lunes, 15 de abril de 2013

BOTAR UNHA LEIRA DE PATACAS, por Ramón Laíño


As patacas que imos botar son de tarde, arredor da semana de San Xosé, do 19 de março, 


mentres aínda hai lento (humidade) na terra. 


Noutros lughares, con sitios pantanosos, as patacas de tarde bótanas en avril, ou maio, porque a terra aínda conserva a humidade en pleno verán.


En primeiro lughar debemos picar ou cortar as patacas en cachos. Cada um destes anacos despois de cortados, non se estonan (non se lle saca a tona), e deben ter como mínimo un ollo.


É bo que no ollo lle teña saído sinal do ghomo. Se as patacas da semente son pequenas, entón bótanse enteiras, e xa non fai falta cortalas.


Hai que aseghurarse que o ghomo non estea moi aplastado ou enquistado, xa que se non tem pinta de inçar (querer saír, medrar), desbótase, pois non naçerá. Se o ollo ten ghomo pequeniño pero está vivo e quere vir para riba, pódese botar / poñer xa que sairá de debaixo da terra anque tarde algho mais.


No suposto de que o ghomo sexa moi longo ou extenso, non se aconsella botar a pataca (sementala), posto que cando toque sachalas, vai ser difícil saber onde está, e podemos estraghala ou cortala co sacho. Cabe indicar que se o anaco ou cacho de pataca ten mais dun ollo com ghomos visibles e saíntes, terá mais possibilidades de naçer e reproduçirse. 



A leira, ou a viña se é que botamos as patacas debaixo dela, deben estar estercadas antes da súa botadura, ou posta. Se polo que fora, non se pudo estercar com tempo, podemos façelo previamente a labrala. 


Non tendo esterco de vaca, que era o máis comunmente usado, entón vale calquera fertiliçante.


Neste caso, levamos un valde de esterco de ghaliñas, e ghalos, ademais de caghallas de coellos.



Espallámolos coas mesmas mans pola leira que imos labrar.



Hai que “façer o enghanche” para o arado coa fin de “levantar o regho”. Ese enghanche faise coa lighoña para cada regho, na testa da leira desde onde deçidimos começar a labrar.


Como temos regho aberto de cando se botaron as coles, ata a outra testa da leira,


entón aproveitamos para pór a primeira rincleira de patacas, 


e pómolas case á altura da onda da terra volteada.  


O acto de "Façer o enghanche” abranghue dúas fases:

1. “Ripar”. Consiste en cortar coa punta da leghoña terróns, herbas, ..., collendo algho de terra do chan, equivalente a destripalos. Neste caso concreto, situámonos no começo da testa da leira escollida, e coa superfiçie onde caiba o arado.


Entón, este “ripado”, ou destripado bótase no fondo deste regho,  


coa herba para baixo, e as raíçes para riba. 


2. “Abrir regho”. Neste anaco xa “ripado” cavamos fondo coa lighoña, leghón ou lighoña, aproximadamente con que caiba o arado. 


A terra que imos sacando para façer cova,


bótase no regho aberto ao seu carón, tapando as herbas, e terróns que temos no seu fondo. 



De seghuido, nesa cova aberta, pousa,  


enghancha” o arado 


para ir “levantando regho" = abrindo regho, 


polo que se vai labrando a leira.  


 Ao mesmo tempo, a xente vai camiñando detrás do arado, poñendo as patacas.


Esto repítese ata rematar a leira, ou as patacas.    
















No hay comentarios: