldea como en tódalas demáis, cada familia façía cestos para as neçesidades do traballo da terra e da casa. En tódolos foghares, contábase cos medios e a ferramenta neçesaria para façelos. Pero, coa cheghada do plástico e doutros materiais, foron deixando de façerse. Anque aínda hai xente que os fai para sí e, tamén para encarghos.
CESTO MEDIANO (non era típico de aquí. Máis ben era usado pola xente da beira do mar para produtos do mar ou, das patacas etç, no territorio da costa. Tamén o usaban alghunhas persoas que vendían nos mercados e nas feiras, pero non todas, xa que miña avoa como vendedora, usaba os cestos da herba, os cales son os ghrandes).
Para
façer cestos (ghrandes, coneçidos como cestos da herba, anque tamén carghan calquera outra materia prima) e buçeiros simples (cestos pequeniños, sen asa) e buçeiros de asa,
temos que dispor dunha espeteira. Esta, é unha táboa que pode ser
redonda ou, cadrada, con cantidade de buratos, en forma de varios aneis circulares. Na foto, meu curmán Suso do Caseiro, con meu pai, Joaquín.
Preçisamos, ademais, os vimbios que son a materia prima coa que se farán. Para esto, contamos cuns feixes deles, os cales xa
os tíñamos apañados de cando amadeiráramos e abatéramos as
viñas.
Alghúns deles, estaban pousados e había que mollalos. Outros, en cambio, xa estaban
afondados nun lavadeiro con aghua. Deste xeito, manteñen a humidade,
flexibilidade e frescura, porque doutro xeito, secarían e romperían.
Eliximos
uns bos vimbios, ghordiños e loncos para façer as costas (costelas
ou estrutura) dos buçeiros e/ou dos cestos. A
estas costas ou, vimbios da estrutura, afíanselles as puntas dos
cañotos mesmo cunha navalla ou coitelo.
En
primeiro lughar, seghundo o diámetro do cesto ou do buçeiro que
queiramos, debemos escoller na espeteira o anel acorde con ese tamaño
da circunferençia.
Logho,
imos metendo cada vimbio no seu burato correspondente,
hastra formar
o anel ou circunferencia elixida.
Despois,
xuntamos con ámbalas mans, tódolos vimbios a unha determinada
altura para que dean as medidas das beiras e do fondo do buçeiro ou, do cesto.
De
seghuido, aghuantamos ese feixe cunha man, mentres un compañeiro
(neste caso, Suso do Caseiro), divide unha metade dos vimbios nunha
man e, a restante na outra.
Para
manter separado eses feixes, podemos pórlle un caroço dunha
espigha, un cachopo de madeira, unha piña pechada ou, calquera outra
cousa.
Neste caso, optamos por un caroço.
Neste caso, optamos por un caroço.
Aghora,
xuntamos por riba as dúas metades de vimbios.
E a continuaçión,
dámoslle un amarro de vimbio por baixo, e
outro por riba.
Amarramos
ben para que non se solte.
E recortamos a larghura dos vimbios do amarro.
A
continuaçión, começamos a fase de ir teçendo o aro. Para esto,
collemos vimbios algho máis delghados cás costas.
Suso e meu pai, começando a teçer o aro.
Aquí entrou Moncho do Castaño, a quen lle pedíramos a espeteira. Leva moitos anos façendo cestos e buçeiros por encargho e, ten as ideas máis frescas neste ofiçio.
Intercambiando enfoques das técnicas, nesta fase do traballo.
Pásanse dúas
voltas por cada vimbio tumbado, é diçir, cóllense dúas costas (vimbios
perpendiculares que están nos buratos). Porque así, fai máis aro
para agharrar mellor.
Dese
xeito, váiselle dando a volta, como indicamos, cada dous vimbios.
Ollando como fai.
Parada de intercambio.
Esto vai collendo xeito.
Pareçe a estrutura dun casco.
Mirando para quen ghraba.
Os vimbios xa postos en aspa horiçontal,
hai que seghuir teçéndoos cada dúas voltas, ou costas.
Pouco a pouco, vaise formando o entrelaçado do aro.
Ten que colocar todo arredor, coidando de que non se salte nincún.
Parada de intercambio.
Esto vai collendo xeito.
Pareçe a estrutura dun casco.
Mirando para quen ghraba.
Os vimbios xa postos en aspa horiçontal,
hai que seghuir teçéndoos cada dúas voltas, ou costas.
Pouco a pouco, vaise formando o entrelaçado do aro.
Cando vexamos que o aro empeça collendo forma,
pómoslle o caroço entre cada espaçio das costas e, batémoslle co martelo. Esto, axudará a que non quede frouxedade.
Imos
sometendo cada dúas voltas a lonxitude sobrante de cada vimbio, por
turno.
Teçemos os vimbios xa colocados, hastra cheghar case perto das puntas. Pero,a parte que non sexa sufiçientemente válida, non se somete, quedando fóra.
Vamos
repoñendo os vimbios, seghundo vexamos que nos fan falta,
e imos repetindo a operaçión anterior.
Así façemos sistemáticamente,
e imos repetindo a operaçión anterior.
Así façemos sistemáticamente,
para poder elevar a altura da beira do çesto hastra o nivel normal.
Non hai unha medida exacta desa "beira". Simplemente, vese a ollo, pola experiençia.
Baténdolle co martelo, sobor do caroço para apertar o teçido.
Vaise Moncho do Castaño.
Cando vexamos que a beira do cesto é sufiçientemente alta, pararemos.
Cheghados a este punto,
calcamos cuns gholpes de martelo sobor do caroço, entre costa e costa para apertar as voltas.
Non hai unha medida exacta desa "beira". Simplemente, vese a ollo, pola experiençia.
Baténdolle co martelo, sobor do caroço para apertar o teçido.
Vaise Moncho do Castaño.
Cando vexamos que a beira do cesto é sufiçientemente alta, pararemos.
Cheghados a este punto,
calcamos cuns gholpes de martelo sobor do caroço, entre costa e costa para apertar as voltas.
Esperamos para a seghuinte parte do traballo.
Aproveitamos para afiar a navalla cunha pequena lima.
Baixamos
as costas, axudámolas coa navalla para que dobren mellor e
medímolas.
Deste xeito, podemos cortar por onde cheghue para metelo no burato que debe entrar.
Deste xeito, podemos cortar por onde cheghue para metelo no burato que debe entrar.
Cada
unha delas, vai subindo e baixando por entre cada par de costais.
E se sobra lonxitude de bo ghrosor, dáselle outra volta deica o punto de partida.
E se sobra lonxitude de bo ghrosor, dáselle outra volta deica o punto de partida.
Boeno.
A partir deste momento, vánselle colocando máis vimbios coa punta
afiada.
E vanse teçendo sinuosamente por cada par de costais
(subindo e baixando por entre eles). Se hai lonxitude sobrante,
dáselle outra volta, deixando fóra as puntas moi finas.
Así repetimos suçesivamente.
Para poder traballar mellor, sacámolo da espeteira. Neste intre, xa non fai falta telo nela. Cheghamos a baixar os dous costais restantes. E imos espichando vimbios afiados, nos buratos correspondentes do aro, hastra completar os espaçios baldeiros do fondo.
Para poder traballar mellor, sacámolo da espeteira. Neste intre, xa non fai falta telo nela. Cheghamos a baixar os dous costais restantes. E imos espichando vimbios afiados, nos buratos correspondentes do aro, hastra completar os espaçios baldeiros do fondo.
Solto, temos máis posibilidades de movemento para espetar, manexar
e envolver. Tamén podemos ladealo, voltealo, etç.
Imos espichando vimbios e teçendo.
Como nos estorban un pouco as puntas dos vimbios, podemos rabechalos algho, pero sen acaroalos, xa que failles falta secar.
Aquí está, pousado e cos costais para riba.
Retomamos
onde o deixamos onte e, recortamos un pouco as puntas do fondo e das
beiras.
Pero non as cortamos de todo, porque convén deixar pasar polo menos, alghún mes, para que seque o vimbio e non arrie do teçido.
Pero non as cortamos de todo, porque convén deixar pasar polo menos, alghún mes, para que seque o vimbio e non arrie do teçido.
Os costais non se rabechan coas tesoiras de podar, nin coa navalla. Senón que se van sometendo nas beiras, para dárlle cumprimento ao seu remate.
BUÇEIRO DE ARO OU, BUÇEIRO DE ASA (cesto pequeno, de aro ou asa para diferençialo do buçeiro simple (cesto pequeno sen aro ou asa)
Repetimos
o mesmo proçeso que o cesto mediano.
Logho, dobramos cada un. Calculamos a lonxitude dos vimbios para façer de asa. Cortámolos a medida e espichámolos=espetámolos nos buratos do aro.
Abrimos os
vimbios pola metade, coa navalla. Desta maneira, terán unha cara
chan.
Nivelamos ben os vimbios da asa, e presionámolos forte, antes de envolvelos co amarre.
Esto, axudará a que queden ao mesmo nivel. Empeçamos o amarro envolvente co vimbio aberto pola metade.
Nivelamos ben os vimbios da asa, e presionámolos forte, antes de envolvelos co amarre.
Esto, axudará a que queden ao mesmo nivel. Empeçamos o amarro envolvente co vimbio aberto pola metade.
Seghuimos
a operaçión, envolvendo fortemente o enlaçe anterior.
Abrimos máis vimbios se fan falta, e prosíghuese a operaçión.
Cada ves que se chegha a un extremo do aro ou asa, enghánchase o amarre cunha volta no aro.
Abrimos máis vimbios se fan falta, e prosíghuese a operaçión.
Cada ves que se chegha a un extremo do aro ou asa, enghánchase o amarre cunha volta no aro.
Cheghamos
ao final na envoltura do amarro da asa. Enghanchamos e dámoslle un nó
forte no aro ou asa.
Ahí
queda, sen cortar os sobrantes, hastra polo menos dentro dun mes
para que sequen e non arrien (solten).
Todo
o lote xunto: cesto da herba, cesto mediano e buçeiro de aro ou asa. Todos eles, serán recortados cando pase, como mínimo, un mes. O buçeiro simple (cesto pequeniño sen asa), ten dous amarros de vimbios no aro, para que non arrien os vimbios, mentres non secan.
Devólvolle
a espeteira a Moncho do Castaño. E saca dous buçeiros de asa, que
como se ven, soborpasaron o tempo de espera para secar, debido a saúde del.
No hay comentarios:
Publicar un comentario