Retomando a historia, os trintetrés moços, ghabearon polo camiño sacramental, deixando Cubelo atrás. Situaçión do camiño, antes de pórme a limpalo.
Máis ou menos, o paso estaba en boa medida, intransitable.
Había puntos, en que as silveiras, toxos e ramallada, inundaban todo.
Postos
a querer apañar e abrir paso, fixo falta diversa ferramenta. Entre
elas, un fouçiño do monte, unha lima, pedra de afiar, forcado, machada,
paleta, sacho, forcada, pá, picocha e unhas luvas.
Este tramo, está empedrado pero tiña maleça.
O camiño foi estreitándose polas beiras, porque a pesares de apañalo, ten ghordura que tapa o empedrado.
Parte do camiño que começou chovendo pola tardiña no momento de adeçentalo e foi escureçendo. De ahí, estas fotos máis escuras, con algho de brétema.
Ao día seghuinte con mellor tempo, xa máis visible, mais con follas caídas e gharabullos, que fun sacando para ver mellor.
Nótese que o apañado, foi botado fóra dos muros, polo cal o tempo e a terra o absorberá como seu.
Alcançamos un sector do traxecto, o cal non está empedrado, pero había moita maleça, impenetrabale.
Incluso, tiña
árbores secas e caídas no medio do recorrido que houbo que cortalos coa
machada e apartalos, aplicando bastante enerxía. Ademáis, atopábase unha silveira enorme que enghadellaba a calquera e, era imposible traspasar.
Fora
por onde fora, estaba todo ateighado de arbustos, espiños, xestas,
toxos, silvas, etç. Cheghamos ao fin deste tramo que cruça a estrada.
Pero sighue aquí, sendo imposible continuar anque quixera, debido a que hai arcolitos, pinos, e maleça.
Daquela,
os moços proseghuiron a marcha polo camiño sacramental. Esta vía,
atopábase trillada pola xente e os animais. Atopábase como unha patena.
Realmente,
nos tempos de hoxe, boa parte deste camiño sacramental, foi tapado pola
pista asfaltada,
que empata co Coto da Moureira, onde se encontran os ciamentos dun castro, xa cataloghado. Mais sempre volven os toxos porque non hai un mantemento constante, nin está acotado nun determinado perímetro por medio de valado. Tamén se puxera unha placa metálica explicando a súa historia esquemática, pero a chuvia e o resto dos elementos xa a oxidou e desinteghrou.
E, logho vai todo pola estrada que,
se dirixe a Noçeda para despois, atravesala.
Na primeira foto, vista de Noçeda no centro. Vese algho da aldea de Balteiro na parte dereita e, unhas casas lonxanas á esquerda, pertençente á Ghraña.
Símbolo da rota do camiño sacramental, marcado na columna de entrada a unha propiedade.
Máis perto de Noçeda. Na primeira foto, a man dereita, vemos unha parte da aldea de Balteiro.
Fotos tiradas un ano despois desta última. E, tamén son do mesmo momento que a anterior a esta última.
NOTA: Nomes das casas de Noçeda, enfocadas desde diferentes perspectivas.
Casa dos "de Marçelina". (Vivenda que está situada nun alto vindo polo sur. Atópase a man esquerda do lavadeiro, antes de cruçar o río. Sóbese por un camiño á mesma man esquerda.)
Casa "de Armental". (Pasado o río, é a primeira construcçión a man esquerda, vindo desde o sur.)
Casa dos "do Ghaiteiro". (Encóntrase a man dereita desde o sur, despois de pasados varios cubertos.)
Casa dos "da Sapateira". Atópase ou está situada por detras da casa da Cantariña.
Unha casa nova, dun veçiño das Aldeas do Monte que construeu aquí en Noçeda. Esta nova vivenda, conóçese como a casa "do Cruçeiro", por estar preto do cruçeiro.
Vemos frecuentes estremas das propiedades, empreghando chantas tradiçionais de pedra.
Muros
de pedra, con columnas de pedra, façendo de entrada á leira. Ao fondo
das fotos, poden apreçiarse Noçeda e, na esquina esquerda, alghunha casa
da Ghraña.
Preto ou, perto do lughar de Noçeda.
Entón, alcançaron Noçeda. Vista da ponte e, do río.
Lavadeiro, e camiño a man esquerda para cheghar á casa dos de Marçelina.
Carmen
da casa dos "de Marçelina", irmán dos xa faleçidos, José e Germán. Vista desta casa, en Noçeda.
A
nai deles era Manuela do Borraxeiro, da aldea de Balteiro, casada en Noçeda.
Falando na actualidade con Carmen, empregha moito a expresión "hai que
estar a todo". Esto, significa que hai que façer de todo e asumir o que a
vida nos
traia, hastra que deixemos este mundo.
Lémbrome dela e de seu irmán Germán. Teño recordos deles, cando arredor da seghunda metade da década de 1980, e primeira metade dos 90, paraban na taberna. Antes de que houbera teléfono, tiñan apalabrado cun taxi, creo que de Boiro, para ilos buscar arriba, nuns determinados días da semana, ou se acaso, noutros períodos de tempo. Despois, cando se puxo o teléfono nas Aldeas do Monte, podían chamar cando lles fixera falta. E xa, no taxi, baixaban para façeren as compras a Boiro, ou a onde quixeran.
Outras veçes, para iren ao médico a Boiro, ao hospital a Santiagho, etç. Ao volveren no taxi, tiñan o costume de parar na taberna. Era frecuente que viñeran de tarde. O que non se libraban era de tomaren sobor de todo, alghunha çervexa. Anque, tamén podían optar por coñac, etç. E se cadra, inda compraban uns cantos víveres e, unha que outra reserva desas bebidas.
Eran moi boa xente e, moi respetuosos. Carmen era alta, delghada e correeira, cunha cor branca e osixenada. Posuía unha lonca e, voluminosa melena dourada e riçada. Diría que ao afro, mais natural. Tiña unha vos forte e transparente.
Seu irmán Germán, do idéntico tipo de vos, tamén era alto, delghado e correeiro. Da mesma cor de cara, e pelo curto de ton castaño, un pouquiño avermellado. En cambio, a José o irmán máis vello, penso que non o conoçín, xa que faleçera había anos. E de telo visto cando eu era pequeniño, non me dou conta del.
Entrada no lughar, topando coa casa "dos de Armental".
Por este camiño, atravesaron os trintetrés amighos, na aventura que nos ocupa.
É
moi frecuente que por este camiño, discurran ademáis de persoas a pé,
ghando, vehículos ..., tamén xente a cabalo. Véxanse esas ghrandes
chantas de pedra, façendo de paredón deste alpendre ou cuberto.
Vista da eira e, continuidade do camiño entre a aldea.
Punto, con cruçe de camiños.
Casa "do Ghaiteiro". Chantas façendo de parede, encastradas entre as pedras de mampostería.
Parte final das casas de Noçeda.
Hórreo dos do Ghregho.
Cuberto, posiblemente do Ghregho.
Un pino ou piñeiro, case no cruçe de camiños.
Ghrupo ou, morea de aves rapaçes.
Peto de ánimas, situado no cruçe de camiños que comunica Noçeda, Balteiro e a Ghraña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario