domingo, 7 de enero de 2018

O GHRUPO DOS TRINTETRÉS. TERÇEIRA PARTE, por Ramon Lainho


Continuaron ata a Ghraña.



Cabras paçendo.



Entrando na aldea da Ghraña.



Diversas partes do lughar. 



Muro aproveitando as chantas de pedra.



Pequeno río.



Casa do defunto do señor Antonio "O Nacho", con hórreo e alpendre (construcçión rústica con paredes e tellado ou só con tellado, usada fundamentalmente para ghardar o carro e os apeiros, leña, trastes e calquera tipo de ferramenta).




Cóntame Paco do Martelo, que é algho da familia da casa arriba mençionada. Cando el aínda era un rapás, vía como baixaban os cabalos salvaxes ata este curral do Nacho, para domalos. Di que viñan sendo os primeiros curros. 



Casa arruínada dunha velliña xa hai moitos anos finada, chamada a señora Ramona de Andrés. No val de Cures, por exemplo meus pais, tamén a conoçían pola señora Ramona de Xuliana. Seghundo di Paco, el sempre a lembrou así. Non sei diçir se se refire á velliña ou, á vivenda xa caída. Logho mençionaremos algho sobor dela.



Casa nova, levantada reformando a vella, con hórreos e pendello de Joaquín da Ghraña. Orixinalmente, esta vivenda conoçíase e todavía se conoçe polo nome do seu pai: "casa do señor Antonio da Ghraña." (Paco do Martelo criouse de pequeno na Ghraña, e tamén é curman de Joaquín. Esta verba, pendello, é sinónimo de alboio, alpendre e cuberto.) 



O pendello vén sendo unha construcçión, normalmente peghada á casa labregha, polo xeral só cuberta polo tellado, que serve de almaçén para ghardar a leña, o carro, as ferramentas de traballo e outros utensilios.  



Narra Paco que, o hórreo novo do seu curmán Joaquín, saeu de Queiro, aldea da parroquia de Nebra. E "marcoullo" o finado do pai de Paco porque quen llo montou non sabía. Pareçe doado mais non o é.  




Camiño sacramental polo medio da aldea, hoxe en día parte del está con asfalto.



A casa da señora Ramona de Andrés. Relátame Paco do Martelo, que esta velliña tiña moitas cabras e ovellas. E cando perdía alghunha, andaba polo monte a chamalas porque tíñalle nome a todas e, non tiña menos de 200 (duasçentas). Ao final, foi morrer á casa da avoa del, (a cal era da familia), na aldea de Resua, da parroquia de Nebra. 
 


A casa está arruinada, sen tellado, sen porta, nin xanelas e con silveiras, árbores etç., no seu interior. 



O oco da porta non ten soleira. 
 



A cubriçión é de pedra.




Nos lados están os canteiros, tamén conoçidos como machóns ou ucheiras. Son as columnas onde vai encaixada a porta exterior, e/ou as interiores da vivenda. Anque tamén poden ser da porta do forno e das xanelas. Neste caso, son de pedra.



Nota: As ucheiras das portas das casas, xeralmente a da entrada, podía ser usada cando "había présa" para afiar un coitelo, fouçiño etç. Anque, tamén podían façer uso do esperón, o cal era o máis común, pois afiaba mellor e corrixía o fío.



Adentrámonos por curiosidade, por este camiño de carro para ir a outras casas da aldea.



Cuberto ou alpendre dos do Nacho,



coa casa ao fondo.



Proseghuimos e, a man dereita atopamos, seghundo me informaron, un pendello (cuberto, alpendre ou alboio) para ghardar a leña dos de Florençia, coas cortes e a súa casa vella tapada ao fondo.




Pendello da leña e, porta para entrar posiblemente ás cortes dos animais.



Tellado do cuberto ou pendello e das cortes.



Outra porta, posiblemente para as cortes do ghando. A porta é de chapa.



A casa vella de Florençia ao fondo.



Porta de madeira de dobre folla, da referida casa.



Distintas partes da fachada frontal.



Horiçontes da chan, arredor da aldea.



Hórreo de cantería dos de Florençia e,




pinche sur desta casa.



Fachada sur da casa do Nacho, con hórreo de cantería.



Parte do peche arredor desta última casa, de muro de pedra, con postes de pedra, intercalados con chantóns de madeira e rede.



Vistas do hórreo do Nacho.



Posibles terras de cultivo, hoxe abandoadas que teñen muros marcando as súas estremas. E, hórreos, cubertos e casas. O hórreo da terçeira foto de abaixo coa porta de chapa, como dixemos no seu momento, é dos de Florençia.



Distintas perspectivas dese hórreo.



Camiño de pés que,




vai por detrás da casa de Florençia, situada na foto á dereita.



Seghuindo este camiño, vemos na esquerda da foto, pendellos ou cubertos de Joaquín da Ghraña. Continuando, encaramos co camiño de carro (hoxe metade asfaltado) que pasa polo medio da aldea.



Este cuberto ou pendello con uralita, no medio da fronte da foto, é de Joaquín da Ghraña, onde antes ghardaban os chamiços e hoxe en día, a leña.





Pinche sur deste pendello anterior.



O outro alboio, alpendre, cuberto ou pendello, de Joaquín. Está perto do anterior como vimos antes, na mesma situaçión a carón do camiño de carro. Ten alghunhas tellas do país sobor da uralita.
 


Diferentes perspectivas desta construçión.



Muros en pé, do curral de Joaquín da Ghraña.




Boqueira ou entrada ao curro, con "cançela" improvisada.



Vista da fachada suroeste da casa dos de Florençia, na esquina dereita da foto. Ten dous hórreos do que non sei os seus propietarios, situados no pinche norde desta vivenda. Neste intre, na foto, só se ve un deles.



Pinche norde da casa de Florençia, con parte máis baixa de cuberto (pendello, alpendre, alboio) e cortes. O alpendre de baixo, con tellas do país, é do Nacho.



Alpendre do Nacho, co pinche norde da súa casa.  



Os dous hórreos son de mampostería. Este tipo de construcçións son definidos como os hórreos máis auténticos e rústicos do tipo atlántico feitos en pedra. Son de cachote (pedras irreghulares sen tallar). Un deles está case sen tellado e, outro xa sen el.
 


Desconoço a pertença de ámbolos dous. Neste primeiro, ten os pés redondos, coas capas redondas.



En cambio os pés destoutro, son rectanghulares. E, as capas tamén son rectanghulares. Véxanse as diferençias dos pés, mailas capas, destes dous hórreos.






Perspectiva da casa de Florençia, fronte á do Nacho.





Diferentes ánghulos dos hórreos de mampostería anteriores.




De volta, sobor os meus pasos, polo camiño de carro. Casa do Nacho co alpendre ou cuberto, peghada a ela.




Novo enfoque da casa de Florençia, coas cortes dos animais e o pendello da leña.





Obsérvese a forma de asentar as pedras nas paredes dos hórreos, das casas, cubertos etç., tradiçionalmente de mampostería, aínda conservadas e, en pé por aquí.



Saíndo. Nótense as construçións de vivendas e hórreos máis tardíos, que son de cantería.




Un ghato no "canteiro" (ucheira ou machón) da porta da casa da señora Ramona de Andrés. Esta vivenda leva xa moitas décadas arruinada.



Retomamos o camiño sacramental, polo que seghuramente pasaron o ghrupo dos trintetrés amighos, no 22 de maio de 1940 ou, 1941.



Case rematando o camiño sacramental para saír da aldea, vemos desde este punto, a man esquerda, un dos alboios, cubertos, alpendres ou pendellos de Joaquín da Ghraña. Xa fora descrito anteriormente, do cal indicábamos que tiña alghunha tella do país por riba da uralita.



Deseghuido, topámonos con estoutro cuberto. Contoume Paco do Martelo, que era unha corte e ten a parede caída na man do camiño. Lémbraa así toda a vida.



Dirixímonos con rumbo noroeste á "Chan do Iroite".



Muro típicos na beira do camiño, delimitando propiedades e inda en pé. 



Estes cubertos ou pendellos reformados, situados á entrada da aldea se vimos desde a serra, é diçir, polo noroeste, son dos de Florençia. Como tamén é desta familia, a casa nova de cemento que se ve no alto.






Vista ao fondo no alto, da casa de Florençia, tamén conoçida como a de Estrella.



Xa case no tramo final, saíndo do lughar.



Véxase unha aberturas tapadas dunha antigha xanela, coa cubriçión (travesa de riba). Os machóns, canteiros, ou ucheiras (columnas de ámbolos lados) e, a soleira (pedra ghrande façendo de base). 

NOTA: Estes termos, tamén se empreghan xeralmente para as portas das casas, exteriores e interiores. E tamén para a porta do forno.



Saída, con direcçión noroeste.



A partir de aquí, xa remataba o camiño sacramental e, empeçaba un camiño de pés ou alghún outro máis, seghundo por onde fose trillando a xente.



Vista ao lado da casa que deixamos atrás,



enfocando tamén ao cadrante suroeste, onde hai un cerrado peche con bastantes cabeças de ghando.



Outra entrada á aldea (desconeço se a había naqueles tempos), a cal vai dar a un camiño de propiedade privada.



Casa dos de Florençia ou de Estrella, con muro de pedra.




Moreas de pedras para murar e, obrar. 
 



Parte da Ghraña, ao fondo.



Xa fóra da aldea, os trintetrés compañeiros seghuiron un camiño de pés, en sentido a Calo, Nebra.



Rabaño de ovellas.



Mámoa "A Casota do Páramo".

 


 Camiño de carro, polo que se ve, aínda está en uso.



Distintas direcçións potençiais e, sendeiros ou camiños de pés naturais, por onde puderan ter cruçado os protaghonistas da historia.



Cabalos "barbançons" ao fondo.



Manada de cabalos da raça desta serra, ighual que a anterior.



Xúntanse en varios ghrupos, seghundo o alimento que vaian atopando.



Chantas antighas, dividindo propiedades. E hoxe, tamén chantóns con arames para acotar terreos e, impedir que o ghando fuxa para onde non debe.



O ghrupo de amighos, começou desçendendo coa fin de alcançar Calo, aldea da parroquia de Nebra.



Para esto, baixaron por Xamiñón. (Vista desta paraxe, "xa desde Calo, parroquia de Nebra.")
 



No hay comentarios: