viernes, 30 de octubre de 2015

LUME, por Ramón Laíño




Materia prendida en ascuas. Labarada de coraçón ardente.

Da túa fonte incandesçente, emanas calor acolledor e destrutivo.

Propághase a lus ao teu arredor, como resplandor dun ente refulxente.

Por sempre ti, sinal de existençia cálida no foghar, e de todo lughar habitado.

Coçiñador dos alimentos. Ás veçes, ímpetu abrasador, logho, pausado e sereno.

Xa se ve a túa ghuía. Claridade e abrigho na escuridade. Espanto da sombra.

Aquí estás de novo. Volves naçer das túas propias cinsas, ser renovador de vida.

Desde a máis profunda memoria, alumeas en toda celebraçión da xente.

Ardor de paixóns. Natureça liberada, esençia anuladora.

Es mestura de sentimentos. Signo aghresivo e defensivo, temperamental e purificativo.

En momentos, ardes con calma, e se te enfadas, desatas violençia.

Pode a túa vontade dar cariño, ou se acaso, acabar con todo.

Quiçais creado da casualidade, e transmitido pola man do home, desde a noite do tempo.

Lume de amor, de sabor, de benestar e harmonía.

Ser de carraxe, de amarghura, de ghuerra e desequilibrio.

Lume que quentas, que queimas e matas. Lume que resuçitas.

Vés da profundidade dos volcáns, da superfiçie da terra e das alturas.

Recollidas sensaçións, na quentura apaçible dos rescaldos da lareira.

Quere tanto domesticarche o home, pero indomable te mostras.

Ser dual que en ti mesmo, dás amparo, e deixas todo reduçido á nada.

viernes, 23 de octubre de 2015

O MUÍÑO DA BRAÑA, EN LOXO DE RIBA, por Ramón Laíño


Atopámonos na aldea de Loxo de Riba e baixamos por un camiño de carro, fronte á casa dos do Rulo. Desde alí, entramos na aghra.


Ao pouco, cheghamos a carón do río



que nesta época, vai cheo.





Logho de camiñar un anaco, vemos ao lonxe o muíño “da Braña”.



A cuberta, ten cubriçión de tellas do país e topetes (pedras loncas e estreitas que van no cume e enriba das paredes, aghás na caída das aghuas).



Fachada máis alta e pinche leste.



Alghunhas hedras xa inçan pola parede da fachada baixa.




Pinche da porta de entrada, situado ao oeste.



Na base desta fachada, está a entrada do cubo.



Présa de aghua,
 

que se dirixe ao cubo para baixar ao reduçio.
 


Saída da aghua polo sartegho da outra fachada e pequeno pontellón.
 


A presa discorre en liña coa parte que atravesa o muíño.
 


Sartegho, e reduçio en acçión. Para que o reduçio ande ben, a aghua que sae pola "billa", ten que ir ben direita contra as penas do reduçio.

 
 


Nesta outra foto, vemos o reduçio parado. Esto, non só para porque non lle baixe aghua da presa. Di Xan Domincos que nesta presa, de ves en cando, chocan as dúas aghuas. Unha que sobe e outra que baixa, façendo parar o reduçio. A esto, chámaselle "empeghar, ou empegharse".



Se nos situamos sobre a Ponte de Ghamo, a cal se atopa por debaixo de Comoxo, pódese contemplar a enchenta do río. E, na esquina superior dereita da foto, vemos o muíño.



Baixamos até a aghra, e antes de cheghar a el, encontrámonos cun pontellón de pedra que pasa sobre unha presa.

 
 


Fermoso contraste da corrente de aghua, coa pedra e a vexetaçión.



Dado que as pedras loncas son de anchura irreghular, deixan unha boqueira no medio delas. E para evitar caídas, foron recheadas cunhas pedras que aseghuran o paso.




A aghua seghue o seu rumbo.

 


Ponla de salghueiro nun burato da parede.

 


Chave da porta, con cordel.

 


Metémola na pechadura e abrimos.




Podemos ver o chan enfariñado de branco. E seghundo quen me prestou a chave, inda había pouco tempo que moera millo nel. 

 


Esta persoa, Xan Domincos da Carballeira, de Loxo de Riba, encárghase el mesmo de limpar a presa, arranxar as peças do muíño e coidalo. Por ese motivo, tamén é o dono da chave.

Relata que había bos carpinteiros, como Manolo do Caseiro, da Fiosa. Di que podía calcular o plomo da vara sobre o reduçio, de xeito artesanal. Para esto, empreghaba unha machada que entroncaba coa vara, e dáballe voltas arredor dela sobor do reduçio.

Conta tamén, que daquela ten conoçido a outro carpinteiro bo, coma o pai de Che de Lina, casado na A Cuncheira. Viña sendo, o señor José da casa da Niña, en Pomar do Río.

Nel, teñen dereito de rolda para moer, tódalas casas de Loxo de Riba, menos a Riatela. E tamén os veçiños de Loxo de Baixo, aghás o Pulido.

 


Alghúns habitantes de Loxo de Riba e de Baixo, co-propietarios neste muíño, casáronse en Comoxo. Tal é o caso da señora Prospecta do Perico que casou na casa da Torre. A da Collaça que foi para a de Rosa de Souto e José Antonio de Françisca de Ciprián, casado na casa nova do Cristovo. Hoxe en día, conservan as roldas que lles pertençen nel.

En ocasións, alghunha familia ten cedido horas a outra casa, restando de xeito definitivo a súa propia rolda. Esto façíase para que a nova usuaria pudera moer alí. Exemplo desto, é a casa da Carballeira que orixinalmente tiña 24 horas, pero quedaron en 18 horas, posto que lle cederon 6 horas a Josefa de Bretal.

De fronte, atopamos unha parede baixiña que divide a entrada, do tremiñado. E tamén, vemos a crus (parte superior do erghuedoiro que atravesa o piso do muíño e ten esta forma. Fai subir e baixar a capa, a base de cuñas.)




Parte do tremiñado, ou piso arredor do muíño, onde cae a fariña moída.




Xesta para varrer a fariña, e alobeadoiro (pau semellante á tranca dun portal que levanta a crus do erghuedoiro, onde se lle colocan unha, ou máis cuñas.)

 


Quenlla ghrande (pirámide invertida, onde se bota o ghran que baixa á quenlla pequena) e tamén, a quenlla pequena (canle de madeira situada debaixo da quenlla ghrande e dirixe o ghran ao ollal da capa.) 


Beira, ou lateral da quenlla ghrande e a pequena.


Vemos o interior da ghrande.




Capa e pé do muíño.

  


Parte dianteira e traseira da quenlla pequena, con algho do fondo da quenlla ghrande.
   


Táboas para posible arrastre da fariña.
 


Vigha (ghuieiro ghroso de madeira, situado no teito do muíño. Nela, enghánchase a quenlla ghrande, por medio do pao da quenlla.)


Pao da quenlla. Une a quenlla ghrande coa vigha.






Travesa empotrada nas paredes.



Crus, con manco e cuñas.



As cuñas, son peças que se colocan debaixo da crus para reghular a subida e baixada do erguedoiro. Levántase a crus co alobeadorio, e nos ocos, pónselles as cuñas.
 


Peças de enghranaxe de distintas partes do muíño.



Esquinas do interior das paredes desta construcçión.



Parte superior da entrada, coa cubriçión da porta.




Marcos, e soleira.



Porta, e corredor da entrada.



Saída, braña e aldea de Loxo de Riba.



Coa chave no pecho, xa para irnos.


Distintos tramos do río, 

 
 


entre variada vexetaçión e


niveis do seu curso.

 


Xa nos encarreiramos deica esta aldea para entreghar a chave ao seu dono, e marchar.