Na casa das Chonas, da reçén faleçida Encarnaçión, antighamente vivían súa nai Adelina, e tamén dúas tías solteiras, Dolores e Ramona, irmáns de súa nai.
Adelina ía vender o leite a varios clientes. Un deles era a casa do médico dos Cruçados, en Escarabote.
Este médico, diçíalle que as mediçinas que reçeitaban os médicos e que vendían os boticarios nas boticas, estaban baseadas e feitas de plantas recollidas en plena natureça.
Tamén había un médio en Boiro, chamado Benigno, que lle lembraba e insistía aos paçientes e á xente, en xeral, que as mediçiñas das boticas estaban elaboradas con herbas naturais, recollidas no entorno natural, como façían antighamente nosos antepasados.
REMEDIOS NATURAIS
Aghua quente, con limón esprimido e mel. Todo remexido.
Bo para a ghripe. Tomalo metido na cama.
Abrótenas. Plantas dereitas de tallo ghroso, flexible e
marrón. Dá unhas flores brancas. Abundan no monte. Bota unhas ghraias que se
usan para carghar e disparar os tiratacos dos rapaçes.
Afumar no lume. Antes non deixaban ir aos rapaçes aos
velatorios e aos enterros. Se por casualidade un rapás estaba no balcón e
pasaba un enterro por alí, había que coller ao rapás e afumalo no lume da
lareira, ou nunha foghueira feita fóra. Senón, disque cabía a posibilidade de
coller o aire do defunto.
Allos para as lombrighas. Diversos xeitos para matar as
lombrigas:
Antepasado do Papel hixiénico.
- Antighamente como papel hixiénico, usaban follatos
brandos de millo. Estes estaban no interior do follato.
- Tamén usaban as follas interiores do repolo, ou da
verdura. As máis brandas e suaves. Caroços de millo.
- Por último, o papel hixiénico.
Area quente en emplastes. Para tratar unha dor, por
exemplo, o lumbagho, había que conseghuir area. Para eso, por estos lughares, o
máis perto eran os ríos. Buscábase unha pouca area no río, e quentábase dentro
de calquera cacharro, na lareira, ou na coçiña de ferro.
Podía valer, tamén area de praia, quen a tivera perto.
Entón, collíase un trapo, ou máis, e botábase nel a area, envolvéndoa totalmente. De seghuido, púñase o trapo coa area quente, enriba da dor. Este calor, axudaba a curar determinados males.
Podía valer, tamén area de praia, quen a tivera perto.
Entón, collíase un trapo, ou máis, e botábase nel a area, envolvéndoa totalmente. De seghuido, púñase o trapo coa area quente, enriba da dor. Este calor, axudaba a curar determinados males.
Area de río: Para limpar as mans os carreteiros cando
andaban cos pinos, e se manchaban as mans de breu.
Mesturaban a area con algho de ghraxa, ou aceite e refreghaban as mans unha contra da outra. Logho, lavábanas nun reghueiro de aghua.
Mesturaban a area con algho de ghraxa, ou aceite e refreghaban as mans unha contra da outra. Logho, lavábanas nun reghueiro de aghua.
Baño de purificaçión. Aghua morna nunha bañeira, sete follas de loureiro fresco, sal, amoníaco, pingueira de aceite.
Bormo. Enfermidade dos ghalos e das ghaliñas. Tómaselle a
vos, coma se quedaran roucas, ou con hipo, ... Para o remedio, espetábanlle
unha pluma no pelexeo do pescoço ata que lle caía por si soa.
Caída da folla. Na caída da folla sempre había máis enfermidades e mortes.
Caldo de ghaliña, ou "aghua das parideiras". Para as mulleres parideiras. Ademais do
propio líquido, podía comer a carne da ghaliña.
(Había homes que so lle daban o caldo das
ghaliñas á parida, porque diçían que non podían comer moita carne, e comíalla o
home.)
Preparábase unha tarteira de aghua
cunha ghaliña limpa a ferver. Esa aghua da ghaliña a ferver, era moi ghraxenta
pola ensulla, e axudaba a curar a tripas das parideiras. Tomábase despois de
parir, o tempo que fixera falta para recuperarse e pórse ben.
Servíase nunha cunca, á que se lle
podía enghadir manteigha, se a quixeran.
Tamén se lle daba mel ás paridas.
Refrán: “É moito mel para a parida”. Anque o home non paría, non quería quedar
sen mel para tomalo el, entón raçiónaballo á muller parideira.
Can. Refrán: “A conta dos pelos do can, cúrase a ferida.” Xeralmente, ata tempos reçentes, cando os animais non se levaban ao veterinario, coma no caso dos cans, eles mesmos lambían e curaban as súas feridas. Incluso as dos seus donos en casos apurados.
Caña. Este licor tradiçional, tamén serve para refreghar,
aliviar e curar as masaduras, gholpes, torçeduras, feridas, dores, ..., de
persoas e animais.
Aparte do efecto de curar, ou aliviar, tiña naquela época
de neçesidades, un serviço de substento para o corpo. Cando a xente, antes de
saíren pola mañán para traballar no campo, ..., dábase o caso frecuente de que
non había almorço de xeito coma o leite, acostumaban a tomar os maiores, unha
pouca de caña, e os rapaçes-adolesçentes algho menos dela. Aparte, todos eles,
tanto ghrandes, coma pequenos, levaban un carolo de boroa cada un para ir
roendo polo camiño.
Antes de tomar algho de caña, disque era bo beber un pouco de aghua para temperar o corpo, evitando ardores ou mareos.
Os rapaçes pequenos que xa podían andar, correr e falar,
xa podían tomar un chisquiño de caña para matar as lombrighas. Este licor tamén
o tomaba a xente adulta, no caso de ter lombrighas.
Carafuncho: Ghran duro que podería semellar un colliso.
Pequeno tumor duro e purulento formado na superfiçie da pel e no teçido
subcutáneo.
Carneiro bandeado. Cando se mata o carneiro, pendúrase do
teito. Despois sácaselle a pel, e de seghuido dánselle uns ramallasos, ou
ramalladas de loureiro arredor do seu corpo. Esto serve para que colla algho de
ulido e perda o fresquío.
A carne ten que estar en sorsa (salsa de allo, viño, ...) para sacarlle o bravío. Disque, posiblemente este bravío llo ocasional unhas ghraias que teñen nas pernas os machos. Cando se matan, hai que sacarllas.
Carrouchas. Plantas baixas con floriñas de cor rosado que
se dan nos montes. Cóçense as súas raíçes, cóase e bébese a súa infusión. Pode
curar reumatismos, masaduras, aliviar vexigha, pantullo (estómago), ...
Casca de carballo, con cebola picada, viño tinto (aprox.
medio litro). Todo estes compostos fervido nunha pota. E con este líquido,
fréghanse as almorranas, perda de ouvido. Aparato respiratorio, aparato
dixestivo, e antiinflamatorio.
Cebola. As cebolas cortadas en anacos e postas nun
pratiño, na mesiña de noite, a carón da cama, evita que tusas e
desconxestiónache. Dá bo durmir, xeralmente cando estás ao pé dela.
Tamén axudan a que flúa o sistema circulatorio,
arterioesclerosis, colesterol, hipertensión, anxina de peito, almorranas,
Cebolas bravas. Cando os rapaçes-as levaban o ghando,
ovellas, ..., ao monte a paçer, tiñan que permaneçer alí con elas ao seu cargho
e coidadeo. Independentemente da chuvia, do frío, do vento ou do sol. Se
cadraba, podía haber alghún outeiro onde abrigharse, senón púñanse coma pitos.
Aparte de façeren xoghos entre eles, tiñan por costume buscar cebolas bravas no
monte para comeren. Cando vían unha folla típica de cebola, escañaban un pouco,
desenterrábana, limpábana, estonábana e comíana. Era un alimento a maiores
daquela época.
Clara de ovo. Disque bater ben a clara de ovo, ata
loghrar que se converta en escuma, e bebela, é boa para coutar a diarrea.
Cortes (nos dedos, cotelos, ...) Diversos remedios:
1- Tea de araña envolta no dedo, coma se fose unha ghasa.
Espolvorear barro limpo da parede (nas casas antigas recebadas de barro) sobre
a tea da araña. Un pouco de asucre por riba do barro, e un tuto de cana furado
por onde se mete o dedo.
2- Barro ou terra sobre as feridas, ou cortes, e teas de araña envolvendo por riba, façendo de ghasa.
4- Técnica antiquísima de refregharlle terra ou barro por riba das feridas para coutar o sancre, ou a hemorraxia. A terra e o barro sábese que absorbe o mal, e cura. Antes a terra e o barro non estaba contaminado coma hoxe en día.
5- Cóllese unha folla pareçida á herba manteighueira, pon peluxa por dentro, e pónselle por riba da ferida.
Despois, átase cunha trença que se sacaba, ou rachaba do mulido da cabeça, ou doutro trapo calquera.
Ao cheghare á case, férvense follas de arcolito. Retírase a trença do dedo, e a folla que a envolve.
6- Poñer follas de chuchameles no corte, ou na ferida.
Lavar os ollos no río. Refrán: “Maruxiña, dónche os ollos? Tamén che me dón os meus. Ímolos / Vámolos lavar ao río, onde a troita lava os seus.”
Curandeiros-as. Antes, alghúns vellos-as ían xunta alghún
curandeiro para saber como ían morrer e cando. Empreghaban cartas e outros
saberes ocultos.
Curandeira do “Agriño”, na A Cuncheira. Din que esta
muller da casa do Aghriño, na A Cuncheira, acostumaba curar os lamparóns, males
das pernas, chagas, ... Empregaba herbas naturais e remedios caseiros.
Curandeira de Bermo. Unha muller que practicaba mediçina natural, ritos antighos e tiña a “Pedra da Culebra”, ou Pedra da Pessoia para quitar o veleno das mordeduras de víboras, culebras venenosas, ...
Curandeiros de Nebra e O Son. Había dous curandeiros, Sendia e o Catadoiro que practicaban a mediçina natural e ritos antighos.
Dentabruño. Planta que se dá á beira dos ríos, ou
lughares sombríos e moi húmidos. É pareçido ao fieito, pero máis grande. Tamén
de follas anchas e lisas. Semella unha planta primitiva e fermosa que habitaba
nos primeiros tempos da vida vexetal na terra. Estas plantas cóçense, e tómase
a súa infusión que é boa para aliviar a paxarela (vexigha ou baço).
Dente ou moa. Cando caía un dente, botábase enriba da parte superior do forno da boroa, e diçíase: “-Ahí vaí o dente enriba do forno.”
Façían esto, porque enriba do forno xuntábase a borralla
que saía voando do forno e formábase unha borralleira tamén alí.
Dor de dentes, ou moas.
Antighamente, cando doían as peças dentais, acostumaban a enxaghuar o sitio da
dor, con caña, e de paso bebiana. Tamén se lle puña picadura de tabaco para
aliviar a dor. Cando cheghaba a ser insoportabel, e repetitiva, íase a unha persoa
que os sacaba.
Se unha peça dental xa abaneaba
moito, cando a persoa ía para a cama, sobretodo se era un rapás, púñanlle un
fío amarrado que enghanchaban na cabeçeira da cama con algho de frouxedade. Cos
movementos da noite, ou ao erghuerse para levantarse, soía caerlle
definitivamente.
Empánxemas. Marcas encarnadas polo corpo que fan emerxer determinadas enfermidades. “Botábanselle unhas empánxemas polo corpo.” Pequenos tumores duros na pel que adoitan produçir dor e ter pus.
Emplastes de formento de boroa. Estes emplastes servían
para curar os collisos (ghrans pareçidos aos carafunchos, ou quiçais fosen
carafunchos). Con estes emplastes, pouco a pouco, os collisos íanse secando. E
ao final, saíalle a cadela (o pus) e desapareçían.
Expresión: “Nin que tivera un collido neste lado.” Cando se crava unha espiña, críase arredor dela unha roncha branca de pus. Mentres está fresca, e visible, pódese tratar de pinchar cunha aghulla para sacar a espiña. Senón, co paso do tempo, faise máis dura e quedará ahí ata que apodreçera por si soa. A non ser que se elimine con remedios, como os emplastes de formento de boroa, ou simplemente con parchos de aghua quente, que sexan soportables.
Escornabois. Plantas que se dan nos montes. Son pareçidas
ás abrótenas. As súas raíçes coçidas servían para diversas doenças. Coaban o
líquido, e bebía esta infusión. Tamén para os animais axudáballes a coutar a
diarrea e liberar o empacho.
Antidiarréico, e antiinfecçioso. Pedras nos riles e reumatismo. Regula a actividade instestinal, tanto na diarrea coma no estreñimento. Bo para a tose, ronqueira, e catarros bronquiais, contra a ghota, provoca a menstruaçión, purifica e depura o sange, ...
Non está indicado en caso de atasco das vías biliares, e
en moitas cantidades os seus froitos poden resultar tóxicos.
Época das moscas. Disque as moscas non acaban no caldo de
San Martiño, senón que quedan para o de San Andrés (30 de novembro).
Eucalipto.
- Disque queimar follas de eucalipto, ou a súa madeira, espanta a peste dos insectos e dos bichos.
- Disque queimar follas de eucalipto, ou a súa madeira, espanta a peste dos insectos e dos bichos.
- Coçer follas de arcolito para respirar os seus vapores cunha toalla por riba da cabeça, en forma de bao, é bo para os bronquios e a asma.
Ferraduras. Quentábase a ferradura dun cabalo, besta, mulo, ou burro, no ascueiro do lume da lareira, na coçiña de ferro, ..., ata façela virar branca.
Entón, nunha tarteira, ou cacharro con leite, botabas un pouco de asucre, e metíaslle dentro esta ferradura incandesçente, a cal façía ferver o leite. Esto era coma un ponche para un resfriado, ou constipado. O leite ferrado façía suar a un.
Antes, as ferraduras de cabalos, bestas, mulos, burros,
..., púñanse nas portas das casas, ou dos cubertos, cravándoas cunha punta.
Esto façía espantar a mala sorte para que non entrase o demo e as bruxas.
As ferraduras das vacas non se puñan, xa que son
diferentes ás dos équidos, con saíntes e lisas.
Follas de olivas. Remoíanse follas de olivas, traghando o
líquido delas, e botando fóra da boca as follas remoídas. Esto é bo para as
dores ou malestares de ghorxa.
Frío, rapaçes pequenos, persoas maiores e doentes. Na
época en que façía frío, a todos estes ghrupos de persoas púñanos ao lado da
lareira para que non enfermaran de frío. Incluso, cando había persoas maiores
que non se podían mover moito, tiñan prendido o lume na lareira desde a mañán
ata a noite, sen que se apaghara, ata o día seghuinte. E, así, tódolos días.
Ghamóns. Pau que botan as abrótenas e sobresaen a maior altura. Sacábaselle ese pau e deixábase secar para despois façer de fachuso, ou colmeiro. Cando xa estaba enxoito, prendíaselle lume na punta e alumeaba, pero duraba pouco, con iluminaçión baixa.
Non era moi seghuro, nin frecuente levalo ao cuberto, xa que podía prender lume na palla, batume, ... Aparte de que con el non se vía moito. Nestes casos, para sitios escuros, levaban o farol de açeite, o candil de ghas, a lus de carburo, ....
Ghraxa de culebra. É boa para as dores reumáticas, inflamaçións
do útero e ovario, e son cicatriçantes.
Herba do ácido úrico. Hai unha herba axeitada para botar
fóra das articulaçións, o ácido úrico. A meu pai tróuxallas un veçiño das
aldeas do monte, que as colleu nun reghueiro dalá.
Cóçense en aghua. Colles as plantas xa coçidas e pólas coma un emplaste enriba de onde tes este tipo de dor. En poucos minutos, fórmase unha bolsa de líquido de áçido úrico. Entón, pínchala e bota fora todo esto. Santo remedio.
Herba de anís. Esta planta mediçinal, coçida e tomada a
súa infusión, axuda a baleirar a vexigha. Alivia a dor de barrigha, evita
náuseas e mellora a dixestión, ao eliminar os ghases.
Os anises naçen no fiuncho e permaneçen nel. En plan culinario, tamén se lle botan anises á aghua da tarteira onde imos coçer as castañas.
Pódenselle botar unhas fronsas (ponliñas, ramalliños), ou un pauiños máis ghrosos do tallo. Todo esto é para dárlle un sabor dóçe ás castañas coçidas.
Herba Luísa. As flores recóllense no verán e as follas antes de que a planta floreça. Unhas e outras sécanse á sombra e gárdanse en bolsiñas de roupa, nun lughar fresco e enxoito.A súa infusión é boa para a barriga, o estómago. Elimina os ghases. É antivomitiva e aliva o ardor de estómagho.
Expulsa os ghases do aparato dixestivo, eliminado a flatulençia e a aerofaxia. Boa para o mal alento. Tamén útil para o aparato respiratorio, façendo expectorar, no caso da bronquite, e axeitado para a tose. E, en xeral, é boa para diversas doenças.
Baños relaxantes para relaxar e tonificar os nervios.
Herba malvela. Ten as follas como as amoroteiras (plantas
dos amorotes). Cóçense na aghua, ata ferver. Cóanse e tómase a infusión, con
asucre ou soa. Canto máis quente, mellor efecto fai, sen escaldarse, claro. É
boa para ghripe, resfriado, constipado, ...
Herba pita. Cóllese o miolo da herba, estónalo. E logho, bótase dentro da tixola e derrételo con unto. E despois, con fréghalo onde tes o mal, a ferida, ou o corte, ...
Herba da plata. Herbas rematadas en bulbo. Cóçense en
aghua, e despois ponse a pochadura como emplastes, enriba das lastimaduras,
carafunchos, ... Espelexa e queima o mal.
Combate a arterioesclerose, a transpiraçión.
Antiinflamatario, Axuda a baixar a inchaçón das pernas. Aliva problemas do
fíghado, riles e baço. Combate os resfriados e afecçións pulmonares. Gárgharas para a larinxite. Lava as feridas e chagas
contra as infecçións vaxinais.
É depurativa, diurética e para eliminara problemas da pel
(manchas e outros) contra hemorraxia internas e externas. Os baos aspíranse polo narís contra a hemorraxia nasal.
Baños con cinco culleradas da planta nun litro de aghua
ata que ferva. Diluír nunha tina con agua, se é para todo o corpo; ou nun
lavatorio, se é para as mans e os pés. Esto é contra os trastornos
circulatorios.
Lambidas de cans. Antighamente, as feridas das xentes
neçesitadas, ou probes, dábanllas a lamber aos cans para curarllas.
Leite quente con coñác. Para a ghripe, leite quente con
algho de coñác, xusto no intre de estar na cama. Faiche suar de noite.
Leite quente con mel. Para a ghripe, tomalo cando estas
na cama. Posible sudeira de noite.
Liñaça de liño. Coçíase a liñaça (semente do liño), e ben
quente, púñase entre dous panos, en forma de parcho, ou emplaste.
Colocábase sobre o sitio onde lle doía á persoa. Deixábase ata que arrefiase, e repetíase, segundo se vise.
Colocábase sobre o sitio onde lle doía á persoa. Deixábase ata que arrefiase, e repetíase, segundo se vise.
Loureiro: As follas coçidas, e a súa infusión é boa para
o nerviosismo, mareos, tristura, debilidade. Vexigha, ghorxa, pulmóns,
parásitos na pel, reuma, artrite, parálise, estómago, regulador menstrual,
xordeira.
Maçán verde. Din que para os ardores de estómagho é bo
roer unha maçán verde, porque esto contrarresta ou anula o acedo.
Malva. Úsanse a follas, talo e flores como abrandamento para enemas e carafunchos, e mesturada con outras herbas para a tose. Coas follas da malva faise un te para aliviar a febre. Tómase dúas o tres cunquiñas ao día.
Mansanilla brava. A infusión delas é boa para o malestar
de estómago e dor de barriga. Tamén para dor de cabeça, artritre.
Manteighueira. Planta de follas anchas, de cor verde
claro, parecida á verdura. Lavábanse, coçíanse en aghua. Entón, estas plantas
molladas no seu propio líquido, púñanse enriba das almorranas para pechalas e
curalas.
Mel. Conserva ben os alimentos desde antigho. Nunca se
estropea, nin colle balora. É doçe, e serve para substituto do sucre. É un
complemento enerxético idela para creçemento, enfermos, deportistas. Calma a
tose e axuda a esgharrar. Para a pel, desinfecta as feridas, e fai que
cicatriçe. Axuda a dixestión polas enzimas que ten.
Aparte de todo isto, segundo o tipo de plantas ao que
vaian coller o polen as abellas, así serán as diferentes cualidades do mel.
Tamén se lle daba mel ás paridas. Refrán: “É moito mel para a parida”. Anque o home non paría, non quería quedar sen mel para tomalo el, entón raçiónaballo á muller parideira.
Melón. Para coutar a infecçión no peito dunha muller, fixeron o seghuinte:
Melón. Para coutar a infecçión no peito dunha muller, fixeron o seghuinte:
Coçeron un melón, fritírono en açeite. Botárono nun
emplaste, e enghadíronlle asafrán. Este condimento plantábase. Todo este
emplaste façía saír a porquería que tiña a inflamaçión.
Os melóns, ademáis das vitaminas e minerais que aporta, ten moitos componentes para curar diversas enfermidades.
Aparato circulatorio: disolve callos de sangue, que
poden evitar anxinas de peite, ataques do coraçón, embolias cerebrais, …
Cancro, lombrighas intestinais, reumatismo, ghota,
estreñimento, manchas na pel.
Menta: Planta de cor verde e reçendor a menta. Xa desfeita pode branquear os dentes e dar bo alento. Tamén alimenta e alivia as dores.
A súa infusión serve para os resfriados, a indixestión, doenças do estómago e de colon irritable. Combate infecçión e calma o reumatismo, pes cansados, tose seca, e as dores de cabeça.
Mentraste. Trátase, nin máis nin menos, dunha herba moi boa para que pasen os
picores das ortighas. Pero teñen moitas máis aplicaçións.
A natureça é moi sabia e sempre presenta a carón dunha herba que pode causar problemas, a herba que os soluciona. Efectivamente, frotando con esta herba na zona irritada polas ortighas, o picor pasa.
Normalmente non están moi
lonxe o mentastre das ortighas, sobre todo de xullo a setembro. O mentraste é unha herba ruín que ataca as leiras, tamén é moi abondosa
nas beiras dos camiños e lugares habitados.
Ten moitísimos usos medicinais, dende infusións, utilizada como aceite, etc.
Son grandes as súas propiedades medicinais como estimulante, como
estomacal e tamén como tónico. Os seus componentes activos conteñen aceite esencial, mentol, carvona e
timol.
Esta planta foi moi usada
nas pousadas dos pereghrinos para escorrentar as pulghas nas camas dos mesmos;
pero tamén no tratamento das lombrighas así como na recuperaçión estimulante do
organismo.
Mexo das persoas. Dise que cando temos feridas, bochas, vexighas, respighos, nas mans e nos dedos, ou nunha parte acçesibel do corpo, coma braços, pés, ..., é bo mexar nas mans ou onde toque para curalas e curtilas.
Mordeduras da rabia. Un can adobeçido (rabioso), se morde
a un, e non se trata a mordedura, posiblemente cheghues a morrer.
Antes, cando che mordía un can da rabia, o ferreiro
púñalles un ferro quente mordedura. Ou senón, aghua quente cun trapo mollado e
atado na mordedura. A aghua quente sóllache a mordedura, escaldándoche e abochecando
(criando vexigha).
Este ferro quente, ou a aghua quente, fai que o calor
desinfecte e cure a infecçión, podendo sandar.
Se é un ferro quente que non vira branco, cura pero chegha a criar vexigha e non se resiste a brasa do ferro. Non queima, senón que cha solla coma se fóra unha escaldadura de aghua quente e abocheca (cría vexigha, bocha ou bocheca).
Se é un ferro quente que vira branco, queima e arde,
curando sen criar bochas, bochecas ou vexighas.
Como remedio natural, as súas infusións son boas para ghases das tripas (intestinos), diarrea, .... Relaxa as escordaduras dos tendóns. Tamén é boa para as ghripes, cólicos, ...
En plan culinario, naqueles tempos dos avós e dos pais
que había pouco de comer, buscaban plantas ou froitos silvestres para mesturar
na comida.
Estendíase a masa e botábase o rustrido, e despois a capa de riba. Logho, metíase ao forno.
Esto era coñeçida como “Empanada Solteira”. Arreçendía
moi ben, con este condimento silvestre.
O home do Ghálico. Diçían que entres os pés das leiras de millo habitaba aghachado, unha espeçie de chuchasancres, chamado o "home do Ghálico" que protexía a colleita fronte á xente allea.
Disque atacaba ás mulleres e rapaçes ían roubar nentellas e outros froitos ás leiras de millo. Estas corrían o perigho de coller unha enfermidade na vista, pola que lle viraban os ollos encarnados. Esta enfermidade podían pasarlla a seus maridos, aos fillos e xente allea.
Moita xente, diante destas advertençias, evitaban tentaren ir alí.
Obxectos do cadavre. Cando morría alghuén, púñase enriba
do cadavre un prato con sal e unhas tesoiras para que non inchase o corpo do
defunto. Xeralmente, as tesoiras púñanse enriba do embigo.
Ortighas con caña. Mesturaban ortighas con algho de caña,
e pisábase todo xunto. Esta masa refreghábase nas masaduras, golpes,
torceduras, ..., tanto para xente, como animais.
Truco. Se aghuantas a respiraçión cando estas entre as
ortighas en estado natural, non che pican.
Ortighas (só as raíçes). Aproveitábanse so as raíçes, lavábanse en aghua corrente, e coçíanse. Despois, coábase cun coador, e bebíase. É un remedio para a asma.
Ortighas con sal e vinaghre. Mesturábase todo, pisábase e remexíase. Logho, este composto refreghábase nos gholpes, masaduras, torçeduras, ..., de animais e persoas.
Ourego. A infusión destas plantas coçidas é boa para clarexar a vos. Para curar a vos rouca ou tomada.
É antioxidante, antimicrobiana, antitumoral, tónica e
dixestiva.
Ouropes. As súas raíçes secas e coçidas para evacuar o
ventre tanto en persoas como en animais.
Bébese a súa infusión para ir fóra. Tamén pode ser cicatriçante, antihemorroidal e astrinxente.
Bébese a súa infusión para ir fóra. Tamén pode ser cicatriçante, antihemorroidal e astrinxente.
Papel de estraça, ... Dise que poñer papel de estraça con
allo pisado, açeite, ..., enriba do peito dun asmático, ou bronquítico, é bo
para curalos.
Parchos de aghua quente. Púñanse enriba dos carafunchos,
sen escaldar á persoa, ata que fose madurando a infecçión. E cando xa maduro,
esprimíano e botaba a cadela (pus).
Pelo dun porco. Cando a alghuén se lle cravaba unha
pedriña, astilla, ..., nun ollo, os canteiros tiñan a técnica de coller un pelo
dun porco, dobralo á metade e raspábanlle o ollo ao ferido para sacarlle o lixo
espetado, ou astilla.
Peste. Cando houbo pestes con moita mortandade entre a poboaçión, alghúns deles poden ser varios dunha mesma casa.
Xa por respeto aos que estaban contaxiados e acamados, non se tocaba a campana a morto cando morría alghuén. Esto era para non entristeçer aos que estaban doentes pola peste e aos seus familiares, xa que había una altísimo risco de morrer.
Picaduras de insectos. Para a picada dunha nespra,
abellón, abella, ..., debe collerse unha folla de tres herbas diferentes.
Estruchamos na man esas tres follas ata obter sume delas. Refréghase o líquido na picada. Pode seghuirse cada determinado tempo preparando máis remedio deste e aplicándoo nese punto.
Pino rodeno, ou marítimo: Os brotes, ou xemas, así como a códea poden coçerse para remedios naturais. É balsámico, antirreumático, diurético, depurativo, afecçións respiratorias, …
Poden façerse baños, baos e freghas. Os baños son balsámicos e antirreumáticos.
Os baos para afecçións de tipo respiratorio como a bronquite e a asma.
As freghas són útiles para bronquites, dores musculares e articulatorias, por exemplo, dos reumáticos.
Rabos, ou cañotos secos de cereixas. Xuntábanse uns cantos rabos secos de cereixas e coçíanse en aghua. Entón, tomábase esta infusión contra as infecçións de ouriña.
Rato. Diçían que para tratar as tosferina, era bo matar
un rato. Entón, espeléxalo, límpalo, lávalo e despois, cóçelo. Esa aghua soa,
dábaselle de beber aos rapaçes, ou aos maiores que padeçían de tosferina. Miña
tía Elena de Calo tena tomado varias veçes.
Remedios do pulmón. Contan que antighamente a xente da casa onde había enfermos do pulmón, aproveitaban os días de nevadas ou xiadas. Con esto, sacaban fóra aos doentes e façían que andiveran a rolos por riba da xidada ou da neve. Deste xeito, axudaban a cambiarlles o sangue.
Outro remedio era rascalos cun pano de liño, ata poñer a carne encarnada, e logho, picábanos con ortighas. Esto implicaba unha revoltura de sancre descomunal.
Romeu. A infusión desta planta é boa para eliminar
ghases, tamén para a asma, a menstruaçión, ghastroenterite, diarrea, caída do
pelo, ...
Ruda. A infusión desta planta ten moitas utilidades.
Unhas delas disque é boa para as mulleres preñadas. “A ruda tódolos males cura, menos a morte que non ten
cura.”
Cóçese a ruda en aghua. Escórrese e fanse pochadas con ela, roçiadas con açeite para poñelas como emplastes (parchos). Estas púñanse sobre os puntos do corpo onde estaba a ferida, ou a dor.
Tamén, se podía tomar a súa infusión para empachos, lombrighas,
dor de cabeça, tensión alta, período de adianto nas mulleres, ...
Incluso façían emplastes de ruda con sebo de carneiro,
para poñer sobre as feridas, dores, ...
Sambesughas, ou samesughas. Bichos coma lesmas pequeniñas
que se peghan no corpo coas súas propias ventosas. Tradiçionalmente usábanse, e
inda se usan para tirar do sancre malo do corpo dunha persoa, ou animal. Ten o
efecto de sangrías, Por exemplo, no pescoço, ou onde estivese o mal, ou a
doença. Tíñanse en aghua limpa e cambiábanse tódolos días.
Sanquiño. É un arbusto do cal alghunhas nais,
como a miña, e algunas outras, espetan estacas, e tamén ramalliños desta
espeçie, en puntos estratéxicos das hortas para escorrentar os bichos, e insectos.
Deste xeito, evitan que lle coman a colleita.
Son purghantes e colagogos (para o
fel), mantendo os seus efectos por varios días. Hai que estremar o coidado no
seu consumo, pois en fresco é moi purgante e vomitiva, sobretodo nos nenos.
Contén diversos principicos activos como frangulina, gluco-frangulina, ácido
crisofánico, fisiciona, crisofanol, …
A madeira ten utilidade en tornería,
cestería, e tamén en partes dos antighos carros de vacas.
A súa códea é usada en homeopatía como
purghante, depurativo e antirreumático. Tamén se usou a sua casa para curtir o
coiro, en tempos.
A casca coçida en leite foi usada para a sarna. A
leña proporciona un carbón de moi boa calidade. Antigamente foi moi apreçiado para a elaboraçión de
pólvora negra. Os froitos son velenosos. Coidado.
Saramaghos: Empréghase en coçementos e infusións en pequenas doses, como antiinflamatarorio da ghorxa. Para a ronqueira, larinxite, conxestión das cordas vocais e bronquite crónica. As aplicaçións internas combinadas con exaghues bucais e ghárgaras, dan mellores resultados.
Silvas. Coller silvas, estonalas (sacarlle a tona), e quitarlle as espiñas. Entón, cóçese en aghua os cañotos estonados das silvas. Tómase a súa aghua, ou infusión. É boa para coutar a diarrea.
Por
diversos proçedementos, as follas e os tallos xovens das silvas, sirven para as chaghas e
as feridas da pel. Elimina a infecçión nas feridas. Absorbe exçeso de líquidos nas
feridas e axudaa a secalos. É antiinflamatario, porque axuda a baixar a
hinchaçón das feridas.
Diarrea,
diabetes e inflamaçións intestinais, axudan a curarse por medio das súas
infusións.
Lesións
da pel, úlçeras ou chaghas na boca, anxinas, carafunchos, inflamaçión da
lingua, da larinxe, enxivas, almorranas.
Sobroso. Cousa dura que apareçe en calquera parte
exterior do corpo. Pode ser por unha espiña, ou calquera obxecto que se crava
nel. A pel vaino cubrindo, e formando callo.
Solda. Esta planta atópase no mente. Cóçese, bébese a súa infusión para o malestar de ventre, ou barrigha, contra a diarrea, ... Curaba as infecçións do ventre, aos cales lle chamaban “aires”.
Tabliñas de figueira. Cando doían os riles, diçían os
velllos de antes que era bo poñer unhas tabliñas de fighueira, axustadas
perpendicularmente sobre esa parte, en forma de xustillo, como visten as
mulleres.
Te bravo. Dis que é ben collelo na menguante da lúa de
agosto. Esto pode ser para aguantar máis tempo. Hai que secalo e para que
enxugue antes, cólgase. E, despois de curado, e seco, gárdase. A súa infusión é
boa para a indixestión. Dique tamén é bo para coutar a diarrea e dores de
estómago, ou seus malestares. Estimulante, problemas dixestivos, problemas
oculares, ...
Tomiño: Os talos secos, cóçense e son bos para moitas cousas. Para a dixestión, o apetito, contra os parásitos, a tose, axuda a expectorar debido aos atascos nas vías respiratorias, cicatriça, bo para o sistema circulatorio, ...
Torvisco, ou matapulgas. Esta planta é usada na horta por miña
nai, e outras mulleres que a plantan estratéxicamente para escorrentar os
bichos, e insectos. Deste xeito, evitan que se lle coman a colleita.
Tamén, é un potente insecticida no
ghaliñeiro, mantendo ás ghaliñas a salvo do piollo.
A espeçie foi usada desde antigho como
purgante, anque é tan violento que se desaconsella o seu uso interno, xa que
posúe un breu, a mezerina e outro composto, a daphnetina, de alto poder tóxico
para persoas e animais.
Exteriormente, o seu xugo provoca
bochas e inflamaçións da pel.
No sur da península usouse como
amuleto contra os conxuros, mentres que en Galiza, críase que protexía contra
as bruxas.
Verro-s. Son un vermes ghordos e escuros que ten o ghando vacún entre o pelexo e a carne. Veñen sendo as larvas de determinadas moscas. Nótase como se lle moven por debaixo da pel. Chúchanlle o sancre malo ás vacas. Cheghan a furar o pelexo da vaca e cáenlle ao chan. Nese punto, ao animal quédalle un pouco dorido o sitio.
Viño. Os de antes diçían que beber viño era bo para escorrentar, ou matar as lombrighas.
Viño quente con unto. Cando había ghripe, quentábase viño nunha tarteira. E por outra parte, quentábase nunha tixola, un pouco de unto, ata derretelo. Entón, botábase o unto derretido da tixola na tarteira do viño quente, e remexíase ben. Logho, enchíase unha cunca deste preparado e levábase para o cuarto. Xa, cando un estaba metido na cama e abrighado, intentaba beber este preparado. Tapábase ben para que non collese o frío de noite. Este viño quente con unto, coas calorías que levaba a brebaxe, façíache suar toda a noite, e botabas toda a porquería da afecçión fóra.
ALGHÚNS REMEDIOS NATURAIS PARA ANIMAIS
Dise que para curar a palmoeira das vacas (inflamaçión do
ubre, o cal inclúe os tetos), façíase un remedio caseiro.
Había diferentes xeitos de preparalo, á hora de tratar a
doença.
A- Por exemplo, na casa de meus avós maternos, dábanse
dúas maneiras:
1- Consistía en coller ortighas. Lavábanse en aghua
corriente. Botábanse nunha palancana, ou cacharro ghrande. Machucábanse, ou pisábanse, mesmo cun pau limpo.
Enghadíanselle unhas culleradas de ghraxa sen sal. Entón,
remexíase todo, mesturándooo ben.
Ao final, toda esa masa refreghábase por todo o ubre.
2- Outras veçes, collían como antes, ortighas e tamén
saramaghos.
Lavaban todo en aghua corriente. Botábanas nun cacharro ghrande. Machucábanas cun pau limpo. Enghadíanlle unhas culleradas de ghraxa sen sal. Remexíase todo e mesturábana ben.
Lavaban todo en aghua corriente. Botábanas nun cacharro ghrande. Machucábanas cun pau limpo. Enghadíanlle unhas culleradas de ghraxa sen sal. Remexíase todo e mesturábana ben.
Finalmente, refreghábanlla no ubre da vaca.
B- Na casa de meus avós paternos, en cambio, so lle
freghaban ghraxa sen sal no ubre. Ou, unto sen sal. Non façían preparado das
plantas anteriores.
C- Na casa das Chonas, a reçén defunta de Encarnaçión,
din que façían do seghuinte xeito:
- Buscaban ortighas e saramaghos. Lavábanos en aghua
corrente. Botábanas nunha cunca de barro ghrande, e pisábanas todas xuntas, ata
que soltaran sume.
Logho, este líquido, coábase cun coador e pasábase a outra cunca, palancana ou cacharro. Entón, a este sume coado, enghadíaselle unhas culleradas de ghraxa sen sal.
D- Hai quen collía saramaghos. Lavábaos en aghua
corrente. Botábaos a un cacharro. Estonaban allos, e mesturábanllos cos
saramaghos. Pisaban todo xunto cun pau, ata estar ben machucado. Despois,
frefreghábanlle esta masa no ubre da vaca.
Calquera destes remedios, A, B, C, D, ou os que pudera haber a maiores, aplicábanselle dúas ou tres veçes ao día. Se a cousa ía mellorando, seghuíaselle aplicando ata curarse. Se non se vía mellora, levábanse ao veterinario.
Independentemente destes métodos, cando os puchos querían
mamare, lavábanselle e limpábanselle os tetos das vacas para que o remedio non
lle amarghara ás crías.
A palmoeira é unha inflamaçión dos ubres por ter
sobrecargha de leite que non foron botando fóra. Por lóxica, debía telo mamado
os puchos. Pero, se as vacas quedaron sen eles, porque se venderon, ou lles morreron,
entón, podían coller palmoeira. Incluso, debido a outras causas.
Por eso se acostumaban muxilas dúas ou tres veçes por día
(mañán, tarde e noite), cando quedaban sen as crías.
Antes de botalos a mamar, muxíase a vaca para sacarlle o
leite que se pudera, ou arriara. E despois, botábase o pucho á corte da vaca,
ou xuntos no cuberto para mamar, e así ablandarlle máis o ubre.
Ao rematar de mamar, apartábaselle de novo o pucho da
vaca, para cadansúa corte.
CURIOSIDADES
Cemiterio provisional. A Carón do adro da ighrexa, cando
se fixo a escola unitaria da Ameán, en 1958, e o campo da escola que aghora é
campo de festa, atopáronse dous ou tres restos humanos. Estaban envoltos nunha
sábana, ou manta, ..., cunha lousa de barro por riba, e terra. Era unha cova
cuadranghular, ou cadrada. Estas sepulturas improvisadas reçibían o nome de CANO, OU CANOS.
O cruçeiro do Potín. Actualmente atópase á beira da
pista, perto do campo da festa e da ighrexa de Cures.
Antighamente este cruçeiro situábase uns metros máis
abaixo de onde está hoxe. Atopábase onde o Potín ten o cuberto e a
casa, as cales, foron feitas moito despois do cruçeiro.
A informante di que antes da existençia desta casa, cando o cruçeiro estaba no sitio orixinal, alí nesa área enterraban aos nenos sen bautiçar.
A informante di que antes da existençia desta casa, cando o cruçeiro estaba no sitio orixinal, alí nesa área enterraban aos nenos sen bautiçar.
O cruçeiro de Enseño. Está fronte á casa dos da Rúa.
Antighamente non estaba exactamente onde está hoxe en día. Atopábase perto, a
uns metros de alí, tirando á casa da Rúa.
Di un informante, que no antigo ámbito dese cruçeiro de
Enseño, enterraban aos nenos sen bautiçar, suponse que pertençentes a esas
aldeas.
Debaixo do terraço do interior da ighrexa, o cal hai
unhas décadas eran de pedras de perpiaño, hai restos humanos. Din que dentro da
ighrexa enterraban aos curas.
Calçada romana desde Triñáns, sobe Belles, pasa pola casa
do Souto de Cures, vai pola Ponte Ghrande ata Ameán, pasa pola casa do Sampaio,
vai ata o Couto da Moureira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario