MATRIMONIO CON FILLO
DESCONOÇIDO
Había unha ves un marido que
andaba a navegar, e a muller quedara na súa aldea, traballando na terra,
coidando os animais e coas súas labores.
E despois de tempo, o home
vén para a casa e dille súa muller:
¿Elogho,
vés sen cartos? A casa a caer e ¿os veçiños que dirán?
Entón, continúa ela:
Aghora
vou eu para América, haber se teño máis sorte ca ti.
E de alí a un tempo, ela
escribeulle unha carta ao marido:
“- Saberás que desde que
saín daí, eu quedei.”
El botaba a conta do perdido, pensando que ela se quedaba alá para sempre.
Á volta dun par de anos,
chamouno:
Venme
buscar a Santiagho de Compostela que vou para a casa.
E cando o home foi alá, ao
vela doulle un abraço e díxolle el:
Ah!
¿Pero que traes aí, debaixo do braço?
Ela:
Elogho
non sabes que che dixen na carta que cando saín daí, que eu quedara.”
Responde el:
Eu
pensei que te quedabas para sempre. Elogho, ¿cómo o rapás é neghro?
Contesta ela:
Ai,
porque mira. Canto tuven o rapás, non tiña leite que lle dar e mamaba nunha
negra. E así, como ía mamando, así neghro iba virando.
Despois el, foi xunta súa
nai ao Obre, en Noia, e preghuntoulle:
Mamá.
María veu e trouxo un rapás neghro. E díxome que lle dera leite dunha neghra. E
así como iba mamando, así negro iba virando. ¿E pode ser verdade?
Dille súa nai:
Pode, meu fillo, pode. Porque cando eu che tuven a ti, non tiña leite que che dar. E deiche leite de cabra, e así salistes un cabrón.
O HOME QUE NON TIÑA CARTOS
PARA CASAR
Un home tiña unha moça.
E ela sempre lle diçía a el
que quería casar. Pero o moço respondíalle que non tiña cartos.
E despois, un día que a moça estaba na xanela da casa, veu ao seu noivo pasar a cabalo dunha cabra.
El “enghanchara” unha cabra
para “façerlle un traballo”, pero a cabra escapáballe, e como último remedio
subeu enriba dela haber se podía parala e poñela a xeito.
A moça tan axiña o veu pasar, díxolle:
-¡Ai, mecagho na madre que che pareu! ¡Non tiñas cartos para casarte e comprastes unha moto vespa.!
AXUDA PARA IR DE LÚA DE MEL
Antes, cando se casaban, non se ía de lúa de mel.
Despois, unha nai tivo unha
filla e díxolle:
Mira,
filla. Xa que non fomos de lúa de mel, vas ir ti a onde queiras.
Respóndelle a filla:
Boeno.
Ghústame ir a Canarias. E, así como pideu, alá foi pasar o seu tempo.
E cando veu, como as nais
son moi aperçibidas, preghuntoulle á filla:
¿E
que tal o pasastes?
Contéstalle ela:
¡Ai.
Moi ben, mamaíña! Naqueles hoteis de cinco estrelas fixemos o 69, a picolina, …
A nai:
Boeno,
miña filla, boeno. Para nós non é novidade.
A filla:
¡Ai.
Pois fixemos o helicóptero!
A nai:
¿Elogho,
como era?
Explica a filla:
Pois
poñíase por baixo e eu por riba. El collíame unha perna e dáballe voltas
arredor, diçindolle que era a héliçe do helicóptero.
Ao outro día á mañán, chegha
a nai á casa dela coa man na estribeira.
Preghúntalle a filla:
¿Elogho,
peghouche papá?
Dille a nai:
Non muller, non.
Quixemos façer o helicóptero coma vós e rompeulle o eixe. E eu saín disparada
pola xanela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario