viernes, 2 de agosto de 2013

BREVE VOCABULARIO DO NOSO ENTORNO, LETRAS F-G-H-I-L, por Ramón Laíño



F



FAÇEIRA: 1. Cada unha das partes da cara, entre os ollos e a boca, espeçialmente cando son prominentes e ghordas. Ex.: De pequena tiña unhas façeiras moi coloradiñas. 2. Parte inferior da cabeça do porco. Ex.: Non lle ghusta a carne da façeira.



FAÇER DE CORPO: VÉXASE caghar. SINÓNIMOS: evacuar, façer de ventre, ir de ventre. 



FAÇER DE VENTRE: VÉXASE caghar. SINÓNIMOS: evacuar, façer de corpo, ir de ventre.  



FAÇULA: Cada unha das partes da cara que quedan ao lado da boca, entre o pómulo e o queixo. Ex.: Ten as façulas ghordiñas e encarnadas.   



FADA: 1. Muller imaxinaria a quen se lle atribúen poderes extraordinarios. Ex.: A fada madriña converteu a bruxa nun sapo. 2. VÉXASE sorte. Ex.: O probe tuvo mala fada. Mala fada. Boa fada. Nin que fora unha fada. É como se fora unha fada.



FAIADO: 1. Parte máis alta da casa, inmediatamente debaixo do tellado. Ex.: Iba amontonando os mobles vellos no faiado. 2. Teito de táboas. Ex.: Hai que botarlle un faiado (piso) novo á coçiña.



FAIS: Seghunda persoa do verbo façer. Ex.: ¿Que fais ahí?. SINÓNIMO
: fas.



FAÍSCA: Folla seca dos piñeiros. Ex.: Apañou unha pouca faísca para façer lume. SINÓNIMO: picaño (Este sinónimo é moi empreghado polo lughar e a redonda. Sen embargho, a palabra faísca non a oio case nada. Anque meus pais así ma definiron.)



FALADEIRA-O: Persoa aleghre, faladora, barullenta, e bromista. Ex.: É unha muller moi faladeira. SINÓNIMOS: rechoucheira-o, falador, paroleiro. 



FANFARRÓN: (feminino: fanfarrona) adxectivo. Que presume ou fai alarde do que non é ou non ten, espeçialmente de valentía. O ofiçial máis fanfarrón de todo o exérçito. Tamén substantivo. Veu polas portas un fanfarrón que os embobou a todos. SINÓNIMOS: botaporela.



FARFALLAR. 1. Falar sen coneçemento de causa e con presunçión. Ex. Cala a boca e deixa de farfallar. SINÓNIMO: esbardallar. 2. coloquial. Pronunçiar algho con dificultade ou de maneira vaçilante. Ex. Cando fala pareçe que ten papas na boca e non se lle entende nada. Ao marchar farfallou unhas palabras que ninquén entendeu.
Tamén absoluto. Ex. Se farfallas, non che podo entender ben.



FARRAPO: Trapo rompido. / 1. Anaco de tea moi ghastado e roto. A saia está feita farrapos. A saia está feita farrapos. Sinónimo: trapo. 2. Peça de roupa moi usada, e rompida. Vai vestido cuns farrapos. 3. Folerpa. Caían farrapos ghrandes coma pexeghos. 4. Fíos da ghaita. Os farrapos van pendurados do roncón.



FATO: Conxunto de animais, particularmente ghando, persoas ou cousas. O pastor reuneu o fato de ovellas que se separou do rabaño. Un fato de bois. Reuniron un fato de homes para carghar a pedra. Un fato de ladróns. Un fato de xente. SINÓNIMO: ghrupo. Ía carghado cun fato de vimbios. Un fato de canas. SINÓNIMO: feixe.  



FEBILLA: Peça de metal, ou doutra materia, xeralmente cun ou varios cravos artellados nunha variña que o pecha por unha beira, os cales suxeitan a correa, cinta, ..., que pasa por dita peça.



FECHO (DO CU): Burato ou ollo do cu.



FEDELLAR: 1. Tratar de realiçar algho sen saber como se fai ou por se entreter, ou ocupar o tempo en algho sen obter benefiçio. Ex.: Ghústalle fedellar nos motores. Non te poñas a fedellar ti, e chama un técnico. SINÓNIMOS: enredar, trebellar. 2. Manipular as cousas alterando a súa colocaçión, ou ocasionando alghún dano, ou molestia. Ex.: Non me andes fedellando nos queixóns (caixóns). SINÓNIMOS: escaravellar, fochicar, foçar, furghar, remexer, revolver.



FEDELLO: 1. Persoa que non para queda, que anda sempre dun lado para outro. Ex.: O seu fillo é un fedello, non para en todo o día. SINÓNIMOS: fedellón, fuxefuxe. 2. Persoa á que lle ghusta meterse en todo, e dar a súa opinión sen que ninquén lla pida, provocando, ás veçes, máis confusión. Ex.: Non o escoitedes que é un fedello, e aínda vai enliar máis as cousas. 3. Persoa que realiça algho sen saber como se fai, só por entreterse. Ex.: Ghústalle intentar amañar calquera aparello da casa, é un fedello.



FEITURA: 1. AcÇión e efecto de dar forma a algho. Saíu máis barata a tea cá a feitura do vestido. 2. Forma exterior de algho feito. A feitura aerodinámica do coche. Sinónimos: feitío. 3 Maneira como algho está feito. A empresa gharante a boa feitura dos obxectos que fabrica. Sinónimo: factura. 4. Cousa que alghuén fai ou ocasiona, particularmente cando é algho malo. Non me ghustan nada as feituras dese rapás.



FEITURÍA: Enténdense por actos malos cometidos por alghuén.



FEIXE: 1. Morea de herba, leña, latóns, palla etc., atado, para levar ao lombo, ou na cabeça. Ex.: Axúdame a poñer a herba en feixes. Feixe de latóns: atado de ponlas secas dos pinos, derramadas, podadas, ou cortadas doadamente cun fouçiño atado na punta dunha vara, ou manco lonco. Feixe de: varas, herba, fieitos, picaños, latóns, ... para levar ao lombo, ou na cabeça. 2. Ghrupo de cousas ou de persoas. Ex.: Alí diante había un feixe de xente atenta á actuaçión do pallaso. 3. Física. Conxunto de partículas que se moven aproximadamente con ighual veloçidade e direcçión. Ex.: Feixes de protóns. 4. Física. Conxunto de raios luminosos que teñen unha mesma orixe. Ex.: Feixe luminoso. 5. Matemáticas. Conxunto de liñas que se cortan nun mesmo punto. Ex.: Feixe de vectores. 6. Anatomía. Conxunto de frebras musculares ou nerviosas. Ex.: O adutor está formado por dous feixes.



FEIXEAR: Acarrexar feixes de calquera cousa.



FEIXUCO: Feixe pequeno. Ex.: Os rapaçes pequenos, cando viñan da braña, tamén traían un feixuco de herba para a casa e, a xente maior, un feixe.



FEL: 1. Líquido açedo e algho viscoso, de cor tirando a verde ou amarela, seghreghado polo fíghado, que actúa no curso da dixestión. Ex.: Mareouse tanto que ghomitou o fel. A vesícula do fel. 2. fighurado. Amarghura acompada de maldade. Ex.: É un home malvado; ten moito fel.  



FELDRELLAS: Dise dunha persoa desarreghlada, e descoidada na súa apariençia do vestir.



FELDRELLO: VÉXASE fedello. 



FENDEDURA: 1. Abertura ou separaçión aloncada e de anchura uniforme na superfiçie dunha cousa, que non chegha a separala totalmente. Ex.: A parede da casa está chea de fendeduras. SINÓNIMOS: arrabeadura, ¿brecha?, creba, ¿fisura?, ¿ghreta?, laña, quebra, ¿rabeadura?, reghaña. 



FENDER: 1. Abrir algho, ou abrir leña cun machado-a, ... Pode referirse a calquera outra cousa material, ou fighurada. 2Façer aparecer unha ou máis fendas nun determinado material natural, ou artifiçial. Ex.: A explosión fendeu as paredes do edifiçio. SINÓNIMOS: crebar, ghretar, lañar, quebrar, reghañar. 3. Separar algho en dúas partes mediante unha fenda. Ex.: Fendeu os toros de carballo co machado. 4. Labrar. Ex.: Tras a colleita fenderon a terra. A rella do arado vai fendendo a terra. 5. fighurado. Abrir reghos na superfiçie unha embarcación. O navío fendía as aghuas do Atlántico. 6. Abrirse en fendas. Ex.: A terra fendía por mor da seca. SINÓNIMOS: aghretar(se), crebar(se), cuartear, ghretarse, lañarse, quebrar(se), reghañar. 7. Algho que se separa en dúas partes mediante unha fenda. Ex.: Era unha madeira moi dura, e non fendía fácilmente.



FENDETESTAS: Podería diçirse de alghuén moi forte, ou tamén pudera entenderse como un matón. Ex.: ¡Vin onte a fendetestas por alá!



FEO: 1. Herba apañada e seca que sirve de alimento para o ghando. Tamén había xente que antighamente cubría os tellados das casas, cubertos, hórreos, etç., con feo amarrado, ou tamén con xuncos secos e amarrados. Ex.: O feo çíscase polo prado para que sece ao sol. 2. Planta das ghramíneas que se caracteriça polo seu particular arreçendo. Ex.: No verán, os campos de feo enchen o aire co seu aghradable arreçendo.  



FERRADO: 1. Medida de superfiçie de terra, equivalente a 12 cuncas. Por outra banda, unha cunca ten 35 metros cadrados. Efectuando o cálculo, resultan 420 metros cadrados. 2. Partiçipio pasado do verbo ferrar. Ex.: Este cabalo está ferrado. 3. Que leva ferraduras. Ex.: Un cabalo ferrado. Uns socos ferrados.



FERRANCHO: Anaco ou peça de ferro pequena e sen nincunha utilidade. Ex.: Recolle eses ferranchos. Lastimouse cun ferrancho.  



FERRAR: 1. Poñer ferraduras a un animal. Ex.: Ferrar os cabalos. Contrario: desferrar. 2. Reforçar algho con ferro. Ex.: Ferrar os socos. Ferrar as rodas do carro. 3. Marcar cun ferro candente, espeçialmente un animal, como sinal de propiedade ou castigho. Ex.: Ferraron os cabalos no curro. Antighamente podían ferrarse os escravos.



FERRÓN: ALFERRÓN: 1. Órghano en forma de pugha que teñen no extremo do abdome alghúns insectos, como a abella ou a nespra, e outros invertebrados, como o alacrán, co que pican e inoculan o veleno. Ex.: O alferrón é un medio de defensa para alghúns animais. 2. Peça metálica que cobre o extremo inferior dun bastón, unha lança ou outro obxecto semellante para evitar o desghaste. Ex.: Unha vara con alferrón, ou aghuillón de açeiro. 



FHONDEGHO: Sitio fondo.



FÍA: 1. Acçión de fiar. Ex.: Dábaselle ben a fía. 2. Reunión que tradiçionalmente se façía para fiar e onde se cantaba, bailaba e se realiçaban certos xoghos populares. Ex.: Meus avós empeçaron de moços nunha fía (fiada). SINÓNIMOS: fiada, fiadeiro, fiandón. 3. Freba que se obtén das sobras das fábricas de teçido e que se empregha sobor de todo en talleres mecánicos para limpar. OBSERVAÇIÓNS: Acostuma usarse en plural. Ex.: O mecánico limpou as mans cun puñado de fías.



FIADA-O: 1. Substantivo feminino. Reunión que tradiçionalmente se façía para fiar e que xeralmente acababa con cantos, bailes e xoghos. Ex.: As fiadas xuntaban traballo e diversión. Xeralmente as fiadas façíanse de noite. SINÓNIMOS: fía, fiadeiro, fiandón. 2. Partiçipio do verbo fiar. 3. Substantivo feminino. Acçión de fiar. Ex.: Tradiçionalmente o fiado façíase con rocas. 4. Substantivo masculino. O resultado de fiar, o fío. Ex.: Exportaçións de fiados ghaleghos. 5. fighurado. Desenvolvemento de ideas ou elementos que forman un discurso ou algho semellante. Ex.: Non lle tuven que tirar nada polo fiado, que mo contou ela todo. 6. Cantidade de liño, lan, etc. que se produçe ao fiar. Ex.: A fiada era sufiçiente para preparar a tea. 7. Rincleira de pedras ou ladrillos que se van pondo para façer unha parede. Ex.: A primeira fiada do muro foi a que máis traballo dou. 8. adxectivo. Que obra con confiança ou que mostra exçesiva confiança e actúa sen tomar as debidas precauçións. Ex.: Montou no cabalo fiado de que o daría dominado. É tan fiado que non leva máis ca desenghaños. SINÓNIMO: confiado. ANTÓNIMO: desconfiado.
FRASES E EXPRESIÓNS CON fiado
Ao fiado
locuçión adverbial. Sen façer o paghamento ou cobramento inmediato daquelo que se merca ou se vende. Ex.: Nesta tenda non se vende ao fiado. SINÓNIMO: a crédito. 



FIAÑO: Anaco de fío que se pegha a unha tea, ou que se desprende dela. Ex.: Este abrigho ten anos, porque xa se lle ven fiaños a querer saíren para fóra.



FIAR: 1. Reduçir as fibras téxtís a fío. Ex.: Fiar o liño. Tamén absoluto. Ex.: Para fiar úsase a roca e o fuso. 2. por extensión. Elaborar o verme da seda, a araña ou outros insectos, o casulo ou a tea. Ex.: A araña fiaba a súa tea sobor dun toxo. 3. Relaçionar ou enlaçar unha cousa non material, con outra. Ex.: Non era quen de fiar as pistas para dar coa soluçión. 
FRASES E EXPRESIÓNS con fiar
Fiar fino
Pensar ou actuar con sutileça. Ex.: Tal e como están as cousas, haberá que fiar fino. 
----------------------------------
FIAR: 4. Asumir, como fiador, as responsabilidades de alghuén. Ex.: Preçisaba que alghuén o fiara para obter o crédito. SINÓNIMO: avalar. 5. Vender a crédito, sen cobrar no momento. Ex.: Leva o que preçises que cho fío. 6. Dar a conoçer alghún seghredo ou asunto íntimo. Ex.: Fioulle os seus pensamentos máis persoais. SINÓNIMOS: confiar, revelar. 7. Ter confiança en algho, ou alghuén. Ex.: Fíome de ti, non me fío das túas intençións.  
FRASES E EXPRESIÓNS con fiar
De fiar
Digno de confiança. Ex.: Ese amigho teu non é de fiar. 



FIEITA: Tipo de fieito de follas máis estreitas, e de menor altura.



FIEITO: 1. Planta da que existen distintas espeçies pertençentes a unha mesma clase, caracteriçada por ter follas loncas e segmentadas, careçer de flores, ter xeralmente o talo subterráneo e ser propia de lughares húmidos, e frescos. Ex.: O monte non ten máis cá fieitos. Na fragha hai moitas variedades de fieitos e de pan de cobra. 2. Variedade máis común das plantas desta clase, que ten talo aéreo. Ex.: Os fieitos secos usábanse tradiçionalmente para chamuscar o porco.
OBSERVAÇIÓN: Aquí úsase a diferençia de xénero (fieito fronte a fieita) para denominar variedades distintas.
EXPRESIÓNS CON fieito
Quedar nun fieito seco 

Significa quedar unha cousa, acçión ou algho, en nada. 



FINCAR: 1. Espetar, aghuantar. Ex.: Finca ahí. 2Introduçir algho afiado, ou rematado en punta nunha superficie façendo presión. Ex.: Fincoulle os dentes, e mordeulle un dedo. SINÓNIMOS: chantar, cravar, espetar. 2. Poñer firme e seghuro nun lughar. Ex.: Finca os pés no chan. SINÓNIMOS: afirmar, aseghurar. 3. Façer força contra unha persoa ou cousa para que se mova. Ex.: Fíncalle ao carro que hai que quitalo de aí. Fincoulle ao contrario e tirouno ao chan. SINÓNIMO: turrar. 4. Pórse firme e seghuro nun lughar. Ex.: Fíncate ben, non vaias caer. 5. Fincar en. fighurado. Seghuir mantendo teimosamente unha idea. Ex.: Fincouse no que dixera e non houbo xeito de façelo cambiar de idea. SINÓNIMOS: afirmarse, empeñarse, persistir, porfiar, ratificarse, teimar.



FINCHEIRA, A: Parte dunha rúa ou, área de Rianxo.



FÍO: 1. Fibra dunha planta. Ex. Cos fíos do cánabo fanse cordas. 2. Porçión fiada e torçida, dun material téxtil de orixe vexetal, animal ou química, moi delghada e lonca que se usa para coser ou teçer. Ex. Coseume a camisa con fío vermello. 3. Freba do liño. Ex. Esa tea ten fío e alghodón. 4. Tea feita con ela. Ex. Durmía en sábanas de fío. 5. por extensión. Porçión en forma de fiamento de calquera material. Ex. Pendentes de fío de alpaca. SINÓNIMO: arame. Os fíos do teléghrafo. SINÓNIMOS: arame, cable. Cortou a çenoura en fíos. 6. Seghreghaçión en forma de fiamento dalghúns animais, como a araña, o verme da seda, etç. Ex. A araña recollía o seu fio e asçendía. 7. Corrente de líquido ténue e continua. Ex. Caia un fío de aghua da billa. 8. Pequena cantidade de algho que se presenta en forma lineal. Ex. Pola fenda da contra entraba un fío de lus. 9. Aquelo que resulta ténue, apaghado e sen força. Ex. Un fío de vos. Un fío de vida. 10. Direcçión da freba dos teçidos ou da madeira. Ex. Corta seghuindo o fío. 11. Parte afiada dun instrumento cortante. Ex. O fío do coitelo. SINÓNIMOS: corte, ghume. ANTÓNIMO: cota. 12. fighurado. Enlaçe ou motivo que vincula as distintas partes dun arghumento ou dunha serie de aconteçementos. Ex. Custaba seghuirlle o fío do que contaba. 13. As diversas partes, ou elementos dun asunto. Ex. Os fíos dunha investighaçión. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON fío
Colghar dun fío
Estar nunha situaçión complicada. Ex. A renovaçión do contrato colgha dun fío
Fío do lombo
popular. Espiñaço
Non dar puntada sen fío. Véxase puntada.
Colghar dun fío. Sentía que a súa vida colghaba dun fío.  



FIUNCHO: Planta de talo delghado e follas fendidas en tiras finas coma fíos, de bo arreçendo coma o anís, e ghosto doçe tamén de anís, moi abundante nesta terra, e usada en mediçina e como condimento. Ex.: Na beira do río arreçendía a fiúncho. SINÓNIMO: herba de anís.
FRASES E EXPRESIÓNS CON fiuncho
Estar coma un fiuncho
Estar moi delghado. Ex.: Xa nunca foi ghorda, pero aghora está coma un fiuncho. 
SINÓNIMOS: Estar coma un fideo, ser un fideo. 



FLOR: substantivo feminino. 1. Folerpa: Cada unha das porçións de aghua conxelada que caen cando neva. 2. Parte da planta formada por follas de vivas cores, xeralmente que arreçenden ben, onde están os órghanos reproductores. Hai plantas que non teñen flores. 3. Por extensión. Planta que produçe flores. Pola primavera os campos están cheos de flores. 4. Substançia que se forma na superfiçie de certos líquidos produçida pola transformaçión destes. Ex.: A flor do viño. 5. O mellor, a parte máis apreçiada dunha cousa ou dun conxunto. Ex.: Está na flor da vida. Os cabaleiros da Táboa redonda eran a flor da cabalaría. ¿6. Dóçe con forma de flor que se elabora con ovos, leite e fariña. Ex.: As flores son típicas do Entroido?
FRASES E EXPRESIÓNS CON flor
A flor de. Na superfiçie ou perto dela. Ex.: A flor de pel.
En flor. No momento en que unha planta bota flores ou xa lle saeu a flor. Ex.: Unha planta en flor. SINÓNIMO. Na flor.  
Flor artifiçial. Flor que se elabora con diferentes materiais e imita as naturais. Ex.: Mercou un ramo de flores artifiçiais. 
Flor de lis. Heráldica. Fighura estiliçada dun lirio. Ex.: A flor de lis é o distintivo da dinastía dos Borbóns. 
Na flor. En flor. Ex.: Nesta época os lirios están na flor.    



FOÇAR: 1. Escañar co fuçiño. Ex.: Os porcos bravos foçaron na braña. O porco anda foçando na terra. 2. fighurado. Andar en algho alterando a súa disposiçión. Ex.: Deixa de foçar no que non é teu. SINÓNIMOS: fedellar, fuchicar, remexer. 3. Traballar en calquera cousa a medias e sen maña. Ex.: Ti sighue a foçar na máquina que en ves de arranchala ighual a deixas peor do que estáEses non traballaban, eses están foçando. Eso non se chama traballar, eso chámase foçar. SINÓNIMOS: chafallar, fedellar, fuchicar.



FOCHANCA: Cavidade no terreo. Ex.: Meteu o pé nunha fochanca. SINÓNIMOS: covo, foxo. Ex.: Están amañando as fochancas da estrada. SINÓNIMO: foxo.



FOÇIÑO: VÉXASE fuçiño



FOIRA: Evacuaçión de excrementos en estado líquido ou case líquido. Ex.: Comeu tantas cereixas que aghora anda de foira. SINÓNIMOS: cagharría, descomposiçión, diarrea, furrica, furriqueira.



FOLERPA: Cada unha das porçións de aghua conxelada que caen cando neva. Ex.: As folerpas caían amodo. Miraba pola xanela como caían folerpas. SINÓNIMO: flor.



FOLGHADA, FOLGHADO: adxectivo. 1. Amplo abondo para o que contén. Ex.: Ese vestido quédache folghado. SINÓNIMOS: ancho, largho. 2. Persoa, animal que está sen façer nada ou con pouco traballo. Ex.: Vaime ao forno por un pouco de boroa, xa que estás folghado. SINÓNIMO: oçioso. Ex.: Xa vos farei unha visita máis adiante, cando estea máis folghado. SINÓNIMO: desocupado.  



FOLGHAR: 1. Non realiçar nincunha actividade, ter descanso. Ex.: Vou folghar un pouco que levo todo o día traballando. SINÓNIMO: descansar. Ex.: Canto máis un folgha, máis pioca ten. 2. Terra de labor que está un ano (ou máis) sen ser traballada. Ex.: A leira está folghando. A leira quedou sen acheghar. 



FOLLA: 1. Botánica. Órghano vexetal, de cor xeralmente verde e forma de lámina delghada, que naçe no talo, nas ponlas ou, en certos casos, nas raíçes das plantas. Ex.: Unha folla de carballo. 2. O conxunto destes órghanos. Ex.: A caída da folla. Unha árbore con moita folla. 3. Cada un dos órghanos vexetais que conforman a corola das flores. Ex.: Quitoulle todas as follas á margharida. SINÓNIMO: pétalo. 4. por extensión. Lámina delghada de calquera material. Ex.: Unha folla de aluminio. 5. Lámina rectanghular de papel. Ex.: Vou escribir nesta folla. 6. Lámina metálica dos instrumentos e armas cortantes. Ex.: Ten coidado coa folla da navalla. 7. Partes das portas ou xanelas que se abre e se cerra. Ex.: Unha porta de dúas follas. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON folla  
Folla blanda. Cocha superior do ghando
Carne da parte superior da cocha do ghando vacún. Ex.: Mercou bistés de folla branda. Mercou bistés da cocha de riba do pucho.  
Folla de afeitar
Lámina de açeiro moi fina e delghada, que constitúe a parte cortante da máquina de afeitar. Ex.: Fixo un corte na cara coa folla de afeitar. 
Folla de bacalao
Bacallau enteiro e salghado, preparado de xeito que presenta unha delghada e aloncada. Ex.: Para preparar este plato, preçisas media folla de bacalao e catroçentos ghramos de arrós. 
Folla de cálculo
Informática. Proghrama informático que permite façer operaçións de cálculo con rapidés. Ex.: Elaborou a factura coa axuda dunha folla de cálculo.
Folla de ruta
Documento no que constan datos como o itinerario, destino, destinatario, etç., das mercadorías que son transportadas. Ex..: O axente proçedeu á inspecçión da folla de ruta.
Folla de serviços
Documento no que constan os anteçedentes persoais e profesionais dun funçionario público. Ex.: Tras trinta e cinco anos de profesión, retirouse cunha folla de serviços impecable. 
Folla dura. Cocha central do ghando vacún.
Carne da parte central da cocha do ghando vacún. Ex.: Este anaco de folla dura vouno asar. Este anaco do medio da cocha do pucho, vouno asar.
Volta de folla. Ter ou non ter, haber ou non haber volta de folla
Dise de algho que ten esa única opçión, ou ao contrario, pode ter alghunha opçión diferente a maiores. Ex.: Non hai volta de folla. Esto é o que hai, a non ser que se intente cambiar a lei.        



FOQUE: Aparello manual, en forma de caixa pequena ou de çilindro, cunha lámpada no seu interior, protexida por un vidro, que produçe lus mediante pilas. Ex.: Vaia! Foise a lus, traede un foque.   



FONTE BARREIRA: Paraxe no entorno do lughar de Cures. Atópase máis arriba do cruçe da pista asfaltada que colle para Belles. Esta fonte sitúase xunto da paraxe chamada Campo Seco.



FONTEVIÑAL: Paraxe do lughar de Cures.



FONTIÑA, A: Antighua braña, antes coidada e hoxe a monte. Situada por baixo da leira, hoxe monte tamén, da Xesteira.



FONTIÑA: Diminutivo de fonte. 



FORCADA, A: Instrumento de labrança de manco de madeira lonco que remata en dúas ou máis ghallas. Antighamente soían ser de dúas ghallas, e de madeira. Hoxe tamén as hai de madeira, pero son máis frecuentes con ghallas de ferro. Serve para botar a leña ao forno, ... Botar a palla ao carro, á barra do alpendre / ou cuberto, ás cortes dos animais, ... Botar o batume ao carro, descarghar batume, herba, ... Ex.: Meteu a herba no cuberto, ou no alpendre coa forcada. NOTA: Pola aldea de Tállara, pertençente á Lousame, a este instrumento chámanlle "ghalla".



FORCADO, O: É un pau curto con dúas ghallas, das dimensións, máis ou menos, dun antebraço. Ten forma de Y. Serve para acompañar ao fouçiño do monte no apañado do batume, e así envolver as ghalladas. Ou tamén, cando se apañan silvas e outras espeçies vexetais que enredan e pican.



FORMENTO: 1. Pequena cantidade de masa fermentada, máis ou menos, unha cunca, que se reserva no acto de façer a boroa. Esta, empregharase nunha nova amasada de boroa para axudala a fermentar ou levodar (coller a textura dunha esponxa e aumentar de volume pola acçión do formento). O mesmo proçeso é aplicado para o pan de diferentes cereais, coma o trigho, centeo, avea, etç., constituído pola seu respectivo cereal. Ex.: O formento para a boroa. O formento para o pan de trigho. SINÓNIMO: lévado. 2. Substançia orghánica que provoca reacçións químicas noutras substançias, sen que ela mesma se modifique en aparençia. Ex.: O leite calla porque ten formentos.



FORRAR: 1. Revestir con forro. Ex.: Forrar un abrigho. Forrar un libro. Forrar os fondos dun asento. 2. Aseghurar mediante forra. Ex.: Forrar o carro. SINÓNIMOS: ¿acuñar?, calçar. 3. Diminuír o consumo dunha cousa. Ex.: Nos tempos de crise hai que forrar ghasolina. SINÓNIMO: aforrar. 4. Ghardar cartos para telos en reserva. Ex.: Pareçe que tiras cos cartos, non es capás de forrar un peso. Forrou o sufiçiente para mercar un piso. SINÓNIMO: aforrar.
Tamén absoluto: Co que ghana non pode forrar. SINÓNIMO: aforrar. 5. Librar a alghuén de algho molesto, difíçil, penoso, algho que supón un ghasto, etç. Ex.: A súa colaboraçión forrounos tempo e traballo. Se me traes ti o pan, fórrasme o traballo de ir á panadaría. SINÓNIMO: aforrar.



FORRO: substantivo masculino. 1. Cuberta con que se reviste ou protexe algho, espeçialmente a que recobre a parte interior da roupa ou o calçado. Ex.: A chaqueta ten o forro de pana. 2. Cuberta, xeralmente de papel ou plástico, coas que se revisten as tapas dun libro ou caderno para que non se estraghuen. Ex.: Cambioulle o forro ao dicçionario.    
Adxectivo. Cartos ou diñeiro que se aforrou. Ex.: Se tuvera forros mercaba unha leira.



FOUÇA: ferramenta para apañar de pé a herba. Alghunha persoa pola parroquia de Cures, chámalle ghadaña. Neste último caso, diferençian a ghadaña da herba, da ghadaña do esterco. Esta ten dentes ghordos, e virados, para arrincar esterco da corte. SINÓNIMO: ghadaña (nomeado por alghunha persoa).



FOUÇIÑA, A: Instrumento de labrança coa folla curva e manco curto, que se usa para seghar. É feita de fábrica, en comparança co fouçiño que se fai polo ferreiro. Ex.: Afiar a fouçiña. Apañou o çenteo coa fouçiña. SINÓNIMO: ghadaño (nomeado por alghunha persoa).



FOUÇIÑO, O: Instrumento de labrança con folla curva e manco curto que pode usarse para seghar çereais, herba, etç., pasando a chamarse "fouçiño da herba". Ex.: Apañou a herba co fouçiño da herba. Ou de folla máis ghrosa e forte, con mango máis lonco para apañar o batume ou as silveiras, chmado "fouçiño do monte". Ex.: Apañou o batume co fouçiño do monte.  
OBSERVAÇIÓNS: En calquera das versións, faise polo ferreiro. SINÓNIMO: ghadaño (nomeado por alghunha persoa).



FOXO: 1. Cavidade relativamente pequena e de forma arredondada que se fai no terreo. Ex.: A aghua da chuvia deposítase nos foxos da estrada. SINÓNIMO: fochanca. Ex.: Puxéronse a cavar un foxo. SINÓNIMOS: covo, fochanca. 2. Burato no terreo para caçar animais, que se disimula con ponlas e folla. Ex.: Caeu un lobo no foxo. SINÓNIMO: trampa. 3. Cada un dos sucos fondos que están a ambos os lados das estradas. Ex.: Se non me tiro ao foxo, cólleme un coche. SINÓNIMO: cuneta.



FRAGHUEIRO: Tratante de madeira ou persoa que se dedica a cortar árbores. Empeçou de fraghueiro e logho montou unha serra. O fraghueiro válese de cuñas para traballar.



FRAÍS: Paraxe nas afóras do lughar de Cures.



FRANCULLA: Anaquiño moi pequeno que se desprende do pan, ou doutro alimento feito con fariña, por exemplo, os doçes ou as ghalletas. Ex.: Que non che caian francullas de boroa ao chan que despois hai que varrelas. SINÓNIMO: mighalla.



FRANDEAR: Botar flores na súa parte superior o pé de millo. Ex.: O millo xa está a frandear. O millo xa vén frandeando.



FRANDO: Flores que lle saen na cabeça do pé de millo, é diçir, na súa parte superior. Ex.: O millo xa ten frandos.



FREBA: substantivo feminino. 1. Carne sen ghraxa. Ex.: A carne que comemos hoxe tiña moita freba e pouco touçiño. 2. Restos de herbas que quedan na braña, ou na leira despois de apañala. Ex.: Apaña coa man esas frebas de herba e pónas no feixe. 3. Estigma da flor do asafrán. Ex.: Dinlle (deille) unhas frebas de asafrán para que llas botase ao ghuiso. 



FREIXO, O: Paraxe nas afóras do lughar de Cures, por baixo doutra paraxe conoçida como o Ramallal



FREIXO: 1, Árbore de folla caduca de vinte a trinta metros de alto, de toro ghroso, con moitas ponlas e madeira de cor abrancada, moi fáçil de traballar. Ex.: A casca do freixo ten propiedades mediçinais. 2. Madeira desta árbore. Ex.: Un xugho de freixo.



FRESAR: Roturar o terreo coa fresadora, ou apeiro con dentes. Ex.: Metín a fresadora nas leiras para fresalas.



FRIAXE: 1. Frío do ambiente. Ex.: Vai friaxe. 2. Sensaçión de frío. Ex.: Teño unha friaxe nos pés. 



FROALLAR: Caer froallo. Ex.: Leva toda a mañán froallando. SINÓNIMOS: babuxada, chuviscada, morriña, morriñada, orballada, parruma, parrumada, parrumeira.


 
FROALLO: Chuvía miúda, moi fina. Ex.: O froallo vai mollando pouquiño a pouco. SINÓNIMOS: babuxa, chuvisca, morriña, morriñada, orballo.



FROALLADA: Froallo. Ex.: Leva toda a mañán con esta froallada. Ex.: Froallada de brétema. SINÓNIMOS: babuxada, chuviscada, morriña, morriñada, orballada.



FRONÇA: 1. Conxunto de ramas finas, da xesta, vimbios, ou calquera outra planta, e árbores. Ex.: Os varredores usan xestas de fronça. 2. Pequena porción de leña, herba ou palla. Ex.: Trae unhas fronças de herba prendidas na chaqueta. 3. fighurado. Porçión minúscula de algho. Ex.: Non me dou máis ca unhas fronçiñas de nada.



FUCHICAR: 1. Escañar ou tamén, remexer lixeiramente na terra. Ex.: O can anda a fuchicar na horta; quererá aghachar algho. SINÓNIMO: foçar. 2. fighurado. Manipular cousas que estaban en orde deixándoas revoltas ou en mal estado. Ex.: Non fuchiquedes nas miñas cousas, que mas desordenades. SINÓNIMOS: fedellar, foçar, escaravellar, remexer, revolver. 3. fighurado. Façer calquera cousa a medias e sen maña. Ex.: Por moito que fochicou, non dou amañado a televisión. SINÓNIMOS: chafallar, fedellar, foçar. 4. popular. Realiçar o acto sexual. Ex.: Seica andábades fuchicando no palleiro? SINÓNIMO: foder, ghuichar.      



FUÇIÑO: 1Parte máis ou menos prolonghada da cara dos mamíferos, onde está a boca e o naris. Ex.: O fuçiño do porco, da vaca. SINÓNIMO: bico, morro. 2. por extensión. Parte da cara das persoas que comprende a boca e o narís ou, nalgúns sitios, só o narís.
OBSERVAÇIÓNS: Úsase a miúdo en plural.
FRASES E EXPRESIÓN CON fuçiño
De fuçiños
Dando coa cara contra algho nunha caída ou gholpe. Ex.: Caeu de fuçiños. SINÓNIMO: Caeu de bruços. Ex: Foi de fuçiños contra a parede.
Lamber os fuçiños
coloquial. Pasar a lincua polos beiços unha ou varias veçes. Ex.: Aínda non probara os dóçes e xa lambía os fuçiños. 
Meter os fuçiños en algho
Intervir alghuén nun asunto alleo sen que lle sexa pedido, causando molestia. Ex.: Non metas os fuçiños onde non debes. 
Torçer o fuçiño
Manifestar desacordo con algho. Ex.: Torçeu o fuçiño porque lle pareçeu moito o que tiña que paghar.         



FUMEIRO: Cada unha das estacas ghrosas, curtas e afiadas que se colocan verticalmente polos lados do carro, remolque ou caixa do camión, para que non caia a cargha, ou para soster as canisas, e o caniso. SINÓNIMO: funqueiro.



FUNCAR: 1. Expulsar con força o aire polo narís. Ex.: ¡Non funques que non é para tanto! O ghato funca cando quere ameaçar. 2. Façer ruído ao expulsar o aire polo narís. Ex.: Roncar non roncaba, pero sentíase funcar polo narís. 3. Falar de xeito nasal, resoando o son polo narís. Ex.: Ten unha vos moi propia porque funca ao falar. 4. Cousa, particularmente o vento que sumba. Ex.: Ghústame sentir como funca o vento. 5. Emitir sons confusos ou palabras incomprensibles, como mostra de protesta ou enfado. Ex.: Non fai máis que funcar, nada lle pareçe ben. SINÓNIMOS: bufar, refuncar, roñar, rosmar. 



FUNIL: Instrumento de boca ancha, que se vai estreitando ata rematar nun tubo, que se empregha para verter líquidos en reçipientes de boca estreita. Ex.: Pon o funil para encher a botella. SINÓNIMO: embude.



FUNQUEIRO: Cada unha das estacas ghrosas, curtas e afiadas que se colocan verticalmente polos lados do carro, remolque ou caixa do camión, para que non caia a cargha, ou para soster as canisas, e o caniso. SINÓNIMO: fumeiro.



FURAR: 1. Abrir ou façer furados nun determinado material, sexa terra, ou calquera outro. Ex.: As toupeiras (toupas) furan a terra. Furou a parede coa broca. SINÓNIMOS: buratear, perforar. Tamén absoluto. Ex.: O xabalí (porco bravo) veuse acurralado, e furou pola silveira. 2. Pasar a man, a cabeça, …, por un burato dunha peça de roupa. Ex.: Veña, fura, que nos é hora.



FURRICA: 1. Evacuación frecuente de excrementos líquidos ou case líquidos. Ex.: Anda de furrica por tantas uvas que comeu. SINÓNIMOS: cagharría, descomposiçión, diarrea, foira, furricalla, furricallada, furriqueira. 2. Cousa, ou persoa que non vale nada. Ex.: ¡Que xente máis furrica, sen ánimo nincún!



FURRICALLA: 1. Evacuación frecuente de excrementos líquidos ou case líquidos. Ex.: Anda de furricalla por tantas uvas que comeu. SINÓNIMOS: cagharría, descomposiçión, diarrea, foira, furrica, furricallada, furriqueira. 2. Cousa, ou persoa que non vale nada. Ex.: Esa xente é unha furricalla, non ten espírito. Esa tarteira é unha furricalla.



FURRICALLADA: 1. Evacuación frecuente de excrementos líquidos ou case líquidos. Ex.: Anda de furricallada por tantas uvas que comeu. SINÓNIMOS: cagharría, descomposiçión, diarrea, foira, furrica, furricalla, furriqueira. 2. Cousa, ou persoa que non vale nada. Ex.: Nese alpendre hai moita furricallada. Esta tarteira é unha furricallada. ¡Canta furricallada de cousas hai aquí!



FURRIQUEIRA: 1. Evacuación frecuente de excrementos líquidos ou case líquidos. Ex.: Anda de furriqueira por tantas uvas que comeu. SINÓNIMOS: cagharría, descomposiçión, diarrea, foira, furrica, furricalla, furricallada, furriqueira. 2. Cousa, ou persoa que non vale nada. Ex.: Que xente máis furriqueira. Esta tarteira é unha furriqueira, ten buratos por todas partes.




FURRUXA: Substançia ghraxa e neghra que o fume deposita na superfiçie dos corpos que están ao seu alcançe. Ex. Houbo que limpar un pouco a lareira porque estaba chea de furruxa. 



FUSCO: 1. Escuro, sombrío, que tira a neghro. Ex.: Estaba todo moi fusco e non o puden ver moi ben. Ver fusco. 2. Entre día e noite. Cando se vai o día e vén a noite, está a punto de escureçer.



FUSO: 1. Instrumento, xeralmente de madeira, de forma arredondada e aloncada, que se estreita nas puntas e que serve para fiar façéndoo virar por un dos extremos de maneira que retorçe a frebra. Ex.: Cómpre moita habilidade para fiar o liño co fuso e a roca. Os peixes teñen forma de fuso. 2. Peça aloncada de ferro ou madeira, con rosca en espiral. Ex.: O laghar vello da bodegha tiña a vigha e o fuso de pau de castiñeiro.



FUSTE: Reçipiente de madeira, en forma de perfia, ou barril, pero de ghran tamaño, que se utiliça para conter o viño ou outros líquidos. Pode conter cinco pipas, no que unha pipa son 500 litros. Por tanto, tería unha capaçidade de 2500 litros, anque hainos de menos e de máis cantidade. NOTA: Os fustes da Torre de Ghoiáns, tamén conoçida como Torre de Gheáns, fíxollos meu avó paterno Xaquín, quedando rexistro deso nos xornais da época.



FUXENAVAL: Paraxe por riba do monte de Chenlo, en dirección a Belles.



FUXIR: 1. Apartarse rápidamente de algho ou alghuén, polo xeral para evitar unha ameaça ou perigho. Ex.: Nos tempos da ghuerra moitos fuxían para o monte. Os lobos foxen do lume. SINÓNIMO: escapar. 2. Saír dun lughar onde se está preso por medios non leghais. Ex.: Onte á noite fuxiron varios presos. SINÓNIMO.: escapar.



G



GHÁBADO: Tritón de aghua dóçe, que hai nas fontes, reghueiros, ..., onde as aghuas están limpas, sen contaminar.



GHABEAR: 1. aparte de telo significado de subir, indicar que en territorios como Ourille, Beluso, Boimaçán, ..., aplícano a “cavar” as viñas, leiras, ...  1. Animal que sobe por unha árbore, parede etc., axudándose das patas e agharrándose fortemente coas uñas. Ex.: O esquío ghabeaba pola noghueira. SINÓNIMOS: aghatuñar, ghatuñar, ghatear. 3. Persoa que sobe por unha árbore, parede etc., valéndose dos braços e das pernas. Ex.: Vímolo ghabeando polo castiñeiro arriba. SINÓNIMOS: aghatuñar, ghatear. 3. por extensión. Planta que medra cara ao alto envolvéndose ou apoiándose nun pau ou noutra cousa. Ex.: As hedras ghabeaban polo muro que rodea a casa.



GHABETA: Espeçie de caixa corrediça e sen tampa, que vai axustada a un espaçio en çertos mobles, como armarios, mesiñas, etç. Ex.: Ghardaba as xoias na ghabeta do roupeiro. SINÓNIMO: queixón.



GHABEXAR: Andar a remexer en algho. Realiçar tarefas, ou traballos de pouca importançia que non requiren moito esforço. Ex.: Pasou a mañán ghabexando pola horta. Está ghabexando no faiado para ordenalo un pouco. SINÓNIMO: enghabexar.



GHABEXO: 1. Traballo ou ocupaçión que non require moito esforço. Ex.: Con que ghabexos andas? 2. Reçipiente ou envase xeralmente ghrande. Ex.: Ese ghabexo ten tanta capaçidade coma un bocoi. 3. Fighurado. Imos tomar un ghabexo. É diçir, beber algho.



GHAÇO: Anaco pequeno dunha piñoca de uva, cando a esghaçamos para coller unha pequena cantidade.



GHADAÑA: 1. Apeiro que consta dun manco lonco e dous ghallos de ferro, que serve para arrincar o esterco. Ex.: Mancar o ghadaño. 2. Nome pouco frecuente, pero que alghunha persoa pola parroquia de Cures o dí. Refírese a un instrumento de labrança de folla curva, ghrosa e forte, que alghunhas persoas empreghan de cando en ves como sinónimo de fouçiño do monte, fouçiño da herba ou, a fouçiña. SINÓNIMOS: fouçiño do monte, fouçiño da herba, fouçiña, ghadaño. 3. Nome que alghunha persoa pola parroquia de Cures, usa para definir a fouça (da herba). Este é un apeiro para seghar que ten unha folla moito máis lonca e largha ca a do fouçiño, con forma de triánghulo curvo e suxeita a un manco lonco con dúas asas. Ex.: Afía a ghadaña. SINÓNIMO: fouça (da herba).



GHADAÑO: Nome pouco frecuente, pero que alghunha persoa pola parroquia de Cures o dí. Refírese a un instrumento de labrança de folla curva que alghunhas persoas empreghan de cando en ves como sinónimo de fouçiño. Cando a folla é ghrosa e forte, chámase "fouçiño do monte" para apañar batume ou silveiras. Se ten a folla algho máis delghada, denomínase "fouçiño da herba" para seghar herba ou çereais. E se a folla ten a mesma densidade que o da herba pero, un pouquiño máis lonco, noméase "fouçiña" que serve tamén para seghar. SINÓNIMOS: fouçiño do monte, fouçiño da herba, fouçiña.



GHADELLA: Pedaço de pelo lonco. OBSERVAÇIÓNS: Úsase normalmente en plural. Ex.: Cortar as ghadellas. SINÓNIMO: ghuedella.



GHADELLO: 1. Parte, ou anaco de pelo. Ex.: Recolle eses ghadellos que che caen na cara. SINÓNIMO: ghuedello. 2. Conxunto de lan que se acaba de trasquilar. Colleu un ghadellos de lan para reencher o xalghón. Quítalle o ghadello ao mexillón. SINÓNIMO: ghuedello.
 


GHADOUPA: 1. Pé dalghúns animais, provisto de unllas fortes, curvadas e aghuçadas, dispostas para apresar e esghaçar. Ex.: As ghadoupas dun león, dun ghato. 2. Esta uña. Ex.: As ghadoupas do miñato. 3. fighurado. Man ghrande, forte e torpe. Ex.: Quita as ghadoupas daí.



GHADOUPADA: 1. Gholpe dado cunha ghadoupa. Ex.: Dunha ghadoupada derrubou a ghaçela. SINÓNIMO: aghadoupada. 2. por extensión, Gholpe dado cunha man. Ex.: Non vexas que ghadoupada me meteu. SINÓNIMO: aghadoupada.



GHADUÑAR: 1. Causar feridas superfiçiais na pel dun ser vivo pola acçión dunha cousa afiada, espeçialmente as uñas. Ex.: Ghaduñoume sen querer. Córtalle as uñas á nena, que se vai ghaduñar. SINÓNIMOS: esghaduñar, rabuñar. 2. Causar rascaduras na parte externa de algho, pola acçión dunha cousa afiada espeçialmente as uñas. Ex.: Os ghatos ghaduñaron o sofá. SINÓNIMOS: esghaduñar, rabuñar. 3. Ser vivo ao sufrir feridas superfiçiais na pel, produçidas por unha cousa afiada. Ex.: Caeu nas silvas e ghaduñouse toda. Botouse a min coma un can, pensín que me ghaduñaba. Ghaduñouse nos toxos. SINÓNIMO: esghaduñar, rabuñar.



GHAFADO: Partiçipio do verbo ghafar. Punta de pico ghastado, ou fío de cortar ghastado. SINÓNIMO: esghafado.



GHAFAR: Ghastar polo uso, quedando sen punta, ou sen fío. Ex.: Este coitelo está ghafado. SINÓNIMO: esghafar.



GHAFARSE: VÉXASE ghafar. SINÓNIMO: esghafarse. VÉXASE esghafar.



GHAIOLA: Caixa feita de arames, barras ou paus, para ter dentro animais, espeçialmente animais salvaxes e paxaros. Unha ghaiola para leóns. Os animais non naçeron para vivir en ghaiolas.



GHAIOLEIRO-A: 1. Que atrae pola súa simpatía, polo seu encanto etc Enredante. Como é tan gaioleiro, conseghue todo o que quere. 2. por extensión. [Acción, mirada, sorriso etc.] propio dunha persoa gaioleira. Tiña un sorrir moi ghaioleiro. Sinónimo: enredante, enghaiolante.



GHALADA: Órghano respiratorio dos animais acúaticos constituídos por uns fiamentos, a través dos cales absorbe o osíxeno disolto na agua. Ex.: Escama o peixe, ábreo e quítalle a ghalada. SINÓNIMOS: branquia, ghargelo.



GHALEAR: Cubrir o ghalo unha ghaliña. Ex.: O galo novo xa ghalea as polas. O ghalo ghaleou a pita nova. 



GHALIÑA: substantivo feminino. 1 (Gallus domesticus) Ave doméstica da familia dos fasiánidos, femia do ghalo, con crista pequena e vermella e peteiro curto, que se cría para aproveitar os seus ovos e a súa carne para a alimentaçión. Caldo de ghaliña. Ghranxa de ghaliñas. SINÓNIMOS: pita.

FRASES E EXPRESIÓN CON ghaliña

Carne de ghaliña. Véxase carne.

Deitarse coas ghaliñas. Ir para a cama moi çedo. Ghústalle madrughar, pero tamén se deita coas ghaliñas.

Ghaliña choca. A que está en período de chocar ou incubar ovos. A ghaliñaa choca non saía derriba dos ovos. SINÓNIMO: pita choca. 

Ghaliña de río. ¿Ghaliñola? Na laghoa vimos varias ghaliñas de río. Ghaliña ventureira. Ghaliña que choca e se ocupa da niñada ela soa. Apareçeulle unha ghaliña ventureira cunha manada de des pitos.

Leite de ghaliña. Véxase leite.

Pé de ghaliña. Véxase pé.

Pel de ghaliña. Véxase pel.



GHALLA: 1. Cada unha das partes que saen do toro das árbores ou do talo das plantas e arbustos, das que naçen as follas, flores e froitos. Ex.: Cortar as ghallas dun piñeiro. SINÓNIMOS: ponla, rama. 2. Rama ou pau bifurcado. Ex.: Colocoulle unhas ghallas ás roseiras para endereitalas. 3. Cada un dos dentes ou puntas nos que rematan as forcadas ou outras ferramentas. Na época dos avós, e cando os pais eras rapaçes, as forcadas soían ser de madeira, con dúas ghallas ou dentes. Toda ela, feita nunha soa peça de madeira. Posteriormente, começaron apareçendo as forcadas, con dúas ghallas de ferro e o manco de madeira. Ex.: Picouse nun pé coas ghallas da forcada.



GHALLADA: 1. Morea envolta de batume (composta de toxos, fieitos, picaños, ...) que se apaña co fouçiño do monte e vaise envolvéndoo co forcado que temos na outra man. 2. Cantidade de herba, palla, batume etc., que se colle dunha ves coa forcada. Ex.: Bótalles unhas ghalladas de herba ás vacas.



¿GHALLAR: Cousa que se abre en dúas partes. Ex.: A pluma ghallou por cargharlle tanto ao escribir. SINÓNIMO: esghaçar. Ex.: O camiño ghalla despois da curva?  



GHALLEIRO: 1. Boi ou vaca que ten os cornos loncos cara arriba e abertos para os lados. Ex.: A vaca ghalleira está preñada 2. Forcada de dous ou tres ghallos que se usa en diversas tarefas aghrícolas. Ex.: Colle as ghavillas co ghalleiro. SINÓNIMO: forcada. 3. ¿Ghancho de madeira ou de metal colghado do teito, que serve para pór cousas diversas. Ex.: Hai que colghar o caniso no ghalleiro.? 4. ¿Pau colghado do teito con varios ghallos laterais onde se poñen embutidos, pan, utensilios de cociña etc. Ex.: Non hai chouriços no ghalleiro.?



GHALLEIRO (O): Alcume dunha casa de Pomar do Río, na parroquia de Cures, Boiro.



GHALOPE: Marcha que é a máis rápida de çertos animais, como o cabalo: Ex.: Nas carreiras, os cabalos van ao ghalope.  



GHALOPEAR: 1. Ir ao ghalope. Ex.: O animal atafeghaba de tanto ghalopear. SINÓNIMO: aghalopar. 2. Persoa que vai montada sobor dun cabalo que vai ao ghalope. Ex.: Iba ghalopeando pola extensa chan. SINÓNIMO: aghalopar.   



GHALOPINS: Persoas aproveitadas, pillabáns. Rapás que comete pequenos enghanos ou fraudes con habilidade e sen maliçia. Mira que es ghalopín. SINÓNIMOS: pillabán, pillo, tuno. Quen foi o ghalopín que comeu todo o pastel?



GHALORCHEIRA-O: 1. Persoa que fai ou vende ghalorchos. 2. Persoa que calça ghalorchos. 3. Persoa que anda desamañada e lordenta. 



GHALORCHO: 1. Calçado rudimentario. Ex.: Calçaba uns ghalorchos de coiro. 2. Calçado vello e estraghado. Ex.: Eses ghalorchos non son para pores un día coma hoxe. SINÓNIMO: ghalorcha. 3. Sapatos ghrandes ou, socos ghrandes. Ex.: Andaba con aqueles ghalorchos, pareçían lanchas.



GHAMÓN: Talo herbáçeo sen follas que sae da parte baixa da abrótena e leva as flores na punta. Ex.: Prenderon o lume cun ghamón seco. Co ghamón prendido foron ao cuberto e entraron nas cortes para ver o ghando. 



GHANACÁN: Amarre ou atadura de vimbio ghordo nas viñas, entre un chantón sen ghallas e unha cana, unha vara, etc...



GHANDO: Conxunto de animais mansos de catro patas como vacas, bois, cabalos, porcos, ovellas, etc., que se crían xuntos para a súa explotaçión. Ghando vacún. Coidar o ghando. FRASES E EXPRESIÓNS CON ghando
Ghando ghrande: O constituído por vacas, bois, cabalos, mulas, etc. Levou o ghando ghrande a paçer. 
Ghando miúdo: O constituído por reses pequenas: ovellas, cabras, porcos, etc. Foille dar de comer ao ghando miúdo.     



GHANDULA-O: Adxectivo. Moi dado ao oçio, que non é amigho de traballar. Ex.: É tan ghandulo que pasa o máis do día na cama. 
SINÓNIMOS: folghaçán, lacaçán, lampantín, lerchán, pioqueiro, preghuiçeiro, preghuiçoso, vagho.  
Tamén como substantivo. SINÓNIMOS: folghaçán, lacaçán, lampantín, lerchán, mancante, pioqueiro, preghuiçeiro, preghuiçoso, vagho.  



GHARABEXAR. Meter un pau, ou un gharabullo nun burato para saber se hai algho nel. SINÓNIMO: ghuixar.  



GHARABULLADA: 1. Leña miúda. Foron buscar co tractor unha gharabullada para serrar. 2. Conxunto de gharabullos. Açendeu o lume cunha gharabullada.



GHARABULLAR: Remexer, entrometerse con insignificançias nunha conversa. Andar a façer rebumbio nalghunha cousa material, e intrasçendente. Sinónimos: fedellar.



GHARABULLO: Pau delghado e pequeno, que se usa sobre todo para prender lume. Xuntou uns gharabullos secos para açender a lareira.



GHARADUNCHO-S: cachos pequenos, ou retrouças que quedan sen querer, ou a propio intento, logho de cortar unha ponla dunha árbore, ou de podar unha labor nunha cepa da viña, ...



GHARGHALLADA: Risa sonora e impetuosa. Ex.: Soltou unha gharghallada sen xeito. Conta uns chistes de rir ás gharghalladas. SINÓNIMO: risada. 



GHARGHELO: Campaniña que está no fondo da boca, xusto na baixada da ghorxa. Ex.: Tes o gharghelo moi inflamado.



GHASTALLO: 1. Rebaixe nunha táboa para usala como ferramenta de carpinteiro, e serve para apertar as táboas por medio de cuñas. Pode ser para façer un moble, unha xanela, ... Ex.: Colocou as peças da porta no ghastallo. 2. Pau ghroso que pode ter varios usos, como manter o porco aberto polas patas traseiras, cando está colghado do teito, despois de morto. Ex.: Prepararon un ghastallo para colghar o porco. Mantiña aberta a tapa da artesa cun ghastallo.



GHATO COLLUDO (ANDAR DE): Volta que dá unha persoa sobor de si mesma, ao caer ou ao tirarse no chan de cabeça. Ex.: Os rapaçes andaban de ghato colludo polo prado abaixo.



GHAVILÁN: 1. Órghano da viña, lonco, delghado, brando, de cor verde, e flexible que lle serve para amarrarse, e ghabear. Ex.: Xa medran os ghaviláns da viña. 2. Ave de rapiña diúrna, duns trinta centímetros de lonco, de cor ghris tirando a açul na parte superior do corpo e branca no pescoço, peito e ventre con faixas avermelladas no macho e pardas na femia. Ex.: O ghavilán aliméntase de pequenos animais.



GHAVILLA: Mando de calquera cereal (trigho, centeo, avea, ...) pousados no chan da leira, coa fin de amarralos polo medio. Soian amarrarse coa mesma palla do cereal da leira, que se retorçía en forma de corda para darlle o amarre. Ex.: Iban pondo o pan (trigho, ou centeo) en ghavillas.



GHAVOTA: Ave mariña e cosmopolita, de tamaño medio, ás longas, patas palmadas, plumaxe xeralmente de cor gris na parte superior das ás e, no lombo e no resto do corpo, branca, da que existen varias espeçies. Ex.: Unha bandada de ghavotas sobrevoa o barco. En determinada época do ano, as ghavotas van en bandada sobre a canle de Cures para aniñar en Monte Louro.



GHISPAR: Marchar moi á présa dun lughar.  Ex.: En canto puden ghispei daquela casa en busca doutra mellor. Ghispa daí. Ghispou de alí a fume de caroço. SINÓNIMOS: Escapar, Fuxir, Ispar, Larghar, Liscar.



GHOMITAR: Expulsar pola boca algho que estaba no estómagho. Ex.: Ghomitou o almorço. Tamén absoluto. Ex.: Aquel medicamento provocoulle ghanas de ghomitar. SINÓNIMO: devolver.



GHOMO: pequeno vulto que lles sae aos vexetais no talo ou nas ponlas e que se vai transformando en novas ponlas, follas ou flores. Ex.: Ghomos das patacas. Ghomos das labores das viñas. Na primavera as plantas botan ghomos. As maçeiras empeçan a botar ghomos. SINÓNIMOS: abrocho, ghromo, rebento, xema.



GHORDURA: 1. Dise do batume moi vello, apodreçendo na chan da toxeira, ou do monte. 2. Follas caídas das árbores no chan do monte, ou da toxeira, por exemplo, picaños dos pinos, de carballos, castiñeiros, e de calquera outra árbore. Esto forma unha capa que en ocasións se apañan para fertiliçar a terra. Ademáis, cando son de picaños, empréghanse para queimar na lareira, nas filloeiras e tamén nas coçiñas de ferro.



GHORXA: 1. Parte anterior externa do pescoço. Tapa a gorxa coa bufanda. Sinónimo: gharghanta. 2. popular. Farinxe. Non podía falar porque estaba mal da ghorxa. 3. Parte moi estreita dunha cousa. A ghorxa dunha botella. FRASES E EXPRESIÓNS: Ghorxa da comida. Popular. Esófagho. Cravóuselle unha espiña na ghorxa da comida. Gorxa do alento, ou do aire. Popular. Conduto que comunica a farinxe cos pulmóns. Foille a aghua pola ghorxa do alento, e atraghoouse. Sinónimo: ghorxa pequena. Ghorxa pequena. Popular: Ghorxa do alento, ou ghorxa do aire. Tusía porque tiña algho na ghorxa pequena. 



GHRADISELA: barras de madeira para façer cançelos, ou comedeiros de animais, ..., e púñanse en forma transversais.



GHRAMALLEIRA: cadea cravada na parede da lareira, por onde sube a cheminea. Esta cadea ten un ghancho inferor por onde se colgha o pote sobre o lume. Nas casas antighas aínda se conservan ghramalleiras.



GHRAMIL: Instrumento de carpintaría, ou doutros ofiçios que se usa para traçar liñas paralelas no bordo dunha peça. Ten un manco de madeira que remata nunha cabeça de media lúa. Nunha parte do manco ten cravado unha punta, que marca a ghordura de calquera táboa coa fin de posteriormente sacarlle o sobrante. Expresión: Para marcar as liñas da táboa usa o ghramil.



GHRAMPA: 1. Peça de ferro ou outro metal, no que as dúas beiras, dobradas e en espicho, crávanse para unir ou suxeitar dúas táboas ou outras cousas. 2. Peça metálica pequena que se usa para coser e suxeitar papeis. 3. Peça semellante a unha ghrampa que se empregha en çirurxía para unir as beiras dunha ferida. 



GHRAMPAR: Prender cun ghrampeador ou, ghrampeadora. SINÓNIMO: ghrampear.



GHRAMPEADOR: 1. adxectivo. Que ghrampa ou ghrampea. 2. substantivo masculino. Utensilio para prender con ghrampa conxuntos de follas de papel ou cadernos.  SINÓNIMO: ghrampeadora.



GHRAMPEADORA: feminino de ghrampeador. VÉXASE ghrampeador 



GHRAMPEAR: 1. Prender cun ghrampeador ou, ghrampeadora. SINÓNIMO: ghrampar. 2. Prender con ghancho metálico, coas portas dobradas en ánghulo recto.



GHRANDULLO: Tipo de pedra ghrande, que se colle entre dúas persoas. Destínase ao çiamento, ou base dos muros. SINÓNIMO: pandullo. 



GHREA: 1. Conxunto de xente aghrupada. Ex.: Unha ghrea de xente. SINÓNIMOS: fato, ghrupo, morea. 2. Conxunto de animais de catro patas que viven xuntos, espeçialmente cabalos. Unha ghrea de cabalos salvaxes. SINÓNIMOS: fato, manada.



GHREÑA: Porçión de cabelo enmarañado ou desamañado. OBSERVAÇIÓNS: Úsase xeralmente en plural. Ex.: Non sei quen me pareçes con esas ghreñas. 



GHRELO: ghomo desenvolto do nabo, do que saen as flores. Ex.: Lacón con ghrelos. Ghrelos de rabiça.



GHRILO (O): Monte do lughar.



GHRILO: Insecto saltador, duns tres centímetros de tamaño e de cor neghra, que se caracteriza porque o macho produce un son monótono ao fretar as alas anteriores que non usa para voar. Ex.: Nas noites de verán cantan os ghrilos.



GHRILLO: cuña de ferro que se cravan nas pedras para abrilas, ou fendelas.



GHROLO: 1. Porçión pequena dun líquido ou bebida que se bebe dunha ves. Ex.: Tomou uns ghrolos de viño. SINÓNIMOS: chopo, sorbo, tragho. 2. Ovo que non está fecundado. Ex.: Dos ovos que collín hoxe, dous están ghrolos. 3. Ovo que está podre ou estraghado. Ex.: Botou un ovo para fritir e estaba ghrolo. SINÓNIMO: choco. 4. Alimento que está a medio coçer. Ex.: Non sei como podes comer este caldo ghrolo.



GHROMO: pequeno vulto que lle saen aos vexetais no talo ou nas ponlas e que se vai transformando en novas ponlas, follas ou flores. Ex.: As maçeiras empeçan a botar ghromos. Na primavera as plantas botan ghromos. SINÓNIMOS: abrocho, ghomo, rebento, xema.



GHRUMO: Porçión sólida e compacta dunha substançia mal diluída nun líquido ou que resulta de callarse un líquido. Ex.: Esa masa ten moitos ghrumos. SINÓNIMOS: bolo, cadullo. Ex.: Ghrumos de sancre. SINÓNIMOS: cadullo, callón. 



GHRUMOSA-O: Que ten ghrumos. Ex.: A masa do dóçe quedoulle un pouco ghrumosa. 



GHUEDELLA: VÉXASE ghadella.



GHUEDELLO: VÉXASE ghadello.



GHUADANA: Mamífero de pelo mesto e escuro, cos dedos unidos por membranas, que vive na beira dos ríos e se alimenta de peixes. SINÓNIMO: londra, lontra. Ex.: As ghuadanas son moi boas nadadoras. NOTA: Cando eu era un neno, teño visto ghuadanas no río, ao pé da Ponte Pequena, que está situada na Aghra de Riba, en Cures.



GHUIADA-O: 1. Partiçipio do verbo ghuiar. 2. adxectivo. Que cumpre o que lle mandan ou se deixa ghuiar fáçilmente. Ex.: Non llo encarghues a ela, que non é nada ghuiada. Sempre fixo o que querían seus pais, é ghuiado de máis. SINÓNIMO: ghuieiro, obediente. 



GHUIAR: 1. Indicar algho ou alghuén o camiño que se debe seghuir. Ex.: Un labregho ghuiounos por aqueles lughares. SINÓNIMO: conduçir. 2. Indicar a unha persoa o que debe façer, mediante consellos. Ex.: Ghuiouno nos estudos. SINÓNIMOS: asesorar, conduçir, dirixir, encamiñar, encarreirar, orientar. 3. Levar un vehículo montado nel e manexando o volante, o ghuiador ou outro mecanismo de direcçión. Ex.: Custoulle aprender a ghuiar a biçicleta. Vai con coidado porque aínda non sabe ghuiar ben. SINÓNIMO: conduçir (verba de hai poucas décadas que se foi incorporando ao noso vocabulario, debido aos medios de comunicaçión e a interconexión con xentes foráneas). 4. Persoa que ten tódalas facultades mentais. Ex.: Cos anos xa non ghuía ben. SINÓNIMOS: reghular, rexer. 5. Persoa ou animal que sighue o sinal que ofreçe certa cousa para orientarse. Ex.: O can ghuíase polo cheiro para pillar os coellos. Os antighos mariños ghuíabanse polas estrelas. 6. fighurado. Ser obediente. Ex.: O rapás non se me ghuía nada. 7. fighurado. Comportarse con sensatés. Ex.: Ghuíate. 8. fighurado. Actuar ou comportarse seghuindo os consellos, as advertençias, o exemplo, etç. de alghuén. Ex.: Ghuíate por nós, que che vai ser mellor.      




GHUICHA-S (A-AS): Diçía alghunha persoa, referíndose ás leiras, ou terras de labradío.
 


GHUICHAR: Posuír sexualmente, realiçar o acto sexual, foder. Ex.: Estaban ghuichando no cuberto.



GHUIEIRO: 1. Pau algho ghordo que sobrepasa dúas mans abertas, e que se colocan nas viñas, repartidos a determinada distançia para soportar o peso das çepas. 2. Que acostuma façer o que lle mandan. Ex.: Se es ghuieiro, reçibirás un bo reghalo. SINÓNIMOS: ghuiado, obediente.



GHUINCHO: Alcume dunha casa de Cadarnoxo. Ex.: É do Ghuincho ou, da Ghuincha de Cadarnoxo. 



GHUINDAR: 1. Lançar algho ou alghuén a certa distançia ou ao chan. Ex.: Colleu unha banqueta e ghuindouna pola xanela. Ghuindoulle unha pedra á pereira e caeron unha chea de peras. SINÓNIMOS: arrebolar, lançar, mandar, tirar. Ghuindouno dun gholpe. SINÓNIMOS: abater, chimpar, derrubar, tirar. 2. Suxeitar unha persoa ou cousa pola súa parte superior ou por un extremo, de xeito que se manteña no aire. Ex.: Ghuindou a restra de allos na espeteira. Ghuindouno polas lapelas. 3. Alghuén que se pon nun sitio de xeito que se sosteña sen que a súa parte inferior estea apoiada en nincunha superfiçie. Ex.: Ghuindábase nunha ponla nova e logho abaneábase. SINÓNIMO: colgharse. 4. Alghuén porse fin á vida colghándose polo pescoço. Ex.: Ghuindouse dunha cereixeira. SINÓNIMOS: aforcarse, enforcarse, ghuindarse.



GHUINDA: Substantivo feminino. Froito da ghuindeira, moi pareçido á cereixa, pero de sabor máis amargho e de cor vermella escura. Licor de ghuindas.  



GHUIXAR: Meter un pau, ou un gharabullo nun burato para saber se hai algho nel. SINÓNIMO: gharabexar.



GHULICHO-A: persoa disfraçada para o entroido, ou antroido. SINÓNIMO: choqueiro.



GHURGHULLA: Ghlobo de aire ou doutro ghas que sae á superfiçie dun líquido cando este ferve, fermenta ou se move moito. Ex.: A aghua fai ghurghullas ao ferver. SINÓNIMO: burbulla. 



GHURGHULLAR: 1. Líquido que fai burbullas. Ex.: A aghua ao ferver, ghurghulla. SINÓNIMO: burbullar. 2. Aghua que naçe da terra façendo ghurghullas. Ex.: Ao pouco de começar a cavar xa se vía ghurghullar a aghua. SINÓNIMO: burbullar.



GHURGHULLO: insecto de cor parda escura, e oval. Vive na semente dos çereais, ou das leghumes, e pícaos. Hai moitas variedades del. Falando do ghurghullo do millo, despois de esfollado, e escollido, hai que varrer o chan do hórreo. De seghuido, bótaselle uns polviños no chan, e nas paredes. Sóbese o millo ao hórreo, arrómbase, e de paso, espállaselle ese pó sobor do millo para matar o ghurghullo que teña, e prevenir doutro que lle veña.



GHUROTA: burato feito nas leiras, ... por calquera bicho, coma culebras, ghuadanas, laghartas, ratas, ratos, etç.



H



HAÇINAR: Levantarlle a casca (como unha caspela), por unha cara ás castañas, pero sen arrincarlla. Esto é coa fin de asalas. Se desconfiamos dalghunha podre, levánteselle a casca por varios sitios. Ex.: Hai que haçinalas castañas para asalas.



HERBA DE ANÍS: Planta de talo delghado e follas fendidas en tiras finas coma fíos, de cheiro aghradable e ghusto doçe, moi abundante en Galiça e usada en mediçina e como condimento. É tamén parte integhrante das herbas de San Xoán. Ex.: Na beira do río arreçendía a herba de anís. SINÓNIMO: fiuncho.



HERBA LUÍSA: Planta que arreçende moi ben, de ulido pareçido ao limón, e forma parte do conxunto das herbas de San Xoán. Follas lisas e verdes claras, e flores pequenas de cor branco-violáçea.



HERBA PULGHUEIRA: Planta herbáçea anual da familia das polighonáçeas, frecuente nos lughares húmidos da maior parte de Ghaliça, con flores avermelladas en espigha e follas lançeoladas que acostuman levar unha mancha neghra. Ex.: A herba pulghueira empréghase para constrinxir o ventre. 



HOME DO SACO (O): É un persoaxe do folclore infantil. Sóeselle representar coma un home que vagha polos camiños cando xa anoiteçeu, en busca de nenos extraviados para levalos metidos nun ghran saco a un lughar desconoçido. Esta persoaxe identifícase como un “asustador de nenos”, e úsase como arghumento para asustar aos nenos e obrighalos a que volten çedo á casa.



HORQUILLA: castelanismo de FORCADA. Esta ferramenta por Tállara, aldea da parroquia de Lousame, chámanlle a GHALLA. Instrumento de labrança de manco de madeira lonco que remata en dúas ou máis ghallas. Antighamente soían ser de dúas ghallas, e de madeira. Hoxe tamén as hai de madeira, pero son máis frecuentes con ghallas de ferro. Serve para botar a leña ao forno, ... Botar a palla ao carro, á barra do alpendre ou cuberto, ás cortes dos animais, ... Botar o batume ao carro, descarghar batume, herba, ... Ex.: Meteu a herba no cuberto, ou no alpendre coa forcada.



HUCHA: Caixa ghrande de madeira e con tampa para ghardar a roupa, o ghran, o pan etc. Ex.: Foi buscar un ferrado de trigho á hucha. SINÓNIMO: arca.



I



ICHÓ: Lughar no que un está nese intre. Sexa na casa, nun refuxio, nunha cabana, nunha cova, etç. Ex.: Estar metido no ichó.



INÇAR: 1. Animal, planta que se reproduçe rápidamente. Ex.: Os ratos inçan. Esta planta inça cada ves máis. SINÓNIMO: proliferar. 2. Estenderse, espallarse ou apareçer en ghran cantidade insectos, plantas ou calquera outra cousa prexudiçial pola superfiçie de algho. Ex.: As malas herbas inçaban o xardín. O escaravello inçou as patacas. SINÓNIMO: infestar. As faltas de ortoghrafía inçan o texto. 3. Cubrirse ou encherse de algho, polo xeral, prexudiçial. Ex.: Inçóuselle o corpo de ghrans. Os campos abandonados fóronse inçando de fieitos. SINÓNIMO: infestarse.



INOPIA: Non darse conta de nada do que pasa. Estar distraído. Estar en Belén. Estar no carallo. Ex.: Pareçe que está na inopia.



IÑÓ: Expresión de sorpresa. Ex.: Iñó, non pensei que fora capás de tal cousa.  



IRSE DE VENTRE: VÉXASE caghar. SINÓNIMOS: evacuar, façer de corpo, façer de ventre.



IRTA-O: Que por alghunha circunstançia, coma o frío, o medo etc., permaneçe sen moverse ou dereito, sen poderse dobrar. Ex.: Estaba irto co frío. SINÓNIMOS: ríxido, teso.



ISCA: Interxecçión. Vos que se usa para escorrentar os animais, en particular, as ghaliñas, aínda que tamén pode dirixirse ás persoas. Ex.: Isca de aí! 
Aquela muller de Escarabote diçía: Isca, ghaliña daí! Isca!
Sen embargho, por esta contorna é máis frecuente diçir: Pasa ghaliña! Xoo ghaliña! SINÓNIMOS: Pasa, Xoo, ... 



ISCAR: Escorrentar un animal, en espeçial, as ghaliñas. Ex.: Isca as ghaliñas do tallo, que che peteiran as leitughas. 
Máis frecuente por aquí é usar os SINÓNIMOS: Escorrentar, Tornar. 
Ex.: Escorrenta, ou torna as ghaliñas da nosa horta.



ISPA: Interxecçión que indica que unha persoa ou animal, fuxeu axiña dun lughar. Ex.: Ispou para a casa sen que ninquén o vise. SINÓNIMOS: Escapa, Fuxe, Ghispa, Largha, Lisca



ISPAR: Marchar moi á présa dun lughar. Ex.: En canto puden ispei daquela casa en busca doutra mellor. Ispa daí. Ispou de alí a fume de caroço. SINÓNIMOS: escapar, fuxir, ghispar, larghar, liscar


L



LABARADA: Chama ghrande que se eleva sobre unha materia que arde. Ex.: O loureiro seco fai moita labarada. SINÓNIMOlumarada.



LABAÇADA: Gholpe dado na cara coa man aberta. Ex.: Doulle unha labaçada porque se meteu con ela. SINÓNIMOS: lapote, sopapo, sopramocos. CONFRONTAR: moquete.



LACAÇÁN-ANA: adxectivo. Quen non é amigho de traballar e que pasa o máis do tempo sen façer nada. Ex.: Un rapás moi lacaçán. Érghuete da cama e non sexas lacaçán. SINÓNIMOS: deixado, folghaçán, ghandulo, lampantín, lerchán, pioqueiro, preghuiçeiro, vagho.
Tamén substantivo. Ex.: É un lacaçán, non fai nada en todo o día. SINÓNIMOS: deixado, folghaçán, ghandulo, lampantín, lerchán, pioqueiro, preghuiçeiro, vagho.



LAÇENA: 1. Oco aberto na parede, con portas e estantes, onde se ghardaban as cousas nas cociñas tradicionais. Ex.: A avoa colocaba as súas marmeladas na laçena. 2. Parte dun moble de coçiña ou do mobiliario fixo desta, con portas e estantes interiores, onde se ghardan comestibles, caçolas, louça etc. Ex.: Gharda as espeçias nunha das laçenas e as conservas noutra. As laçenas de riba do chineiro teñen portas de vidro.



LAÇENA DE ABELLAS: Departamento, ou oco feito no exterior das paredes da casa para ter un enxame de abellas, e produçir mel.



LAGHARTEIRA-O: adxectivo. 1. Que caça laghartos. Ex.: As aves lagharteiras son moi comúns en Ghaliça. 2. Que actúa con astuçia ou mesmo con maliçia, para benefiçiarse ou tirar partido de algho. Ex.: Un rapás lagharteiro. SINÓNIMOS: ¿pícaro?, pillabán, pillo, raposeiro. Tamén substantivo. Ex.: Non te fíes del que é un lagharteiro. SINÓNIMOS: ¿pícaro?, pillabán, pillo. 3. substantivo masculino. Ave da familia dos falcónidos, da que existen varias espeçies, capás de manter o voo estático mentres asexa as presas, de cores cinsentas e pardas, que se alimenta de paxaros e laghartos pequenos. Ex.: O lagharteiro (A peneireira), cando vai chover, apareçe no ceo voando maxestosamente. VÉXASE peneireira. 4. Burato ou ghurota onde se aghacha o lagharto. Ex.: Veu saír o lagharto da lagharteira (ghurota). VÉXASE ghurota



LAGHOEIRO: Persoa encarghada do coidado dos camiños públicos e das estradas. Ex.: As casas dos laghoeiros estaban á beira das estradas. 



LAGHRIMAR: 1. Caerlle as baghullas polas façulas, ou a cara. Ex.: Ao estonar cebolas laghrimábanlle os ollos. SINÓNIMOS: baghoar, baghullar, esbaghullar. 2. Persoa que chora con frecuencia ou por calquera cousa. Ex.: Non lle faghas moito caso que laghrimea por nada.



LAIA: Apeiro formado por unha pa de ferro cun manco de pau, que serve para labrar e remover a terra. Ex.: Abreu o regho cunha laia. 



LAIAR: 1. Expresar pena ou o sufrimento mediante choros, xemidos, palabras. Ex.: Atei o can coa cadea e pasou todo o día a laiarse. SINÓNIMO: queixarse. 2. Ferida ou parte do corpo ferida que produçe dor. Ex.: Láiame a ferida. Moito me laia a queimadura. SINÓNIMO: doer. 3. Persoa, ou animal que manifesta pena ou sufrimento mediante choros, xemidos ou palabras. Ex.: O neno levou un gholpe e empeçou a laiarse. SINÓNIMO: queixarse. 4. Manifestar descontento ou desghusto por algho. Ex.: Non para de laiarse porque ten moito traballo. SINÓNIMOS: chorar, lamentarse, queixarse.



LAIARSE: VÉXASE laiar.



LAÍDO: Acçión e efecto de laiar ou laiarse. (Acepçión 1, 3). Ex.: Cravou unha espiña nun dedo e soltou un laído de dor. Xa estou farto dos teus laídos. SINÓNIMOS: laio, lamentaçión, lamento, queixa, queixume.



LAIO: VÉXASE laído. Ex.: Oíamos os seus laios desde a rúa. 



LAMBER: 1. Pasar a lincua por. Ex.: O neno lambe un xeado. O can lambeume as mans. Tamén verbo pronominal. Ex.: Os ghatos, para limparse, lámbense. 2. fighurado. Apoderarse de algho sen que os demais se cheghuen a dar conta. Ex.: Coa súa labia lambeume cincoenta euros. Como é máis pequeno lambe máis reghalos ca os outros irmáns. 3. fighurado. Reçíbir un gholpe. Ex.: Como non seas bo vas lamber un pau! Halas de lamber! 4. fighurado. Tocar levemente ao pasar. Ex.: O balón lambeu levemente o poste. SINÓNIMO: roçar. 
FRASES E EXPRESIÓN CON lamber
Lamber o bico. VÉXASE bico
Lamber o cu. VÉXASE cu
Lamber os fuçiños. VÉXASE fuçiño
Lamber os pés. VÉXASE
Lamber o peteiro. VÉXASE peteiro     



LAMBIDA-O: 1. Partiçipio do verbo lamber. 2. (adxectivo). Cousa que está ghastada polo uso ou, polo roçamento continuo. Ex.: Tiña as rodas do coche todas lambidas. SINÓNIMO: lampo. 3. Persoa que está moi delghada. Ex.: Está tan lambido que pareçe que non lle dan de comer. SINÓNIMOS: chuchado, chupado. 4. Acçión e efecto de lamber. Ex.: Berráronlle por dárlle unha lambida ao vaso do ioghur. SINÓNIMO: lambedura, lambetada. 



LAMPANTÍN-INA: adxectivo. 1. Lacaçán. Ex.: Que lampantín! Non fai nada en todo o día. (Tamén substantivo) É un lampantín, pasa todo o día na cama. 2. Que fai ou actúa con desverghonça. Ex.: Que rapaça tan lampantina
Tamén substantivo.  Ex.: É un lampantín, non lle faghas caso.   



LAMPA-O: 1. Moi liso e escorreghadiço, por estar desghastado. Ex.: Teño que mercar outros sapatos, que estes teñen as solas lampas (lambidas). SINÓNIMO: lambida. 2. Sen barba, sen pelo. Ex.: Un home lampo.   



LANCRÁN-ANA: De corpo alto e forte, pero pouco amigho de traballar. Ex.: O moi lancrán pasa o día deitado. Non fai branca en todo o día, éche un lancrán. 



LAÑAR: 1. Abrir á metade, pola espiña, o peixe: sardiñas, xardas, xurelos, ... para despois sacarlle as tripas, e salghalos. Ex.: Lañar as sardiñas para salghalas. 2. Façer aparecer unha ou máis lañas en partes dun ser vivo, ou da natureça. Ex.: O sol lañoulle os beiços. SINÓNIMOS: aghretar, arrabear. Ex.: A seca lañou a terra. SINÓNIMOS: arrabear, crebar, fender, ghretar, quebrar, reghañar. 3. Abrirse en ghretas. Lañáronselle as mans co frío. SINÓNIMOS: aghretar(se), arrabear(se), cuartear, ghretarse. Lañouse a parede a causa da humidade. SINÓNIMOS: aghretar(se), arrabear(se), crebar(se), cuartear, fender, ghretarse, quebrar(se), reghañar.



LAPA: Masa ghaseosa incandesçente que se eleva dun corpo que arde e que produçe lus e calor. Ex.: As lapas apoderáronse da casa. SINÓNIMO: chama. 



LAPOTE: substantivo masculino. Gholpe que se lle dá a alghuén na cara ou na cabeça coa man aberta. Vas levar un lapote! SINÓNIMOS: labaçada, lambada, lapada, moufada, sopapo, soplamocos, zafranada. CONFRONTAR: ghulifada, moquete.



LARDEIRO: Carne que ten moito lardo. Ex.: Saéulle un xamón lardeiro. SINÓNIMO: lardento.



LARDENTO: Carne que ten moito lardo. Ex.: Esa carne é moi lardenta. SINÓNIMO: lardeiro.



LARDO: Teçido cartilaxinoso, ou tipo de ghraxa que cría o porco por debaixo da pel, en particular a do xamón. Ex.: Non me ghusta o xamón que ten moito lardo.



LARDOEIRO: Paraxe do lughar de Cures de Baixo. O lavadeiro do Lardoeiro. SINÓNIMO: Lardueiro.



LARDUEIRO: Paraxe do lughar de Cures de Baixo. O lavadeiro do Lardueiro. SINÓNIMO: Lardoeiro.



LAREAR: 1. Falar moito e diçindo cousas sen xeito. Ex.: Pasa todo o día lareando. SINÓNIMOS: baballar, baduar, esbardallar, laretar, latricar. 2. Contar sen nincún tipo de reparo alghunha cousa que se debería calar. Ex.: Non lle contes nada que o larea todo. Larearon a historia da súa vida por toda a parroquia. SINÓNIMOS: airear, espallar, predicar, preghoar, publicar, ventilar.  



LARETAR: 1. Falar moito e diçindo cousas sen xeito. Ex.: Pasa todo o día laretando. SINÓNIMOS: baballar, baduar, esbardallar, larear, latricar. 2. Contar sen nincún tipo de reparo alghunha cousa que se debería calar. Ex.: Non lle contes nada que o lareta todo. Laretaron a historia da súa vida por toda a parroquia. SINÓNIMOS: airear, espallar, predicar, preghoar, publicar, ventilar. 



LARETA: Feminino de lareto. VÉXASE lareto 



LARETAS: substantivo. Persoa lareteira. Que fala de máis, sobor de todo cando se trata de cousas que debía calar. Ex.: É tan laretas que ninquén lle conta nada. SINÓNIMOS: bocallán, lareteiro, lareto, lerchán, lercho, lincoeteiro, lincueteiro.



LARETEIRO: adxectivo. Que fala de máis, sobor de todo cando se trata de cousas que debía calar. Ex.: É tan lareteiro que ninquén lle conta nada. SINÓNIMOS: bocallán, laretas, lareto, lerchán, lercho, lincoeteiro, lincueteiro.



LARETO: adxectivo. Que fala de máis, sobor de todo cando se trata de cousas que debía calar. Ex.: É tan lareto que ninquén lle conta nada. SINÓNIMOS: bocallán, laretas, lareteiro, lerchán, lercho, lincoeteiro, lincueteiro. 



LASCAR: 1. Façer lascas dunha pedra, madeira, metal etc. Ex.: Lascar unha lousa. 2. Botar as redes ao mar. Coa primeira lus do día os mariñeiros lascaron o aparello. SINÓNIMOSarriar, larghar.



LATÓN-S: 1. Ramas, e ponlas secas da parte baixa dos pinos, e doutras árbores. Soían derramarse, podarse, ou desponlarse coa fin de obter leña para a lareira, forno, coçiña, ... 2. Aliaxe de cobre e zinc en distintas cantidades. Ex.: O cofre tiña uns adornos de latón. Un parafuso de latón.



LATONEIRO: Persoa que se dedicaba a ir polas aldeas e pobos, de porta en porta, arranxando tarteiras, potas, etc. Ex.: Estás cheo de roña, pareçes un sorralleiro. SINÓNIMO: sorralleiro



LATRICAR: Falar sen parar e diçindo cousas sen xeito. Ex.: Leva todo o día a latricar, non sei como non cansa! SINÓNIMOS: baballar, baduar, esbardallar, larear, laretar.  



LATRINA: 1. Lughar destinado para façer as neçesidades. Ex.: Instalaron sete latrinas no campamento. SINÓNIMOS: retrete, serviço, váter. 2. Lughar destinado a depositar ou recoller excrementos e aghuas enlixadas das poboaçións. Ex.: Están construíndo unha nova rede de latrinas. 3. fighurado. Aquelo que polo seu aspecto ou polo contido causa repugnançia, ben pola suçidade ou ben porque se aparta do que se consideran bos costumes. Ex.: As instalaçións da prisión son verdadeiras latrinas.  



LAVANDEIRA: 1. Paxaro da familia dos motaçílidos, do que existen diversas espeçies, de cor ghris ou verdosa polo lombo e branca ou amarela polo ventre, cunha cola lonca que abanea con eleghançia ao andar, voo lixeiramente ondulado e que vive en lughares húmidos. Ex.: As lavandeiras andan moito polas beiras do río. 2. Muller que ten por ofiçio lavar roupa. Antighamente lavaban no río, fontes, e lavadeiros veçiñais. Posteriormente no lavadeiro feito na casa onde traballaban. Ex.: As lavandeiras colghaban a roupa no tendal.



LAVERCA: Substantivo feminino. Véxase laverco.



LAVERCO: 1. Moi espelido, moi falador e que se mete en todo. Que laverco é este rapás! Tamén substantivo. É un laverco que non fai máis ca presumir de que todo o entende. 2. Substantivo feminino. Paxaro da familia dos aláulidos, de cor parda con manchas escuras nas partes superiores, peito de cor crema raiado de pardo, ventre branco, cunha pequena crista, e de canto lonco e melodioso que emite durante o seu voo, que é baixo e irreghular. Ex.: A laverca aniña no chan, entre a herba.



LAXE: 1. Pena de ghrandes dimensións e de superficie lisa, que aflora nun terreo sen sobresaír del. O carriço foi beber nos furados da laxe. 2. Peça de pedra de cara superior alisada, de pouco ghrosor con relaçión á súa superficie, usada para pavimentar, tallar etc. Carretaban as laxes en carros de bois desde a canteira. Sinónimo: lousa.



LAXO: Capa de xeo.



LEIMADA: Acto dunha persoa cariñosa, ou leimeira para conseghuir algho, e obter o que se propón. 



LEIMAR:  1. Tratar con cariño, ou afagho a alghuén para produçirlle aghrado. Ex.: Cando che leimea dese xeito, é que algho quere. SINÓNIMOS: acariñar. 2. Façer cariçias, ou leimadas. Ex.: Ao ghato ghustáballe que o acariñasen. SINÓNIMOS: acariçiar, acariñar, enghaiolar.  

 

LEIMEIRO-A: Persoa que produçe aghrado con falar suave, ou olladas hipnotiçadoras, e cariçias para obter o que se propón. SINÓNIMOS: apaxador, ghaioleiro, cariñoso.



LEIRA: terreo de lavradío. Ex.: Onte labramos a leira que está onde o río. Unha leira de millo. SINÓNIMO: aghro.



LEIROAS: Paraxe do lughar, na mesma aldea de Cures. Situada por riba da paraxe de Santa Baia e por baixo da paraxe do Boliño.



LEITE PRESO: Leite que se deixa repousar durante uns días, e que queda callado. Pode tomarse así, ou botárselle sucre para façelo máis doçe.



LEITO: Refrán: "A man no leito, e o pé no leito." Esto significa estar descansando na cama. 1. Moble do dormitorio, cun xalghón, onde se dorme. Enfermo no seu leito, sen poderse erguer. SINÓNIMO: cama. 2. por extensión. Capa ou obxecto de material brando para deitarse nel. Ex.: Un leito de palla, de batume, para o ghando. SINÓNIMO: cama. 3. por extensión. Camada inferior sobor a que se coloca ou asenta algho. Ex.: O pavimento vai sobor un leito de ghrava. 4. Cavidade pola que transcorren habitualmente as aghuas dun río, canle etc. Ex.: Pretendían cambiar o curso do río e desvialo por un leito artifiçial. 5. Fondo do mar, dun lagho ou dun río. Ex.: Os linghuados críanse en leitos areosos. 6. Cara ou superfiçie dunha pedra, perpiaño, etc., sobor a que debe asentarse outra. Ex.: Antes de colocar os perpiaños da fileira superior, puliron os leitos. 7. Superfiçie de táboas onde o carro leva a cargha. O carro preçisa un leito novo. SINÓNIMOS: chedeiro, ou chideiro.



LEITUGHA: 1. Planta herbáçea de horta da familia das compostas, con follas radicais ghrandes, enteiras ou recortadas, de cor verde ou violáçea que se consomen crúas en ensalada. Tomaron unha ensalada de leitugha, tomate e cebola. 2. Planta herbáçea silvestre da familia das compostas, con follas basais anchas e divididas en lobos trianghulares e talo rexo e erghueito rematado nunha flor amarela, con propiedades diuréticas, que deita un látex branco ao cortala. Esta planta silvestre íase a ela para dárlla aos animais herbívoros, e ghando en xeral. Buscábase en brañas propias e alleas, nos arredores das leiras e tamén nos montes. Se non había verdura para a lavadura do porco, botábaselle leitughas nela. Habíaa de fevreiro en diante, ata que se perdía na seca do verán. FRASES: De nenos, colliamos os froitos das leitughas e soprábamoslles. Aos coellos ghústanlles as leitughas.



LENDIA: Ovo do piollo. Ex.: Tiña a cabeça chea de lendias.



LENÇO: 1. Teas de liño ou alghodón. Ex.: Sábanas de lenço. 2. Tea preparada para pintar sobor dela. Ex.: O pintor mercou un lenço para façer un cadro ao óleo. 3. por extensión. Cadro xa pintado. Ex.: Un lenço de Laxeiro.



LERCHA-O: adxectivo. Que fala mal dos demáis, que conta cousas que debería calar. Es moi lercha, pero a min non me veñas con díxomes. SINÓNIMOS: bocallán, lareto, lareteiro, lerchán, lincoeteiro, lincueteiro
Tamén substantivo. Ex.: É un lercho, así que o soubo, foille co conto ao veçiño. Ten moita papilla. SINÓNIMOS: bocallán, laretas, lerchán, lincoeteiro, lincueteiro, papuxa.  



LERCHÁN-ANA: adxectivo e substantivo. 1. Lercho. Ex.: Non lle contes un seghredo, que é moi lerchana. Es un lerchán; preocúpate do teu.  2. Lacaçán. Que non é amigho de traballar e que pasa o máis do tempo sen façer nada. Ex.: Non sexas lerchana e fai algho pola casa. Es un lerchán e un tunante.  



LERIA: substantivo feminino. 1. Conversa amighable sobor de cousas sen importançia. Ex.: Están de leria á porta da casa. SINÓNIMOS: cháchara, charla, conversa, parola, parrafeo. 2. fighurado. Asunto que pode traer problemas ou, en xeral, que causa molestias e preocupaçións. Ex.: Quero vivir tranquilo, non teño ghana de lerias. SINÓNIMOS: cençerrada, embrollo, ¿enghuedello?, enredo, lio, liorta, ¿sarrancallada?, trancallada, trapallada. 3. informática. Comunicaçión escrita simultánea entre diversas persoas a través de Internet. Ex.: Pode botar horas partiçipando en lerias. SINÓNIMO: charla. 



LERIO: substantivo masculino. 1. Asunto confuso ou que ofreçe alghunha dificultade. Ex.: Non daba entendido o lerio. 2. Calquera cousa que non se lembra ou non se quere nomear. Ex.: No medio do lerio volvéronse atrás.  



LÉVADO: 1. Masa que levedou. Ex.: Cortou en anacos a masa léveda. 2. Masa de fariña fermentada que se empregha para levodar o pan. Ex.: Botástelle pouco lévado á masa. SINÓNIMO: formento.



LEVODAR. Masa que colle a textura dunha esponxa, e aumenta de volumen pola acçión dos fermentos. Ex.: Tapa a masa e déixaa levodar. SINÓNIMO: fermentar.



LIBRO: 1. Terçeira cavidade das catro en que se divide o pantullo dos ruminantes, formada na parede interna por moitas preghaduras, como as follas dun libro. O libro é unha das partes do pantullo da vaca que se usan para façer callos. 2. Conxunto de follas escritas ou impresas, cosidas ou peghadas entre si e encadernadas. Antes de inventarse a imprenta, os libros eran todos manuscritos. As páxinas dun libro.



LINCAR: Amarrar, atar



LINCOETEIRO: adxectivo. Persoa con moita lincua, que fala de máis. Que fai críticas ou conta cousas que debía calar. SINÓNIMOS: bocallán, lareteiro, lareto, lerchán, lercho, lincua de trapo.
Tamén substantivo. Ex.: É un lincueteiro que non para de marmurar. SINÓNIMOS: bocallán, laretas, lerchán, lercho.



LINCUA DE TRAPO: Falar fáçil, falabarato, sen cançelas, sen xeito. Persoa que fala de máis. SINÓNIMO: lincoeteiro, lincueteiro.



LINCUA: 1. Órghano muscular móbil dos vertebrados, situado na cavidade bucal, que participa no proçeso de mastighaçión e deglutiçión, é sede de parte do sentido do ghusto e, no home, axuda a artellar os sons. Ex.: Mollou os beiços coa linghua. A lincua do can. 2. por extensión. Cousa que, pola súa forma aloncada, recorda unha lincua. Ex.: Lincua de terra. Lincua de lume. 3. Linghüística. Códigho verbal natural usado polos membros dunha soçiedade concreta, que está constituído por un variado repertorio de elementos e reghras. Ex.: A lincua ghalega, a sueca. SINÓNIMOS: fala, idioma. 4. Variedade dunha lincua propia dunha área xeoghráfica, dun ghrupo soçial, dun escritor etc. É propio da lincua de Bergantiños. A lincua dos mariñeiros. SINÓNIMO: ghala. A riqueça da lincua de Cunqueiro. 5. Estudo das palabras e da ghramática dunha lincua particular. Ex.: Hoxe temos lincua na aula doçe. SINÓNIMO: linghuaxe. 6. Feito de falar de máis ou de utiliçar a linghuaxe para murmurar ou ofender. Ex.: Hai que ter conta coa lincua e saber o que se di.



LINCUETEIRO: adxectivo. Persoa con moita lincua, que fala de máis. Que fai críticas ou conta cousas que debía calar. SINÓNIMOS: bocallán, lareteiro, lareto, lerchán, lercho, lincua de trapo.
Tamén substantivo. Ex.: É un lincueteiro que non para de marmurar. SINÓNIMOS: bocallán, laretas, lerchán, lercho.



LIÑAÇA: Semente do liño. Ex.: Aos tres días de sementar a liñaça xa começa a aghrelar. FRASES E EXPRESIÓNS CON liñaça. Açeite de liñaça.



LIÑO: Planta anual da familia das lináceas, de raís fibrosa, talo recto e oco do que se extraen fibras textiles, flores azuis e semente oleaxinosa. O cultivo do liño estivo moi arraighado en Galiça. 2. Fío téxtil que se obtén desta planta. Un liño de ghran calidade. Un mantel de liño. 3. Teçido ou tea que se confecçiona con este fío. Un traxe de liño.



LISCAR: Marchar moi á présa dun lughar. En canto puiden lisquei daquela casa en busca doutra mellor. Lisca daí. Sinónimo: Ghispar / Ispar.



LISTÓN: Barra de madeira feita no aserradeiro, ou na carpintería. É estreita e lonca, de base cadrada ou en forma de rectánghulo. Ex.: Cravaron dous listóns na porta para que non a pudesen abrir. SINÓNIMO: barrote.



LIXO: 1. Partícula pequena de sucidade. Ex.:Metéuseme un lixo nun ollo. Coa o leite que trae lixos. Limpa o pantalón que o tes cheo de lixos. 2. Conxunto de materias enlixadas, ou de cousas que non serven e se tiran. Esta casa está chea de lixo. Bota eso no caldeiro do lixo. Dá pena ver a praia con tanto lixo. SINÓNIMO: porcallada.



LOIO: Pedra redonda, ghrandeira, e desproporçionada. Pode aproveitarse para murar. Ex.: Ese loio é bo para pór aquí.



LOIRA-O: 1. De cor castaña escura tirando a vermella, coma a da castaña madura. Ex.: Os escornabois son de cor loira. 2. Nome propia de vaca ou de cabalo. ¡Anda, Loira. Vamos! 3. De cor castaña moi clara ou tirando á do ouro. Ex.: Cabelo loiro. SINÓNIMO: dourado. 4. Que ten o pelo de cor castaña moi clara ou dourada. Ex.: Un rapás loiro. Un loiro. 



LOMBA (A): Aldea pertençente á Pobra do Caramiñal.



LOMBA: 1. Pequena elevaçión do terreo de pouca extensión. Ex.: Desde a lomba podían verse as casas de catro lughares. 2. Curvatura esaxerada das costas ou do peito produçida por unha desviaçión da columna vertebral ou do óso do peito. Ex.: Ten unha pequena lomba. SINÓNIMOS: chepa, xiba. 



LOMBO: 1. Parte posterior do corpo humano que vai desde os ombreiros hastra a cintura. Ex.: Sempre co lombo doblado enriba do leghón. SINÓNIMO: costas. 2. Parte superior do corpo dos animais que vai dende o pescoço hastra os cadrís. Ex.: A ighuana ten unha crista espiñosa ao lonco do lombo. Botou a albarda ao lombo do burro. SINÓNIMO: costas. 3. Carne desta parte. Ex.: Preparou lombo asado. SINÓNIMOS: lombelo, raxo. 4. Parte dun libro por onde van unidas as follas. Ex.: O libro tiña as follas cosidas no lombo. 
FRASES E EXPRESIÓN CON lombo
Ao lombo
Sobor do lombo ou dos ombreiros. Ex.: Levar algho ao lombo. Montar ao lombo. SINÓNIMO: ás costas.
Baixar o lombo 
Traballar. Ex.: Tan preghuiçeiras son que non baixan o lombo a dar catro puntadas. 
Non arrendar o lombo = Non quero quiñón
Non desexar a sorte de alghuén nun asunto. Ex.: Se estraghou o coche de seu pai, non lle arrendo o lombo. SINÓNIMO: non arrendar a ghanançia. Non quero quiñón.       



LOMBRIGHA: 1. Verme parasito do intestino humano e dalghúns animais. Ex.: Un xarope para as lombrighas.



LONDRA: Substantivo feminino. Zooloxía (Lutra Lutra) Mamífero da familia dos mustélidos de pelo mesto e escuro, abrançado na parte da ghorxa, cos dedos unidos por membranas, que vive na beira dos ríos. Ex.: As londras son exçelentes nadadoras. SINÓNIMOS: ghuadana, lontra.



LONTRA: Substantivo feminino. SINÓNIMOS: ghuadana, londra.  Ex.: A lontra acubillouse no seu tobo.



LORDA: substantivo feminino. Capa de suçiedade que se forma sobor algho, por exemplo no pelexo das persoas por falta de hixiene, nas peças de roupa polo continuo uso, na louça que non se lava ben, etç. Ex.: Tiña os baixos do pantalón cheos de lorda. SINÓNIMOS: carroña, cotra, morriña.  



LORENÇO: fighurado. Sol. SINÓNIMO: Lourenço



LÓSTREGHO: 1. Resplandor intenso e momentáneo, produçido polo raio. Ex.: Primeiro vese o lóstregho e despois síntese o trono. SINÓNIMO: ¿relampo?
FRASES E EXPRESIÓNS CON lóstregho
Coma un lóstregho. (familiar). Como unha bala. Ex.: Vai coma un lóstregho. Élle moi tarde.
 


LOURENÇO: fighurado. Sol. SINÓNIMO: Lorenço.



LOUSA: Rocha de cor ghris ou neghra, que se divide fáçilmente en láminas. Ex.: Unha canteira de lousa. 2. Peça deste material, plana e delghada, que se usa para distintos usos. Ex.: O vento levantou varias lousas do lousado. 3. extensión. Peça de pedra de pouco ghrosor con relación á superficie, que se empregha para pavimentar, tallar etc. Ex.: Escolleu unhas lousas ben feitas para façer o camiño. Cubriron a tumba cunha lousa de mármore. SINÓNIMO: laxe.



LOUSAR: Pavimentar con lousas. Ex.: Lousaron o camiño desde a cançela ata a porta da casa.



LUMARADA: 1. Morea ghrande de leña que arde, façendo chamas e resplandor. As lumaradas de san Xoán. SINÓNIMOS: foghueira, luminaria. 2. Chama ghrande que se eleva sobre unha materia que arde. Da foghueira levantábanse lumaradas. SINÓNIMO: labarada.



LURPIA: popular. Muller perversa, amigha de meter en líos aos demáis, mal intençionada, etç. Ex.: Vai de aí, lurpia!



LURPIAR: Conseghuir algho mediante enghanos. Ex.: Os sobriños lurpíaronlle todo o que tiña.  

No hay comentarios: