Polo
horiçonte divísase unha liña envolvente e difusa.
De
novo, a brétema do misterio retorna coa súa espesura branca.
Vén
perdida dun lonxano pasado, embebida nunha substançia animada.
Consigho
trae duendes e meighas, maghos e druídas que, renaçen con ela.
Nai
daqueles espíritos divinos, tímidos e soñadores.
Achéghate
a min, viaxeira silençiosa.
Cóntame
o que che pasa, dime que queres.
Por
veçes abráçame, por veçes arrólame, sempre me oculta.
Cando
quere, me emboba e despista.
Anda
sempre descalça. Non deixa peghadas, nin se lastima.
Ela, non
fala. Tampouco berra, nin se queixa.
A
coitada non para de chorar. Chora que chora, sen parar.
Cáenlle
as baghulliñas por aquí e por alá. Por todas partes humedeçe.
Esas
pinqueiras convertidas en perlas de cristal, que os raios do sol
façerán resplandeçer.
Lento
"vexairo" vaporoso que me viste e, logho me quita.
Brétema
movediça que rodeas o meu corpo.
Pretendo
entrar na túa alma, pero pérdome e non sei a onde me dirixo.
Desexo
tanto cheghar á estaçión do reconforto, coa misión cumprida.
Se
quixeras levarme ao descanso dun fermoso esplendor, coas túas alas
misteriosas.
¡Shiii.
Silençio! Caen das árbores, voçes escondidas trala brétema.
Avança
o río por entre ela, avança como a nosa propia vida.
Vén
do mar e vén da terra, atravesa o val e a serra.
Paçe o ghando sen ataduras, busca o lobo seu alimento.
Sen
saber porqué, pode a brétema mentir baixo a nosa vista.
Non
se van, máis reghresan as faltas acusadoras,
para
esconderse no fondo da nosa conciençia.
Por
tódalas vivençias románticas que intiman no oculto,
a
néboa meigha, convérteas en momentos de encanto.
Viaxa
a través das idades de tempos esquençidos, dunha memoria individual
e colectiva.
Consigho
vai a somnolençia que adurmiña, húmida e fría.
Ela
non o sabe, pero lévoa metida nun currucho do meu coraçón.
Moi
dentro de min, entre recordos, intimidades e confusións.
En
sixilo, inunda lentamente todo o que toca e, cando quere se disipa.
Esa
compañeira enigmática que protexe e arreda de toda mirada allea.
Camiña
en desexos encubertos, abrigha penas silençiadas.
Quiçais
quede con nós un momento, ou pase de largho.
Ninquén
sabe en que estado virá, nin sequera o que nos traerá.
¿Volverá
romántica e namorada? ¿Quererá mostrarse distante e tenebrosa?
Ao
mellor anda con soños de nostalxia, talvés de olvido. Se cadra vén
diluída, pode que espesa.
Eu
quéroche, sí. Pero como unha brétema de protecçión e aprobaçión.
Auxiliadora
dos abandonados na noite escura e, baixo a lus do día.
Xa
estás aquí, entidade que separas a concordia da discordia, o
respeto da insolençia.
Onde
caben tódalas formas de inçertidume: aleghrías e tristuras, amores
e desilusións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario