jueves, 15 de mayo de 2014

MEU AMOR, por Ramón Laíño




Non sei se alghún día che soñei,
como aquel neno que soña con ilusión.
O destino nunca mo dixo,
Nin tampouco mo quere revelar.


Probablemente es aquela moça,
coa que un día cruçei a mirada.
Dime algho por favor. 
Non me deixes en nada.


Providençia bondadosa, permíteme averighualo.
Non morras nunca, posibilidade. Sinal de que estou vivo.
Me encantaría transitar esta vida,
en harmoniosa compañía.


Máis bonita e menos pesada será esta cargha.
Soedade dun plano físico e inerte, 
do que so se perçibe materia.
Un corpo sen alma, é como un existir sen dar.


Baleiro inmorrente, abre esa porta e déixame pasar.
Avança o tempo neste espaçio. Non se pode parar.
¡Alá que se vaia con el! 
¡Se algho ten que ser, será!


Fórmase a persoa. Ente que non se pode evitar.
¿Cal é o significado desta forma animada?
Uns chámanlle sorte, outros destino, alghuén fado,
e hai quen di que se fai camiño ao andar. 


¿Por qué as almas, os coraçóns e os sentimentos,
non poden deçidir, escoller, ou falar?
En ti, si me vexo, amigha. 
¿Tan difícil é que se cumpran os nosos soños?


¿Onde vai a paixón e a determinaçión?. 
¿Onde está o desexo? 
Desdicha de aprender a ver, sen estar.
Cuestión vana de sentir, sen tocar.


Non me esquenço dese ollar apaçible. 
Mirada de calma profunda. 
Intuiçión rememorada, 
dunha eternidade olvidada.


Amor humano, calor latente.
Respirar profundo, sorriso aleghre.
Mans que acariçian, 
corpo que envolve.


Creo en ti, esperança soñada.
Ansia agardada da miña metade perdida,
que (che) busca 
para ser complementada.

No hay comentarios: