viernes, 9 de agosto de 2013

BREVE VOCABULARIO DO NOSO ENTORNO, LETRAS M-N-Ñ-O, por Ramón Laíño




M



MAÇAR: 1. Gholpear cun maço, maça, ou aparello semellante. Maçar o ferro. Ex.: Os pedreiros maçaban a pedra antes de sacala da canteira. 2. Dárlle gholpes repetidos a algho, ou alghuén. Ex.: Hai que maçar o polbo para que estea brando. SINÓNIMOS: maçicar, mallar, petar. Ex.: Por fin atopou un máis forte ca el que o maçou. Maçouno coma o liño. SINÓNIMOS: maçicar, mallar, petar. 3. Bater o liño coa maça para romper as partes leñosas e tirarlle a casca. Ex.: Despois de maçar o liño, haino que deluvar. SINÓNIMOS: maçicar, mallar. 4. ¿Bater o leite para separarlle a manteigha.? SINÓNIMOS: remexer, bater. 5. Produçir unha, ou varias maçaduras no corpo. Ex.: Déronlle tantos gholpes que lle maçaron todo o corpo. 6. Sufrir unha, ou varias maçaduras. Ex.: As maçáns ao caeren no chan, máçanse. 



MAÇAROCA: 1, Porçión de liño, lan, etc., que se envolve no fuso. Ex.: Primeiro fíase o liño e despois fanse as maçarocas. Ex.: “Fiando na miña roca, veu un paxaro trighueiro, e caghoume na maçaroca.” “Deixa andar o can ca roca, e o ghato na maçaroca.” 2. Espigha de millo. Ex.: Debullar unha maçaroca.



MAÇEIRA: Árbore da familia das rosáçeas, de folla caduca, propia de climas temperados, que dá como froito a maçán e da que existen moitas variedades, caracteriçándose en xeral por ter o tronco retorto, ponlas ghrosas, copa irreghular e flores de cor branca tirando a rosa. Ex.: En Asturias hai moitas plantaçións de maçeiras destinadas á sidra.



MACHUCADA. 1. partiçipio do verbo machucar. Ex.: As patacas están todas machucadas. 2. substantivo. Algho que está convertido en papas. Esta comida é unha machucada. 



MACHUCAR: 1. Desfaçer ou comprimir moito unha cousa, dándolle gholpes ou façendo presión sobor dela. Ex.: Cun martelo iba machucando as pedras unha a unha. Machuca as patacas co espeto para façer un puré. SINÓNIMOS: esmaghar, estruchar, pisar. Ex.: O neno machucou toda a laranxa na boca e despois botouna fóra. 



MAÇICAR: Gholpear cun maço, maça, ou aparello semellante. Maçicar o ferro. Os pedreiros maçicaban a pedra antes de sacala da canteira. 2. Dárlle gholpes repetidos a algho, ou alghuén. Hai que maçicar o polbo para que estea brando. Sinónimos: maçar, mallar, petar. Por fin atopou un máis forte ca el que o maçicou. Sinónimos: maçar, mallar, petar. 3. Bater o liño co maçico para romper as partes leñosas e tirarlle a casca. Despois de maçicar o liño haino que deluvar. Sinónimos: maçicar, mallar. 4. Produçir unha ou varias maçaduras no corpo. Déronlle tantos gholpes que lle maçicaron todo o corpo.



MADAMA: 1. Tratamento de respecto dado ás mulleres da alta soçiedade. OBSERVAÇIÓNS: Utilíçase frecuentemente con sentido irónico. Ex.: As madamas acudiron ao acto con vestidos loncos. 2. Muller que posúe ou rexenta un prostíbulo. Ex. A madama convidou a unhas copas a un dos clientes. 



MADRE (A): 1. Depósito de materiais sólidos que se forma no fondo dos reçipientes que conteñen viño, ou vinaghre. Ex.: Bota o viño con coidado para non remexer a madre. A borra do viño. SINÓNIMOS: borra, fondo, pouso, repouso. 2. Nai. Ex.: A madre de Alberte estaba traballando na Facultade. 3. Tratamento de respecto que se lle dá á nai dun. Ex.: Vostede vén connosco, mi madre? A defunta de mi madre non perdía unha feira. 4. popular. Órghano do aparato reprodutor dos mamíferos femias, que está destinado a conter o embrión e, despois o feto hastra que se desenvolva por completo. Ex.: Rumoreábase no paço que a condesa tiña a madre seca, e non podía dar herdeiros á familia. SINÓNIMOS: criadeira, matrís, útero. 6. Corda da que colghan as braçoladas. Ex.: Rompeulles a braçolada cando iban levantar a pesca. SINÓNIMO: estrallo. 7Fondo dun río, lagho etc. Unha vella lenda di que habita un monstro na madre da laghoa. SINÓNIMOS: leito, fondo.



MALLAR: 1. Gholpear cun manlle, ou por medios mecánicos o cereal, as nentellas, ..., para separar o froito, ou o ghran. Ex.: Mallar o çenteo. Tamén absoluto. Ex.: Antes mallábase á man, cun manlle, aghora faise con máquinas. 2. coloquial. Gholpear a unha persoa, un animal, ou unha cousa, repetidas veçes. Ex.: Cando cheghuei tarde da festa, a pouco máis mállanme. SINÓNIMOS: maçar, maçicar. 3. Causarlle ghran cansançio a alghuén. Ex.: Este traballo malla a un. SINÓNIMO: moer. 



MANADA: 1. Cantidade de algho que se pode colle dunha soa ves coas mans. Ex. Unha manada de prexel. SINÓNIMO: manchea 2. Conxunto de animais da mesma espeçie que andan xuntos. Ex. Os vaqueiros conduçían a manada cara aos pastos. Unha manada de elefantes. 3. Banco de peixe. Ex. Unha manada de sardiñas.



MANCHEA: substantivo feminino. Conxunto de cousas que se poden coller dunha ves coa man. Ex.: Despois de mallalo, púñase o liño en mancheas. Collíamos unha manchea de pallas. CONFRONTAR: puñado. 2. Ghran cantidade. Ex.: Unha manchea de xente. SINÓNIMOS: chea, montón, morea.



MANDALETEIRA: Muller que se xunta para contar das vidas alleas, traendo e levando os contos.



MANDELETA?: Muller que manda na súa casa.



MANDILETA: Mandil, en particular o que se acostuma poñer por riba do traxe de aghuas. Ex.: A peixeira levaba unha mandileta.



MANDO: substantivo masculino. Braçada de algho. Por exemplo, un mando de herba ou doutra cousa que se pode levar dunha ves nos braços. Ex.: Foi buscar un mando de leña para a coçiña. SINÓNIMOS: braçada, manoxo. 



MANIGHOTE: 1. Coloquial. Boneco ou fighura ridícula feita de trapo ou cousa semellante. 2. Persoa iñorante, e ruda, de nincunha representaçión nin valer. 3. coloquial. Persoa sen carácter que se deixa manexar por outros. Pareçe un manighote. Non ten espírito nincún. 4. coloquial. Boneco ou fighura ridícula feita de trapo ou cousa semellante. 5. Pintura ou estatua mal feita.



MANIGHOTO: Cousa pequena, máis pequeno que un mando, que se pode coller coas dúas mans. Un manighoto de herba.



MANLLE: 1. Instrumento aghrícola usado para mallar, que consta de dúas peças de pau, o manco, e o pértegho, unidas por unha correa, de xeito que se agharra pola parte máis lonca, e gholpéase coa outra. O trigho mallábase cuns manlles de pau de carballo.



MANOXO: Substantivo masculino. Braçada de algho. Por exemplo, un mando de herba ou doutra cousa que se pode levar dunha ves nos braços. Foi buscar un mando de leña para a coçiña. ou cantidade de  Morea, ou conxunto de algho que podes abarcar, e coller cunha man. SINÓNIMOS: braçada, mando.



MANTEIGHA: 1. Substançia ghraxa comestible que se obtén de ir xuntando a tona do leite fervido, ou do leite preso crú. Logho de ter xuntado a cantidade que se considere nun cacharro, vaise batendo seghuido esta tona do leite ata que quede consistente. Esto lóghrase, cando se ve que queda separado o soro do leite, da propia manteigha sólida consistente. Ex.: Hoxe almorçín pan con manteigha na casa de miña tía. 2. Substançia sólida que se obtén ao derreter ghraxas de animal cando calla o açeite que se saca delas. Ex.: Manteigha do porco. SINÓNIMO: Ghraxa do porco, Pinque do porco.



MARELA-O: Nome propio de vaca, debida á súa cor entre verde e laranxa, coma a do ouro, o limón maduro, etç. Ex.: ¡Vai Marela para diante!



MARMURAR: 1. Diçir algho en vos moi baixa. Ex.: O cregho marmuraba unha oraçión. Tamén absoluto. Ex.: Deixade de marmurar e falade alto para que todos vos entendan. SINÓNIMO: rumorear. 3. Diçir cousas que prexudiquen a boa sona daquel ou daquelo do que se fala. Ex.: Marmuraban dela cousas terribles. Tamén absoluto. Como non teñen máis que façer, pasan todo o día marmurando. 



MARTA: Pequeno mamífero carniçeiro, de pelo castaño cunha mancha amarela tirando a branca no peito, que se distingue da gharduña por ter as plantas dos pés cubertas de pelo e a mancha do peito enteira. Ex.: Vimos unha marta perseghuindo un esquío



MARTABELA: 1. Trebello para escorrentar os paxaros, xeralmente con aspas que baten contra un obxecto metálico, e fan ruído ao seren movidas polo vento. Ex.: Puxo unha tarabela na leira de millo. SINÓNIMOS: tarabela, trécola. 2. Que fala moito, pero sen xeito e con pouco sentido. Persoa que fala como unha tarabela. Ex.: Non lle faghas caso, que é algho martabela. Cala a boca martabela, que só dis parvadas! SINÓNIMO: lareta, tarabela, tarabelas, tarabelo.
FRASES E EXPRESIÓN CON martabela
Dárlle á martabela
Dárlle á lincua. Ter moita leria, falar seghuido.  



MATINAR: 1. Pensar con insistençia, mesmo con obsesión ou preocupaçión. Ex. Deixa de matinar no asunto, que non soluçionas nada. Anda sempre só, triste, matinando todo o día. SINÓNIMOS: cavilar, çismar, maxinar. 2. Pensar con insistençia sobor algho. Ex. Estaba matinando a maneira de subir ao tellado. SINÓNIMOS: maxinar.



MAXINAR: 1. Pensar con insistençia en algho. Ex. Estaba maxinando a maneira de sacar proveito do neghoçio sen arriscarse. Que maxinas? SINÓNIMO: matinar. 2. Pensar con insistençia en algho, mesmo con obsesión ou preocupaçión. Ex. Pero moito maxinas, pásache algho? SINÓNIMOS: cavilar, çismar, matinar. 



MECAR: Tropeçar, perdendo nun xogho, ou en calquera outra situaçión dun xeito contrario ao pretendido.



MEL: Substançia doçe e espesa que elaboran as abellas co néctar que extraen das flores. Ex.: O mel con limón é bo para suaviçar a ghorxa.



MELRO: Paxaro de plumaxe escura, neghra no macho e castaña na femia, co peteiro amarelo e de canto agradable. Ex.: Os merlos cómennos as cereixas. A merla alimentaba os merliños. SINÓNIMO: merlo.



MENTA: Planta moi arreçendente, semellante á estrugha, ou ortihga, coa que se preparan infusións que poden tomarse como remedio para trastornos do estómagho ou das tripas, e da que existen diversas espeçies. Ex.: Toma o té cunhas folliñas de menta. SINÓNIMO: amenta. 2. Infusión obtida desta planta. Ex.: Vou tomar unha menta. SINÓNIMO: amenta.



MENTRASTRE: Herba brava da familia das amentas, ou mentas.



MERCAR: 1. Adquirir algho a cambio de diñeiro. Ex.: Mercar un traxe, un libro, unha casa. SINÓNIMO: comprar. 2. Conseghuir alghuén de maneira ilíçita, mediante diñeiro ou outras recompensas, o favor dunha persoa. Ex.: Intentou mercar os ghardas da fronteira para que lle deixasen pasar o contrabando. SINÓNIMOS: subornar, comprar, untar.



MERLO: Paxaro de plumaxe escura, neghra no macho e castaña na femia, co peteiro amarelo e de canto agradable. Ex.: Os merlos cómennos as cereixas. A merla alimentaba os merliños. SINÓNIMO: melro.



MESTO: Que está constituído por elementos numerosos e moi xuntos entre si. Ex.: Colleunos a noite nunha carballeira moi mesta. SINÓNIMO: denso, espeso. 2. Moi xunto con respecto a outros elementos do mesmo conxunto. Ex.: Plantaron as patacas moi mestas. 3. Materia, fluído etc. que ten unha masa ou un peso elevado con relaçión ao seu volume. Ex.: Un fume neghro e mesto. Unha néboa mesta impedía a visión. Ghústanlle as papas moi mestas. SINÓNIMOS: denso, espeso.



MESTURA: 1. Acçión de mesturar dúas ou máis cousas. Ex.: No laboratorio encárghanse de façer a mestura das substançias. SINÓNIMO: mistura. 2. Aquelo que se lle mestura a algho. Ex.: Esta tea non é lan pura, ten mestura. SINÓNIMO: mistura. 3. Aquelo que resulta de mesturar dúas ou máis cousas. Ex.: Esta masa é unha mestura de area, aghua e çemento. Ex.: Dominábao un sentimento descoñeçido, unha mestura de dor e praçer. SINÓNIMO: mistura. 



MESTURAR: 1. Xuntar varias cousas distintas formando un todo ou un conxunto desordenado. Ex.: Mesturaba no relato cousas alleas ao asunto. 2. Façer que alghuén partiçipe en algho que pode traer problemas. Ex.: Non mestures os amighos nos neghoçios. 3. Cousas distintas ao xuntarse forman un todo ou un conxunto desordenado. Ex.: Nos portos, mestúranse xentes de todas as raças. 4. Alghuén partiçipa en algho que pode traer problemas. Ex.: Non te mestures en asuntos ileghais. SINÓNIMO: meterse. 5. Alghuén ao xuntarse, relaçionándose con outras persoas. Ex.: Cando visita un país novo, ghústalle mesturarse cos nativos e aprender os seus costumes.



MEXO: Líquido amarelo, que se forma nos riles, acumúlase na vexigha e finalmente é expulsado do orghanismo pola uretra. Ex.: Cheira a mexo. SINÓNIMOS: ouriños.



MEXUXE: 1. Ghrupo pequeno de algho. Ex.: Un mexuxiño de ghrelos, ... 2. Fertiliçante máis ben líquido. Ex.: Bótalle un pouco mexuxe a estas plantas.



MIGHA: 1. Anaquiño moi pequeno que se desprende do pan ou doutro alimento feito con fariña, por exemplo, os doçes ou as ghalletas. Ex.: O mantel estaba cheo de mighas. Unha migha de pan. SINÓNIMOS: franculla, mighalla. 2. Parte mol do pan. Ex.: Ghústame máis a migha cá códia. SINÓNIMO: miolo. 3. por extensión. Porçión moi pequena, pouca cantidade de algho, sexa concreto ou abstracto. Ex.: Botoulle unha migha de mel ao leite. SINÓNIMO: pinca. Hoxe non tiña fame e só comín unha migha. De alí a unha mighuiña cheghou meu pai. Antes de marchar vou traballar unha migha. De parvo non ten migha. SINÓNIMOS: chisca, chisco, mighalla.



MIGHALLA: Anaquiño moi pequeno que se desprende do pan, ou doutro alimento feito con fariña, por exemplo, os doçes ou as ghalletas. Ex.: O mantel estaba cheo de mighallas. Unha mighalla de pan. Coas mighallas de pan fixo unhas sopas. SINÓNIMO: franculla



MILLO: 1. Planta da familia das ghramíneas, orixinaria de América que pode cheghar aos catro metros de altura, follas loncas e lançeoladas e flores masculinas e femininas no mesmo pé, que produçe unhas maçarocas ou espighas de ghrans ghrosos de cor branca (millo do país) ou de cor amarela (millo híbrido). Ex.: A leira xa está lista para sementar o millo. 2. Ghran desta planta. Levou un fol (unha saqueta) de millo para moer.
FRASES E EXPRESIÓNS CON millo
Millo do país
Os ghrans de millo da maçaroca ou espigha, son de cor branco. É o mellor para façer boroa, empanadas, papas etç. porque é máis saboroso, fino e branco cá o híbrido, xa que este é máis bravo e soe dárselle aos animais. Antes de cheghar nos anos 70 ou finais dos 60, o millo híbrido de cor amarelo, sementábase o millo do país. O noso tiña un problema, pois as raíçes do pé non penetraban moito na terra. Ademáis, os arados de pau, ou de ferro tirado polos animais, non afondaban moito. Esto implicaba que cando había sequía, e a terra non tiña moito "lento" (humidade), podía ensumirse o pé de millo, mincuando a espigha. Ex.: Para façer a boroa, e a empanada, como tamén as papas etç. non hai coma o noso millo do país.
Millo rei
Millo que se dá en espighas/maçarocas de cor antre a do viño e a encarnada. Ex.: Este ano sementaron millo rei.   
Millo restrebo
Millo que se dá en espighas/maçarocas con alghúns ghrans escuros. Ex.: Este ano atopamos moito millo restrebo cando nos puxemos a esfollalo.



MILLO PASMADO: Millo que quedou parado pola seca, sen desenvolver con normalidade.  



MINCUA: 1. Acçión e efecto de mincuar. Ex.: A colleita deste ano sufreu unha mincua considerable con respecto á da campaña anterior. SINÓNIMO: diminuçión. 2. Circunstançia de non haber ou de non ter algho que é neçesario. Ex.: A mincua das provisións obrighounos a abandonar a empresa. SINÓNIMOS: carençia, falta



MINCUADA-O: MINGHUADA-O. 1. Partiçipio do verbo mincuar. 2. adxectivo. Persoa que ten pouco ánimo ou valor para emprender unha cousa ou para enfrontarse a perighos ou dificultades. Ex.: É unha muller moi mincuada, non é capás de deçidir nada. SINÓNIMOS: apoucado, ¿atado? 



MINCUAR: MINGHUAR. 1. Algho que se fai menor en tamaño, altura, cantidade, intensidade ou importançia. Ex.: A verdura mincua ao ferver. SINÓNIMOS: consumirse, diminuír, ensumirse. Ex.: Hoxe começa a mincuar a Lúa. SINÓNIMO: devalar. Ex.: Xa mincuan os días, faise de noite enseghuida. SINÓNIMOS: acurtarse, ¿deveçer?, diminuír, ¿rever? 2. Façer menor algho en tamaño, altura, cantidade, intensidade ou importançia. SINÓNIMOS: diminuír, minorar, reduçir. Ex.: Tes que mincuar tres puntos cando cheghues á abertura da manca.   



MINGHURRIA-S: Persoa cativa, pequena. Rapás pequeno. Ex.: É un minghurria que inda non rexe os pantalóns.



MIÑATO: Ave de rapiña diurna da orde dos accípiteriformes, da que existen varias espeçies. de tamaño mediano ou ghrande e de cores pardas escuras ou arrubiadas. Tres miñatos planaban sobor o val.



MIRANDA (A): Paraxe, hoxe con monte e toxeiras, pola parte de  riba da estrada Boiro-Noia, ao pasar a pisçina dos Casoliños, indo para Moimenta.



MISTURA: 1. Acçión de mesturar dúas ou máis cousas. Ex.: No laboratorio encárghanse de façer a mestura das substançias. SINÓNIMO: mestura. 2. Aquelo que se lle mestura a algho. Ex.: Esta tea non é lan pura, ten mestura. SINÓNIMO: mestura. 3. Aquelo que resulta de mesturar dúas ou máis cousas. Ex.: Esta masa é unha mestura de area, aghua e çemento. Ex.: Dominábao un sentimento descoñeçido, unha mestura de dor e praçer. SINÓNIMOS: mestura.



MIÚDO-A: 1. De pequeno tamaño, con pouco volume. Ex.: Desfai o pan en anacos miudiños. O orballo é unha chuvia miúda pero que molla. 2. Persoa, parte do corpo, pequena e delghada. Ex.: Un rapás moi miúdo. Tiña unha cara miudiña que a façía simpática. 3. Que non ten moita importançia, que non é de destacar. Ex.: Cando fai un traballo dedícalles demasiado tempo aos detalles miúdos. SINÓNIMO: pequeno. 4. ¿Ovo do piollo. Estáballe catando as miúdas? SINÓNIMOS: lendia. 5. Vísçeras de animais, como o coraçón, o pulmón etc, que se aproveitan para comer. Ex.: Fixen un arrós para o can cos miúdos da ghaliña. SINÓNIMOS: miudanças. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON miúdo. 
A miúdo. 
Locuçión adverbial. Con frecuençia. Imos comer, a miúdo, a ese restaurante. 
Polo miúdo. 
Locuçión adverbial. 1. Con moito detalle, de forma minuçiosa, punto por punto. Ex.: Contoulle polo miúdo a historia da súa familia. Foi analisando polo miúdo toda a informaçión que lle ofreçeron. 2. Expresión comerçial que se usa para indicar que se venden as mercadurías en pequenas cantidades. Ex.: Dedicábase a vender produtos da horta polo miúdo. 



MIUSALLADA: Dise de lixo, terra, etç que hai polo chan, ou no cribo mesturada coas nentellas, millo, etç. Ex.: Saca a miusallada do cribo que quedou despois de escribar (cribar) as nentellas.  



MOA:  1. Cada un dos dentes non afiados da parte posterior da boca cos que se tritura a comida. Ex.: O dentista  sacoume unha moa. SINÓNIMO: molar. 2Última parte do estómagho das aves, onde son triturados o ghran e os demais alimentos. Ex.: Aproveita as muelas / as moas para façer sopa. Tes unha muela coma a da ghaliña. (Bo comer e boa dixestión.) 3. Ferramenta empreghada para afiar, labrar, pulir ou cortar metais e materias duras, feita de pedra natural ou de materiais abrasivos aghlomerados. Ex.: A moa da rebarbadora ten forma de disco. ¿4. Pedra redonda, e furada, onde se afían os utensilios de fío cortante, sexan coitelos, fouçiños, ... Dalghún xeito, pódeselle dar voltas co movemento do pé. Na súa base ten unha pequena balsa de aghua que vai mollando a pedra, seghundo vai dando voltas, para que afíe ben.?
FRASES E EXPRESIÓNS CON moa
Moa do siso = Moa do xuíço.
Aínda non lle saíron as moas do siso.
Moa do xuíço
Cada unha das catro que saen, polo xeral en idade adulta, en cada extremo da dentadura. 
Tuvéronlle que empastar unha das moas do xuíço.
SINÓNIMO: moa do siso.
Reghañar a moa
Rirse façendo burla de alghuén ou algho.
Eu faláballe en serio e el non façía máis que reghañar a moa. 



MOINANTA-E: 1. Persoa que vende quincalla, é diçir, cousas de pouco valor. Ex.: Andan os moinantes na feira. Atopín uns moinantes polo camiño. SINÓNIMOS: quinque, quinquilleira-o. 2. Persoa desfarrapada, e abandonada, sen proveito, nin benefiçio. SINÓNIMOS: quinque, quinquilleira-o. 3. Persoa que anda en neghoçios pouco claros, amigha de enghanos e da vida vaghabunda. Ex.: Non te fíes; é un moinante. SINÓNIMOS: quinque, quinquilleira-o, tunante, tuno. 4. Persoa desverghonçada e dada ao oçio. Ex.: Ese moinante non quere traballar. SINÓNIMOS: qinque, quinquilleira-o.
   
   

MOIRA: dise do sal que co paso do tempo, queda en estado líquido no baño do porco, ou do peixe, despois de ter sacado todos estes respectivos víveres. 



MOLEIRA: 1. Parte branda da cabeça, antes de que o óso endureça. Ex.: Aos meus pequeniños véselles ben a moleira. 2. por extensión. Parte superior da cabeça. Ex.: Afeitou a moleira. 3. fighurado. A cabeça como çentro onde reside a capaçidade de pensar e de raçoar. Ex.: Ándalle dando voltas na moleira a unha idea. 



MOLIME / MULIME: Verba recollida na Candosa, perto de Beluso. Equivale ao que aquí lle chamamos batume, ou estro, e noutros lados noméano como estrume, ... Defíneselle ao conxunto de vexetais cortados, como toxo, fieito etc., que se bota no lughar onde están os animais para mantelos secos e para que faghan esterco. Ex.: Fomos buscar mulime (batume) para o inverno.



MOLLO: 1. Acçión de estar ou de pór unha cousa dentro da aghua. Ex.: A esta roupa faille falta poñela a mollo. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON mollo
A mollo
Dentro da aghua para que abrande, para tirarlle o sal, etç. Ex.: Os gharavanços están a mollo. SINÓNIMOS: a remollo, de mollo, de remollo
 


MONDA: Cuberta exterior máis ou menos ghrosa dalghúns froitos, como a pataca, a laranxa, a maçán, etc. Ex.: Escorreu nunha monda de plátano. SINÓNIMOS: carapela, casca, pel, peladura, pelica, tona.



MONDAR: 1. Arrincar as herbas que prexudican un cultivo. Ex.: Mondar as cebolas. 2. Cando se aplica no sentido de sacarlle a tona, pel, ou monda ás froitas, patacas, …, entre nós empréghase máis ben a verba estonar que mondar, pelar, ... Ex.: Quitarlle a monda a un froito. Ex.:  Móndame unha maçán. Mondar patacas. SINÓNIMOS: deluvar, espelicar, estonar, pelar.



MONEAR: 1. Dar cabeçadas, mover ou deixar caer a cabeça por efecto do sono, cando non se ten ben apoiada. A avoa moneaba no sofá mentres todos vían a tele. Sinónimos: cabeçear, moquear, topenear, toquear, toquenear. 2. Façer monadas. Deixade de monear.



MONEIRA: Dar o sono a calquera hora do día. 



MONLLADA: Feixe pequeno, ou atado. Feixe de ghrelos, vimbios, rabiças, etç. 

 

MONLLO: Braçada atada, xeralmente de trigho ou outros cereais. Un monllo de trigho.



MONTIÑO (O): Monte perto da paraxe de Cabanela, nos arredores de Cures.



MOQUENLAS: Persoa con mocos.



MOQUENLO: Refírese aos mocos que caen do naris por si só, por mor da friaxe, ou por esbirrar.



MOQUETE: Gholpe que se dá na cara ou na cabeça coa man ou co puño. Doulle un moquete a seu irmán. CONFRONTAR: labaçada, lapote. 



MORA: 1. Froito da silva, de forma redonda e constituído por pequenos ghrans que cando están maduros son de cor neghra. Licor de amoras. Sinónimo: amora. 2. Froito da moreira, semellante ao da silva. Foron coller amoras para façer marmelada. Sinónimo: amora.



MOREA: 1. Conxunto de cousas aghrupadas unhas enriba das outras, ou cantidade de algho aghrupada en forma de montaña. Colocou as pedras nunha morea. Unha morea de terra. Sinónimos: montaña, monte. 2. fighurado. Ghran número, ou ghran cantidade de algho. Teño unha morea de cousas por façer. FRASES E EXPRESIÓNS: Montes e moreas.



MOREIRA (A): Árbore da que existen diversas espeçies, de follas ghrandes en forma de coraçón, que dá como froito as amoras, brancas, vermellas ou neghras. As follas da moreira serven de alimento para os vermes de seda.



MORENA-O: 1. De cor escura, por comparaçión con outro da mesma espeçie que é de cor máis clara. Ex.: O pan de centeo é moreno e, o de trigho é branco. 2. Nome propio dun animal, vaca, cabalo, etç, por mor da súa cor escura. ¡Arre, Morena! 3. Que ten o cabelo escuro ou neghro. Ex.: Unha rapaça morena. Un moreno de ollos açuis. 4. Mulato ou neghro. Ex.: O trompeta moreno dunha banda de música. 5. Ton escuro da pel que se adquire pola exposiçión aos raios solares ou a determinados raios artifiçiais. Ex.: Vaia moreno traes! SINÓNIMO: bronçeado. 



MORNAR: 1. Pór morno algho. Mórname o leite, que non me ghusta moi quente. SINÓNIMO: temperar. 2. Pórse morno. Con tan pouco lume, esta aghua non vai mornar. SINÓNIMO: temperar. 3. Pórse morno. Mornáronselle os pés. SINÓNIMO: temperar.



MORNO: 1. Lixeiramente quente. Ex.: Toma o leite en canto está morno. Corría un aire morno que façía pesado o ambiente. SINÓNIMOS: temperado, tépedo. 2. fighurado. Levemente afectuoso. Ex.: Sinteu o morno aloumiño do compañeiro. 3. fighurado. Pouco enérxico. Ex.: Adoptou unha postura morna e ambighua. 



MORRIÑA: 1. Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra. Ex.: Sentía moita morriña no estranxeiro. Nos días de chuvia éntrame a morriña. 2. Orballo. Ex.: Pareçe que non, pero a morriña aínda molla ben. SINÓNIMOS: babuxa, chuvisca, froallo, morriñada, orballo. 3. Capa de suçidade que se forma sobor algho debido á falta de hixiene. Ex.: Vaia morriña teñen eses pantalóns! SINÓNIMOS: cotra, lorda, carraña.



MORRIÑADA: 1. Orballo. EX.: Prefiro que caia unha chuvieira a que caia esta morriñada. SINÓNIMOS: babuxa, chuvisca, froallo, morriña, orballo. 2. Cousa insignificante. Ex.: Cómpralle calquera morriñada porque xa ten de todo.



MORRIÑASO: Pallas, follas, herbas, cascas, etç., miúdas e cativas que pode haber por exemplo no fondo dun valde, ao façer unha tarefa aghrícola, ...., ou en calquera outra parte e situaçión. SINÓNIMOS: pallusada, pallusos.



MORRIÑENTO: 1. Que sente tristura, melancolía, que ten poucos ánimos, e incluso é débil fisicamente. Ex.: É un neno moi morriñento, sempre enfermo e sempre protexido polos pais. SINÓNIMO: morriñoso. 2. Que produçe tristura, cansaço etc. Ex.: Que tempo tan morriñento, todo o día orballando! SINÓNIMO: morriñoso. 3. Que ten suçidade, roña. Que roupa tan morriñenta. SINÓNIMOS: cotroso, lordento, morriñoso, roñoso.



MORRIÑOSO: 1. Que sente tristura, melancolía, que ten poucos ánimos, e incluso é débil fisicamente. Ex.: É un neno moi morriñoso, sempre enfermo e sempre protexido polos pais. SINÓNIMO: morriñento. 2. Que produçe tristura, cansaço etc. Ex.: Que tempo tan morriñoso, todo o día orballando! SINÓNIMO: morriñento. 3. Que ten suçidade, roña. Ex.: Que roupa tan morriñenta. SINÓNIMOS: cotroso, lordento, morriñento, roñoso. 



MORRADA: Gholpe dado ou reçibido nos morros. Ex.: Levou unha boa morrado ao chocar co poste. SINÓNIMO: fuçiñada.



MORRO: 1. Parte da cara de çertos mamíferos onde está a boca e os respiradeiros. Ex.: O animal ten un morro ghrande. SINÓNIMO: fuçiño. 2. familiar Parte da cara das persoas correspondente aos beiços, particularmente cando estes son ghordos ou avultados. Ex.: Pintaba o morro de vermello. 3. fighurado Parte dunha cousa que sobresae cara a diante semellando un fuçiño. Ex.: Bateu co morro do coche contra a parede. O morro do avión.   


MORTALLA: Peça de tea ou vestidura coa que se envolve ou viste un cadavre para enterralo. Ex.: Envolveron o seu corpo nunha mortalla branca. SINÓNIMO: sudario.



MORTIÇO: Corpo morto en estado de descomposición. Ex.: Os corvos ulían, ou ventaban o mortiço.



MOSQUEAR: 1. Ghando vacún ou cabalar que bota a correr ao ser picado por unha mosca ou outro insecto. Ex.: As vacas mosquearon e marcharon para a corte. Non botes as vacas fóra con tanto sol porque mosquean. As vacas e as bestas dábanlle co rabo ás moscas, e mosqueaban para a corte. 2. por extensión. Persoa que fuxe ou marcha rápidamente. Ex.: Mosqueou e deixounos coa palabra na boca. Mosqueou e deixou o traballo sen rematar.



MOSQUEIRA: tipo de herba sementada nas leiras, e chamada así, mosqueira.



MOURELAS (AS): leiras, e viñas polo norte da horta da casa do Vioxo, na aldea de Cures. Aquí, nos tempos dos avós, e posiblemente seus antepasados, os veçiños montaban para os días do Entroido, un palco de madeira adornado con mimosas. Nel, representaban obras de teatro preparadas para a ocasión, e desfiles de disfraçes. De paso, mostraban os artiluxios que fabricaran meses antes. Todo o que non se podía subir ao palco, "façíano", é diçir, movíano, desfilábase e representábase polos camiños da aldea. Ao remate da actuaçión baixaban do palco, e ían disfraçados, xunto con todos os inventos fabricados por eles, andando polos camiños do lughar, e doutras aldeas.



MOVER: 1. Cambiar de lughar ou de posiçión. Ex.: O vento move as follas das árbores. Mover a cabeça. 2. Pór en actividade, ser causa de que alghuén fagha algho. Ex.: O único fin que me move para realiçar este traballo é o de ser útil aos demais. 3. Axilizar un asunto. Ex.: Neçesitas que alghuén che mova ese asunto. 4. Cambiar de lughar unha ficha ou unha fighura nun xogho. Ex.: Moveu a torre e doulle xaque. (Tamén absoluto). Ex.: Tócache a ti mover. 5. (mover a). Ser o motivo de que alghuén fagha algho ou adopte unha actitude, unha deçisión etc. Ex.: A anghustia e a inçerteza movérono a buscar o apoio dalghún amigo. 6. Cambiarse de lughar ou posiçión. Ex.: Estivo de pé sen moverse un bo anaco. Ex.: Non te movas que podes caer. 7. Actuar, pórse en actividade. Ex.: Só se move por interese. 8. Façer xestións para conseghuir algho. Ex.: Como non te movas ti, eles non cho van façer. 9. Actuar axiña. Ex.: Como non te movas imos cheghar tarde. 10. Desenvolverse dun xeito determinado. Ex.: Moverse con ghraçia. Móvese moi ben no esçenario.



MOXENA: Partícula con lume ou xa reduçida a cinsa que salta dun corpo en chamas. Ex.: Non te acheghues moito ao lume que saltan moxenas. SINÓNIMO: charamusca



MUCHAR: 1. Façerlle perder a frescura a un vexetal, en todo ou en parte, ata que seque. Ex.: Deixou a planta no balcón e o sol do mediodía muchouna. 2. fighurado. Façerlle perder o bo aspecto físico, o vighor, a força, o ánimo a unha persoa. Ex.: As penas foron muchándoa. 3. Vexetal que perde a frescura ata secar. Ex.: Coa seca mucharon todas as leitughas. 4. fighurado. Persoa que perde o bo aspecto físico, a enerxía, o ánimo. Ex.: En poucos anos muchou de todo.



MUDAR: 1. Façer algho ou a alghuén distinto de como era antes, ou façer que deixe de estar como estaba. Ex.: A cheghada da primavera muda a fisionomía do val. Os desghustos mudáronlle o carácter. SINÓNIMOS: alterar, cambiar. 2. mudar en. Façer que algho ou alghuén deixe de ser o que era ou como era para ser outra cousa ou da maneira que se expresa. Ex.: O tempo mudou a amiçade en amor. SINÓNIMOS: cambiar, converter, tornar, trocar. 3. Quitar a roupa que se leva posta para vestir outra. Ex.: Ao cheghar da misa, mudou a roupa do dominco. Múdase todos os días. SINÓNIMO: cambiar(se). 4. Quitarlle a alghuén a roupa e pórlle outra. Ex.: Muda o neno, que debe estar mollado. SINÓNIMO: cambiar. 5. Levar os mobles e outros obxectos dunha casa ou dun local para outro. Ex.: Xa mudastes os mobles para a casa nova? SINÓNIMO: cambiar. 6. Renovar alghúns seres vivos certas partes do orghanismo. Ex.: As centolas mudan a casca. As cobras mudan a pel. 7. Algho, alghuén que pasa a ser distinto de como era, ou a estar dun xeito distinto de como estaba. Ex.: Mudoulle a cor da cara. O vento mudou cara ao nordés. SINÓNIMO: cambiar. 8. mudar en. Pasar a ser outra cousa ou persoa distinta. Ex.: O día mudouse en noite. O seu amor mudouse en carraxe. SINÓNIMOS: cambiarse, converterse, trocarse. 9. Deixar a casa onde se vive ou o lughar onde se traballa e ir para outro distinto. Mudáronse para un piso máis ghrande. A primeiros de mes mudámonos para as novas instalaçións. SINÓNIMO: trasladarse. Ex.: Mudáronse de Vigho para Canghas. SINÓNIMO: cambiarse.



MUÍÑO: 1. Aparello para moer ou para triturar certos produtos, como cereais, olivas, caña de sucre, etc. Ex.: Os muíños poden funçionar pola força da aghua, polo vento ou mediante un motor. 2. Edifiçio onde está instalado alghún destes aparellos. Ex.: Na beira do río hai un muíño abandonado. 3. Máquina pequena, manual ou eléctrica, para moer ou triturar certos produtos. Ex.: Un muíño eléctrico de café. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON muíño
Muíño albeiro. Muíño destinado exclusivamente a moer trigho. Ex.: Iban ao muíño albeiro para façer o pan da festa. Restauraron os muíños albeiros do lughar. 



MUÍÑO EMBOUTADO: 1. Muíño ao que se lle satura a pedra coa materia que moe, creando una pasta sobor dela. Deste xeito, o ghran que vai vindo de seghuido, sae sen moer e non bota fariña. Ex.: O millo lento embouta o muíño. 2. Muíño que vé interrompido o movemento da pedra, por efecto da saturaçión da fariña. Ex.: O muíño emboutouse.



MULIME / MOLIME: Verba recollida na Candosa, perto de Beluso. Equivale ao que aquí lle chamamos batume, ou estro, e noutros lados noméano como estrume, ... Defíneselle ao conxunto de vexetais cortados, como toxo, fieito etc., e apañado, que se bota no lughar onde están os animais para mantelos secos, e así façer esterco. Ex.: Fomos buscar mulime (batume) para o inverno.



MULRO: Polpa da perna, ou pernil. Parte máis ghrosa, e flaca da perna das persoas. Ex.: ¡Tes bos mulros!



MURRIA: Carghaçión de cabeça que fai andar apampanado, síntoma da ghripe.




 N 


NABIÇA: Folla tenra do nabo. Ex.: Caldo de nabiças. SINÓNIMO: rabiça. 



NATURA (A): Órghano xenital dos animais que paren. Ex.: A natura das vacas pode esghaçar ao parir.  



NAVAL (O): Paraxe do lughar, perto doutro entorno chamado As Mourelas. Situado pola parte inferior da mesma aldea de Cures de Baixo.



NECHA: 1. Gholpe loveán na cabeça. Ex.: Esmechouno cunha pedra na cabeça e deixoulle unha necha pola que sancraba. Levou unha necha ao tropeçar contra a columna. SINÓNIMO: crosque.



NECHA (OS DA): Alcume dunha casa da aldea de Cures. 



NEGHRA-O: Nome propio dun animal, cabalo, vaca, can, ghato, etç., debido á súa cor. Ex.: ¡Quieto Neghro, non brinques e déixame porche a silla de montar!



NESPRA: Insecto da orde dos himenópteros pareçido á abella, aínda que de corpo máis esvelto, que pode vivir en soçiedade, ten o abdome amarelo con listas neghras, está dotado dun aghuillón co que produçe picaduras dolorosas e do que existen varias espeçies. Ex.: Picouno unha nespra na man e tena inchada.  



NEVIÑA: Semente das coles, naviças ou rabiças, ...



NICRAR: Gholpear un obxecto, persoa, animal, deixándolle unha nicra, pequena fendedura, ou ferida en punta. Ex.: O trompo das nicras. (Xogho onde se puña un trompo no chan dun círculo e os demáis rapaçes botaban os seus trompos por medio dos cordeis tratando de danar ao que estaba pousado no chan.) SINÓNIMO: esnicrar.



NOBELO: Bóla de fío enrolado que pode ser de liño, de lan, etc. Con esta lan temos que façer uns nobelos. Farían falta, máis ou menos, doçe nobelos para façer unha manta, ou colcha.



NORTELLO: Parte saínte dos ósos que forman a articulaçión da perna co pé. Ex.: Escordou o nortello xoghando ao fútbol. Levou un gholpe no nortello. O compoñedor, ou albeite compúxolle o nortello.



NOVA: 1. Que ten pouco tempo de vida ou pouca idade. Casou moi novo. A pita nova aínda non pón. A vaca nova xa botou moito corpo. 2. Que ten menos idade ca outro co que se pon en relaçión. O meu fillo é máis novo ca o teu. O fillo máis novo ten corenta anos. 3. Da última ou das últimas colleitas en oposiçión a outras anteriores. Patacas novas. Viño novo A xente nova. Os novos veñen detrás empuxando. “Xente nova e leña verde, todo é fume."



NOVO: adxectivo. 1. Que acaba de ser feito ou mercado. Ex.: Xa viven na casa nova. 2. Que ten pouco tempo de uso ou que está pouco deteriorado. Ex.: Uns sapatos novos. Hai moito que teño a biçicleta pero inda está nova. ANTÓNIMOS: usado, vello. 3. Que acaba de cheghar a un lughar ou situaçión ou de incorporarse a unha actividade. Ex.: Luísa é nova na escola. Os novos ricos. O novo ministro prometeu o seu cargho. 4. Que se perçibe ou se aprende por primeira ves. Ex.: Todo esto é novo para min. Está escoitando un proghrama novo de radio. O alemán é unha líncua nova para el. 5. Que ten pouco tempo de vida ou pouca idade. Ex.: Casou moi novo. A pita nova aínda non pon. ANTÓNIMO: vello. 6. Que ten menos idade ca outro co que se pon en relaçión. Ex.: O meu fillo é máis novo ca o teu. O fillo máis novo ten corenta anos. ANTÓNIMOS: ghrande, vello. 7. Da última ou das últimas colleitas en oposiçión a outras anteriores. Ex.: Patacas novas. Viño novo. 8. Que apareçe despois doutro ao cal substitúe temporal ou definitivamente. Ex.: O novo réxime. O novo mundo. 
substantivo masculino plural. 9. A xente nova. Ex.: Os novos veñen detrás empuxando. SINÓNIMOS: moçedade, xuventude
substantivo feminino. 10. Notiçia, novidade. Ex.: Hai novas dos nosos?
FRASES E EXPRESIÓNS CON novo
De novo = Outra ves. Ex.: Aquí estou de novo.
Novo do trinque. Que inda hai pouco que se estreou. Ex.: Ten unha moto nova do trinque. SINÓNIMO: do trinque.     



NOVO DO TRINQUE: Véxase novo.



NOXENTO: adxectivo. Que dá noxo. Ex.: Déronme unha comida noxenta. / Un comportamento noxento. SINÓNIMO: repugnante. 



NOXO: 1. Sensaçión física moi desaghradable experimentada ao perçibir algho polos sentidos, descartando en ghran parte o oído, e que polo xeral vai acompañada de desexos de ghomitar. Ex.: Téñolle noxo a esa comida. SINÓNIMO: enfastío. Ex.: As babas danme noxo. SINÓNIMO: repugnançia. 2. Sentimento de repugnançia por algho ou alghuén. Ex.: Que noxo ter que aturar ese pesado! Dáme noxo!





Ñ


ÑURRA: Dise dunha persoa agharrada, rañada, coma a virxe do puño. Moi mesquiña e usureira, que non da un chisco (nada) a ninquén. Ex.: ¡Es ben ñurra, oh!



O


ONAI: Quedar ben feita unha cousa, ben achandada, ... Ex.: ¡Esto queda onai!



ORA: Indica alternançia ou distribuçión; unhas veçes ... outras...
OBSERVAÇIÓNS: Úsase repetida
Ex.: Ora el, ora seu pai, sempre estaba alghuén comigho. Ora ría, ora choraba. 
FRASES E EXPRESIÓNS CON ora
Ora ben
Aghora ben. Ex.: Fun eu, ora ben, non o fixen a propósito. 
Ora que
Aghora que. Ex.: Acabou por ir, ora que non quería.   



ORBALLO: 1. Chuvía miúda, moi fina. Ex.: O orballo vai mollando pouquiño a pouco. SINÓNIMOS: babuxa, chuvisca, froallo, morriña, morriñada. 2. Humidade do aire que, co frío da noite se condensa e se deposita en pincas pequenas. Ao amençer, as plantas estaban cubertas de orballo. SINÓNIMO: resío. 



OUH: interxecçión. Era moi usada nas aldeas da parroquia de Nebra, como expresión de dor, aleghría, etç. Exclamaçión que manifesta diversas impresións, como admiraçión, asombro, sorpresa, aleghría, pena, etç., e que serve para reforçar a expresión de diversos sentimentos. Ex.: ¡Ouh, que dor! ¡Ouh, que dorida teño a perna! ¡Ouh, ghraçias a Deus! ¡Ouh, que pena! ¡Ouh, que maravilla! 



OUTEIRO: 1. Rocha ghrande. SINÓNIMOS: pena, penedo, roca, rocha. 2. Pequena elevaçión de terreo illada e de pouca extensión. Ex.: Os lobos ollaban o rabaño desde o outeiro. SINÓNIMOS: lomba, lombeiro.
3. Levounos en bote hastra un outeiro. SINÓNIMOS: con (ámbito mariñeiro), farallón (ámbito mariñeiro), pena, penedo, roca, rocha.   



OUTEIRO (OS DE): Alcume dunha casa da aldea de Cadarnoxo, parroquia de Cures.



OUTEIROS DE PORRAS (OS): Outeiros situados perto das paraxes dos Caçoliños, A Fontebarreira, e a Miranda.



OUXAR: Desfaçer, despeghar, e estender coas mans o vaghaço prensado, ao sacalo dos barriles onde está ghardado para botalo á pota, no proçeso de façela caña da uva. Deste xeito, o vapor cóase mellor por entre o vaghaço e recolle todo o alcool que ten impregnado nesta materia.




OXIDAR: 1. Cubrir de óxido. Ex. A humidade oxida o ferro. 2. Cubrirse de óxido. Ex. Oxidáronse os cravos por estaren á chuvia.




ÓXIDO: Efecto da corrosión sufrida polo ferro ou as súas aliaxes en contacto coa humidade ou co aire, que forma unha capa de cor tirando a vermella. Ex. Non uses esas pinças que teñen óxido.

No hay comentarios: