- Unha copa de viño ribeiro e, vai tomar polo cu o taberneiro.
E respóndelle o taberneiro:
- Unha copa de aghuardiente, vai tomar polo cu o cliente.
Era
un matrimonio da época das fiadas. Un día, díxolle ela a el:
- Mira. Se quixeras, iba un pouco á fiada a botar un baile.
Ao
home pareçeulle ben:
- Boeno. Vai logho!
E
despois, explicoulle cal era a fariña que tiña que usar para
façelas.
- Hai esa fariña.
Logho,
marchou e deixouno façendo as papas.
Pero
ao final, non lle cheghou a fariña. Entón el, ao verse
comprometido, deçideu ir á fiada para contarllo á muller.
Ela
andaba bailando o agharrado na fiada. Vai el, cheghou xunto dela e
díxolle:
- Moça / Ghalana que andas bailando, aquel conto saleu mol (as papas saíron brandas).
E
respóndelle ela:
- Arréghlate como podas e non vaias á de fol. (saqueta, neste caso, con fariña).
(Non quería que lle collera máis fariña da que ela xa lle deixara contada.)
Unha
muller de Belles de Riba, da casa do Rato, cando chamaba xente para o
xornal, diçíalle ás rapaças xóvenes:
- ¿Queredes ver as maravillas?
E
elas respondían:
- Sí, queremos, queremos.
Contestáballe
ela:
- Pois logho, póndevos de rodillas coas mans xuntas en alto, coma para reçar.
Entón, diçía:
- Vinde maravillas. Maravillas para estas bruxas que están de rodillas.
E despois, todas se rían.
Iba
un enterro polo camiño e, levaban ao Araghán Derrota na caixa (un
home que non quería traballar e prefería que o enterrasen vivo.)
Daquela,
nos enterros a xente iba a pé (como en tódalas actividades da
vida).
Os máis acheghados ou íntimos, carghaban coa caixa sobor dos
ombreiros, sen pórlle a tapa hastra a ighrexa.
Entón, unha muller que veu pasar o enterro, dixo:
- ¿A onde levan a ese home?
- Levamos a este home para enterrar, porque non quere traballar.
Di
ela:
- Ai! Non o levedes, oh! Que levo eu un ferrado de trigho e, non o enterren!
- ¿Es molido o por moler?
- Por moer.
- Sigha el entierro.
Era
un día que a xente, mulleres e homes, estaban traballando no monte
para a forestal. Tanto, podía tocarlle plantar pinos, limpar o monte (apañanr batume), pelar arcolitos, etç.
Entón,
dixeron unhas mulleres ás outras:
- Boeno. Hoxe, o día enteiro non o ghanaremos. Ghanaremos tres cuartos.
- Para tres cuartos, nada. Sequera, medio día.
E ríronse todas.
Dúas
vellas que vivían xuntas, fixeron a comida. E diçía unha delas:
- Que pouco sal ten a comida.
- Para min, ten moito sal.
- ¿Elogho vós sempre comedes así?
E
respondeulle unha das vellas:
- Comemos ca boca.
A MULLER E A TABERNA
Nos tempos de antes, as mulleres non acostumaban beberen nas tabernas. Non estaba ben visto.
Pero unha
ves, das raras ocasións, unha muller que entrou na taberna, díxolle
ao taberneiro:
- Póñame unha copiña. (E bebeuna rápido)
- Así e todo, o que tal beben os homes.
E
volveu diçir:
- Póñame outra, ande.
No hay comentarios:
Publicar un comentario