viernes, 12 de julio de 2013

BREVE VOCABULARIO DO NOSO ENTORNO, LETRA B, por Ramón Laíño





BABA: 1. Cuspe que escorre da boca do home e doutros mamíferos. Ex.: As vacas deitan (botan) baba cando comen. SINÓNIMOS: baballa, babuxa. 2. Líquido viscoso que seghreghan alghúns animais, como a lesma e o carameche (caracol). Ex.: Por onde pasa o carameche queda un rastro de baba. SINÓNIMO: baballa.
FRASES E EXPRESIÓNS CON baba
Caerlle a alghuén a baba
Fighurado. Sentir moita satisfacçión por algho ou alghuén. Ex.: Caíalle a baba ao falar dos fillos. SINÓNIMOS: babear, babexar.



BABADEIRO: VÉXASE babeiro: Ex.: Aos nenos pequenos pónselles un babadeiro para que non se manchen. 



BABALLA: Véxase baba. Ex.: Límpalle as baballas e procura que non se manche. Dáme noxo a baballa das lesmas. SINÓNIMO: baba.



BABALLAR: 1. Seghregar baba. Ex.: Co chupete na boca, baballa moito. SINÓNIMOS: babear, babexar. 2. Caer chuvia miúda. Ex.: Leva o paraghuas que pareçe que está baballando. SINÓNIMOS: babuxar, chuviscar, froallar, orballar. 3. Falar moito e sen xeito nincún de cousas de pouca  importançia ou esaxerando e diçindo parvadas. Ex.: Ninquén lle fai moito caso porque está sempre baballando. SINÓNIMOS: baduar, esbardallar, larear, laretar, latricar. 4. Persoa ou animal que seghregha baba. Ex.: Cando come, babállase toda. SINÓNIMO: babarse. 



BABAR: 1. Humedeçer con baba. Ex.: Ponlle un babadeiro (babeiro) ao neno que baba a camisa. 2. Persoa ou animal que seghregha baba. Ex.: Estanlle saíndo os dentes e bábase moito. SINÓNIMO: baballarse. 



BABARSE: VÉXASE babar.   



BABEAR: 1. Seghreghar baba. Ex.: Este can debe estar enfermo, que babea moito. SINÓNIMO: baballar, babexar. 2. fighurado. Sentir moita satisfaçión por algho ou alghuén. Ex.: Babea cando lle falan dos listos que son os fillos. SINÓNIMO: babexar, caerlle a baba.  



BABEIRO: Peça, xeralmente de tea, que se lle pon aos nenos pequenos por diante para cubrirlles o peito e que non se manchen de baba ou de comida. Ex.: Púxolle o babeiro ao neno para darlle as papas. SINÓNIMO: babadeiro. 



BABEXAR: VÉXASE babear. Ex.: Babéxase moito. Babexaba vendo a súa nai pola televisión. 



BABUXA: 1. Cuspe que escorre da boca. Ex.: Caíalle a babuxa, vendo como as súas ideas tiñan éxito. 2. Chuvia miúda. Ex.: Entraba a babuxa toda do mar. SINÓNIMOS: chuvisca, froallo, orballo, morriña, morriñada. 3. Escuma que forma a aghua do mar, cando na subida da marea este se vai acheghando á ribeira. Ex.: Na área quedou a babuxa da última subida da marea.



BABUXAR: Caer chuvia miúda. Ex.: Non ten xeito, ou pinta de que vaia parar de babuxar. SINÓNIMOS: baballar, chuviscar, froallar, orballar. 



BAÇELO: Vidra cortada e plantada na terra, coa fin de que enraíçe e medre un pouco para ser barbada.  



BAÇÍA: 1. ¿Reçipiente pouco profundo, de pedra, de madeira, ou doutro material onde se lles bota de comer aos animais, en particular aos porcos.? SINÓNIMOS: vasieiro, pía. 2. Artesa manual, sen patas, nin tampa, que serve para amasar, e ghardar o pan, a boroa, a fariña, etc. Ex.: Deixa a masa a levodar na baçía. As peixeiras levaban o peixe na baçía. 3. ¿Depresión dun terreo caracteriçada porque as súas aghuas van a un mesmo río, lagho, mar, etc. Ex.: A baçía do Tambre.? SINÓNIMOS: cunca.



BADALADA: Gholpe que dá o badalo na campana. Ex.: Oín as badaladas para a misa. 



BADUAR: Falar divaghando ou diçindo cousas sen sentido. Ex.: Como empeçes a baduar non che fagho caso. SINÓNIMOS: baballar, esbardallar, larear, laretar, latricar. 



BAFO: 1. Vapor que despide un corpo húmido ou quente, ou que se deposita en pequenas pincas formadas por condensaçión sobor dunha superfiçie. Ex.: Os cristais están cubertos de bafo. O batume desprendía bafo. SINÓNIMO: bao. 2. Aire quente que se expira pola boca. Ex.: Botar o bafo no espello. SINÓNIMO: alento. 3. Aire que cheira ao ser expirado por alghuén. Ex.: Apartade, que apesta o voso bafo. 4. (Mediçina). Substançias ghaseosas ou vapores dun líquido ou dunha soluçión. Ex.: Os bafos de arcolito son bos para o arrefriado. SINÓNIMO: bao.



BÁGHOA: Ghota do líquido transparente que seghreghan as ghlándulas lacrimais e que se desprende do ollo a causa dunha irritaçión ou dunha emoçión. Ex.: Enchéronselle os ollos de bághoas. SINÓNIMOS: aghua, baghulla, lághrima. 



BAGHOAR: Deitar bághoas. Ex.: Teño un lixo no ollo que me fai baghoar. Por culpa do fume empeçín a baghoar. Começou a baghoar sen nincún motivo. SINÓNIMOS: baghullar, chorar, esbaghoar, esbaghullar, laghrimar.



BAGHULLA: Ghota do líquido transparente que seghreghan as ghlándulas lacrimais e que se desprende do ollo a causa dunha irritaçión ou dunha emoçión. Ex.: Viñéronselle as baghullas aos ollos. SINÓNIMOS: aghua, bághoa, lághrima.



BAGHULLAR: Deitar baghullas. Ex.: Teño un lixo no ollo que me fai baghullar. Por culpa do fume empeçín a baghullar. Começou a baghullar sen nincún motivo. SINÓNIMOS: baghoar, chorar, esbaghoar, esbaghullar, laghrimar.



BAGHULLO: Residuo de çertos froitos, como a uva ou a oliva, despois de prensalos e sacarlle o líquido. Ex.: A caña faise co vaghullo da uva. Tapa ben o baghullo se queres ter unha boa caña. No xaneiro heille levar o baghullo ao cañeiro. SINÓNIMO: baghaço.  



BAILAR: 1. Mover o corpo seghundo as reghras do baile. Ex.: Está aprendendo a bailar. SINÓNIMO: dançar. 2. fighurado. Persoa, cousa que se move axiña dun lado para outro, non está fixo. Ex.: Os gharabatos bailábanme diante dos ollos. Leva toda a mañán bailando sen façer nada. SINÓNIMOS: bulighar, dançar, esbulighar. 3. Executar un baile determinado. Ex.: Ghústame bailar o tanco. SINÓNIMO: dançar. 



BALANÇEAR-SE: 1. Façer inclinar alternativamente algho ou a alghuén a un lado e a outro dun punto fixo. Ex.: O neno balançeaba as pernas sentado na cadeira. Balançeaba a caixa da mercancía sobor da varanda da ponte, ameaçando con deixala caer. 2.  Façer que algho estea equilibrado. Ex.: Todas as concesións foron dunha das partes, sen contrapartidas da outra que as balançeen. 3 Corpo que se move inclinándose alternativamente en sentidos opostos. Ex.: O iate balançeaba co vento. O vehículo acçidentado balançeou uns seghundos na beira do barranco, antes de caer. 4. Corpo que se move inclinándose alternativamente en sentidos opostos. Ex.: O barco balançéase sobor do lombo das ondas.



BALDA: 1. Cada unha das táboas que forman a estrutura dunha cançela. Ex.: Botoulle unhas baldas de ameneiro á cançela. SINÓNIMO: baldón. 2. Prancha de madeira ou doutro material, que se coloca horiçontalmente na parede ou a propósito nun moble, para colocar cousas enriba. Ex.: Puxo unhas baldas no cuarto para os libros. SINÓNIMO: baldón.



BALDAR: 1. Deixar a alghuén incapás de mover alghún dos seus membros. Ex.: A caída baldouna dun braço. SINÓNIMOS: eivar, toller. 2. Tanto baile balda a un. SINÓNIMOS: mallar, moer. 



BALDE: Reçipiente de madeira, ou doutros materiais, en forma de cono truncado, ou de cilindro, cunha asa, ou dúas. Xeralmente úsanse para transportar e conter aghua, dárlle de comer, e de beber ós animais. Tamén serve para recoller uvas, ... Hoxe en día hainos de plástico. Ex.: Colle o balde e vai á aghua á fonte. 2 por extensión. Calquera reçipiente máis alto ca ancho e con asas. Ex.: Levinlles un balde de comida aos porcos. 3. Contido de calquera destes reçipientes. Ex.: Non vaias ghastar o balde enteiro de aghua.



BALDEIRAR: 1. Deixar baldeiro, sen contido, sen nada dentro dun reçipiente, depósito, etç. Ex.: Baldeirou a ucha. SINÓNIMOS: desocupar, librar. Ex.: Baldeirou a botella. 2. Façer que deixe de haber algho nun lughar. Ex.: A emighraçión baldeirou Ghaliça de xente nova. 3. Retirar, envorcando, collendo, bombeando, etç., o contido do interior dun reçipiente, depósito, etç., deixándoo baldeiro. Ex.: Baldeirou as laranxas do çesto. SINÓNIMO: librar. 4. Deixar caer enriba dun lughar. Ex.: Baldeiraran un fato de demos enriba do país. 5. Façer un oco nunha cousa. Ex.: Baldeiraran os toros de madeira coa machada e a aixola. 6. Reçipiente, depósito, etç., que queda baldeiro, sen contido. Ex.: Esquençeu poñer a rolla e baldeirouse o tanque. As súas palabra acabaron baldeirándose de contido. 7. Contido dun reçipiente que sae por completo. Ex.: Baldeirouse a aghua do depósito. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON baldeirar
Baldeirar a bulsa
Deixar sen cartos. Foise xuntar cos compañeiros que lle toleaban a cabeça e lle baldeiraban a bulsa.   



BALDEIRO: Que non contén nada. Ex.: Volveu encher as copas baldeiras. Cheghou coa barrigha baldeira. 2. Que non contén aquelo que lle é propio. Ex.: Contra fin de mes anda coa carteira baldeira.3. Sen xente, sen habitantes ou con escasa presença de xente. Ex.: As rúas quedaron baldeiras ao soar a alarma. Este dominco estaba a ighrexa baldeira. 4. Lughar, posto que non está sendo ocupado. Nas últimas filas había asentos baldeiros. 5. Cousa que careçe de sentido, fundamento, valor etç. Ex.: Palabras baldeiras. Estilo baldeiro. 6. Persoa que careçe de interese, de personalidade. Ex.: Desde o primeiro momento vimos nel unha persoa eghoísta e baldeira. 7. Femia non preñada. Ex.: Contaba coa vaca preñada e saleulle baldeira. 8. Espaço libre, xeralmente considerado desde ghrande altura e non ocupado por corpos sólidos. Ex.: Un paracaídas frenou a súa caída ao baldeiro. 9. Espaço en que o aire ou outro ghas están a presións moi inferiores á atmosférica. Ex.: Estudaron o movemento dos electróns no baldeiro. 10. Falta ou ausençia de algho ou alghuén que antes estaba. Ex.: O líder manifestou preocupaçión polos baldeiros nas súas filas. 11. Sufrimento que provoca a falta de algho ou de alghuén. Ex.: O baldeiro que deixou no equipo tardou en superarse. 12. fighurado. Non existençia de algho. Ex.: O adianto das elecçións satisfai ós que criticaban o actual baldeiro de poder.



BALDÓN: 1. Cada unha das táboas que forman a estrutura dunha cançela. Botoulle unhas baldas de ameneiro á cancela. SINÓNIMO: balda. 2. Prancha de madeira ou doutro material, que se coloca horiçontalmente na parede ou a propósito nun moble, para colocar cousas enriba. Puxo unhas baldas no cuarto para os libros. SINÓNIMO: balda.



BALDREO: Substantivo masculino. Persoa desaseada, mal vestida, descoidada, que anda de calquera xeito. Ex.: A ver se te arranxas un pouco que pareçes un baldreo. SINÓNIMOS: palastrán, pelandrán. Tamén adxectivo masculino. Ex.: Es ben baldreo. SINÓNIMOS: palastrán, pelandrán.



BALOCA: Nome empreghado por Calo-Nebra en ves de PATACA..
1. Nome que lle dan á pataca, por exemplo na aldea de Calo, e tamén na súa parroquia de Nebra, do Porto do Son. Ex.: Este ano houbo boas balocas. SINÓNIMO: pataca. 2. Castaña. Esto débese a que posiblemente se cualificou con ese nome á castaña, antes da cheghada da pataca de América. Diçir que a castaña foi, e é conoçida como “pan de madeira” porque antighamente botábaselle ás comidas no sitio das patacas. Ex.: Ghústanme as balocas con anís



BALOQUEIRO: adxectivo usado por Calo-Nebra, en ves de PATAQUEIRO. 
Moi amigho de comer balocas. Ex.: Éche ben baloqueiro. SINÓNIMO: pataqueiro. 



BALORA: substantivo feminino. Peluxe branca ou verdosa constituído por certos funghos microscópicos, que se forma nas materias orghánicas con humidade e contribúe á descomposiçión destas. Ex.: Ese queixo ten balora.



BALOREÇER: Comida ou obxecto que se cubre de balora. Ex.: Tira ese pan, que xa baloreçeu.



BALORENTO: adxectivo. Que ten ou está cuberto de balora. Ex.: O pan de moitos días ponse balorento.  



BALOTE: substantivo masculino. 1. Bala pequena, máis ghrande ca o perdighón, xeralmente de chumbo. Ex.: Levaban os balotes nunha bolsa de coiro e a pólvora nun corno. 2. Bola pequena de papel, estopa ou outro material que se lança co tiratacos. Ex.: Usan como balotes os froitos das abrótenas. 



BANCO DO PORCO: Banco aloncado con patas, sobor do que se deita o porco para matalo. Ex.: Dous homes non aghuantaban o porco no banco. SINÓNIMO: tallo. 



BAÑO: 1. Reçipiente onde se salgha e conserva a carne de porco. Ex.: Puxo a cachaça do porco no baño. 2. Reçipiente que se pode usar para dar de comer aos animais ou para lavar. Ex.: Botoulles a lavadura no baño aos porcos. SINÓNIMO: vasieiro. 3. Acçión e efecto de bañar ou bañarse. Ex.: Vou tomar un baño. 4. Líquido preparado para bañarse nel. Ex.: Prepareille un baño quentiño. 5. Reçipiente onde se baña un. Ex.: Encheu o baño con aghua morna. SINÓNIMO: bañeira. 6. Cuarto con bañeira, báter, lavabo, bidé e outros acçesorios para o aseo e hixiene persoais. Ex.: Vai lavar as mans ao baño. SINÓNIMO: cuarto de baño. 7. ¿Parte escañada das socas. Ex.: Colleu a leghra para façerlles o baño ás socas? 8. Capa superfiçial con que se cobre ou con que está cuberta unha cousa. Ex.: A bandexa ten un baño de prata. 
substantivo masculino plural. 9. Lughar onde se poden tomar baños, en espeçial de carácter mediçinal. Ex.: Fun aos baños ao Carballiño. Ex.: aghuas, balneario
FRASES E EXPRESIÓNS CON baño
Baño de sol
Exposiçión do corpo aos raios solares. Ex.: Os baños de sol, tomados con precauçión, van moi ben para estes reumatismos.
Baño maría
Proçedemento para quentar algho contido nun reçipiente, metendo este dentro doutro máis ghrande con aghua. Puxo un bote de mel ao baño maría.
Baño turco
Baño realiçado con vapor. Ex.: Ghústalle máis o baño turco ca a sauna.
Cuarto de baño
Baño (acepçión 6) Ex.: Teño que ir ao cuarto de baño.
Traxe de baño
Peça de roupa que se usa para bañarse. Ex.: Mercou un traxe de baño de listas.
    


BAO: 1. Vapor que despide un corpo húmido ou quente, ou que se deposita en pequenas pincas formadas por condensaçión sobor dunha superfiçie. Ex.: Os cristais están cubertos de bao. O batume desprendía bao. SINÓNIMO: bafo. 2. (Mediçina). Substançias ghaseosas ou vapores dun líquido ou dunha soluçión. Ex.: Os baos de arcolito son bos para o arrefriado. SINÓNIMO: bafo.



BARBADA: 1. Parte de carne debaixo do queixo, espeçialmente se ten moita ghordura. Ex.: Ten a barbada avultada polo boçio. SINÓNIMOS: papada, papeira, papo. 2. Vidra que desçende do baçelo, pero que enraiçou e medrou. Co tempo pasará a converterse en çepa. 3. Pel que lles colgha a certos animais pola parte de abaixo do pescoço. Ex.: A vaca ten unha ferida na barbada. SINÓNIMOS: papada, papeira, papo. Ex.: O matachín saca a barbada e a cachaça. 4. Peixe mariño da familia do ghádidos, de corpo aloncado e loncas aletas dorsal e ventral, que ten, seghundo a espeçie, tres ou cinco fíos, a xeito de barba, no bico. 



BARBALLOCAS: Que se baba moito, e deixa as barballocas, ou babas nas beiras da boca.



BARBEIRO: Persoa que ten por ofiçio cortar o pelo, afeitar a barba, etç. Ex.: Vai ao barbeiro unha ves ao mes. 



BARBUXA: 1. Conxunto dos fíos da espigha do millo. Ex.: Puxo unhas barbuxas que lle façían de bighote. 2. Barba que está saíndo nun moço noviño. Ex.: É un moçiño que xa ten unhas barbuxas.  



BARRANCO: 1. Desçenso brusco, e profundo do terreo. Ex.: Polo lado dereito da estrada víase un barranco. SINÓNIMOS: barranqueiro-a. As fortes chuvias fixeron moitos barrancos. 2. fighurado. Situaçión de ghran dificultade. Ex.: Puxéronselles as cousas mal, e non dá saído do barranco. SINÓNIMOS: barranqueiro-a.



BARRANQUEIRA-O: 1. Desçenso brusco, e profundo do terreo. Ex.: Polo lado dereito da estrada víase un barranco. SINÓNIMOS: barranqueiro-a. As fortes chuvias fixeron moitos barrancos. 2. fighurado. Situaçión de ghran dificultade. Ex.: Puxéronselles as cousas mal, e non dá saído do barranco. SINÓNIMO: barranco.




BARREIRA, A: 1. Aldea da parroquia de Tállara, Lousame. 2. Aldea da parroquia de Outes, A Serra de Outes, etç.



BARREIRA-O: pendente, ou terraplén de barro. Sitio de onde se extrae barro. Ex.: Os canteiros traen o barro do barreiro. Os oleiros traen o barro dunha barreira próxima.



BARRENA: 1. Instrumento de ferro, ou açeiro que se empregha para façer buratos. Furar a parede cunha barrena. 2. Barra de ferro, ou açeiro coa punta en espiral, que se empregha en máquinas de façer buratos, dándolle un movemento circular. As barrenas úsanse para perforar a terra.



BARRENO: 1. Barrena pequena para façer buratos. Ex.: Os toneleiros abren as billas das cubas con barrenos. 2. Barrena ghrande para perforar rochas nunha mina, canteira, etc. Ex.: Un barreno mecánico. 3. Cargha de material explosivo para voar a rocha dunha canteira, ou o mineral dunha mina. Ex.: Puxeron varios barrenos para abrir unha ghalería na mina. 

 

BARRENTA: terra composta de barro. Ex.: Terra barrenta.



BARRIL: 1. Reçipiente de madeira feito de doelas máis anchas no medio cá nos extremos, unidos por arcos metálicos ou de madeira (estas últimas pudera ser que se usaran máis antes, hoxe non se ven por aquí), utiliçado prinçipalmente para líquidos aínda que tamén pode conter outras cousas. Ex.: Hai que cambiar o viño do bocoi para o barril porque xa queda pouco. Un barril de ostras. Un barril de pólvora. 2. (Novos materiais) Reçipiente metálico de forma cilíndrica. Ex.: Descargharon dous barriles de çervexa na taberna.



BARRIÑAS (AS): Paraxe do lughar, situado por riba da paraxe das Currucheiras.



BARULLAR: Façer barullo. Ex.: Cala un pouco home, que non fas máis que barullar. SINÓNIMOS: alborotar, bourear. 



BARULLO: 1. Mestura confusa de ruídos. Ex.: Desde aquía ouvía o barullo da xente que camiñaba pola rúa. SINÓNIMOS: alboroto, barullada, boureo, bulla, rebumbio. Ex.: Moléstame o barullo da televisión. Co barullo dos motores non nos entendíamos. 2. Mestura confusa de cousas ou persoas. Ex.: Como vou atopar nada neste barullo? 
FRASES E EXPRESIÓNS CON barullo
A barullo
En ghran cantidade, con abundançia. Ex.: Este ano houbo patacas en abundançia. SINÓNIMOS: a darlle cun pau, a darlle co pé, a varrer. 
  


BARUTAR: Pasar polo baruto. Ex.: Antes de amasar tes que barutar a fariña. 



BARUTO: Peneira de malla fina, de espaços máis pequeniños que a peneira, e moito máis que o cribo. Ex.: Bota a fariña no baruto que a hai que barutar.



BATER: 1. Façer chocar con violençia. Ex.: Bateu o boneco contra a parede. 2. Axitar enérxicamente algho, espeçialmente as alas. Ex.: Os paxaros baten as alas. A porta non quedou ben pechada e batíaa o vento. 3. Remover ou revolver con força unha substançia. Ex.: Bate os ovos para façer unha tortilla. 4. Ser superior a un adversario ou máis poderoso ca el. 5. Percorrer un terreo en busca de caça ou de xente escondida. Ex.: Bateron os montes e non foron quen de atopalo. 6. Dar gholpes nunha cousa ou persoa. Ex.: Non batas cos pés no chan. SINÓNIMO: petar. Bateron nel tanto que case o matan. SINÓNIMOS: mallar, maçar. Bateulle no lombo cun pau. SINÓNIMOS: atiçar, peghar, çorreghar, çoscar, çumbar, çurrar. 7. Bater con. Ir dar un gholpe contra algho. Ex.: Caeu e bateu coa cabeça no chan. 8. Bater con. Atopar algho ou a alghuén casualmente. Ex.: A que non sabes con quen fun bater na porta do çine.? SINÓNIMOS: afuçiñar, dar, tropeçar. 9. Cousa que da gholpes fortes e repetidos contra algho. Ex.: O mar bate contra as pedras. Moito bate a aghua nesta parede da casa. 10. Coraçón ou arterias que se moven contraéndose e dilatándose a intervalos reghulares. Ex. Xa sinto bater as cordas do coraçón. SINÓNIMOS: latexar, palpitar. 11. Persoa que se enfronta con outra ou outras. Ex.: Bateuse co marqués por unha custión de honor. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON bater
Bater as mans
Bater cos pés no cu
Bater dente con dente
Bater en ferro frío
Bater nunha porta
Bater os dentes
Bater o soco
Baterse en retirada
Ir bater a. Cheghar a un lughar. Ex.: Por onde queda a casa do Pataqueiro? Se colles por ese camiño da dereita, vas bater dereitiño a ela.     



BATIFONDO: 1. Alboroto formado por varias persoas que discuten. Ex.: Non podía durmir co batifondo que armaban os do cuarto veçiño. SINÓNIMO: batifundo. 2. Ruído produçido por animais ou cousas. Ex.: Acollérono con berros e batifondo de espadas. O batifondo do motor non nos deixaba oír.  SINÓNIMO: batifundo.



BATIFUNDO: 1. Alboroto formado por varias persoas que discuten. Ex.: Non podía durmir co batifundo que armaban os do cuarto veçiño. SINÓNIMO: batifondo. 2. Ruído produçido por animais ou cousas. Ex.: Acollérono con berros e batifundo de espadas. O batifundo do motor non nos deixaba oír. SINÓNIMO: batifondo. 



BATUME: conxunto de vexetais, como fieitos, toxos etc., que se usan para estrar as cortes dos animais, e façer esterco. SINÓNIMO: estro. Fóra do noso entorno tamén lle chaman mulime, estrume.  



BEIÇO: Cada unha das dúas partes carnosas que limitan a abertura da boca. OBSERVAÇIÓNS: Úsase xeralmente en plural. 
Ex.: Un bico nos beiços. SINÓNIMO: labio.



BELÉN: 1. Estar distraído, ou despistado. Non darse conta de nada. Ex.: Estar en Belén. SINÓNIMOS: Estar na inopia. Estar no carallo. 2. Asunto difíçil de resolver. Ex.: Metémonos nun Belén que non sei como sairemos del.



BERÇE: 1. Cama de neno pequeno, que xeralmente se pode abanar, ou balançear. 2. Fighurado. Lughar de orixe. Escoçia é o berçe do whisky. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON berçe
Desde o berçe. 
Desde a primeira infancia, desde a orixe. Eso xa o sabe façer desde o berçe.



BERRAR: 1. Persoa que bota berros Ex.: Cando veu o perigho púxose a berrar. SINÓNIMOS: bruar, ghorxear, berrear, ghritar. Ex.: Enfadouse e empeçou a berrar. 2 Discutir con alguén. Ex.: Berraron por culpa dunhas leiras. 3 Chamarlle a atençión a alghuén. Ex.: Sempre lle berra ao neno sen motivos. Berrou cos fillos pola falcatruada que fixeron. 4 Boi ou outro ruminante que emite a súa vos. Ex.: Sentíanse berrar as vacas na corte. SINÓNIMO: bruar, cordear. 5 Falar en vos moi alta. Ex.: Ao avó tes que berrarlle se queres que che oia. SINÓNIMO: ghritar. 6 Diçir algho en vos moi alta. Ex.: Berreille que me esperase, pero non me fixo caso.  




BERRO: 1. son aghudo, ou palabras emitidas con força, e en vos moi alta. Ex.: Botou un berro de dor. Falar a berros. SINÓNIMO: ghrito. 2. Vos dalghúns animais. Ex.: Doulle unha patada ao can, e o animal dou un berro. 



BERRÓN: (feminino: berrona). Adxectivo. Que ten o costume de berrar moito, por calquera cousa, ou de falar a berros. Ex.: Mudou de casa e tocoulle un veçiño berrón. 
Tamén substantivo. Ex.: Esta berrona nunca dará aprendido a falar baixo. SINÓNIMO: ghorxón. 2. Que se manifesta a berros. Ex.: Aquel primeiro combate berrón non se volveu repetir.   



BESTA: 1. Calquera animal, por contraposiçión ao home. Ex. O humorismo diferençia os homes das bestas. 2. Animal salvaxe, espeçialmente cuadrúpedo e perighoso. Ex. Foi atacado por alghunha besta. 3. Animal doméstico da familia dos équidos, en particular aquel que se empregha para a cargha e o transporte. Ex. A llama é unha besta de cargha. Ponlle os arreos á besta. 4. Femia do cabalo. Ex. Levar a besta ao monte. SINÓNIMO: éghua. 5. fighurado. Persoa ignorante e bruta para a que só conta a força física. Ten máis coidado, non andes coma unha besta.
Tamén adxectivo. Non sexas besta, non ves que ti só non podes levantar ese saco. SINÓNIMOS: animal, bruto, salvaxe.
FRASES E EXPRESIÓNS CON besta
Besta de cargha
Animal usado para a cargha. Ex. Levaba máis paquetes cá unha besta de cargha.
Besta de tiro
Animal usado para o tiro. Ex. O carro estaba moi carghado e façíanlle falta máis animais de tiro.
Besta neghra
Persoa ou animal que provoca espeçial rexeitamento ou que constitúe a prinçipal dificultade para algho. Ex. Criticou duramente ao veçiño aquel, a súa besta neghra. Polo que se sabe, a alerxia é a prinçipal besta neghra da primavera. 



BICHA: 1. Reptil sen patas da suborde dos ofidios, de corpo lonco e çilíndrico e pel con escamas, do cal existen moitas espeçies de distintas cores e tamaños, alghunhas das cales, son velenosas. Ex.: Vin unha bicha enriba do valado. 2. Muller de mal carácter. Ex.: Deixouse prender por aquela bicha.  



BICO: 1. Boca das aves Ex.: O paxaro levaba unha miñoca no bico. SINÓNIMO: peteiro. 2. Boca das persoas e de certos animais. Bico, ou fuçiño do porco. Ex.: Manchou o bico coa tarta. Non abreu o bico en toda a tarde. 3. Parte saínte en forma de canle, da xerra, do porrón, da fonte e de cousas semellantes. Ex.: O viño cae polo bico do laghar. SINÓNIMOS: biqueira, picho, pichelo. Ex.: O candil ten un bico polo que sae a torçida. 4. Parte máis alta dunha cousa que, polo xeral, remata en punta. Peruco ou punta das árbores. Ex.: Con tanto calor non deron cheghado ao bico da montaña. SINÓNIMOS: cume, curuto, peruco, petón, curota, pico.  Ex.: O bico dos pinos. SINÓNIMO: punta.  5. Acto polo que dúas persoas arriman entre sí cadanseus beiços pechados, de xeito cariñoso. Demostración de afecto, amor, amiçade, respecto ou reverençia que se fai tocando algho ou alghuén cos labios pechados. Ex.: Doulle un bico na meixela.
FRASES E EXPRESIÓNS CON bico
Bico de Xudas
Demostraçión hipócrita de afecto por parte dun traidor. Ex.: Non foi consçiente de que reçibía o bico de Xudas.



BIROLLO: Que ten a vista torta, cada ollo mirando nunha direcçión. Ex.: É birolla, nunca sei se me está mirando, ou non. Tamén substantivo. Ex.: Non era capás de falar cun birollo mirándoo aos ollos.



BOCAABERTA: substantivo. Persoa que pasma ou se asombra por calquera cousa. Ex.: Alí estaba parado diante da eira coma un bocaaberta, coma se nunca tal vise. SINÓNIMO: pasmón. 



BOCADO: substantivo masculino. 1. Porçión de alimento que se pode meter na boca dunha soa ves. Ex. Comer un bocado de pan. SINÓNIMOS: anaco, cacho, pedaço. 2. Acçión de arrincar cos dentes unha porçión de algho. Ex.: Dárlle un bocado a unha maçán. SINÓNIMO: chantada. Hóubolle arrincar a orella dun bocado. SINÓNIMO: chantada. 3. Pequena cantidade de comida. Ex.: Toma un bocado antes de marchar. 4. ¿Porçión breve de tempo. Ex.: Tuven que esperar un bocado antes de velo.? SINÓNIMOS: anaco, cacho, pedaço. 5. ¿Peça do freno que pasa pola boca da cabalaría e serve para dirixila. Ex.: Colócalle ben o bocado ao cabalo. SINÓNIMOS: bocal, embocadura? 6. por extensión. ¿Freo da cabalaría. Ex.: A esta éghua tíralle con suavidade do bocado? 7. ¿Parte curvada do ançol. Ex.: Enghanchou o peixe polo bocado?
FRASES E EXPRESIÓNS CON bocado
Meter bocado.
Comer. Ex.: Non metín bocado en todo o día. 



BOCADIÑO: Diminutivo de bocado. 



BOCALLÁN: substantivo. 1. Persoa que blasfema ou di ghrosarías. Ex.: Houbo que botar da reunión aquel bocallán. SINÓNIMOS: bocapodre, ¿desbocado?, ¿deslincuado?, malfalado
Tamén adxectivo. Non sexas bocallán, ten un pouco de educaçión. SINÓNIMOS: bocapodre, ¿desbocado?, ¿deslincuado?, malfalado 
2. Persoa que fala por presumir, mentindo ou esaxerando. Ex.: Como se ghaba esa bocallana. 
Tamén adxectivo. Serache verdade que o rapás non é bocallán. SINÓNIMO: fanfarrón. 
3. Persoa que fala de máis. Ex.: Non llo debeu contar a un bocallán como é el. SINÓNIMOS: laretas, lerchán, lercho, lincoeteiro, lincueteiro
Tamén adxectivo. Non aturo a ese rapás, é demasiado bocallán. SINÓNIMOS: lareteiro, lareto, lerchán, lercho, lincoeteiro, lincueteiro.    



BOCOI: Reçipiente de madeira destinado a conter líquidos, espeçialmente viño, máis ghrande có barril e cá pipa, cunha capaçidade media entre 500, ata 700 litros. Ex.: Na bodegha hai bocois.Tiñan o viño en bocois de carballo.



BOLETE: Pedra redonda, ghrande, e proporçionada. Pode empregharse para murar, é diçir, façer muros. Ex.: Poñamos este bolete aquí, que ten bo sitio.



BOLICO: Úsase xeralmente en plural: Bolicos
Masa de fariña de trigho, aghua, ovo e sal que se frite na sartén. Ten forma redonda e plana. Xeralmente, bótase unha culler ou dúas en açeite quente, e ao pouco, vírase para dorar pola outra parte. Despois, xa no plato, pode botárselle sucre ou non. Pola parte da Serra de Outes, Esteiro, etç., chámanlle "bolato". Ex.: Hoxe vou façer uns poucos bolicos.



BOLIÑO (O): Paraxe do lughar de Cures.



BOLIÑO-A: Pedra mediana, tirando a pequena, e redonda, en forma de bóla.



BÓLO: Cada un dos paus que se empregan no xogo dos bólos. No primeiro lançamento non tirou nincún bólo. 2. Xogho que consiste en lançar bólas a un grupo de paus, postos de pé en varias rincleiras, para derribalos no menor número de tiradas posible. Xoghamos unha partida de bólos.



BOLO: Calquera cousa que ten, ou á que se lle dá forma de bóla ou esfera. Ex.: Fixo un bolo de manteigha. SINÓNIMO: bola. A lan do xersei novo saca moitos bolos. 2. Peça de pan, xeralmente arredondada e alta. Ex.: Nós sempre compramos un bolo de quilo e medio. 3 Tipo de pastel de formas variadas, que leva, ademais de fariña, ovos, sucre e ghraxas. Ex.: Na vitrina tiñan catro clases de bolos. 4. Pequena porçión máis compacta que se atopa no seo dunha masa formada por unha substancia diluída nun líquido, e tamén cada porçión arredondada distinghuible nunha substançia coaghulada. Ex.:  Remexe ben para que non se faghan bolos. SINÓNIMOS: cadullo, croudillón, ghrumo. 5. Vulto que sobresae a consecuençia dun gholpe, en calquera superfiçie. Ex.: Tropeçou na porta e saeulle un bolo. SINÓNIMOS: bulto, croque.



BOMBA: Tapa ghrande, xeralmente de cortiça, que serve para taponar o burato superior çentral da barrigha da perfia, posto que as perfias nestes lughares, van tumbadas sobor ghrandes postes. SINÓNIMOS: rolla, sapa. 



BONECA: Fighura que representa unha muller ou unha rapaça que serve sobor de todo como xoghuete aínda que tamén pode ser feita para outros usos. Ex.: Cando eu era pequena, façíamos as bonecas de cana e vestíamolas cun trapo. 2. fighurado. Moça ou muller fermosa e delicada. Ex.: A rapaça da que se namorou é unha boneca.



BONECO: Fighura que representa unha persoa, ou un animal, que se usa coma xoghuete, adorno, etc. Ex.: Na escola utiliçamos un boneco para estudar o corpo humano. Cuns paus e roupa vella façemos un boneco, e despois queimámolo na foghueira de Maio. Un boneco de neve. SINÓNIMO: moneco.



BORMELUDO: Persoa que anda cos mocos colghados.



BORRA: 1. Depósito de materiais sólidos que se forma no fondo dos reçipientes que conteñen certos líquidos. Ex.: O viño do bocoi cando se está acabando sae con borra. SINÓNIMOS: madre, pouso, repouso. 2. Substancia neghra que desprende o fume e que se adhire aos obxectos e ás paredes. Ex: As tixolas deseghuida se enchen de borra. SINÓNIMOS: furruxa, parruma, parrumeira, parrumada. 3 Substançia de cor escura que producen e segreghan certos moluscos da clase dos cefalópodos para turbar a aghua cando se atopan ante algún perigho. Ex.: Coçiñamos os chocos coa borra. SINÓNIMO: tinta. 4 Conxunto de residuos que resultan da realizaçión de certos proçesos ou da fabricaçión de determinados produtos. Ex.: A borra da forxa é unha mestura de carbón e ferro. As borras do liño. Peneiraban a borra da coçiña para levala para a horta. Hai quen aproveita as borras do café para botárllelas ás plantas. Borra é a cera que queda nos pés do candeeiro.



BORRALLA: Po ou conxunto de resíduos que quedan de algho que se queimou totalmente. Ex.: A borralla utilízase como fertiliçante. SINÓNIMOS: çinsa, borra (esta verba só é para líquidos, por exemplo, o viño.)



BORRALLEIRA: Lughar da coçiña ou do forno onde se bota a borralla. Ex.: Baldeira a çinsa da borralleira. SINÓNIMO: borralleiro, cinseiro. 2. Morea de terra e pedras proçedente da caída dun muro ou dun valado. Ex.: Chamaron unha escavadora para apartar a borralleira do camiño. 3. Lughar onde se queima a leña, e a rama, e onde queda depositada a çinsa, que vai servir de fertiliçante. Ex.: Que ben medraron os carballos que plantastes nas borralleiras!



BORRAXEIRA: Néboa espesa, e baixa. Ex.: Seghundo adiante o día, a borraxeira irá desapareçendo. SINÓNIMO: neboeira. 



BOSQUE: Monte poboado de árbores. Ex.: Os animais do bosque. Unha carballeira é un bosque de carballos. SINÓNIMO: fragha.



BOSQUE (O): Paraxe do lughar, indo para a Devesa. Hai brañas, hortas de frutais (antighamente, hoxe a monte) e monte. 



BOSTA: 1. Excremento sólido do ghando vacún. Ex.: Despois de que pasaron os bois, o camiño quedou cheo de bosta. 2. Morea dese excremento que fai o ghando dunha ves. Ex.: Ten coidado non pises as bostas. SINÓNIMO: bosteira



BOSTEIRA: Morea de excrementos que fai o ghando vacún dunha ves. Ex.: Iba despistado e pisou unha bosteira. SINÓNIMO: bosta  



BOUÇA: Terreo inculto poboado de mato, como toxos, xestas, etc. Ex.: Na primavera, a flor da xesta pinta as bouças de amarelo. Romperon unha bouça para botar trigho.



BOUÇIÑOS (OS): Paraxe dos arredores da aldea de Cures.



BOURAR: 1. Traballar moito, e con afán. Ex.: Pasou a vida bourando, e morreu probe. SINÓNIMO: bourear. 



BOUREAR: 1. Armar moito ruído, façer barullo. Ex.: Estaban no bar boureando, e alí ninquén se entendía. SINÓNIMOS: alborotar, barullar. 2. Traballar moito, e con afán. Ex.: Non para de bourear en todo o día. SINÓNIMO: bourar.



BOUREO: Acçión e efecto de bourear. Ex.: Non se pode conçentrar un co boureo que montan os de enriba. SINÓNIMOS: alboroto, barullada, barullo, bulla, rebumbio.



BOXO (O): Parte avultada dunha vasilla, ou outro obxecto semellante. Pasáronlle unha corda arredor do boxo ao barril, e carrexárono entre os dous.



BOXO: cando se carghaba un carro de batume, e façía moito ancho, deçíase que leva moito boxo. / Moita anchura de cargha no carro de vacas. O carro leva moito boxo. Parte avultada dunha vasilla, ou outro obxecto semellante. Pasáronlle unha corda arredor do boxo ao barril, e carrexárono entre os dous.



BRAÇADA: morea, ou mando de calquera cousa sen atar, que cabe debaixo dun braço, ou abarcado cos dous braços.



BRAÑA: terreo que é prado, e soe regharse en ocasións. Ten a fin de que medre a herba para apañala periódicamente, e darlla aos animais. Na época dos pais, e avós, fóra da estaçión das choivas, cadaquén ía botar a aghua á braña, pola noite ou polo día, xa que a maioría da xente tiña ghando, e animais nas casas. Levou o ghando a paçer ás brañas. Sinónimo: brañeira.



BRAÑEIRA (A): paraxe do lughar.



BRAÑEIRA: terreo que é prado, e soe regharse en ocasións. Ten a fin de que medre a herba para apañala periódicamente, e darlla aos animais. Anda seghando unha pouca herba na brañeira.



BRÉTEMA: Condensaçión de vapor de agua do aire, en contacto co chan, de constitución semellante á das nubes, que reduçe a visibilidade. É perighoso conducir nos días de brétema. Sinónimos: néboa, nebra, parruma, parrumada, parrumeira. 



BREU: 1. Substancia viscosa, insoluble na aghua, e inflamable que se extrae dalgunhas plantas e árbores, en especial do piñeiro. Ex.: O breu dos pinos. A leña verde estala ao arder porque ten breu. 2. por extensión. Substançia de semellantes características, obtida artifiçialmente. Ex.: Da hulla obtéñense distintos tipos de breus.



BRILLA -S (A, ou AS): Parte do corpo humano, xunto á cadeira. Ex.: Dónme as brillas. Teño dor nas brillas.



BRINCAR: 1. Dar un ou varios brincos. Ex.: Brincou por unha xanela. SINÓNIMO: saltar. CONFRONTAR: pinchar. 2. Pasar o tempo façendo cousas que entreteñen e divirten, tal como fan os nenos. Ex.: Cando chegha do traballo ponse a brincar cos fillos. SINÓNIMOS: enredar, rechinar, trebellar, xoghar.



BRINCO: Movemento brusco de extensión das pernas mediante o que se levanta o corpo do chan, por un instante, ou se pasa dun lughar a outro situado a un nivel superior ou ighual, pero distante. O ghato peghou un brinco e caeu sobor a presa. Dá un brinco a ver se lle cheghas. SINÓNIMOS: chimpo, pincho, salto. 



BRIÓN: 1. Alcume dunha casa da A Cuncheira. 2. Nome dalghunha aldea do conçello de Boiro. 3. Conçello limítrofe con Lousame. 



BROULLA: Ghran no corpo. Pequena erupçión que se forma no pelexo, espeçialmente por efecto do sarampión ou da picadura dun insecto. Ex.: Unha pomada para as broullas. 



BRUAR: 1. Boi, ou outro animal que emite a súa vos. Ex.: A vaca bruaba polo pucho. SINÓNIMOS: berrar, cordear, dar as horas. 2. fighurado. Vento, mar que fai moito ruído. Ex.: Sentíase bruar o vento ao lonxe.



BUBELA: Paxaro de peteiro lonco e curvado, ás arredondadas, e plumaxe de cor castaña rosada. A parte inferior do lombo, e o rabo raiados de branco e neghro e unha crista, ou caparucha notable, e erghueita, coa punta das plumas neghra. A bubela chegha á nosa terra pola primavera.



BUÇEIRA: Aparello feito de vimbios, verghas, arame, corda etc., que se lles coloca no fuçiño ao ghando, ou a aglhúns outros animais para que non mordan, ou para que non coman cando non deben. Ponlle a buçeira á vaca.



BUÇEIRO: çesto pequeniño, xeralmente de vimbio, con aro ou sen el, ou incluso poden levar en raras ocasións pequenas asas coma nos baldes. Servían para cando se apañaban as patacas, botalas nel. Ou cando se collían do faiado para preparar a comida. Tamén se podían recoller nel as froitas das árbores, ... Exemplo: catro buçeiros de maçáns. Un buçeiro de peras.



BUCHE: 1. Estómagho dos animais, incluídos os peixes. Ex.: O can debe ter o buche baldeiro. 2. popular. Estómagho das persoas. Ex.: Encher o buche. SINÓNIMOS: fol, pantullo. 3. Dilataçión do esófagho das aves, que forma unha espeçie de bulsa onde abrandan o alimento. Ex.: Aos pitos nótaselles ben o buche. SINÓNIMOS: papada, ¿papeira?, papo. 



BUÇO: Aparello feito de arame, vimbio, corda etc., que se lles pon aos cans no fociño para que non mordan, ou para que non paren a comer. Cando se saca un can á rúa hai que poñerlle o buço.



BUFAR: 1. Expulsar aire polo narís, polo foçiño, ou pola boca con força e façendo ruído. O ghato bufaba contra o can. 2. fighurado. Amosar un ghrande enfado con bufidos, ou con certos xestos ou expresións. Meu pai estaba que bufaba. 3. fighurado. Máquina, aparello que expulsa aire, vapor, etc. O fol da forxa bufa. A locomotora bufa. 4. Botar bufos. Deixa xa de bufar.



BUFIDO: Acçión, e efecto de bufar. En ves de contestarme á preghunta, soltou un bufido e marchou. O can dou un bufido poque lle querían quitar a comida. Sinónimo: bufo.



BULIGHAR: Moverse dun lado para outro de xeito rápido e inquedo. Ex.: A avoa bulighaba pola coçiña sen façer nada. SINÓNIMOS: bailar, dançar, esbulighar. O ghato bulighaba polo salón, entre a xente. Os paxariños começaron a bulighar no niño. SINÓNIMOS: bulir, esbulighar, rebulir.



BULIR: 1. Realiçar unha acçión coa maior rapidés posible. Ex.: Se non bules máis non acabamos hoxe. Eu non bulo moito a escribir, pero fághoo ben. SINÓNIMO: apurar. 2. Moverse de maneira axitada. Ex.: No touçiño pdre bulían os bichos. SINÓNIMOS: bulighar, esbulighar, rebulir. 



BULLA: Acçión e efecto de bourear (armar moito ruído, façer barullo.) Ex.: Fai máis bulla este rapás que catro xuntos. Armaron tanta bulla que alí non se entendía ninquén. SINÓNIMOS: alboroto, barullada, barullo, boureo, rebumbio.     



BURATO: Abertura ou cavidade natural ou artifiçial de tamaño e profundidade variables, xeralmente arredondada, que pode traspasar unha superficie ou un corpo sólido. O burato dunha aghulla. Fixo os buratos co trade. Tapou o burato con escaiola. Sinónimo: furado.



BUSTELA (A): 1. Capa exterior dura que se forma nas feridas ao secaren. Ex.: Non arrinques a bustela, que che pode sancrar a ferida. SINÓNIMOS: caspela, ¿cotra? 2. Pequena ferida con bustela. Ex.: Ten bustelas de variçela por todo o corpo.



BUXA: 1. Peça cilíndrica de madeira que vai no ollal do pé do muíño, que fai andar a seghorella, e esta a súa ves, move a capa. Ex.: As buxas do muíño façíanas de ameneiro, e de salghueiro. 2. Peça cilíndrica e oca, de madeira ou doutro material, polo interior da cal pasa un eixe. Ex.: Polo medio da buxa deste aparello, pasa ese eixe. 3. Cada unha das peças da ghaita, cilíndricas, ocas e xeralmente de madeira, metidas no fol a propósito para introduçir nelas os tubos. Ex.: A buxa do punteiro é de pau de buxo.

No hay comentarios: