O
beber sen comer é unha desghraçia.
O
vello de vello, niñés.
Aghosto
pasou e que mallou, mallou.
(É
o mes máis caloroso do ano. A malla do trigho acostumábase a mallar
co mallo. A chover non se pode mallalo. O verán foise co aghosto e
en setembro ighual ven a chover.)
Cando
hai fame non hai (n´hai) pan duro.
Cando
hai fame non hai cousa mala. (Para comer)
De
este mundo llevarás panza llena y nada más.
Como
deçían os vellos: - A casa canto quepas, e os bens cantos vexas.
O
çestiño do criado, ben postiño e mal calcado.
(Dise
por exemplo do çesto da herba ou de calquera cargha que vai ben
colocado pero pouco calcado ou pisado para que teña máis valoura e
aparente máis do que leva ou é.)
O
probiño do criado, mal vestido, e mal calçado.
(Para quen traballa
non lle cubren as neçesidades básicas. Neste caso fai referençia
calçado dos pés, que daquela soían ser socos, con chatolas na
suela.)
Barco
ghrande, ande, non ande.
Chámame
ghorrión, e bótame trigho.
Sempre
ten máis que deçir o que / quen cagha na casa que quen a lava.
(Outra
versión) Manda máis quen cagha na casa que quen a lava.
Máis
vale ter que desexar. / Vale máis ter que desexar.
As
sopas de viño fan de vello un miniño.
(Sopas
de cabalo cansado que é pan mollado en viño tinto. Se se quer
bótaselle sucre.)
Máis
vale andar solo que mal acompañado.
Na
casa allea, o que ben está, ben estea.
O
palleiro non se fai sen palla. (Asi como para façer o palleiro, fai falta palla de calquera cereal, millo, trigho, çenteo, çebada, avea, ... Tamén se di por calquera persoa, que sen comer non se enghorda, nin se bota corpo.)
Ir
e vir, carretar se chama. / Ir y venir, carretar se llama.
Tanto
ten asoutar, coma dar nas cachas.
Para
fóra todo o mundo traballa.
O
que nunca tuvo un porco, e aghora ten un porquiño, anda sempre quiño
quiño.
Non
hai (n´hai) ouro que non reluça.
Non
hai pouco que non cheghue, nin moito que non se acabe.
(Outra
versión): Non hai riqueça que dure, nin pobreça que non cheghue.
O
home nunca espera.
O
home, e o can van a onde llo dan.
Por
San Martiño bebe o viño, e mata o porquiño.
A
quen lle pica, allos come.
Mentres
petan, ben lles vai.
Mentres
se berra, aléntase.
O
que morreu é o que non fala, nin berra…
Como
as ovellas de Pedro moreno, deitarse tarde, e levantarse çedo.
Non
hai duro que non ablande.
Para
un bo sempre hai un mellor.
Cada
un ten que apandar coa súa.
Os
luns tódolos carallos son uns.
Onde
hai ghalos non cantan ghaliñas. / Onde hai ghalo non canta ghaliña.
(Outra versión) Onde hai ghalo non canta ghaliña, a non ser que o ghalo sexa unha morriña.
Cando
chove e non hai (n´hai) vento non hai (n´hai) mal tempo.
Cando
chove e hai vento, hai mal tempo.
Se
non chove e quenta o sol hai bo tempo.
O
que se abrigha debaixo da folla, dúas veçes se molla.
O
que non sabe é coma o que non ve.
En
febreiro casan os paxaros.
Cando
chove e quenta o sol anda o demo por Ferrol.
Vale
máis / Máis vale pouco, e ben, que moito e mal.
Cada
cousa para o que é. E o sapato para o pé.
En
boca çerrada / pechada non entran moscas.
O
falar non ten cançelas.
Nunca
foi máis neghro o corvo cás alas.
Onde
hai papeles, calan barbas.
O
que non tira ós seus é un porco.
Mañán
ou morrerá a burra, ou quen a arree.
O
que manda nunca morreu derreado.
Cousa
de moitos, ben comesta e mal ghuisada.
Quinçe.
Do que non ten, rinse.
Fala
moito o san co enfermo.
En
/ Por Santa Luçía, sácalle á noite e dálle ó día.
Lombos, e blandas en ghrandes alturas pareçen molduras.
(Nos muros, as lombas
e blandas desde lonxe pareçen molduras)
O
que leva, leva e o que raña, raña.
(Outra versión) O que leva, leva, e o que dana, dana.
(Outra versión) O que leva, leva, e o que dana, dana.
Meu
santo San Salvador, coidamos de amellorar e imos a peor.
Quinçe
días, tres semanas, poucas son as malas fadas.
En
março queiman as mans as madamas no palaçio.
En
março xa mosca o ghando no monte.
Despois
do vinteún de xaneiro escureçe co salto dunha pulgha.
Dios
nos libre dun can rabioso, dun testigho falso, e dun mal veçiñó á
porta.
No
maio por ben que che vaia, non cómala raia.
(Pode façer mal, xa que
é cando empreñan. Están no preñador, polo visto.)
En
maio te mollas, e en maio te enxughas.
En
maio corre a aghua detrás do arado.
(Anque a aghua corra detrás do
arado hai que botalo millo sen falta.)
O
día da Candelaria, se chove vai o inverno fora, e se ri está por
vir.
(Outra versión) Polas Candeas, se chove vai o inverno fora, e se ri está por vir.
(Outra versión) Polas Candeas, se chove vai o inverno fora, e se ri está por vir.
Entre
março e abril sale o cuco do cubil.
O
que todo quere, todo perde.
A
laranxa á mañán vale ouro, ás doçe, plata, e á noite, mata.
O
conto non mantén, pero axuda a vivir.
Por
un morto non dan un vivo.
A
todo can flaco lle veñen máis pulghas.
A
vida que non é reñida, non é rexida.
O
resultado non é como empeça, senón como acaba.
(Outra versión) A cousa non é como empeça, senón como acaba.
(Outra versión) A cousa non é como empeça, senón como acaba.
Ovella
que berra, bocado que perde.
Morra
a marta, morra farta.
Despois
de casado, o primeiro día bico
con bico, o seghundo cu con cu, e o terçeiro colle as maletas, e vai
pescar.
O
ben feito ben pareçe, e o que o fai, ben mereçe.
O
comer, e rañar solo se quere empeçar.
Na
terra do meu home, o que non traballa, non come.
Moitos
ofiçios ten Xan, e de nincún ghana pan.
Home
pequeno, fol de veneno.
O
que rouba fai por ter.
As
palabras antes de diçilas, hai que medilas.
O
que moito elixe, ou moito escorre, ou moito empacha.
A sardiña en San
Xoán molla o pan.
En
pasando San Mighuel, vai ós fighos quen quixer.
O
que do seu fai alleo, colle un corno, e méteo no seo.
(Quen non se
preocupa polo seu, dise coma o que colle un corno que non lle ten
utilidade para nada, e ghárdao debaixo da chaqueta, ou doutra prenda a
esa altura do seo.)
Se
é ghallegho ha de cantar (Tarde ou çedo non gharda seghredo)
Deus
os dá, e eles se xuntan.
O
cregho onde canta, alí xanta.
A
carne, carne cría, e o peixe é aghua fría.
O
inverno de San Martiño, ghrandiño ou pequeniño. (Ghrande nove días, e pequeno tres)
O
que dá consello, non dá diñeiro.
O
que de moço bailou, aínda de vello lle dá xeito.
(Outra versión) O que de moço baila ben, aínda de vello lle da xeito.
(Outra versión) O que de moço baila ben, aínda de vello lle da xeito.
De
burro morto, çebada ó rabo.
Se
en San Xoán chora, non maduran as silvas nin as amoras.
En
San Xoán a sardiña molla o pan.
(Outra versión) A sardiña en San Xoán molla o pan.
(Outra versión) A sardiña en San Xoán molla o pan.
Os
moços morrerán, pero os vellos non queda nin un.
Onde
hai ghalo non canta ghaliña.
(Outra versión) Onde hai ghalo non canta ghaliña, a non ser que o ghalo sexa unha
morriña.
Bérralle
á filla para que entenda a nora. / Tamén hai quen lle berra ó
fillo para que entenda a nora.
Morreu
a bruxa, que se vaia o demo con ela.
Deus
pan, Deus peixe.
Cada
mestriño ten o seu libriño.
Máis
vale viño demo que aghua santa.
O
vinteún de março entra a merenda, e mailo descanso.
(Empeçan a ser
os días máis ghrandes)
A
cabra coxa non quere sesta.
(A persoa que é lenta non pode perder o
tempo)
O
crego onde canta alí xanta.
O
que ten moito mel, un cómeo coa/ca man e outro ca/coa culler.
Cando
chove, e quenta o sol, anda o demo por Ferrol.
Antes
de casar mira ben o que fas.
(Outra versión) Se te vas casar mira ben o que fas.
(Outra versión) Se te vas casar mira ben o que fas.
Deixa
andar o can coa/ca roca, e o ghato coa/ca maçaroca.
De
çento unha ves, caghou o rei nun çesto.
Uns
polos outros, e a casa sen varrer.
En
abril déixame durmir, que en maio de meu me caio.
(Caio só co
traballo de botalas leiras, tamén co moito sol, ...)