Materia
prendida en ascuas. Labarada de coraçón ardente.
Da
túa fonte incandesçente, emanas calor acolledor e destrutivo.
Propághase a lus ao teu arredor, como resplandor dun ente refulxente.
Por
sempre ti, sinal de existençia cálida no foghar, e de todo lughar habitado.
Coçiñador
dos alimentos. Ás veçes, ímpetu abrasador, logho, pausado e
sereno.
Xa
se ve a túa ghuía. Claridade e abrigho na escuridade. Espanto da
sombra.
Aquí
estás de novo. Volves naçer das túas propias cinsas, ser renovador
de vida.
Desde
a máis profunda memoria, alumeas en toda celebraçión da xente.
Ardor
de paixóns. Natureça liberada, esençia anuladora.
Es
mestura de sentimentos. Signo aghresivo e defensivo, temperamental e
purificativo.
En
momentos, ardes con calma, e se te enfadas, desatas violençia.
Pode
a túa vontade dar cariño, ou se acaso, acabar con todo.
Quiçais
creado da casualidade, e transmitido pola man do home, desde a noite
do tempo.
Lume
de amor, de sabor, de benestar e harmonía.
Ser
de carraxe, de amarghura, de ghuerra e desequilibrio.
Lume
que quentas, que queimas e matas. Lume que resuçitas.
Vés
da profundidade dos volcáns, da superfiçie da terra e das alturas.
Recollidas
sensaçións, na quentura apaçible dos rescaldos da lareira.
Quere
tanto domesticarche o home, pero indomable te mostras.
Ser
dual que en ti mesmo, dás amparo, e deixas todo reduçido á nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario