viernes, 8 de febrero de 2013

BOTAR, OU POÑER PATACAS DE ÇEDO, por Ramón Laíño


A pataca que en diversos sítios chaman baloca (parroquia de Nebra, aldea de Calo, O Son), xunto co millo e o viño son os produtos mais destacados e salientables do noso entorno. Os dous primeiros viñeron da América no século XVI. A pataca veu substituir á castaña (coneçida como "pan de madeira"), pois esta última usábase como inghrediente nas comidas. 


Entre nós, a época para poñer as patacas de çedo pode ser mesmo em xaneiro, ou fevreiro. Por outra banda, as patacas de tarde bótanse arredor da semana de San Xose, do 19 março, mentres ainda hai lento (humidade) na terra. As herdades onde se sementan, tanto as patacas de çedo como as de tarde, pode ser debaixo da viña, ou na leira.    


Noutros sítios ou territórios con lugares pantanosos, as patacas de tarde bótanas en abril ou maio, porque a terra conserva a humidade em pleno veran.


FASES DO SEMENTADO DAS PATACAS:

1.º Como paso prévio hai que estercar o terreo, sexa na viña, ou na leira. Se polo que fora non se pudo estercar com tempo, podemos façelo no intre de botar as patacas.


2.º Picar ou cortar as patacas en cachos. Cada um destes anacos despois de cortados, non se estonan (non se lle saca a tona), e debe ter como mínimo un ollo. É bo que no ollo lle teña saído sinal do ghomo. 


Se as patacas da semente son pequenas, entón bótanse enteiras, xa non fai falta cortalas.  


Hai que aseghurarse que o ghomo non estea moi aplastado ou enquistado, xa que se non tem pinta de inçar (querer saír, medrar), desbótase, pois non naçerá. Se o ollo ten ghomo pequeniño, pero está vivo, e quere vir para riba, pódese botar / poñer xa que sairá de debaixo da terra anque tarde algho mais. 


No suposto de que o ghomo sexa moi longo ou extenso, non se aconsella botar a pataca (sementala), posto que cando toque sachalas, vai ser difícil saber onde está, e podemos estraghala, ou cortala co sacho.


Cabe indicar que se o anaco ou cacho de pataca ten mais dun ollo com ghomos visibles e saíntes, terá mais possibilidades de naçer e reproduçirse.   



3.º Abrir o regho.

Hai que diçir que, neste caso, como non se lle fixo xeito con anterioridade para estercar a viña, entón façémolo aghora sobre a marcha. O fertiliçante que temos no valde é esterco xa entalado (endureçido) de ghalos, e ghaliñas. Vaise partindo e desfaçendo, e de paso espállase sobre o chan. 


Imos cavando, chantando coa lighoña. En cada recollida, volteamos o contido ao fondo do cavado. Ao xirar a leghoña, a herba que vai de cabeça ao fondo do regho, e as raíçes quedan patas arriba. Deste xeito, seghuimos por sistema ata abrir um suco na viña.


De entrada, se antes de abrir o regho, houbera moito terrón, ou herba a carón do arró, ou arredor, hai xente que usa a técnica da seghuinte fase de ripado (destripar terróns, herbas, ..., e a códea superficial da terra) coa punta da lighoña / leghoña. Este destripado vano botando ao longo do fondo do regho, coa herba para baixo, e as raíçes para riba, segundo se vai abrindo. 

4.º Ripar.

A carón do regho aberto na fase 3.º, ripamos no sentido de avançe, e cada parte que se ripa bótase ao fondo dese suco. 


5.º Poñer as patacas.

Póñense as patacas na ripada (parte destripada e raspada). Van postas no mesmo sentido do regho, e deixando unha pequena distançia entre cada cacho de patacas da semente.   


6.º Volvemos abrir regho.

Ao abrir este seghundo regho, tapamos as patacas sementadas, e fórmanse dous lombos de terra volteada, semellantes a duas ondas. Neste momento loghramos a primeira “mesada” (lombos xuntos de terra volteada)


7.º Ripamos de novo.


8.º Poñemos máis patacas.


Estercamos a terra, porque non se lle "fixo mentes" (non houbo oportunidade, ou non se dispuxeron) de façelo antes.


Abrimos un novo regho, e tapamos as patacas. 


Ao ripar, tamén podemos botar ao fondo do regho, restos de patacas pasadas, froitas, leghumes, hortaliças, tonas, ... Incluso sobrantes de comidas, ... 


Vólvense repetir todas as fases anteriores, ata acabar de poñer as patacas que temos, se é que non cheghamos antes ao final do terreo.

Imos avançando, e case cheghando ao seu fin. De paso, aproveitamos para tapar alghún ghomo de anaco de pataca, ou o seu corpo que queda ao descuberto por riba da terra.


Sen esquençer de estercar a terra, coa diferente materia natural que teñamos a man. Neste caso excrementos de ghaliñas, e ghalos.


Tal como se ve, na viña cávase coa lighoña / leghoña ou leghón. Así mesmo, en leiras pequenas, tense traballado ighualmente coa lighoña. 


 Cavando con coidado ao arredor / ao redor da cepa, para non tocarlle as raíçes. 


En terreos pequenos non compensaba meter o ghando, e o arado, xa que non se remexían (desenvolvían) ben. Noutros casos onde sí había sitio, seghuían co leghón porque non dispuñan de animais de tiro na casa. 
 


Miña nai arrincando de raís unha barbada que estorba porque está moi perto da çepa, e servirá para transplantar nunha parte da viña, ou noutra calquera que fagha falta.  
 


Barbada: vidra que desçende do baçelo, pero que enraiçou e medrou. Co tempo pasará a converterse en çepa.

Baçelo: Vidra cortada e plantada na terra coa fin de que enraíçe e medre un pouco para ser barbada.



Poñendo as patacas prácticamente na derradeira ripada.  


Rematamos a botadura, ou posta das patacas. A viña xa está coa terra volteada, e as mesadas feitas.
 
 


Polo que se refire ao estercado das leiras, ou doutro tipo de herdades, vale calquera esterco independemente da súa orixe. 
De tódolos xeitos, di alghunha persoa maior que para botar o çebolo é mellor o esterco de porco que o de vaca. 



Botando, ou poñendo coles na leira das Chonas, logho de tela estercada.


O esterco pode ser materia:

- do ghando (vacas), de bestas, dos porcos, ghaliñas, ovellas, coellos, ...

 


- restos de patacas pasadas, froitas, leghumes, hortaliças, tonas, sobrantes de comidas, ...   
 


- a borralla é un extra que de habela, podemos espallala por riba do terreo para axudar, pero soa non basta.


Se botamos as patacas na leira, hai que preparar o respectivo “enghanche” para o arado coa fin de “levantar o regho”. Ese enghanche faise coa lighoña na testa da finca. É diçir, cavamos mais fondo porque non hai viña, nin raíçes. De seghuido, nesa cova aberta pola leghoña, “enghancha” o arado para ir “levantando (abrindo) regho", e de paso a xente vai camiñando detrás poñendo as patacas. Esto repítese ata rematar a leira, ou as patacas. 
 


Comunmente, nas leiras de termo médio, ou amplas, antano usaban a escarpadeira para escarpar os terróns.



En épocas anteriores á escarpadeira, pareçe que escarparian os terróns co arado de pau. 



En troques, cando a leira era pequena, non cabían os animais coa escarpadora, nin na fase posterior, co arado. Por iso, en fincas de pequenas dimensión, façíase todo coa lighoña: abrir regho, ripar (escarpar), despois botar as patacas á man. 


Ao inçar para riba o ghomo de debaixo da terra, as plantas saían á lus, sendo xa visibles. Nesta etapa toca sachar as patacas, empreghando para esto o sacho, e se fai falta tamén se mondan (arríncanse) as herbas para que non lle resten alimento, lus e osíxeno.


Aproveitando que estaba alí o ghando e maila xente, 



púñanse os animais ao arado, e ripábase um regho co arado de rabelas, erghuéndoo, ou baixándoo, seghundo fixera falta. 
 


Despois coteábanse os terróns coa lighoña porque había que amañalos.


Acto seghuido púñase unha ringleira de patacas no ripado. Posteriormente abríase o enghanche e “levantábase regho”, hasta a outra testa da leira. 

Co arado de rabelas era o mesmo sistema cá lighoña. Pero co arado de rodas, e tamén cando veu o tractor con arado, abrían regho e façían a mesada a um tempo, sem necessidade de ripar, e cobríndose por si soas com terra as patacas, e así ate rematar a leira. Detrás a xente iba poñendo as patacas.  
 
 

Pouco a pouco na aldea, a prinçipios da década dos setenta foron apareçendo os primeiros tractores que afondaban mais os reghos. Eran de pequeno tamaño, adaptados ás medidas fragmentadas das nosas propiedades.


Antighamente as patacas da casa reservábanse dun ano para outro, e valían para sementar. Sem embargho, em cada anada collíase pouca cantidade, o cal podia deberse a que só se "acomeraba" a terra com esterco dos animais. Esto, aínda se empregha hoxe en día, pero non tiña apoio a maiores dos fertiliçantes minerais actuais.     


Cando se puñan as patacas nas leiras, ademais das causas explicadas anteriormente, dábase o feito de que os arados tirados por animais non afondaban o bastante na terra para que as raíçes dos frutos puderan buscar o lento (a humidade) do chan, nin agharraban ben.  


Co paso do tempo começaron a aparecer na nossa aldea a finais dos anos 50, primeiros dos 60, o millo, e as patacas precintadas. Esta semente comprada era mais rentable e produtiva cás da casa, e a xente deçideu adquirilas. Entre as patacas había varias castes como a Gherla, Baracca, Kennedy, Dessireé, e outras variedades. 


A marca Gherla bótana no primeiro ano, pero no seghundo xa non naçe, e hai que comprar a semente de novo por ser mais rentable.

A Baracca, a Kennedy e a Dessireé valen para sementar no seghundo ano pero fallan moitas, por eso se compran de novo despois do primeiro ano.

Todas estas variedades, en xeral, teñen um bo sabor. Por características físicas e visuais das patacas, podemos destacar alghunhas diferençias. Por exemplo a caste Gherla é amarela e as restantes son brancas. A clase Baracca é fariñenta e desfaise antes cás outras. 


COIDADO DAS PATACAS
 
Despois dun tempo de ter postas as patacas da semente, e denantes do xurdimento da planta fóra da terra, é momento de botarlle mineral de nitramón para axudar na súa medra e alimento. Sácase un pouco do saco coas mesmas mans, con ou sen luvas, e bótase para un caldeiro. Logho, vaise espallando coa man por todos os cuadrantes da leira, ...

Mentres sighuen sen saíren para riba as plantas da pataca, cotéanse (achándanse) co ensiño as mesadas ou lombos de terra na leira. Máis tarde veu un equivalente deste apeiro como é o rastrillo.
Cando xa naçeron, e están visibles, sáchanse cun sacho, e de paso móndanse as herbas para evitarlle competidores daniños. Dependendo do tempo e o estado das plantas das patacas, solfátanse polo menos unha ves na tempada para frear as pestes e bichos. 


As plantas das patacas xa saíron frescas e novas, aproveitando o lento (a humidade) que ten a terra despois deste tempo chuvioso. 



E cada pouco tempo van medrando, ata cando chegue o momento de que estean loghradas.


Dependendo cando "sequen as patacas" (maduren), xa se poderían "apañar". Tanto as patacas de çedo botadas en xaneiro-fevreiro, como as de tarde postas na semana de San Xosé, día 19 de março, todas elas prácticamente soen apañarse no mesmo mes entre xullo-aghosto.

Nos nosos lughares, as patacas "apañábanse á lighoña". Este era o xeito máis estendido, e fiable para non quedar tapadas debaixo da terra. Alén diso, os nosos maiores teñen ouvido que por "ahí adiante" noutras terras, tense visto alghún caso de xente que as levantaba co arado. 



Hoxe en día, moita xente aínda sighue "apañando á lighoña", pero xa se ve alghún matraquillo de man levantando as patacas. 

Mentres apañamos as patacas, úsanse os buçeiros (pequenos cestos con aro, ou sen el) para botaren as patacas, e desdes van aos sacos.



No que afecta ao millo, as raíçes quedaban moito na superfície, sendo dobrado polo vento, e queimado pola seca. Non collían ben a humidade do fondo, e estaban mal enraiçados. Por moito que se reghase o millo no verán, en roldas asignadas de día ou de noite, moita xente pensa que o limo, alimento ou propriedades minerais da terra era varrido pola aghua da regha. Por eso tamén había pouca producçión de millo.
 


En tempos pasados a atmosfera era mais limpa que na actualidade e con menos praghas. Cando xurdía alghún infortunio deste tipo, a xente non dispuña de medios para contrarrestala.

Sem embargho, no mundo económico deste último século, e do presente, co xurdir de mais posibilidades, a xente começou a ver como se xeraba un circulo vicioso sem escrúpulos. Começou a desconfiar de que moitos laboratórios e industrias químicas, reproduçían as praghas para logho vender os seus produtos.

No hay comentarios: