viernes, 6 de abril de 2012

CUBERTOS, APEIROS, E ALDEAS, 10.ª PARTE, por Ramón Laíño



O CAMPIÑO, POBRA DO CARAMIÑAL
(Françisco de Lamelas, coas vacas pola corda a paçer / Morea de xuncos, moi frecuente por estes lughares para estrar as cortes. Seghundo me contou esta persoa, ten a mesma fin que o batume do monte que se empregha pola nosa redonda.)


(Este xunco apáñase nas xunqueiras do Campiño da Pobra do Caramiñal, tamén en Bretal e as Saíñas, ámbolos dous en Ribeira, ..., e lughares semellantes encharcados de aghua. / Moreas de esterco para estender e estercar a leira, coa fin de labrala para sementar o que corresponda.


(Horreo, e cuberto con palla para alimentar o ghando, cabalos, ... Os sacos pareçen conter piñas secas por mor de prender lume na lareira, coçiñas de ferro, ...)
 


A CUROTA

(Fotos de vacas, e cabalos do monte na Curota, cedidas por Xoan Carlos "O Cachopo", de Comoxo)


(Vaquiña brava cun corno só, ollando atentamente entre outeiros prateados que naçen da terra, rodeados de verde herba, e toxo. No fondo, horiçonte de atardeçer en penumbra)

(Poldros, ou cabaliños xóvenes intentando paçer)


(Poldriño coa súa posible nai. Ó fondo aldeas do lughar de Olveira, coas súas dunas e praia)


BARRAÑA – PRAIA XARDÍN
(Carro exposto no terreo do camping)


GHRANXA DE ESCURÍS - ESPIÑEIRA

Carro 1(Comprado por Escurís. Orixe non confirmada)
(Rodas, taboado, chavellón, xintoiras, eixe, torno)

(Recadén ou parte de atrás, e taboado)

Carro 2 (Tamén comprado por Escurís. Sen confirmar a orixe)
(Carro enteiro / Xintoiras e eixe)

(Chavellón, cabeçalla, eixe, coucóns, ...)

No hay comentarios: