lunes, 6 de noviembre de 2017

O GHRUPO DOS TRINTETRÉS. PRIMEIRA PARTE, por Ramon Lainho





Corría a primavera do ano 1940, ou senón de 1941. Era o día 22 de maio, festividade de Santa Rita, en Nebra. Non importaba moito o día, porque daquela había pouco traballo, non coma hoxe. E, polo tanto, os horarios daban máis xogho. Sen embargho, fose para traballar nas terras, coidaren dos animais, tamén calquera traballo por conta allea, ou por conta propia, anque se trasnoitase, había que estar activo pola mañán cedo para cumprir coas responsabilidades que tocasen.



Daquela, a xente camiñaba a pé a todas partes. Como consecuençia desta realidade, xuntábanse moços e moças que iban e viñan en ghrupo para distintos eventos soçiais.



Desde diversas aldeas da parroquia de Cures e, coa idea de acheghárense a esas festas de Nebra, formouse un ghrupo de trintetrés moços. Eran, prácticamente, dunha idade pareçida.



Por aquel entón, existía xa de antigho, unha tradiçión de rivalidade entre parroquias. Como unha de tantas, atopábanse nesa realidade, Cures e Nebra.



Aos de Cures, coneçianos como, “Os da ghata”. Diçir que quen traballou esa pedra, é posible que intentara façer unha leoa ou, quiçais un león.

 

E por outra banda, aos de Nebra, alcumábanos como “Os da vigha atravesada”. 



As rivalidades entre parroquias, eran de moços e maiores. Extendíase ás idades que tiñan coneçemento deste feito. Anque, maiormente, dábase entre o sexo masculino.



En cada ghrupo soçial, sexa cal for a materia da vida a tratar, sempre había quen destacaba polo seu carisma. É diçir, tiña madeira de líder.



Entre eles estaba Ramón da Xastra, do lughar de Hermo, na Ameán. El foi quen me contou esta historia. Naquel entón, cando suçedeu a aventura común destes trintetrés amighos, el rondaría os 18 ou, vinte anos. O resto dos compañeiros, serían do mesmo tempo cá el.



A día de hoxe, quiçais sexa un dos poucos superviventes do ghrupo ou, se cadra, o único. A casa dos da Xastra, xa leva tempo abandoada. Nela, naçeu Ramón e, viveu de solteiro. Tamén vivían súa nai, a señora Dorinda, súa irmán Pepa coa filla Maruja. Ademáis, súa irmán máis vella, Ramona, a cal sighueu vivindo aquí, ata máis tarde e, incluso de casada tamén viveu nela. 

 


Cando Ramona foise vivir co seu home á parte de Cariño (Cabo de Crus), seghuiron vivindo nela, a señora Dorinda, Pepa e súa filla Maruja. Despois, ao marcharen estas tres últimas para o Obre (Noia), a casa foi habitada por Moncho das Laíñas (curmán deles), xunto coa súa muller e dúas fillas. Pero, anos despois, este último matrimonio fixo unha casa nova perto do campo da festa, e a vivenda quedou deshabitada.
 
 


Ramón da Xastra, aínda tempo despois desta aventura do 22 de maio, día de santa Rita, cheghou a casar coa miña tía materna, Benigna de Esperança, quen xa non está entre nós. Ao casaren, foron vivir á casa da señora Ghenerosa, tía de Ramón, quen estaba solteira e sen fillos. Abaixo, Ramón da Xastra na casa alcumada como "Os de Ghenerosa". Está na coçiña cun prato de filloas na mesa e, hai lume no foghón, situado enriba da lareira.







Cuberto da casa, con portal, na que unha parte ten dobre folla.




Ghateira nunha esquina do portal, por onde entra e sae o ghato.



Cuberto, visto desde a fachada leste.  


Leña cortada e, arrombada para coller e botar ao lume cando fagha falta.


 
 Hórreo dos de Ghenerosa.

 

Conectando coa aventura, encontrábase na mesma parte da aldea, Françisco da Barreira.

 
 


Outro compañeiro máis, Xan Domincos de Queirugha, veçiño dos dous anteriores. Casa matrís dos de Queirugha, ao fondo con balcón, que posteriormente fixeran casa nova, un pouco distançiada desta.
 




Vitoriano de Felipe, amigho del que vivía un pouquiño máis arriba, no punto chamado A Ighlesia, na Ameán. 




Casa matrís dos de Felipe, 



xa que en fronte construíran unha nova vivenda. 

 


Pías de pedra que poden conter líquidos (xeralmente aghua) ou, sólidos. E cando se queira, combinan ámbolos dous, cheghando a ter varios usos. Se cadra para beberen e comeren os animais. Hai quen as empreghan de lavadeiros, para lavar a roupa, etç. 



Ese día ás sete (7) da tarde, os trinta e tres amighos ao completo, reuníronse no sitio acordado.



Pudera ser no camiño sacramental xunto a ighrexa,



no adro dela,  
  


se cadra, no recorrido da vía ou,



noutro punto semellante.



Vista do hórreo, en março do 2015, cando se lle estaba sacando terreo á rectoral para metelo máis adentro. En vida dos avós e, na xuventude de meus pais, durante as festas, puñan un palco de madeira adornado con mimosas, desde riba do adro hastra o muro da rectoral, atravesando en ponte o camiño, xa que está estaba máis fondo, podéndose pasar ben de pé, por debaixo do palco.
  






O hórreo, co terreo da horta mincuado, hoxe en día.



Polo lado suroeste da casa, está o "muíño do cura".

 

Cando xa estaban todos os moços xuntos, iniçiaron a marcha polo camiño sacramental que, vai monte a través, cara a Nebra. Este camiño que cheghaba hastra O Son, fora aberto e mantido polo andar das xeraçión pasadas.



Con eso, subiron por este vieiro, a carón da ighrexa. 



Pasaron á beira da casa de Felipe, e dos de Reperto, por este orde.



Soborpasaron a actual "Taberna de María", alcançando a paraxe de "Sovalo". Esta paraxe, começa exactamente, na esquina superior da "Ghranxa do Cura" (a rectoral), ata a altura da casa dos da Cañota, de Carboeiro. Despois, vén a paraxe "das Carballas".

 



Ao remate da contorna anterior, colleron pola paraxe de "A Pedreira". 

 
 


E, chegharon á altura de Cubelo.




Desde aquí, queda perto o Coto da Moureira.

 


Cubelo, visto ao fondo.

 
 


Foron baixando polo camiño, creo que aínda chamado, da Pedreira. Cada ano que pasa, o camiño vaise estreitando sobor de todo, polos toxos que van inçando e estendéndose máis. Anque tamén hai alghunha silveira, e uns que outros fieitos.

 
 
 


Non hai moitos anos, que por aquí pasaba Manolo de Cubelo montando o seu cabalo ou, a súa besta para ir botar a partida na taberna de María, da Ameán. Ou para despraçarse nela dun lado a outro. De paso, mantiña en uso estes camiños, chapodando os toxos para que non taparan os camiños.

 
 
 
 


Cançela artesanal, semellando máis ben un cerre, o cal pecha un aghro perto da entrada á aldea de Cubelo. 



Ponte nova sobor o río de Cubelo que antes da pista, non existía tal ponte. E, no seu sitio, había uns "pasos" (pedras soltas) cruçando o río para atravesar a xente e os animais. Podían pisarse eses "pasos", cando o río levaba pouco caudal. Porque coas enchentas, era dificultoso atravesalo. 




Unha cançela mellor feita que as descritas anteriormente. Río arriba, a non moitos metros, atópase o "muíño de riba" de Cubelo. Deste, son propietarios, a casa de Carmen e Chico, como tamén a casa de Manolo e, unha casa de Lidón. Esta última, tiña rolda polo verán, neste muíño de riba de Cubelo. E, viña moer nesta estaçión estival porque non lle levaba aghua o río de Lidón para moer alá. Logho, río abaixo, atópase o "muíño de baixo", propiedade únicamente da casa de Manolo de Cubelo.





Manolo de Cubelo, seghundo conta súa irmán Maruja, tamén limpaba os camiños e corredoiras, propios da aldea. Hoxe, cada ves máis en abandono, como na maioría dos lughares.





Nótase o empedrado que se vai tapando coa herba e as silveiras. Viñas deixadas, tanto enriba do camiño, como na beira del.





Diversidade de cançelos típicos de madeira,





e alghún outro de aluminio.






Pía onde, tradiçionalmente, bebían os animais. Todo, na casa do finado Manolo de Cubelo.




O ghrupo dos trintetrés, pasou polo medio de Covelo.



Vista da casa de Manolo.



Pío para beberen os animais.



Unha xesta seca, no "polrón" do portal, de cando se fai a celebraçión "do maio". Na foto, está Lola, irmán do defunto de Manolo. Ela e, miña nai, foron compañeiras de adolescençia andando ao mineral de wolfram, con arredor de 17 anos, nas minas de Moimenta. Xeralmente, formaban un ghrupo de seis compañeiras de distintas idades, anque en ocasións cheghaban a ser des amighas. Miña nai e Lola, con dezasete anos, traballaron na seghunda apertura das minas de Moimenta, arredor de 1954 ou, 1955. A elas dúas, con esta idade, non lles tocou traballar na primeira apertura de 1940 a 1945, aproximadamente, nas minas de wolfram de Moimenta. Eso non foi posible, xa que aínda eran unhas rapaçiñas. Diçir que na primeira apertura, foi cando apareçeron máis filóns de wolfram. 

Véxanse os postes de soporte da viña, feitos de pedra de mampostería.



Continuamos subindo,



e atopámonos coa casa de Carmen e Chico.



Sentados no banco, mentres falan con Lola da casa de baixo que, vimos antes na foto.



Unha boa viña que da sombra e, abrigha do calor. Este cuberto é onde os antighos propietarios, pais dos fillos xa faleçidos: Esperança (muller do defunto de meu tío materno Bernardino), Rosa e Manuel, ghardaban antighamente as ovellas e as crabas. Xa que hoxe, os últimos propietarios, Carmen e Chico, non as teñen.



Distintas perspectivas da casa e dos anexos.




Hórreo e asento da casa.



Diversos ánghulos da casa,




e do camiño sacramental que pasa ao seu carón. Neste espaçio, perto deste anexo da casa, (a cal foi modificada hai anos no seu aspecto orixinal, polos propietarios actuais, Carmen e Chico), é onde xoghaba de nena Esperança, filla dos primeiros propietarios. De pequena, coidaba das ovellas e as crabas, mentres paçían por este entorno de Cubelo.



Xa, cando era nai, contáballe aos seus fillos e ao home que había moitas covas. Como así é, debido a que se escañaran no seu día para sacar moito barro e façer os çiamentos do camiño sacramental. E, incluso para levantar as paredes das casas de Cubelo que se façían con barro e pedra.




Ela, pasaba moito medo, sobor de todo de pequena, coa cantidade de covas que había. Camiñaba moito, cos animais, monte arriba ou monte abaixo e, despois de volta para a casa. Tamén, de moça, sighueu axudando nas labores dos animais e da casa.



Este camiño, teno pateado moito, e incluso de xoven para despraçarse a outras aldeas e lughares, por outros motivos, xa que era a única vía de comunicaçión que había. Aparte de coller atallos e camiños de pés ou, de carro. Seghundo relatan os seus fillos, contáballes que andou moito por estes camiños, tanto cos animais, coma sen eles.



Casara con Bernardino, tío materno meu. Viviron uns anos na aldea da Silva, en Mieites. Xa que meu tío, de pequeno, levárono para a Silva, á casa dun irmán de meu avó Ramón, chamado José de Macanás. En concreto, a casa era o cuberto xa reformado que hoxe teñen os de Ambrosio. 
 


E, debeuse a que o irmán do avó e súa muller ¿Pepa? non tiveron fillos. Así que, co consentimento de meu avó Ramón, levaron ao tío Bernardino de pequeniño para herdar na casa daquela aldea. Este feito de levar a un pequeno ou, unha pequena á casa dun familiar para herdar, era moi común antighamente. Entón, cando xa era xoven, casou con Esperança de Cubelo. E, viviron alí na Silva, en Mieites, onde naçeron os catro fillos, dous homes e dúas mulleres. 
 


Entrada á casa dos de Ambrosio con dúas cabaças do Samaín (a de cor laranxa do chan, xa desfeita polo peso da súa propia estrutura) e, 



vista desa casa. 


 


Nun determinado momento de casado, fóronlle morrendo os tíos de Bernardino, cos que en boa parte se criou. E, quedaron na casa, eles e máilos fillos. El, naveghou un tempiño e pasou por varios sitios. Mais, cando o fillo máis vello tiña doçe anos,



tomaron el e a súa muller a penosa e triste deçisión de marcharen con toda a familia para Erandio-Bilbao, sitios que xa vira de embarcado. Para esto, fletaron un camión no que levaron tódolos seus enseres e animais.



No hay comentarios: