lunes, 18 de febrero de 2013

BUSCAR VARAS E GHUIEIROS Á TUXEIRA, por Ramón Laíño


Logho da poda, vem a época de amadeirar as viñas, é diçir, cambiarlle ghuieiros que estean podres, por outros novos, así como varas e canas. Ao mesmo tempo toca abater os labores o cal consiste em baixalos enriba da viña onde lle cadre (arame, ghuieiro, vara, cana, ...) e amarralos a estes cun vimbio.
 
Para todo esto precisamos ir buscar ghuieiros e varas á tuxeira. Xa noutro momento fomos buscar canas ao canabal.

Cheghamos á unha das nosas tuxeiras chamada "Tuxeira de enriba da Fonteviñal". Aquí buscamos arcolitos ou pinos dun ghrosor aproximado para ghuieiros, e outras máis delghadas para varas. Levamos con nós a machada, anque como é obvio hoxe en día imos tamén cunha motoserra.
 


Cortando un arcolito e botándoo abaixo.
 


Posteriormente, pomos a carón del unha cana que ten a medida do ancho da viña para cortalo por ahí, seghundo as partes que dea. E deseghuido desponlamos (cortámoslle as ponlas) a cada toro (parte sen as raíçes, nin as ponlas).


Rematando de cortar cada parte coa medida da cana que traemos como referençia do ancho da viña.


Se a punta, ou parte final da árbore (arcolito, ou pino) vale para a viña, entón despónlase toda.
 


Arrombando os ghuieiros e varas no tractor.


Levando máis varas e ghuieiros para botar ao carro do tractor.


Xa rematamos a corta e o arrombado. No fondo do carro van alghúns paus para leña que enxugharán (secarán) ao aire livre nun camposo, medeiro ou leira para despois arderen ou queimaren no lume. 


Poñendo o enghanche do cabestro nun torno do carro para amarrar a cargha. Arrodeando o cabestro por baixo e por riba do carro.


Turrando do cabestro para axustalo ben.

Coutándoo (atándoo) nun torno de atrás do carro.


Botando o resto do cabestro enriba da cargha, xunto cos utensilios que empreghamos na corta. Arrincamos e botamos a andar polo camiño con direcçión ata a viña. 


En pleno recorrido do camiño vemos a Maruja de tía Secundina que é curmán de meus pais e está botando as patacas.


Reghueiro da fonte do Boliño que vai a carón da testa ou cabeçeira da horta onde os de Xan acostuman botar leghumbres e hortaliças). Este tipo de horta chámase "tallo".


Cheghamos á nosa viña e leira do Boliño. Xa están as canas estonadas (sacarlle a folla) para amadeirar a viña.

Vemos vidras da poda da viña, mesturadas con ponlas de pino, con picaños aínda verdes, e tamén follas e ponlas de arcolito.


Tamén hai varas de pino estonadas, con alghunha de arcolito polo medio, e postas de pé xunto á "rilleira" da viña para que enxughuen (sequen) mellor.


Aparcamos na leira, xunto á viña, e meu pai disponse a desenghanchar o cabestro.


Afrouxando enghanche do cabestro nun torno. Outras moreas de vidras da poda para queimar noutro momento.


Descarghando a madeira do carro na leira.


Limpando terra e cascas do chan do carro, cunha manchea de follas de canas ao xeito dunha xesta provisional. Tamén se aproveitou para traer paus pequenos que cando enxughuen, cortaranse, fenderanse e irán como leña para o lume.


"Encartando", ou "envolvendo" o cabestro en braçadas.
 


Collendo a laçada do extremo, e dándolle a volta na parte superior.
 


Con esto feito, queda o cabestro encartado, ou envolto, e atado.


Ponse na cabeçeira do carro, e levamos o tractor para o cuberto da casa.


Amadeirando e abatendo na viña do Boliño. Ao fondo, unha persoa da casa (meu irmán Antonio) que aghora xa non está nela, e como di o refrán: "cando hai xente de fóra, hai que axudarse dela".


Para encabeçar a viña, pomos as canas cortando o sentido do arame da rilleira na parte estreita da viña.


Estas canas deben quedar suxeitas ao arame polo que collemos un vimbio e enghachamos as dúas unidades: canas e arame. 


Ao dobrar deica abaixo as dúas metades do vimbio, suxeitamos a parte máis delghada e enrolamos a ghrosa sobre aquela.


Con dúas voltas sen seren moi xuntas, viramos para riba a punta ghrosa buscando aghuante da cana ou do arame onde cadre mellor. 


Amadeirando se fixera falta (pondo / poñendo ghuieiros novos, varas novas e canas novas). Cando estes soportes están en bo estado, non se cambian.


O que si se fai é abater (baixar os labores, e amarralos con vimbios) por toda a viña.


Así queda ao remate.

No hay comentarios: