BEIRARRÚA EN OUSOÑO, NOIA, onde se expoñen apeiros restaurados
(Diversos arados de ferro / Pote a carón, sen parte de riba)
(Sachadoras de ferro con alghún pequeno compoñente de madeira)
(Sachadoras de ferro cunha parte importante de peças de madeira)
(Máis sachadoras)
(Pote sen testo / Bañeira de latón)
(Carro orixinario da Fialla, Noia, e restaurado en Ousoño, aldea veçiña / Xugho de cancallas, con apiadoiro=apeoghón de cadeas / Timoeiro de coiro por detrás da chavella)
(Recadén, ou parte de atrás do carro / Chavellón unido por un ghancho)
(Carro enteiro cos seus des fumeiros / Eixe e xintoiras vistas desde atrás)
(Eixe, xintoiras e coucóns "ou madeiras de reforço dos laterais do carro, vistos desde diante / Placa de matrícula do carro, que non teño visto en nincún carro dedicado a labores aghrícolas da parroquia de Cures e aldeas limítrofes. Posiblemente, en concreto, este fora un carro carreteiro, adicado a carretar por tódolos lughares, e por ende como alghúns da mesma profesión, xa desapareçidos da contorna, acheghándose e entrando nas vilas para levar a cargha.)
(Roda no carro / Roda sostendo un televisor)
(Ghradisela dunha máquina de coser, que aghuanta dunha roda, façendo de estante. Entre ela vemos unha bañeira de latón.)
(Bicicleta antigha.)
(Cabeceira de cama de ferro, convertida en respaldo dun banco de madeira.)
(Outra cabeçeira de ferro, pero de xeito circular para respaldo de banco.)
(Arado de ferro, con roda dianteira.
Leva incorporado dous mandos, un para calibrar o volteado da terra e
outro para medir o fondo de labrado.)
(Outro carro con fumeiros e un pote enriba.)
(Xugho de cancallas, con apiadoiro=apeoghón, ou apioghón de cadeas que une as cancallas interiores.)
(Timoeiro de corda e cadeas ghordas que une o xugho coa cabeçeira e vai por detrás de chavella. Tamén se ven as apioghas=pioghas, ou apiadoiras que neste caso son de corda, de cor verde crara.)
(Parte dianteira do carro.)
(Baixo do carro, co eixe e resto de peças.)
(O pote)
(Xintoiras, freos, torno, coucóns, etc.)
(Lamias das rodas e
parte interior dela.)
(Recadén do carro,
cunha cadea enghanchada ao arado de ferro.)
(A filla tirándolle unha foto ao carro, co pote.)
(Parte posterior das cabeçeiras de ferro e
os bancos de sentarse.)
(Carballeiras,
soutos, pinares e arboredas deste lughar.)
(Serra distante, ao fondo.)
(Outro pote,
amarrado a un moble que
ten a máquina de coser enriba dela.)
(Porta aberta do moble, con debuxos en releve en ámbalas beiras superiores, cunha asa no centro da porta.)
(Pedal e roda
que fai traballar a máquina de coser.)
(Caixa para utensilios de coser e ferramenta da máquina.)
(O moble completo,
no que se apreçia claramente a máquina incrustada na parte superior.)
(Máis potes e
cabeçeiras de cama
con bancos de madeira.)
(Outro obxecto de metal á esquerda do
banco que podería ser a carcasa dun maceteiro, dun paraghueiro, ou de calquera
outra cousa.)
(Máis cabeçeiras de camas de ferro,
por diante da bicicleta.)
NOIA, POLO PASEO CAMIÑO Á PALLAGHUEIRA
(Vista ó fondo do Freixo, Roo, Bendimón ..., da outra beira da ría / Seghuindo a ruta / Mariñeiro na ghamela botando o risón, ou se cadra nasas)
(Barandas como peitoril / Leiras de millo, brañas, e parte de terra convertida en camposo do paseo)
(Vimbieiros ó fondo / Terras de cultivo detrás)
(Vista do Obre, A Chaínça, pertençentes a Noia / Foto dereita, é posible que sexa o lughar de A Pallaghueira)
(Vexetaçión de beiramar / Viñas diante da casa, seghundo tradiçión popular)
(Vista ó fondo da entrada da "casa da Pallaghueira", de Luis Perez 'O Cascallar', Theresa Jahnke, e Antonia Perez)
(Ollando ó patio da casa desde a ponte paralela de madeira sobre a aghua)
(Carro cos fumeiros, visto por detrás / Arado de rabelas co temón de madeira para enghanchar ó xugho. Está aghuantado nun chavellón con ghallas)
(Á esquerda, un torno en primeiro plano, xunto co eixe, cantadeiras ("tacos"), e por debaixo as xintoiras de ferro / Xugho de cancallas con timoeiro de vara retorçida. Ten apioghas de corda. A chavella non a ten en vertical como a maioría por aquí, senón en horiçontal. Aghuántase nun chavellón con ghallas.)
(Chavellón / Emblemas persoais, ou tradiçionais)
(Sementadora de ferro, con cubeta, e roda de atrás en llanta, onde unha pestana lle limpaba a terra)
(Mando para reghular o apeiro, e aro para amarrar nel unha corda, cadea, ..., e unila ó ghando / Rolo con ocos no interior da cubeta, que colle o ghran, e bótaos á terra)
(Arado de rabelas con temón de madeira, que neste caso ten unha chavella no seu extremo superior para enghanchar o xugho. O temón está sostido sobre un chavellón de ghallas)
(Apeiro anterior de perfil)
(Sementadora de ferro, cunha serie de mandos, entre eles a rosca interior da cubeta que reghula a caída do ghran na terra)
(Sachadora enfeitada cun xerrón de flores enriba dela)
(Sachadora en distintos ángulos. Ten dous mandos, un serve para anchear, ou estreitar a sachadora, e o outro para afondar, ou erghuelos sachos)
No hay comentarios:
Publicar un comentario