viernes, 8 de agosto de 2014

FONTES, LAVADEIROS, POÇOS, DEPÓSITOS E PISÇINAS, EN CURES, por Ramón Laíño



Fonte natural: naçe espontáneamente nun sitio, e vai façendo regho. Nese regho, pódese adaptar provisionalmente un lavadeiro natural. Xeralmente, buscábase a súa parte máis ancha, e se non a houbera, pois un tramo calquera.

Para ese lavadeiro, púñanse pedras nunha beira do regho. En querendo e a ser posible, tamén na outra marxe. As pedras, acostumábanse pólas rareadas, ou salteadas, para que as mulleres que lavaban non chocaran unhas contra as outras. Estas pedras, debían ser algho chans pola parte onde se lavaba a roupa.


Detrás destas pedras para lavar, colocaban outras pedras máis pequenas, e tamén planas na parte superior. Nelas era onde había que axeonllarse para poder lavar. Xeralmente, nestas pedras pequenas, as mulleres púñanlle un trapo para façer de mulido, ou alivio. Había quen levaba un caixón pequeno, semellante a un polveiro, que colocaba enriba desta pedra pequena, e nel puña os xeonllos.

Máis tarde, construíronse os lavadeiros estándares como na foto inferior.


O xabrón non era frecuente façelo na casa, porque a ghraxa façía falta para coçiñar, e enghraxar os socos, o eixe do carro, … Quen tiña medios, podía façelos e senón, compralo, cando había medios para comprar.


1. Fonte-poço e lavadeiro do Lardoeiro. A carón da aldea de Cures de Baixo. Ata o ano 1977 era unha fonte que abrollaba do fondo da ribada dos terreos de leiras, formando un reghueiro natural. A xente aproveitábao para reghar as terras como poço. 

Neste reghueiro, tíñanlle colocadas unhas pedras separadas entre sí, penso que a ámbalas marxes, para aproveitar tamén como lavadeiro de roupa. 



Fronte ás pedras ghrandes, estaban as pequenas para os xeonllos, ás que lle puñan uns trapos para mulidos. Nestas fontes, como en todas, antighamente, había jábados (tritóns), rans, …, indicativo de que a aghua era pura, limpa e cristalina. Xa no ano 1977, construeuse a fonte con cano e lavadeiro con tellado. Hoxe en día a aghua aínda mantén a súa transparençia e limpeça.




2. Fonte- poço e lavadeiro do Boliño. Na aldea de Cures de Riba. Ata o ano 1995, era unha fonte natural que abrollaba do fondo dos muros das viñas da nosa casa, formando reghueiro natural. Aproveitábase para reghar as terras como poço.

Tiña ghrandes pedras en ámbalas beiras do reghueiro, con pequenas pedras frontais para axeonllarse, formando un lavadeiro, onde a xente lavaba a roupa. 




Na fonte, collíase aghua, e bebíase. Lémbrome de ver jábados, rans, pedros (helicópteros), cabaliños do demo, bolboretas, …, e alghunha que outra cobra.
No ano 1995 construíron a fonte con cano, e lavadeiro con tellado. A aghua sighue sendo pura.




3. Fonte de San Andrés. Atópase no medio da aldea. Ten a estatua do santo da parroquia, coa súa crus típica en X, situado enriba da fonte. Componse de dous canos amplos e antighos. Toda a súa estrutura é de pedra. 



Rumor: Pareçe ser que cando se restaurara a Ighrexa de Cures, unha muller da casa das Beiras de baixo, a señora Amalia, trouxo a estatua de San Andrés para onde está hoxe que vén sendo a fonte de san Andrés de Cures. Anque, como se explica máis adiante, posiblemente a estatua do santo sería feita canda a fonte, polos canteiros de Ourense.

Nota: Hai unha fonte chamada Carballiña, por debaixo da casa do Queirugha da Ameán, outra nomeada fonte do Souto, que seca no verán e está perto da Carballiña, na mesma man. Tamén hai unha fonte chamada de San Andrés, máis abaixo das anteriores, pero a man dereita. Dise que a fonte de San Andrés era antighamente esta última.

Antes do século XX, a xente de Cures, sabedores de que onde hoxe se atopa a casa dos de Andrea, naçía unha fonte, solicitaron oficialmente poder construíla perto de alí.

Reuniron cartos, seghundo o custe que todo iso conlevaba, e contrataron a uns canteiros de Ourense, que tiñan fama de bos profesionais.

Estes canteiros, pola semana, mentres traballaban nela, durmían, desaiunaban, xantaban e ceaban na casa dalghúns veçiños que lle daban aloxamento.

A aghua cae en dúas aberturas circulares feitas de antigho nunha lousa de ghranito. Tiña dúas pousas circulares en ámbas mans, á altura do peito da xente. 



Estas pousas podían servir para apoiar calquera cousa, coma o xavrón, çepillos, lixivia, roupa, … Posuían un burato no medio de cada unha delas. Nesta fonte había quen lavaba os barriles, a roupa, ….  



Antighamente, na festa de San Andrés de Cures, a xente comía de campo na leira onde hoxe está a escola da Ameán, e tamén polo adro da ighrexa, e arredores. Ao vírense da festa, viñan beber a esta fonte de San Andrés de Cures, e a xente de fóra enchían botellas de aghua para levaren para as súas casas.

Por detrás da fonte, como se ve na foto superior, había un pío ghrande, ao lonco do muro interno. No verán, os da Estanqueira, Fulghençio e súa nai que eran os antighos donos desa horta e dos cubertos adxacentes (antes de vender todo e írense para Nebra), enchían ese pío lonxitudinal ao muro, e ceibaban o porco e as ghaliñas para que os animais puderan beber e bañarse. 

Na década dos 80, un veçiño maior do medio da aldea, de carácter moi apurado e arroutado, baseándose nunha suposta emerxencia, colleu unha bandarria e rompeu as pousas pola súa unión. As pedras, hoxe en día, están ghardadas na casa dun veçiño.        

Co paso do tempo, o lughar orixinario onde naçe a fonte que está debaixo da casa dos de Andrea, foi contaminada pola súa fosa séptica. Por iso, anularon os condutos orixinaris, e trouxeron a aghua da Fonte do Lardueiro por medio dunhas manqueiras das que se pode seghuir bebendo aghua fresca e pura.


4. Fonte das Calçadiñas, en fronte ao cuberto dos de Andrea. Aquí había unha barreira de plantas coa que os rapaçes antighamente façían tiratacos cos seus tallos, e tamén metían moras neses tacos e conseghuían líquido de moras, ou doutros froitos que exprimían neles.




No ano 2002, quitaron ese pequeno talude e fixeron escaleiras, cun muro de pedra, e debaixo, unha fonte. Esta fonte vén por medio dunha maqueira da Fonteviñal que a súa ves, tamén suma aghua da Devesa.


5. Lavadeiro de Arruchelo. Situado dentro da horta dos de Arrruchelo, a carón do pinche sur da casa. Está xusto na parte inferior da horta por onde lle baixa un regho de aghua que logho sighue camiño. É un lavadeiro particular.



6. Lavadeiro natural no mesmo río, xunto á Ponte Ghrande. Lavaban alghúns veçiños da Ameán e Cures que non tiñan lavadeiro na casa. A xente  que non tiña lavadeiro de seu nas súas propiedades, como tampouco se ve que houbese lavadeiro natural público perto do seu foghar, víanse obrighados a ir lavar ao río. 


Buscaban unha pedra no río, axeitada para refregar a roupa, con outra pedra apropiada para os xeonllos, na cal lle puñan un trapo de molido, ou un queixón pequeno de madeira para axeonllarse. Alghúns destes veçiños podían ser, por exemplo, os das Laíñas, o do Sampaio, … Nalghúns casos, o Fidalgho cando lle disminuía “o regho de Hermo” que pasaba pola súa horta, xeralmente no verán, tamén ía lavar ao río da Ponte Ghrande.

En realidade, cando a xente non tiña outros lavadeiros, ía lavar ao río. Pudera dárse o caso de xente que aparte de todo esto, lle ghustaba ir, e estivera afeita a lavar nel.


7. Lavadeiro natural do río, na Ponte Pequena. Está na mesma Aghra, logho de baixar o camiño de SoHórreo que vén desde a casa da Eira. Hoxe atópase tapado pola terra, e as silvas, en estado de abandono. Nel, lavaban os do Vioxo, os do Macarallón, …



8. Baixada á ponte de Fraís.




9. Ponte de Fraís, na saída da aldea, rumbo noroeste. 




É unha ponte de lousas de pedra, apoiada en dúas columnas, con tres cubos para pasar a aghua.


Os da Eira teñen unha braña polo tramo inferior da ponte, e para ela fixeran unha presa, ou reghueiro pola que desviaban aghua para reghar a braña. Xunto á braña, construíran un lavadeiro para lavar a roupa.



Polo tramo superior da ponte, a poucos metros, á altura dunha leira chamada "A Lavandeira" que lle quedara a miña tía Benigna de Ghenerosa da Ameán, façían un lavadeiro natural público.



No curso do río, buscaban a parte o máis ancha posible e puñan unhas pedras axeitadas para convertilo en lavadeiro provisional. Alí ían lavar a roupa a xente que tiña ese sitio de costume.


10. Fonte Ghafa. Por debaixo de Cabanela. Ao abriren a pista no ano 1977, a fonte quedou por debaixo do nivel da vía.





11. Fonte do Campo Seco, na pista forestal paralela á estrada Boiro-Noia. Conduce esa aghua ao depósito que se atopa por "Riba da Fonteviñal".




12. Fonte Barreira, no monte dos Casoliños. Leva a aghua tamén ao depósito que está por "Riba da Fonteviñal".




13. Depósito de "Riba da Fonteviñal". Vese aghua sobrante polo rebosadeiro.




14. Fonte do Espiño, nos Casoliños. É a fonte que está xunto ao depósito da estrada Boiro-Noia, no cruçe para Belles.




15. Pisçina forestal dos Casoliños. Énchese por medio da fonte do Espiño.




16. Pisçina forestal, coa súa fonte natural, penso que na "paraxe de Guimaráns", do monte de Mieites, que estrema co monte de Cures.




Fonte dos Casoliños. Hoxe atópase seca, e depende da aghua sobrante da Fonte Barreira que foi canaliçada. 




Cando hai enchenta, pode verse fluír a Fonte dos Casoliños. 



A día de hoxe, vai por un tramo de camiño de carro, e despois colle unha presa pola que vai reghar a que antes eran as "brañas dos Casoliños", onde as teñen as do Caseiro de Cures, e alghúns propietarios máis.




17. Fonte do Ghrilo. Naçe no monte do Ghrilo en direcçión surleste, por riba da paraxe da Saísa. Leva a aghua a un depósito que se ve no punto 14.




18. Depósito de recollida da aghua no monte do Ghrilo, perto do camiño de Belles. 



19. Fonte do camiño a Belles, por debaixo do depósito da foto superior. 




20. Fonte Viñal e depósito. Aquí naçe aghua que se destina á aldea de Cures de Baixo.




21. Fonte da Devesa. Leva a aghua para sumar ao depósito da Fonte Viñal.




22. Depósito aberto do Cacheiro, para xuntar aghua e reghar a horta e as leiras, en época de sequía. Construído polos avós do neto que rexenta aghora a casa. Hoxe atópase en desuso.




23. Depósito aberto dos das Beiras de Baixo, para xuntar aghua e reghar a leira en época de seca. Está situado na paraxe chamada de "Cabanela".




24. Poço dos das Beiras de Baixo, nesta mesma leira de Cabanela, para axudar na regha. Está perto do depósito da foto anterior, dentro desta propiedade.




25. Lavadeiro particular dos de Secundina. 

Nota: Nos lavadeiros particulares, a xente podía lavar as prendas pequenas, pero as prendas ghrandes levábanse aos lavadeiros públicos. Incluso por costume, podían seghuirse lavando toda clase de prendas nos lavadeiros públicos, como forma de reunión das mulleres e a xente, en xeral.





26. Lavadeiro da casa das Chonas. 





26. Lavadeiro propiedade dos de Esperança.

No hay comentarios: